Mostrando entradas con la etiqueta BNG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BNG. Mostrar todas las entradas

22 febrero 2008

VIAXE AS AMÉRICAS

La Voz de Galicia:

O Bloque esixe a Tourís que explique como se pagou a súa viaxe a América.

O BNG de Cambados presentou onte un escrito no Concello no que insta ao alcalde e senador do PP, Cores Tourís, a explicar se a súa recente viaxe a Arxentina foi sufragado con fondos municipais. «Tomamos esta decisión a raíz dous últimos escándalos relacionados coas lamentables actuacións do PP e ou PSOE en relación coa ''caza'' do voto emigrante», explica a organización nacionalista.
Tourís di pagou con fondos privados a viaxe a Arxentina.
O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, quixo deixar onte ben claro que cando viaxa por razóns privada ou de partido, paga con fondos privados. O rexedor lamenta a pregunta «maliciosa» do BNG porque considera que «só pretende emporcar dende ou principio a campaña electoral e xerar tensión ao estilo ZP», explica. Doutra banda, critica que quen pregunte represente a un grupo político que apoia a viaxe da Conselleira de Cultura a Cuba.

15 enero 2008

A COMIDA DO ALBARIÑO

Según La Voz de Galicia:

O BNG di que dos 800 comensais do Albariño só 179 pagaron as invitacións.

O Concello recadou 8.950 euros pola comida de Torrado, que custou 31.450 euros.

O dato que máis chama a atención aos nacionalistas é, un ano máis, o número de invitados á comida oficial da festa. Segundo o Bloque, dos 800 comensais que se deron cita en Torrado só 179 pagaron a entrada ao banquete. Os datos facilitados polo Concello ao Bloque establecen que a comida dos Cabaleiros custou ás arcas municipais 31.450 euros. En cambio, só recadouse por este concepto 8.950. Analizando estas cifras, a oposición cambadesa conclúe que dos 800 invitados só 179 pagaron a correspondentes entrada. «Máis de seiscentos invitados gratis, é dicir, a costa dás arcas municipais. Cremos que se debe invitar a determinadas persoas significativas a este xantar, pero con criterio», explica o portavoz da formación, Víctor Caamaño. Ante esta situación, o concelleiro pedirá ao equipo de goberno explicacións sobre a identidade de todos os invitados. E é que, asegura Caamaño, tradicionalmente o Concello invitaba aos cargos institucionais do PP ao banquete. Pero coa perda da Xunta e do Goberno de Madrid, estes altos cargos desapareceron. «Invitouse a caso ás bases do PP? Cal é a razón? Pagar favores? Quedamos á pronta espera de explicacións», engade Caamaño. Doutra banda, o Bloque critica tamén o malgasto que supón esta celebración. Asegura que só durante o último exercicio o orzamento de gastos incrementáronse en cen mil euros, mentres que os ingresos apenas creceron en 12.00 euros. «Pódese facer unha festa digna sen necesidade de percorrer ao gran malgaste e malgasto que está a significar a organización deste evento nos últimos tempos», conclúe o portavoz dos nacionalistas.


13 junio 2007

TRES INCÓGNITAS PARA CAMBADOS

No futuro inmediato político de Cambados, plantexanse tres incógnitas que vou numerar por orde de número de votos acadados nas derradeiras municipais:
1º.- ¿Qué vai pasar con Touris? En varios “mentideros” cambadeses dicese que esta é a lexislatura de Luis Aragunde, a lexislatura do troco do xefe de filas do PP en Cambados. Comentase, rumorease tanto dentro como fora da rede que a mediados de lexislatura máis ou menos Luis Aragunde tomará as rendas da Alcaldía no sitio de Touris, unha vez asignada a pensión vitalicia como senador e a quen como a todos do PP ultimamente, lle darian un cargo na deputación. Non é relevante que vaia de número 3 Luis, quizaìs fora posto adrede nese número para disimular. Non seria a primeira vez que o PP fixera este especie de “fraude” os electores cambadeses xao o fixo cando Pillado lle deixou a alcaldía a Tirado e este a Touris. Asi matan dous páxaros dun tiro “foguean” a Luis como Alcalde e evitan dar a coñecer un novo candidato.


2º.- Doutro banda temos a Domingo Tabuyo que non sabemos si se vai quedar de simple concellal, ou vai dimitir e deixar paso a nova Raquel Chaves. É un dilema que Tabuyo terá que resolver en Xullo. Se despois da calamitosa actuación no concello do PP cambadés (artimañas políticas aparte para conseguir votos) Tabuyo non acadou o seu principal obxectivo que era ser Alcalde de Cambados hai quen comenta que abandonará a política municipal para sempre e adicarse a política de “altas miras”.


3º.- E por último temos o que é realmente importante na vida nacionalista cambadesa ¿Qué vai pasar con Victor Caamaño? . Penso que o BNG non pode voltar a cometer o mesmo erro que con Roque. Ou dimite agora (que non seria o máis aconsellable) ou teñenlle que dar outra oportunidade. Coido que se deben inclinar polo segundo. Voume deter agora nunca analise maís a miudo do que lle pasou o BNG nestas eleccións. A regresión é alarmante, é hora de dar conta da xestión, de facer exame de conciencia do acontecido nas municipais e de poñer os postos a disposición da fronte sobre todo os do Consello Local e os do Consello Comarcal. Non se pode estar a botar a culpa toda a vida o PP e o PSOE dos males do BNG e ir de descalabro en descalabro electoral. Hai xente no BNG dende o ano 83, non é cuestión de facer unha depuración coma as purgas de Stalin, pero ten que entrar savia nova no BNG cambadés e do Salnés e de forma urxente, senón facendo un pouco de pitoniso, nas vindeiras municipais baixaran a dous ou a ún concellal, tempo o tempo. É hora de que Xoan Antonio, Adela, Duarte, Montse Prado e o defenestrado pola UPG Paco Trigo, desaparezan da escena politica nacionalista cambadesa, ou alo menos do primeiro plano. Dos 10.000 votos que perdeu o BNG na Galiza, 3.000 perderonse no Salnés e máis de 400 en Cambados, indicativo de que as cousas no noso pobo e na nosa comarca non van nada ben para os nacionalistas. …”””Non teño teimas persoais de ningunha caste. Teño prevencións máis que fundadas sobra a validade ou erro de determinadas posicións nun dado momento, e sobre as funcións das persoas e a súa positividade ou negatividade o respeito do que o BNG necesita e a sociedade reclama. E para min era unha evidencia que rematara un ciclo no que atinxía á lideranza dentro do BNG, entendida mesmo o seu aspecto máis electoral ou, si ti queres, do ponto de vista do marketing. Non falemos xa do que eran necesidades orgánicas e políticas para estarmos a altura das circunstancias. Cando unha situación así se da, adoito non ter moitos miramentos a respeito do que podan decir os demais sobre as cousas da miña conduta, ou as razóns que tiñan de preocupación por muitas persoas que querían o millor para o BNG. E unha das cuestións que os denominados dirigentes deben ter presente é saber estar o tempo oportuno nos lugares nos que sexan necesarios e saber cando hai que emprender a retirada, muito máis se as túas limitacions e deficiencias no desempeño do cargo son notorias”””…. Estas son verbas de Francisco Rodríguez no libro “A nación galega existe – Conversas con Francisco Rodríguez-“ de Xosé Mexuto (pax 203 e 204). Esto deciao Francisco Rodríguez a propósito do relevo de Beiras no BNG. Os que nomei deberiades de intentar aplicarvos o conto.
Por último espero que as “gaivotas” que “voan” neste foro tiveran no que falin rescpecto do BNG unha boa ración da “carroña” para unha longa tempada.

REGRESO Ó INFERNO


21 mayo 2007

11 abril 2007

DOCUMENTAL SOBRE DA "MANIFESTACIÓN DA CONTRIBUCIÓN URBANA 1986"

O vindeiro sábado 14 de abril, as 17.30 horas vai ter lugar un fito histórico en Cambados, por primeira vez na historia cambadesa e en primicia vaise proceder a exhibición do documental "MANIFESTACIÓN DA CONTRIBUCIÓN URBANA 1986" no salón de actos de EXPOSALNÉS. No devandito ano cando estaba esmorecendo o mandato de UNIÓN GALEGA (parte do BNG actual), o partido que vos todos sabedes tan ávido de manifestacións, prepaourelle unha boa a Xoan Antonio. Unha serie de persoas deste partido perfectamente organizadas montaron un dipositivo para que a xente acudira a manifestarse a maioria deles ainda hoxe non saben moi ben contra que (como casi todas as manifestacións que montan estes individuos), porque moita de xente que vemos na manifestación non tiña nin casa propia. As imaxes do documental son demoledores, a modo de exemplo esta que fai de cartel como vemos como a masa alporizada invade o concello incluso cunha bicicleta. Tamén se pode ver no documental como certa personaxe popular que ahora ten un negocio de hosteleria en Tragove coa vista gorda dos que agora mandan (os favores hai que pagalos sempre) incita a xente a invadir o Concello. Tamén podemos ver a un individuo que creendose chistoso di unha sarta de tonterias dende o balcón do concello microfono en man. A quen non se ve no video son os ideologos desta manifestación e que todos tedes en mente, agora respetables autoridades algúns deles, outros xa xubilados, outros "tirados" a boa de Deus e a outros "xubilaronos" o acabarselle o "negocito". A modo de exemplo decir que certas empresas incluso pecharon obrigando os empregados a ir a manifestación. Tamén se pode ver como certo empregado dunha famosa ferreteria fai corrillos "intoxicando" a xente. En fin un documento verdadeiramente histórico que fará acalar aquelas voces dalguns foristas incrédulos que din que non temos probas do que falamos e que xa anteriormente as "huestes populares" saben organizar perfectamente manifestacións incluso ilegais. A maioria da xente da "movida informática" actual tiña daquela 1,2,3,4 ou 5 anos e incluso alguns ainda non naceran polo que o documento adquire para eles ainda máis valor. A este "pase" foron invitados por correo certificado todos os cabezas de lista que se presentan as eleccións José Manuel Cores Touris, Victor Caamaño, Domingo Tabuyo, Alvaro Rodriguez e Xoan Antonio Pillado este por ser o protagonista involuntario principal da historia, eles verán se paga a pena ou non asistir. Esperamos que o resto dos colectivos informaticos de Cambados tales como Cambados tk, Unha Grande Chea, o propio Sr. X, Polonoso etc, non falten a esta espectante cita. Os democratas e progresistas ali nos veremos.

16 marzo 2007

A Xunta de Galiza négase a actuar na defensa dos blogues do Salnés denunciados.

O MpDC exixe un papel máis activo do goberno autonómico na defensa da liberdade de expresiónComo é coñecido, o Partido Popular presentou sendas denuncias contra dous blogues, denominados “Cousas de Ogrobe” e “Cousas de Cambados”, para censurar os seus contidos, por ser críticos e humorísticos ante as actuacións do PP neses localidades.A Consellería de Presidencia vén de respostar a unha pregunta parlamentar formulada polo Grupo nacionalista, a iniciativa de Bieito Lobeira, na que afirma que “a Xunta de Galiza non fai valoración sobre este tema máis alá do máximo respecto pola liberdade de expresión, exercitada conforme aos parámetros recollidos pola normativa e xurisprudencia vixente”.Desde o Movemento polos Dereitos Civís lamentamos a absoluta desidia da Xunta ante un gravísimo intento de censura da rede, cando o Partido Popular recurre á xustiza por unhas críticas formuladas contra personaxes públicos e que polo tanto poden e deben ser sometidos a crítica e avaliación constantemente pola cidadanía. A Xunta de Galiza debe ter un papel máis activo para defender a liberdade de expresión, dentro e fóra da rede, posicionarse de forma clara en defensa da plena legalidade da crítica política e reprobar a atitude do Partido Popular, en vez dunha simples declaración de intencións.Por parte do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) queremos alertar da gravidade desta iniciativa por parte do Partido Popular no intento de censurar a rede através dos xulgados simplesmente por cuestións de opinión, e consideramos que pode abrir o camiño a moitas outras iniciativas xudiciais. Para o MpDC non é un feito aillado senón que se enmarca nun proceso de recurte das liberdades en Internet, nun momento no cal só se poden pechar por orde xudicial, pero xa se está avanzando nunha dirección máis restritiva e menos garantista para a cidadanía

15 marzo 2007

Victor Caamaño creara a Fundación Ramón Cabanillas apoiado pola Xunta.


A Consellería de Cultura comprometeuse a ofrece-lo seu apoio para que este proyecto se poida poñer en marcha no momento no que "o BNG acade a Alcaldía", xa que este asunto será unha das "prioridades" da formación nacionalista no se programa cultural, según explicou onte seu candidato, Víctor Caamaño.

Durante a reunión que mantivo con Luis Bará abordouse a posibilidade de constituir un Patronato que se encargue de recoller y promocionar o legado cultural de Cabanillas.

Para elo, estimaron que sería fundamental dispoñer dunha sede, xa que é imprescindible dispoñer dun local para ubica-la Fundación que, neste caso, podría se-la casa natal do autor.

Neste caso, a Xunta se encargaría de aporta-los recursos necesarios para dotar o local de una biblioteca, adquirir o mobiliario y acomete-las obras necesarias.

Víctor Caamaño propuso que a Fundación fose aberta e que nela participasen particulares, Concello, Xunta e a Universidade para idear y desenrolar actividades conxjuntas.

Otro dos asuntos que se abordou durante o encontro mantenido onte en Santiago foi a posibilidade de organizar "o Ano Cabanillas", que incluiría un ambicioso programa de actividades o largo de todo o ano para realza-la figura deste autor.

Neste sentido, Caamaño Rivas remarcou que a figura de Ramón Cabanillas "é un símbolo vixente para os cambadeses", po-lo que non dudou en calificar o encontro como "moi satisfactorio".

O mundo da cultura de Cambados e do resto da comarca rindeu o pasado mes de diciembre do 2006 un cálido homenaxe a figura e obra do escritor.

02 marzo 2007

A MALDICION DOS BURACOS

HAI QUE SACARLLE UNHA FOTO O BURATO QUE HAI DIANTE DO CONCELLO

01 marzo 2007

Tardanza do plan de saneamento

Según La Voz de Galicia:
A oposición critica a tardanza en presentar o plan de saneamiento 24/02/2007

Publicidade Se en algo coincidiu a oposición cambadesa no pleno do pasado xoves foi en criticar a tardanza coa que o equipo de goberno presentou o plan de saneamiento. O BNG recordou que Intervención leva varios anos reclamando este documento. Para o Bloque, Tourís pretende con esta iniciativa «que ou que non cumpriu durante catro anos ou cumpra ou novo goberno de Cambados», explicou o seu portavoz, Xosé Ramón Durán, en referencia ás próximas municipais. Na súa opinión, a tardanza en presentar este documento obedece tamén a que o equipo de goberno pretendía, tal e como fixo, solicitar un novo crédito antes de sanear as contas.

12 enero 2007

Entrevista | Xosé Ramón Durán


«Hoxe teño a tranquilidade do deber cumprido» .

Durán xa non volverá encabezar a lista do BNG de Cambados nas próximas eleccións. Unha decisión que tomou o consello local e que el «acepta» ao tempo que espera «que acerten co novo candidato».

El vaise coa tranquilidade do deber cumprido e coa seguridade de ter axudado «a que o PP estea hoxe máis preto de perder a maioría».-Faga balance do que foron estes catro anos-Podo dicir que me sinto satisfeito pola labor realizada. Axudei a que en Cambados haxa un cuarto xulgado, porque levei ese tema ao Concello para que se debatera. Se hoxe se está construíndo un matadoiro novo é porque os carniceiros me chamaron e lle din un empuxón a un tema que estaba morto.

Creo que todo o BNG demostrou a potencia que pode ter traballando en coordinación coas mariscadoras, cos ecoloxistas no tema dos malos cheiros, no que algo se reparou. Agora seguirei ata o final da lexislatura porque hai temas que estou xestionando coma a remodelación de San Francisco, a construción de vivendas para xoves ou as obras en Fefiñáns. -¿Que se vai facer aí? -Neste momento o proxecto está moi avanzado e dende o pasado 25 de agosto o alcalde ten unha proposta de convenio entre o Concello e Vivenda que vai máis alá de San Francisco. Supón a humanización do barrio, desde A Xuventude á igrexa, con cargo a Vivenda. Inclúe tamén a rehabilitación de todas as vivendas con subvencións do 80%. Ademais, se cede terreos, a Xunta construirá vivendas para a xente nova con prezos axustados.

Tamén inclúe melloras na escalinata de Fefiñáns. En total, un investimento que nos próximos dous anos podería superar os dous millóns de euros.-Todo está pendente da firma do alcalde e eu lamento que, a día de hoxe, non aceptara esa firma. Vai deixar que marchen eses dous millóns de euros que se podían invertir en Cambados. Eu o animo a que explique por qué non asina ese convenio e van alá xa cinco meses. Pero os veciños poden estar tranquilos porque tamén fixen xestións para que esas obras se fagan aínda que o alcalde non queira asinar o convenio. -¿Que opina da relación do alcalde coa Xunta? -Sempre mostrei intención de dialogar co alcalde e a xente me dicía que era imposible. Chama a atención que o alcalde non xerou un ambiente de colaboración para conseguir cousas que interesaban antes co goberno do PP e agora co bipartito. Unha das cousas da que me sinto orgulloso é que fixen un control do goberno, ante críticas aportamos solucións concretas e non insultei a ninguén. Estou contento deso. Agora se está no boicot e de iso non se beneficia Cambados. -¿É certo que a nova Xunta prexudica a Cambados? -Neste tempo, a pesar da política de enfrontamento de Tourís, Industria investiu na mellora da praza de abastos, Cultura deu permiso para rematar as obras do cemiterio e cartos para Santa Mariña, ademais de traer o barco da dignidade. Medio Rural ten tomado medidas para estabilizar o prezo da uva e Vicepresidencia subvencionou o CIM e os parques. Seguro que se pode facer máis, coma o convenio de Vivenda. Tamén teño que lamentar que Cambados non acepte o consorcio de servizos sociais, porque hoxe poderíamos estar falando dun centro de día. -¿Que pasou co BNG? -Hai catro anos a min me viñeron a buscar á casa e durante tres meses me fixeron as beiras politicamente para que dera o paso. E libre e responsablemente aceptei a proposta. Nestes catro anos fixen un traballo de cara ao exterior, e pouco ao mellor dentro, pero traballei coa mellor intención e hoxe teño a tranquilidade do deber cumprido. Acepto a decisión democrática do consello local e espero que acerten. Eu quero recoñecer todo o traballo do grupo do BNG, que fixo posible que o PP estea agora máis cerca de perder a maioría. Me sinto orgulloso de que hoxe haxa un colectivo que vexa que en Cambados é posible mudar de goberno. Agora só penso rematar ese traballo e non ser ningún problema.

30 diciembre 2006

Os Elexidos

Dirixida por Luís Rodríguez ZP e producida por Anxo Quintana
O BNG denunciaba fai uns días "as altas masivas de novos habitantes non padrón municipal" e vinculaba o feito con "a proximidade dás eleccións e ou feito de que esteamos en época de precampaña". Os nacionalistas esixían que o goberno local faga un informe no que se referencien as altas no rexistro do padrón municipal. Os nacinalistas aseguran que teñen informes da Policía Local que verifican as súas acusacións. Artigo extraido de Diario de Arousa

28 diciembre 2006

O BNG esixe a reparación "inmediata" do tellado do centro cultural A Merced.

O BNG de Cambados esixe ao goberno municipal que aclare cando se van a reparar os danos causados no tellado do Centro Sociocultural da Merced por mor dun guindastre que se esborrallou sobre o edificio. Os nacionalistas aseguran que esta situación "está a causar prexuizos aos usuarios do mesmo". O portavoz da agrupación, Xosé Ramón Durán, insiste en que o alcalde dea a coñecer se "existe algún problema de tipo técnico ou burocrático que estea a retardar estas obras tan necesarias".
Ademais, os nacionalistas piden que se aclare cando se vai a pintar o paso de peatóns da rúa Pardo Bazán e tamén cando se levará a cabo a reordenación dos contenedores na avenida de Vilariño.

27 diciembre 2006

Empadroamentos masivos

Según La voz de galicia:

O BNG de Cambados sospeita de intereses electorais no incremento de alzas no padrón .

O concelleiro do BNG de Cambados, Xoán Antonio Pillado, remitiu onte un escrito ao Concello para preguntar polas altas masivas que, asegura, estanse rexistrando no padrón de habitantes. O nacionalista solicita información sobre cantas persoas déronse de alta durante o ano que agora termina. Pillado asegura que durante os últimos días recibiron información de que se están producindo altas masivas de novos habitantes no padrón de Cambados. Unha circunstancia que, «aparentemente, non ten xustificación algunha», asegura. Neste sentido, engade que nin houbo tantos nacementos nestas datas, nin se dá en Cambados unha circunstancia especial que provoque, de súpeto, «un éxodo masivo de veciños doutros concellos cara ao noso», denuncia. O concelleiro do BNG manteñen que «podemos constatar que este fenómeno adoita darse en época preelectoral e cando ou grupo gobernante ve en perigo a súa maioría absoluta». Por iso pregunta ao equipo de goberno cantas altas de habitantes déronse en cada mes durante o 2006. Tamén quere saber se as altas producidas durante os últimos dous meses son superiores á media dos demais meses do ano e á media da mesma época de anos pasados. «¿Comprobouse mediante informes dá Policía Local a veracidade dous datos aportados polos interesados non que se refire ao seu novo domicilio?» (A PL está a investigar outras cousas, quesos nas alcantarillas, quen fixo botellón, quen leva www.camba2.blogspot.com), pregunta tamén o nacionalista. Sesión plenaria Todas estas preguntas serán respondidas polo equipo de goberno durante a sesión plenaria que se celebrará ás nove da noite de mañá xoves.

16 diciembre 2006

CANDIDATO DO BLOQUE

Xa saeu a luz, o candidato será Víctor Caamaño, actual director do I.E.S. Francisco Asorey.

Pois xa temos os tres principais candidatos a alcaldía, un profesor, outro profesor, e un ... e un qué?. Persoalmente pareceme unha boa elección, o que non entendo é que no caso de non ser Víctor, pensaran en Manuel Domínguez, xa que non me parece unha boa baza, creo que sería mellor unha candidata, non?

02 diciembre 2006

QUE SERÁ DOS CANDIDATOS.

Tabuyo presentarase a alcaldía de Camba2 "obrigado" por un ente superior a el. Pero que sera do Sr. Tabuyo en caso de non saír elexido, como agora esta adicado "a boa vida" alá por Madrid, o "xenro de tódalas sojras" non creo que volva a adicarse a docencia de novo no IES Asorey.

Así que habrá que buscarlle algo por algún sitio, non sei algún posto de Secretario Xeral de algo, bueno xa lle buscaran. Porque si sigue de diputado, entre Cambados e Madrid, seguro que non traballará por cambiar Cambados.

E que será do Sr. Tourís... Que obrigado por un "ente" superior, voltarase a presentar a alcaldía, xa que el seguro que prefería unha retirada a tempo antes que...

Porque poñer a Aragunde nos carteis, como que non pega, pero quedaballe a casedeputada Rosiña, que tras varios pothoshops e cinco asesores de imaxe, dous deles eran os mismos que asistían a Manuel Fraga, seguro que quedaba "divina de la muerte".

01 diciembre 2006

O BNG de Cambados busca candidato para sustituir a Xosé Ramón Durán


La formación hizo una oferta a Rosa Losada, pero la secretaria xeral de Vivenda la rechazó
El portavoz nacionalista está dispuesto a facilitar el relevo sin dar lugar a problemas.Bloque Nacionalista Galego de Cambados ha empezado a buscarle sustituto a su actual portavoz municipal, Xosé Ramón Durán Martínez. Desde la formación se manejaron ya varios nombres para situar en el cartel electoral de las municipales de mayo, pero, de momento, el consello local continúa trabajando en esta empresa.Una de las principales bazas era Rosa Losada, la actual secretaria xeral de Vivenda, que ya ocupó el puesto de concejala a principios de la década de los noventa. Pero la cambadesa acaba de iniciar su carrera política en la Xunta -después de ejercer profesionalmente durante años como secretaria municipal del Concello de Vilagarcía- y no parece dispuesta a interrumpirla en favor de las necesidades electorales en Cambados.Otro de los nombres que se puso sobre la mesa es el de la concejala Olga González Vilas, una mujer que ya lleva dos legislaturas en el Concello y que tiene una importante proyección social gracias, entre otras facetas, a sus trabajos teatrales con la compañía Caracol.

25 noviembre 2006

CANDIDATO DO BLOQUE

Según radiomacuto o candidato do bloque non será candidato, vai ser candidata. Será Olga a de teatro Caracol?




FOTO CEDIDA POR UNHA GRANDE CHEA.