http://www.youtube.com/watch?v=krsnk-D2tZM
"O poder e o maior inimigo do seu dono" Sr. X Para calquer suxerencia sr.x_camba2@hotmail.com (Podedes ver máis entradas o final do blog en entradas antigas)
INFORMATIVO POPULAR 
¿Onde se imprime esta revista?, pois onde vai ser na imprenta oficial dos populares , si esa que sabedes todos onde esta , esa que está o lado dunha rotonda que ten unha gran fonte. Esta imprenta “suxire” os seus empregados que hai que votar os populares senón acabase o choio. Esta mesma imprenta é a que fai a revista municipal “A Calzada”, onde aparecen posteriormente fotos que aparecen no Informativo Popular.
Outro das vergonzas dos populares foi “mercarlle” o voto a 800 anciáns cambadeses por unha suculenta comida amenizada polo Grupo D´Tacón que dirixe un coñecido militante do partido popular de Vilanova de nome Paco e de apelido de famosos narcotraficantes (non quero dicir que el sexa narcotraficante nin moito menos). Nesta comida que pagamos todos os cambadeses cos nosos cartos só se invita a xente do partido popular e o noso rexedor co rostro que o caracteriza di que non invitaron a oposición “porque como nunca van, para que os ían invitar agora”, e xustificou a presencia da nova deputada porque llo pediron os vellos. Estas comidas fanas sempre antes de cada período electoral e non teñen unha data determinada, este ano alegaron que celebraban o dia dos namorados, para o ano como os comicios son en maio de seguro que inventarán outra data para celebrar o xantar, ata poden alegar o ¨”Dia do traballo” ou o “Dia da bicicleta” aínda que os que vaian a xantar todos sexan xubilados. As escusas son cada vez máis peregrinas. Aquí tanto PSOE como BNG, debían de deixarse de reparos e presentar denuncias por malversación de fondos públicos, xa veredes como se median a hora de facer estas mercadoria de votos. 

Outra das sorpresas deste ano foi a elección do presidente da Cultural, lamentable a súa elección como quen resultou elixido, esta Sociedade caduca, trasnoitada e a piques de desaparecer, celebraba semanas atrás a elección de novo presidente. Obviamente no presentou ningunha candidatura, polo que infrinxindo o seu propio regulamento procedese a elixir in situ o seu presidente , resultou elixido en primeira votación coidamos que a persoa con máis carisma para exercer o cargo Ernesto Falcón o cal obviamente rexeitou porque non eran formas de facelo e non se presentara como candidato, logo resultou elixido Chiño, quen tamén rexeitou a oferta, logo saíu Roberto Vidal e dixo que el non era terceiro prato de ninguén, e xa por último saíu elixido un home dos populares Luis Somoza, quen arrepaña calqueira cargo que cai na súa mán, o que quixo ser Patrón Maior e saíu co cu escaldado, o que é presidente da Comisión de Festas da Valvanera e que sempre está a punto de deixar e nunca deixa, o que é encargado de contratar os portadores da pantomima esa que se chaman “Semana Santa”, e que tamén é un dos encargados de “axudarlle os velliños do asilo a ir votar”, porque os pobriños non poden ir sós. E logo dicíase que este home estaba enfermo que non podía facer non sei que, e case ten mais cargos con noso rexedor. 
Por último un pequeno comentario sobre as eleccións, estou dobremente contento, primeiro porque os socialistas déronlle unha verdadeira tunda os populares, e non houbo que escoitar fogos dos que non saben gañar e tampouco saben perder (Os fogos pareceme que van a caducar), e que os nacionalistas pese as tendencias estatais de baixa do nacionalismos aguantaron moi ben o tipo e mantiveron os seus dous escanos. Dicir que no noso pobo gañaron os populares para entre outras cousas grazas o que xa contei sen esquecer o “voto secuestrado” que teñen de moita xente de Cambados. Pero ben a tunda que levaron non estado español é de escándalo, incluso se está a rumorear a dimisión do seu xefe, evidentemente este ano non é un ano mariano é un un ano bisesto. Como decia a Alcaldesa de Valencia nun mitín que o domingo das eleccións ía a nacer a nena de Rajoy e que se chamaría “Victoria”, vai ser Dona Rita que lle ten que cambiar de nome e en vez de chamarlle Victoria teñenlle que chamar “Derrota”, que é un nome o que os populares estanse empezando a acustomar nos comicios xerais. Agora os nosos a traballar para renovar a maioría de progreso no noso pais: Galicia. 

Bo artigo, si señor.





Sempre que hai uns comicios electorais dise que son os máis importantes, e como aquel actor de cine que se lle pregunta cal é a súa mellor película e sempre di a última que fixo aínda que sexa un mal filme. Ben nestas eleccións quen realmente se xoga a súa credibilidade política se aínda lle queda algunha é o partido da dereita. E máis que seguro un empate técnico segundo todas as enquisas e o final quen vai decidir son os nacionalismos. Se queremos que o noso pais saia adiante e non volver a quedar atrasados respecto dos cataláns e dos vascos, todo galego que se prece debería de apostar polo BNG, é a única opción política válida nestes comicios.

Xa vimos o importante que foron con dous deputados, canto máis serian con grupo parlamentario propio estariamos en disposición de exixir, negociar e mellorar Galicia. Inclinarse polo partido da dereita é un voto para seguir crispando, e un voto cínico, e un voto especulativo, é un voto en contra do uso de galego (hai temos o exemplo do seu presunto mandatario e da asociación auspiciada por eles Galicia Bilingüe que odian o noso idioma), e un voto en contra da democracia, é claramente un voto en contra do traballador e en beneficio das grandes superficies e empresas que de seguro van beneficiar se chegan o poder ou para que contrataron o que ten nome de “conquistador”, e un voto que mercan no estranxeiro mediante cartos nosos hai temos o caso do líder popular galego mercando o voto con cartos do de Ribadumia dono da súa “finca particular de Pontevedra”, en México. En definitiva é un voto completamente inútil para Galicia.
Votar PSOE podémolo valorar como unha segunda opción para esa xente de esquerdas que desgraciadamente aínda non abrazou o nacionalismo, pero dende logo a mais válida e apostar polo BNG. Non podemos perder a oportunidade de poñernos a altura de cataláns e vascos que son dous dos pobos máis avanzados de Europa, porque cando non hai maiorías absolutas son os grandes precursores e deciden dun xeito espectacular avanzar co nacionalismo cara un futuro mellor. Nos sempre fomos un pobo emigrante pero sempre fomos un pobo masacrado e denigrado polos caciques que agora presumen de demócratas e están no partido da dereita. ¿Cantos vascos e cataláns coñeceron os nosos emigrantes polo mundo adiante? Ningún verdade, porque son pobos que saben negociar co estado español o seu futuro e porque poden negociar , porque teñen representación para facelo, son en definitiva pobos que non necesitan saír a traballar fora da súa comunidade porque acumulan moita riqueza. Se queremos avanzar en Galicia e necesario un voto nacionalista e necesario un voto para o BNG, despois non vale queixarse de que os vascos e cataláns teñen o que queren, non é verdade teñen o que votan, por iso e tan importante votar nacionalismo.


O Sorro para alcalde!
De un tempo a esta parte tiña gañas de escribir dos medios de comunicación máis arraigados na Ria de Arousa, o máis moderado deles pode que chegue cun pouco de sorte o centro dereita, algúns casique que se achegan a extrema dereita e outros practicamente non saben por donde andan. Outras das cousas que me chama a atención deste medios de comunicación e a explotación total do obreiro sen que ninguén lle poida dicir nada , porque claro que partido , organización ou sindicato se mete con eles, despois van saír moi mal parados, porque estes queridos amigos non é o cuarto poder senón o primeiro. Neste medios chega a traballar xente con contrato de dúas horas catorce e dezaseis horas o dia, xente que traballa sen contrato, xente que traballa como "becarios" con contratos realmente indignos, en fin todo que eles , os medios, critican as empresas téñeno eles e agrandado na súa propia casa. Imos con eles un a un.
E o medio dos que imos a falar cunha liña editorial moi de dereitas case que preto da extrema dereita, e totalmente afín os populares, un “escravo” de Louzán e acólitos, todos os actos ou manifestacións dos populares teñen un eco e unha difusión inusitada. Case obvian ao PSOE e ignoran completamente o BNG, isto obviamente falando en liñas xerales o cal non quere dicir que puntualmente informen dalgunha cousa dos socialistas ou nacionalistas, ata aí chegariamos.
Tamén coñecida vulgarmente como Tele PP ou Tele Tinto.- Bo o destes e algo fora do común a extrema dereita a este xente quédalle a esquerda. Fixeron unha persecución feroz contra o Alcalde Gago, foi algo escandaloso. Cada vez que son citados a unha rolda de prensa do BNG en Arousa nunca van e unha orde que coidamos que ven da Deputación de Pontevedra, en troques no Barbanza si van porque teñen competencia alí, e entón hai que ir senón queren quedar en ridículo. E un medio en mans dos populares que manobran o seu antollo.