05 junio 2007

Según o Diario de Arousa:
A directiva do San Tome acusa a Tourís de entorpecer a ampliación do centro.


O director do colexio de primaria de San Tome, Celestino Pardo manifesta que a Consellería de Educación estaría disposta a custear un novo aula de Educación Infantil se o Concello cedese o terreo pero acusa ao alcalde de non acceder á achega dos 3.000 metros requiridos.

No obstante, el director, Celestino Pardo, asegura que estas condiciones cambiaron cuando el pasado mes de abril recibió una carta de Educación donde se le informaba de que realizarían las obras si el Ayuntamiento cambadés aportaba 3.000 metros cuadrados."Non obstante, xa nos aseguraran que incluso existía unha partida presupostaria para tal acción", explicó Pardo.
La sorpresa por este cambio de opinión de la Delegación de Educación se convirtió, según Pardo, en indignación cuando trasladaron la petición al alcalde, Xosé Manuel Cores, quien "nos díxo que era imposible cederlle eses terrenos xa que tería que proceder mediante expropiación forzosa".

02 junio 2007

CAMBADOS: NON É MARBELLA, PERO…


Hai xa moitos anos que Cambados ven sendo permisivo con certa delincuencia e ningúen nunca puxo o grito no ceo, agás unha asociación denominada Desperta, que morreu asasinada pola cobiza deste pobo. Nos anos corenta , cincuenta e sesenta algunha xente de Cambados fixose moi rica andando o que naquela época se denominaba estraperlo (traian de Portugal azucar, aceite, sal etc e revendiano aquí moito máis caro). Aquí houbo grandes empresas, algunhas de transportes, que os seus amos empezaron sendo estraperlistas e terminaron sendo señores moi respetados. Logo veu a época do contrabando, furtivismo, outros voltaron a facerse ricos , fixeron empresas, casas, bos coches e algún ata lle fixeron un homenaxe no concello con entrega da insignia da cidade e placa conmemorativa ( non descubro nada xa que saiu publicado en toda a prensa) , acto presidido por Santiago Tirado daquela alcalde e hoxe Director dos Bombeiros , a Banca cambadesa con eles estaba de maravilla. A xente de Cambados voltou a ser permisiva con eles e sempre oias aquilo de “…o tabaco non se lle fai dano a ninguen…”. Logo xa viu algo gravisimo, que foi a reconversión do tabaco a droga e a sociedade tampouco espertaba, é maís en Cambados sempre se aceptaron os narcos entre a poboación, falando con eles, comendo con eles, divertindose con eles, alguns ata participaban en sonados actos eclesiásticos, outros ata patrocinaban clubs de deportes e referimo sobre todo a certo dono dunha discoteca moi de moda en Cambados detido fais uns meses pola Audiencia Nacional , non serviu de nada que un tal Garzón puxera un helicóptero no ceo e levara uns cuantos para Carabanchel e Alcala – Meco. Non pensedes que puxo o remedio, foi flor dun dia e enseguida voltaron o mesmo.

Na actualidade ¿quen son os novos ricos de Cambados?, pois aparte dos narcos que xa están misturados entre a sociedade, por moito que D. José diga o que queira e na sociedade incluo a igrexa, sen problema ningún, son os que todos sabemos os do “boom” da burbulla inmobiliaria que da para moito, o urbanismo salvaxe, hai que construir donde sexa e como sexa, están en todos os estamentos do poder. Porque esta xente, non vos equivoquedes, son os que máis influen na vida municipal. Por iso algún partido saiu tanto atacando a Lei do Litoral , pois porque lle ia a vida nelo, e nestas derradeiras eleccións o que fixo o pobo foi aprobar a xestión destes novos ricos representados na persoa que vos todos sabedes. Para que algunha xente lle trata de inculcar o seus fillos os valores da democracia, honestidade, educación, seriedade , labrarte un futuro nos estudos , non especular etc. Si despois ven unha persoa a cal a democracia quedalle lonxe, da que se dubida moi moito da súa honestidade, que está facer un curso de educación cívica por correspondencia, que se ri de todo o mundo, que non ten estudos ningúns, e que a especulación non lle queda allea, e pobo o elevao as máis altas instancias. E tes que oirlle a algunha xente e aguantar estoicamente “…Todos rouban, que mais da que roube ó que voto eu…”. “Cui prodest scelus, is fecit” (Seneca).

28 mayo 2007

DE INCOMPETENTE A ALCALDE


Como xa puxera na porra aínda que non se parecese en nada gañou o PP, aínda que eles non o tiñan tan claro, estaban nerviosos, en fin felicidades os gañadores, que perderon tódas as cidades importantes, que se quedan solos, que o Concello está arruinado porque pensaban que se iban a ir, que os 4 anos seran apocalípticos para todos... como nas anteriores eleccións andivose cerca, e nas seguintes caerán.
4 ANOS MÁIS DE TIRANÍA
=
4 ANOS MÁIS DE DIVERSIÓN
Esperanos outra lexislatura, na que seguiremos criticando, facendo rir a xente, descubrindo os chanchullos do goberno, reclamando melloras...Non pararemos ata conseguir o cambio.
Como decía algún, eu quero que ganen eles, porque si non non vai haber diversión, e con que me vou a meter?

XA PASARON AS MUNICIPAIS

O DE TÓDOLOS ANOS EN CAMBADOS

24 mayo 2007

O GRAN MENTIDOR



Din que para falar dunha cousa é necesario coñecela, eu tiven a paciencia infinda para ver todo o resumo do mitin central do PP que tivo lugar na Cultural e que botaron en Tele Salnes ,empezando pola intervención de Ana Pastor que non Alemán, lamentable se por algo se destaca esta señora non é precisamente pola oratoria, tamén escoitei a Louzan facer chistes fáciles cos lemas dos demais partidos cousa de nenos, pero non escoitei nada de que ten a medio Ribadumia enchufado na deputación por exemplo, ou que é un dos homes máis ricos da provincia despopis de ser bedel no seu Concello, ou como non lle replicou a Nene Barral(o seu pai politico -cria corvos e comeranche os ollos -) fai uns dias na Voz de Galicia cando decia “Como descubra alguna cousa de Rafaeliño vou acabar con él” ou as ocusacións de corrupción que sairon na páxina http://www.vigoempresa.com/ ou do familiar da súa señora collido in fraganti no operación de droga, e xa non me meto no tema personal cos seus escarceos amorosos como comentaba a mesma páxina, etc . etc. , e logo veu a intervención do Gran Mentidor, que non sabe máis que descalificar a xente polo seu aspecto físico e intelectual (como si el fora un "adalid" de cultura –apenas sabe leer e escribir-), pois si deso falamos o primeiro plano que lle sacaron parecia un gordo seboso sudando (deber ser o unico dia que sudou na súa vida) . No seu cartel pareceme un verdadeiro dictador .E que decir da sua presuntousidade o sair no seu programa unha foto del en cada páxina. Porque non lle di a verdade a xente, porque este home é un enfermo compulsivo e manipula a audiencia o seu antollo porque non di realmente o que pasou coa venda da Merced ¿quen se beneficio con esa venda? o concello dende logo non, porque non di ¿Qué pasa coa Edificio da Xuventude dentro de 25 anos?, que pasa todo él integramente e engrosar o patrimonio da Igresa (se levantara a cabeza Mendizábal), ¿Cómo se pudo construir a veira da Xuventude semellante bodrio escarallandolle a casa a varios veciños? Pois mirando para outro lado e algo máis. ¿Por qué non conseguie a sede do Conselle Regulador para Cambados? Pois porque lle deron a escoller entre eso ou ir de senador catro anos máis e conseguir unha pensión vitalicia e claro escolleu o segundo. ¿Cómo non lle di a xente que o queria facer co barrio San Francisco? Pisos e mais pisos , pero non precisamente de protección oficial, ¿Qué pasou coa xunqueira do Pombal? Pois que a taparon para obrar. Porque non di que as obras que saen no seu programa foron fiananciadas polas distintas consellerias ¿Dónde está a famosa praia artificial e o porto deportivo que nos prometeu fai catro anos?E a Lei do Litoral, menuda falacia ata lle chegou decir a algunha xente que lle ian tirar coa casa, cando o único que cambia nesa lei e que non vai poder especular i eso é o que realmente lle fode, e así poderia seguir ata 101 mentiras , deste mentidor que non respeta os seus veciños, que non respeta as asociacións cambadesas, que non respecta a nada que non sexa simpatizante ou militante do PP, que toda idea que non saia del é unha mala idea etc. Etc. Se despois de todo esto parte do pobo de Cambados quere ter a un mintireiro como gobernante que lle imos facer, tamén o pobo aleman puxo a Adolf Hitler democráticamente no poder e despois botouno a maís absoluta das ruinas. Este pouco lle falta para ter o Concello prácticamente en ruina total e logo ainda encima telo que oir decir “Eu son a alcalde de todolos cambadeses” ¡Y una mierda! Como diria algún dabordo.

21 mayo 2007

O Presidente da Xunta no noso Pobo.

Nova de última hora.

O Presidente da Xunta Emilio Perez Touriño no noso pobo.


*Informacion collida da páxina de Unha Grande Chea.

Un Estatuto de Nación XA

19 mayo 2007

SOBRE A REVISTA "A CALZADA" E OUTROS TEMAS

Sen ningún rubor e tamén sin vergoña ningunha o Partido Popular de Cambados sacou a rúa en pleno periodo electoral coa conivencia das autoridades correspondentes a revista “A Calzada”, que non deixa de ser máis que un panfleto do Partido Popular disfrazado de revista, a ainda por riba saindolle de valde ó pagalo todolos cambadeses. Benito Leiro, noutrahora periodista contrastado, non deixa de ser hoxe un dia o “plumilla” de Touris, eso si cun señor soldo pagado por todos nos. Aparte de ser o Xefe de Prensa do Concello e non ser Licenciado en periodismo, que algún que outro no noso concello hai en paro, este “plumilla” vido a menos deixanos un panfleto que o unico que fai e decir verdades a medias que son as maiores das mentiras. Eu non vexo por ninguna parte que a maioria dos logros que se ven na revista foron subvencionados con cartos das distintas Consellerias do actual bipartito, non se di en ningún sitio da revista o incrible endebedamento, a máis alto da historia, que ten o actual Concello de Cambados. Hai que gañar o prezo que sexa, e mellor se ainda por riba se rin de todos nos. Por logros ata puxeron o do Pazo de Torrado inaugurado en plena Campaña Electoral.
E a oposición PSOE-BNG ¿poideron facer algo? (non conto entre a oposición a o terceiro en discordia porque non deixa de ser un clown de Touris). Claro que poideron facer algo, e maís poideron facer moito. Poideron evitar a saida da revista “A Calzada”, poideron evitar a inauguración de Torrado, poideron evitar as charlas sobre o litoral. ¿Por qué non o fixeron? Eso habrá que preguntarllo os respectivos comites locais dos partidos, logo se perden as eleccións vanse tirar dos pelos.
¿En base a que poideron facer algo?. Pois o abeiro da Lei 29/2005, de 29 de decembro, chamada de Publiccidade e Comunicación Institucional (podedela consultar íntegra en internet, non é moi longa) concretamente o seu artigo 4 di: “Prohibicions: Non se podrán promover ou contratar campañas institucionais de publicidade e de comunicación: a)Que teñan como finalidade destacar os logros de xestión ou os obxectivos acadados pola Administración Xeral do Estado e polas demáis entidades integrantes do sector público estatal (Gobernos autonómicos, deputacións, concellos etc)”. Continua decindo a devandita lei no seu artigo 10 “…absteranse de facer campañas institucionais en periodo electoral, entendendo por tal lapso temporal comprendido entre a convocatoria das eleccions e o dia mesmo da votación…” A veces non é por nada, pero hai que estar un pouco máis o loro, ainda que entendo que o traballo é moito e hai moitas cousas na cabeza, pero non se poden ter despistes deste calibre.


Adiviña quen.

18 mayo 2007

CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

A SOCIEDADE COMARCAL PON EN MARCHA UN CURSO BÁSICO DE XESTIÓN DO ASOCIACIONISMO NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS.

Cartel anunciando os cursos
Podemos definir o asociacionismo como un medio de sumar esforzos e compartir ideas comúns utilizando para elo respostas colectivas.
Cada vez é máis habitual crear asociacións para dar cabida a inquedanzas do máis variado, ainda que xa dende a súa posta en marcha xurden innumerables dúbidas e problemas ó respecto. Co fin de solventar estas dúbidas e dar resposta a todas as preguntas que habitualmente nos facemos á hora de aproximarnos a este tema, a Sociedade Comarcal pon en marcha un ciclo de cursos de formación sobre asociacionismo, que se levará a cabo en distintas comarcas de Galiza utilizando para elo a rede de centros comarcais.
O obxectivo principal deste curso é o de dar a coñecer os aspectos básicos á hora de constituir unha asociación, e ó mesmo tempo amosar cómo xestionar o seu posterior funcionamento para que se acaden os obxectivos desexados. Por elo se ensinarán os recursos básicos para unha boa comunicación interna; presentarase un modelo de financiamento diversificado en base a unha planificación financeira; facilitaranse criterios para a adquisición de pautas para abordar un proxecto; profundizarase na correcta presentación e xestión das subvencións ás que habitualmente teñen acceso as asociacions e se tocarán moitos máis aspectos interesantes á hora de por en marcha ou xestionar unha asociación.
Ademáis, faráse un informe sobre as fortalezas e debilidades das asociacións da comarca co fin de que da realidade máis próxima se obteñan conclusións e leccións válidas á hora de crear ou xestionar calquera tipo de asociación.
Este curso vai dirixido a directivos/as en Organizacións Non Lucrativas (ONL´s), a traballadores/as das ONL´s que participen na xestión das mesmas, e persoas voluntarias con responsabilidades na xestións deste tipo de organizacións.

PROGRAMA DO CURSO

Modulo1- XESTIÓN ECONÓMICA BÁSICA:
1.- O modelo de xestión integral das asociacións

2.- O financiamento das asociacións

3.- A planificación e a xestión orzamentaria

4.- A contabilidade e a tesourería das asociacións

5.- A fiscalidade das asociacións
Modulo 2 - XESTIÓN DE ACTIVIDADES E PROXECTOS
1.- Conceptos básicos:a.- Os proxectos e af orma de abordalosb.- O desenvolvemento territorial e a acción local como modelos de traballo

2.- Elementos dun proxecto:a.- A diagnoseb.- A formulación de obxectivos e os indicadores de avaliaciónc.- A planificación, o sentido, as aplicaciónsd.- Modelos organizativos de Recursos Humanose.- Comunicación e difusión
Modulo

3 - COMUNICACIÓN EN ONL´S
1.- A Comunicación: introducción e definicións básicas

2.- O esquema da comunicación

3.- Tipos de comunicación

4.- comunicación interna:a.- Identidade visualb.- Comunicación coa base socialc.- Comunicación co equipo humán

5.- Comunicación externa:a.- Comunicación propia

6.- Os medios de comunicación social
DATAS E HORARIOS
Os tres módulos que forman o programa do curso terán unha duración de 4 horas cada un e celeraranse nas seguintes datas:

O SALNES
2 xuño 10:00-14:00 - Modulo 29 xuño 10:00-14:00 - Modulo 3
16 xuño 10:00-14:00 - Modulo 1
INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS
A participación é gratuíta ainda que é precisa unha inscripción previa (prazas limitadas)A inscripción deberá facerse no Centro Comarcal do Salnés mediante chamada telefónica ao 986 52 60 13, enviando un fax ao 986 54 33 66 ou un e-mail a
ccsalnes@comarcasdegalicia.com cos seguintes datos: nome completo, enderezo, teléfono ou e-mail, formación e ocupación laboral.

16 mayo 2007

Pensa, asesor,pensa.


NOITE DAS LETRAS GALEGAS POR UNHA GRANDE CHEA

Hoxe, as once da noite no Cafe Continental tes a túa gran cita, unha cita con Unha Grande Chea, pero tamén é unha cita con Galiza, imos homenaxear o himno galego e despois queremolo pasar ben con vos, coas actuacións de Monte Glez. Vilas, Hadrián, Alberto Domy, "En Play Back", as gaitAs de Unha Grande Chea, e coas actuacións estelares do mestre Xaquin Xesteira e Xoan Silva e Blas que nos darán un pequeno recital coas suas cancións mas destacables. ¡¡¡NON DEBES NIN PODES FALTAR A ESTAR CITA NO CONTINENTAL!!!

CAMBADOS NÓN É MARBELLA

XA ESTÁN AS PEGATAS
SAÚ2
Por certo, chegoume un rumor de que o PSOE si denunciou a inaguración do Pazo de Torrado, si alguén o pode confirmar. Grazas de antemán.

Hai que botalos.



*Esta video pertence a un concello de Ourense.

"Lixo verbal"



Grazas a Bótaos do concello(foro de Cambados.tk)

15 mayo 2007

O novo pilón da Cabana.

Por fin despois de moito tempo o concello decidiu arranxarnos o pilón da Cabana.

A verdade e que quedou moi ben, pero estaria moito mellor se o acabar as obras recolleran todo o material e non o deixaran por ali tirado,pois ese material compranse cos nosos cartos(despois votanlle a culpa ao mar cando se anega todo Cambados)

Aprobeitando esta ocasión, queremos decirlle ao concello de que Oubiña tamén é Cambados, e que se os veciños de A Modia poden disfrutar dunha fonte de auga en novas e boas condicións e os veciños da Cabana, da Carreira e do Pombal dun pilón novo e renovado pensamos que e inxusto que os veciños de Oubiña teñan este pilón que tira para atras tan so miralo.




*Unha última cousa, Sr. Touris ademais da sua rúa( para esto si que Oubiña é Cambados) penso que ai outras moitas ruas que necesitan un asfaltado. Ou se asfaltan todas ou nada.

14 mayo 2007

20 razóns para non votar a Tourís

20 Razóns para non votar a Tourís

¿Por qué fai falta cambiar Cambados?

Porque os das parroquias tamén son de Cambados

Porque os nosos fillos non volverán a xogar na Merced

Porque do paseo marítimo sae merda por un tubo

Porque a festa do Albariño é de todos Porque a política non é para enriquecerse

Porque “enchufes” xa os temos na casa

Porque a xuventude cambadesa está abandonada

Porque altos funcionarios do concello non poden ser promotores.

Porque a cultura non só é inaugurar museos, museos, museos…

Porque a revista A Calzada é propaganda política, non á manipulación

Porque o caciquismo sobra Porque o concello estanos hipotecando

Porque Cambados non é Marbella

Porque a policía local non so ten que traballar os días de mercado

Porque o alcalde debería estar en Cambados

Porque o progreso non está basado no ladrillo, urbanismo sostible

Porque non lles interesas ti, interésalle o teu voto

Porque as nosas estradas non so teñen buratos 2 meses antes das eleccións

Porque da política fixeron a súa profesión

Porque dunha fábrica de conservas fixeron unha inmobiliaria.

Extraído do foro de cambados.tk

DIFUNDIDE ESTO:

SEDE DO CONSELLO REGULADOR: Tourís vendeu a sede do Consello Regulador a cambio de seguir de senador e así poder cobrar a pensión máis alta. O BNG foi o único que denunciou a baixada de pantalóns de Tourís.

ENCHUFISMO: Tourís ten 6 sobriños traballando no Concello e un concelleiro desta lexislatura dimitiu para pasar a traballar no Concello. O BNG foi o único que presentou recurso contras as "oposicións" que servirán para colocar a 40 enchufados máism, e o único que propuxo unha alternativa aos procesos de selección de persoal actuais.

A MERCEDE: Os terreos do campo de fútbol foron subastados cunha edificabilidade determinada (pouco atractiva para as promotoras) pero cando a subasta foi unha empresa "amiga" cambiouse esa edificabilidade para que poidera gañar máis cartos, co conseguinte perxuízo para as arcas do Concello que ingresaron menos cartos na subasta. Por certo, será por eso polo que familiares do Alcalde e prebostes do PP teñen pisos ahí...

AS PARROQUIAS: O Concello contou cun programa de desenvolvemento rural (aprox. 360.000 euros de inversión en catro anos) e un Plan de Dinamización Turística. Destes plans definanciación europea no gastou NIN UN SÓ EURO NAS PARROQUIAS. Gastou dúas anualidades do Proder en arreglar un ximnasio que logo privatiza por máis de 20 anos.

COMERCIO: A Tourís enchéselle a boca do apoio aos comerciantes, pero non se acorda cando el votou no Senado a favor dunha lei feita á medida das grandes superficies comerciais e en contra do pequeno comercio. Os comerciantes organizaron unha folga xeral con manifestación diante do Concello incluída. Pola contra, o BNG desde a Xunta vén de sacar unha lei de comercio interior que beneficia aos pequenos comerciantes. Essa é a diferencia.

POLÍGONO INDUSTRIAL: Tourís permite que moitos propietarios das parcelas se salten as bases, que establecen que non se poden alugar. Hai moitos, cuxo capital procede de negocios nada claro, que están facendo un negoción coas parcelas. Moitos empresarios pagaron hai dez anos uns servizos (luz, auga, etc.) que ata hai poucos meses non disfrutaron.

DIFUNDIDE ESTAS RAZÓN PARA NON VOTAR AO PP.

12 mayo 2007

Actos Vandálicos na campaña electoral

Dende aquí condenar calqueira acto de tipo vandálico contra calqueira partido político(ademais en campaña electoral creo que é delito). O cartel encontrase pasando a cafetería O Conxuro:

Tamén condenamos a mala puntería dos autores.

Futuro pesimista

O meu parecer, vexo un futuro pesimista de cara as vindeiras eleccións do 27 de Maio, e que non gañamos nin en internet, entón que nos queda?Como sae no vidio do asalto o Concello no 86, como di o fulano ese de pelo branco que sabe expresarse moi ben e todos lle fan caso: ¡Temos que ser unidos!, que somos medio pueblo ou pueblo enteiro?
Agora tócanos a nos, hai que moverse o vindeiro día 27, si queremos que a cousa cambie. E si non cambia, seguirémos dando guerra outros catro anos máis.

Indignante

Artigo cedido por Unha Grande Chea.

ROSA OUBIÑA, OUTRA VEZ COAS CADEIRAS AS VOLTAS.
Xa fai tempo que non facemos un comentario crítico o equipo de Goberno porque como deciamos para eso están xa outras páxinas do noso pobo, pero neste ocasión non podemos deixar de facelo xa que se trata dun tema cultural. Outra vez Rosa Oubiña volta a ser triste protagonista da actualidade cambadesa e outra vez volve a prexudicar descaradamente e adrede a Teatro Caracol, ¿en beneficio de quén?. Non sabemos. A historia contada a esta Asociación pola propia Olga, directora de Teatro Caracol é a seguinte: O concello de Cambados por medio da súa Concellalia de Cultura autorizara a utilización de cadeiras para poder ver a obra que están representando ata o día once de maio. Pero resulta que o sete de maio con “premeditación e alevosía”(non lle podemos engadir nocturnidade porque foi as tres da tarde) funcionarios do Concello, ordenados por Rosa Oubiña van retirar as cadeiras do Asorey, por razóns de traballo atopase ali Domínguez, quen en principio lle impide levar as mesmas ata que Olga non fale con Rosa Oubiña, na conversa Rosa Oubiña dille que lle fan falla para un acto cultural en Corbillón (e decimos nos e logo no sitio que estaban que era…para oir misa), a todo esto o Xefe de obras e servizos do Concello de Cambados, desmintea e din que non fan falla esas cadeiras en Corbillón. Olga oponse, pero inútilmente por empezan a quitar as cadeiras e amontonalas nun lugar no centro. Claro Teatro Caracol, urxentemente ponse man a obra para sustituir as cadeiras cousa que por certo conseguen enseguida. Pero , e aquí ven a mala fé, ven que pasan os días e os do Concello non voltan a polas cadeiras que amontanaran, Olga preguntalle a Rosa se non van ir a por elas e esta dille que xa non lle fan falta. Olga, obviamente , mosqueada ,e con razon, con “toda a educación” interrumpe a comunicación coa edil de Cultura.
Parecenos indignante, cabreante, flipante, unha burla , todo o que Vdes queiran , parece que o unico que se quere dende a Concellalia de Cultura é que se celebren actos que organicen eles (por certo, moi poucos o ningún), cando ven que alguen organiza algún acto cultural e ainda encima cun triunfo clamoroso como é o caso de Treatro Caracol a Rosa Oubiña non lle gusta nada , de nada, de nada. Esperemos que o vindeiro concellal ou concellala de Cultura non sexa tan “ineficaz” (por decir algo educado) como Rosa Oubiña.

Indignante, como sempre.