O XULGADO OBRIGA AO CONCELLO DE CAMBADOS A NOMEAR SARXENTO(agora Inspector Xefe) A MAXIMINO CID FERRO .(Por fin se fai xustiza).
O xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra deu a razón ao aspirante a sarxento de Cambados, Maximino Cid Ferro, e ditou sentenza para que a comisión de goberno noméelle como novo responsable da policía local do municipio. O goberno local xa anunciou que recorrerá esta decisión(¿volverase a facer xustiza?).
Despois de que o Concello de Cambados repetise o quinto exercicio da oposición a sarxento, no que se detectou irregularidades, o tribunal do mesmo suspendeu os dous aspirantes. Pero Cid Ferro, que leva sete anos nos xulgados reclamando a praza(David vence a Goliat), presentou un recurso contra o seu suspenso. Cando a comisión de goberno rexeitou a súa petición, este policía ourensán acudiu, de novo, aos tribunais. Estes déronlle agora a razón( O asesor xurídico do Concello perde todo, ¿perderá a súa praza tamén?,que contraten a Mortadelo que lle dará mellores resultados).
A sentenza recorda todo o proceso que seguiu este caso desde que no ano 2000 Cambados sacase a concurso a praza de sarxento. Tras debater se os tribunais son ou non competentes para revisar as decisións do tribunal dunha oposición, o xuíz conclúe que no caso obsérvanse «vicios de arbitrariedade e desviación»(vicios neste concello hai moitos).
Esta circunstancia «evidencia a resistencia da administración demandada non só a executar aquela sentenza senón sobre todo a permitir o acceso ao emprego do agora demandante», explica a sentenza. Engade ademais, que o perito elixido(co acordo de ambas partes) para revisar o exame concedeulle un notable-alto, fronte ao suspenso que no seu día lle outorgou o tribunal(Dominguez, Touris e outro +) da oposición a sarxento.


Este home probablemente sabe moitas cousas das que pasan no “auntamento” porque leva moitos anos no cargo, imaxinadevos por un momento se por vinganza se pon a largar “anécdotas” da sua boquiña. Podia decir moitas cousas ,sen ir máis lonxe comenzando, que é o que realmente pasa no corpo o que pertence. Podia decir que pasou no exame para elexir Xefe do seu corpo. Podia decir como chegou a denuncia do Sr. X ó Xulgado e quen realmente mandou presentala. Podia decir que él sabe que un alto cargo municipal , por certo que un dos colectivos o que pertence pola sua condición sexual (contra que por suposto non temos nada pero o seu partido si) acaba de celebrar a súa gran festa en Madrid, ten o seu despacho privado no Concello porque como sabedes aparte ten outra profesión. Podia decir tamén que elaborou mais de un atestado ou informe que non chegou finalmente o destino porque habia implicado alguen coñocido do partido.
Podia decir tamen que outro alto cargo municipal “acarreta” gas oil e outros materiais para a súa vivenda sen que este teña carácter municipal nin se lle pareza. Podia decir as matriculas dos vehículos que fan a “carretaxe” dos votos nas eleccións. Podia decir tamén que certas sancións de circulación a certos militantes do mesmo partido “extraviaronse” no camiño o despacho do máximo mandatario. Podia decir tamén como fan alguns narcos para conseguirlle becas municipais os seus fillos. Podia decir como funcionarios afectos o partido marchan o mercado o de viños e non se lles di nada.


























