28 diciembre 2006

O BNG esixe a reparación "inmediata" do tellado do centro cultural A Merced.

O BNG de Cambados esixe ao goberno municipal que aclare cando se van a reparar os danos causados no tellado do Centro Sociocultural da Merced por mor dun guindastre que se esborrallou sobre o edificio. Os nacionalistas aseguran que esta situación "está a causar prexuizos aos usuarios do mesmo". O portavoz da agrupación, Xosé Ramón Durán, insiste en que o alcalde dea a coñecer se "existe algún problema de tipo técnico ou burocrático que estea a retardar estas obras tan necesarias".
Ademais, os nacionalistas piden que se aclare cando se vai a pintar o paso de peatóns da rúa Pardo Bazán e tamén cando se levará a cabo a reordenación dos contenedores na avenida de Vilariño.

No hay comentarios: