
*Informacion collida da páxina de Unha Grande Chea.
"O poder e o maior inimigo do seu dono" Sr. X Para calquer suxerencia sr.x_camba2@hotmail.com (Podedes ver máis entradas o final do blog en entradas antigas)
Sen ningún rubor e tamén sin vergoña ningunha o Partido Popular de Cambados sacou a rúa en pleno periodo electoral coa conivencia das autoridades correspondentes a revista “A Calzada”, que non deixa de ser máis que un panfleto do Partido Popular disfrazado de revista, a ainda por riba saindolle de valde ó pagalo todolos cambadeses. Benito Leiro, noutrahora periodista contrastado, non deixa de ser hoxe un dia o “plumilla” de Touris, eso si cun señor soldo pagado por todos nos. Aparte de ser o Xefe de Prensa do Concello e non ser Licenciado en periodismo, que algún que outro no noso concello hai en paro, este “plumilla” vido a menos deixanos un panfleto que o unico que fai e decir verdades a medias que son as maiores das mentiras. Eu non vexo por ninguna parte que a maioria dos logros que se ven na revista foron subvencionados con cartos das distintas Consellerias do actual bipartito, non se di en ningún sitio da revista o incrible endebedamento, a máis alto da historia, que ten o actual Concello de Cambados. Hai que gañar o prezo que sexa, e mellor se ainda por riba se rin de todos nos. Por logros ata puxeron o do Pazo de Torrado inaugurado en plena Campaña Electoral.

Hoxe, as once da noite no Cafe Continental tes a túa gran cita, unha cita con Unha Grande Chea, pero tamén é unha cita con Galiza, imos homenaxear o himno galego e despois queremolo pasar ben con vos, coas actuacións de Monte Glez. Vilas, Hadrián, Alberto Domy, "En Play Back", as gaitAs de Unha Grande Chea, e coas actuacións estelares do mestre Xaquin Xesteira e Xoan Silva e Blas que nos darán un pequeno recital coas suas cancións mas destacables. ¡¡¡NON DEBES NIN PODES FALTAR A ESTAR CITA NO CONTINENTAL!!!
20 Razóns para non votar a Tourís
¿Por qué fai falta cambiar Cambados?
Porque os das parroquias tamén son de Cambados
Porque os nosos fillos non volverán a xogar na Merced
Porque do paseo marítimo sae merda por un tubo
Porque a festa do Albariño é de todos Porque a política non é para enriquecerse
Porque “enchufes” xa os temos na casa
Porque a xuventude cambadesa está abandonada
Porque altos funcionarios do concello non poden ser promotores.
Porque a cultura non só é inaugurar museos, museos, museos…
Porque a revista A Calzada é propaganda política, non á manipulación
Porque o caciquismo sobra Porque o concello estanos hipotecando
Porque Cambados non é Marbella
Porque a policía local non so ten que traballar os días de mercado
Porque o alcalde debería estar en Cambados
Porque o progreso non está basado no ladrillo, urbanismo sostible
Porque non lles interesas ti, interésalle o teu voto
Porque as nosas estradas non so teñen buratos 2 meses antes das eleccións
Porque da política fixeron a súa profesión
Porque dunha fábrica de conservas fixeron unha inmobiliaria.
Extraído do foro de cambados.tk
DIFUNDIDE ESTO:
SEDE DO CONSELLO REGULADOR: Tourís vendeu a sede do Consello Regulador a cambio de seguir de senador e así poder cobrar a pensión máis alta. O BNG foi o único que denunciou a baixada de pantalóns de Tourís.
ENCHUFISMO: Tourís ten 6 sobriños traballando no Concello e un concelleiro desta lexislatura dimitiu para pasar a traballar no Concello. O BNG foi o único que presentou recurso contras as "oposicións" que servirán para colocar a 40 enchufados máism, e o único que propuxo unha alternativa aos procesos de selección de persoal actuais.
A MERCEDE: Os terreos do campo de fútbol foron subastados cunha edificabilidade determinada (pouco atractiva para as promotoras) pero cando a subasta foi unha empresa "amiga" cambiouse esa edificabilidade para que poidera gañar máis cartos, co conseguinte perxuízo para as arcas do Concello que ingresaron menos cartos na subasta. Por certo, será por eso polo que familiares do Alcalde e prebostes do PP teñen pisos ahí...
AS PARROQUIAS: O Concello contou cun programa de desenvolvemento rural (aprox. 360.000 euros de inversión en catro anos) e un Plan de Dinamización Turística. Destes plans definanciación europea no gastou NIN UN SÓ EURO NAS PARROQUIAS. Gastou dúas anualidades do Proder en arreglar un ximnasio que logo privatiza por máis de 20 anos.
COMERCIO: A Tourís enchéselle a boca do apoio aos comerciantes, pero non se acorda cando el votou no Senado a favor dunha lei feita á medida das grandes superficies comerciais e en contra do pequeno comercio. Os comerciantes organizaron unha folga xeral con manifestación diante do Concello incluída. Pola contra, o BNG desde a Xunta vén de sacar unha lei de comercio interior que beneficia aos pequenos comerciantes. Essa é a diferencia.
POLÍGONO INDUSTRIAL: Tourís permite que moitos propietarios das parcelas se salten as bases, que establecen que non se poden alugar. Hai moitos, cuxo capital procede de negocios nada claro, que están facendo un negoción coas parcelas. Moitos empresarios pagaron hai dez anos uns servizos (luz, auga, etc.) que ata hai poucos meses non disfrutaron.
DIFUNDIDE ESTAS RAZÓN PARA NON VOTAR AO PP.
Tamén condenamos a mala puntería dos autores.
Como sae no vidio do asalto o Concello no 86, como di o fulano ese de pelo branco que sabe expresarse moi ben e todos lle fan caso: ¡Temos que ser unidos!, que somos medio pueblo ou pueblo enteiro? Artigo cedido por Unha Grande Chea.
ROSA OUBIÑA, OUTRA VEZ COAS CADEIRAS AS VOLTAS.
Xa fai tempo que non facemos un comentario crítico o equipo de Goberno porque como deciamos para eso están xa outras páxinas do noso pobo, pero neste ocasión non podemos deixar de facelo xa que se trata dun tema cultural. Outra vez Rosa Oubiña volta a ser triste protagonista da actualidade cambadesa e outra vez volve a prexudicar descaradamente e adrede a Teatro Caracol, ¿en beneficio de quén?. Non sabemos. A historia contada a esta Asociación pola propia Olga, directora de Teatro Caracol é a seguinte: O concello de Cambados por medio da súa Concellalia de Cultura autorizara a utilización de cadeiras para poder ver a obra que están representando ata o día once de maio. Pero resulta que o sete de maio con “premeditación e alevosía”(non lle podemos engadir nocturnidade porque foi as tres da tarde) funcionarios do Concello, ordenados por Rosa Oubiña van retirar as cadeiras do Asorey, por razóns de traballo atopase ali Domínguez, quen en principio lle impide levar as mesmas ata que Olga non fale con Rosa Oubiña, na conversa Rosa Oubiña dille que lle fan falla para un acto cultural en Corbillón (e decimos nos e logo no sitio que estaban que era…para oir misa), a todo esto o Xefe de obras e servizos do Concello de Cambados, desmintea e din que non fan falla esas cadeiras en Corbillón. Olga oponse, pero inútilmente por empezan a quitar as cadeiras e amontonalas nun lugar no centro. Claro Teatro Caracol, urxentemente ponse man a obra para sustituir as cadeiras cousa que por certo conseguen enseguida. Pero , e aquí ven a mala fé, ven que pasan os días e os do Concello non voltan a polas cadeiras que amontanaran, Olga preguntalle a Rosa se non van ir a por elas e esta dille que xa non lle fan falta. Olga, obviamente , mosqueada ,e con razon, con “toda a educación” interrumpe a comunicación coa edil de Cultura.
Parecenos indignante, cabreante, flipante, unha burla , todo o que Vdes queiran , parece que o unico que se quere dende a Concellalia de Cultura é que se celebren actos que organicen eles (por certo, moi poucos o ningún), cando ven que alguen organiza algún acto cultural e ainda encima cun triunfo clamoroso como é o caso de Treatro Caracol a Rosa Oubiña non lle gusta nada , de nada, de nada. Esperemos que o vindeiro concellal ou concellala de Cultura non sexa tan “ineficaz” (por decir algo educado) como Rosa Oubiña.
*Atención a foto: Tratase de Chon, compoñente de Unha Grande Chea ca nosa camisola de Eu son o Señor X.