13 junio 2007

O DIÑEIRO É O PRIMEIRO

Según La Voz de Galicia:
Tourís pide aos edís que velen polos intereses de Cambados .

Cambados renovou onte as caras da maioría dos seus concelleiros. Houbo novas incorporacións no PP, que deron a alcaldía ao seu candidato Cores Tourís, pero tamén entre o PSOE, que agora ten cinco edís, e entre os nacionalistas. O alcalde, que recibiu os votos do seu partido, deu a benvida a todos eles e pediulles que defendan os intereses dos veciños de Cambados por encima das súas estratexias de partido. Anunciou que seguirá traballando na mesma liña(xa podemos escapar), presentando proxectos «que melloren a calidade de vida dous veciños de Cambados». Para rematar comprometeuse a ser «o alcalde de todos, votasen o que votasen»(Xa, xa, xa...) e a seguir aberto ao diálogo.


PENSIÓN VITALICIA

7 comentarios:

An dijo...

Unha boa fotomontaxe :) Saudos

Anónimo dijo...

a fotomontaxe é moi boa, e representa claramente a realidade

Anónimo dijo...

Non existe pensión vitalicia (de ser así xa comezaría a cobrar de por vida), o que si existe é que ao recuncar dúas lexislaturas, cando teña a idade de xubilación, comezara a cobrar a pensión máxima da Seguridade Social.

Anónimo dijo...

¿ Como se come eso?. Se vai seguir coa mesma política -a de facer o que lle peta-, xa me dirás donde vai estar o diálogo?.

Anónimo dijo...

Imos ver, cando tenha a idade de xubilación comeza a cobrar a pensión,entendo, e cobra ata que morre,non si? Entón é vitalicia ou non?

Anónimo dijo...

Unha pensión vitalicia, sería que a comezaría a cobrar desde que deixara o cargo de senador, polo tanto non tería nada que ver a idade de xubilación. O das pensións vitalicias foi eliminado polo PSOE no seu día, e afectou principalmente aos Ministros de Franco, pois estes ao deixar de ser Ministros, pasaban a cobrar a mesma, incluso algún chegou ao Tribunal Supremo e perdeu. Quedan pois vestixios da herdade franquista, privilexios é ao de recuncar dous mandatos de Deputado ou Senador e ter dereito a unha pensión máxima que por certo non che é moco de pavo. Penso que este privilexio debera de desaparecer, xa que logo é totalmente discriminatorio é inxusto con todos aqueles traballadores e traballadoras que cotizan toda unha vida e despois cobran catro chicas, ou mesmamente cos traballadores en paro, que cobran ás veces o salario mínimo interprofesional que debe de estar en 70 e algo mil, que teñen fillos e moitos están de aluguer. Parece lóxico que cobraran (de non atopar traballo), o tempo que legalmente lle permita a Lei para os desempregados.

Anónimo dijo...

Cando te xuviles cobras como todos os que cotizaron, ou eso tampouco e licito. mirade un pouco mais de como son as cotización e de canto lle reteñen para eso, que como sempre falades a medias de todo