
12 septiembre 2007
11 septiembre 2007
09 septiembre 2007
23 agosto 2007
SOLDOS "BEN" MERECIDOS
A PIQUES DE COMENZAR A XORNADA LIGUEIRA VOLVE O TORNEO MÁIS IMPORTANTE…
…. E NON E FÚTBOL…
ANUNCIO NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DE HOXE PODEREMOS VER OS SOLDOS “MERECIDOS” DOS ESFORZADOS:
ASESOR DE COMUNICACIÓN… 28.904,73 € ¡Viva Benito e máis o seu zutabe "A Calzada"!
DO AUXILIAR DE COMUNICACIÓN… 18.390,97 €
SECRETARIA DE TOURÍS... 23.093,75 €
21 agosto 2007
PELEXA ENTRE UN COMERCIANTE E DOUS POLICÍAS LOCAIS


20 agosto 2007
PLAXIO A UN FOTÓGRAFO

18 agosto 2007
DOMINGO DE ALBARIÑO
30 julio 2007
27 julio 2007
PROPOSTA DO ALBARIÑO DE IRIA RIBADOMAR
Persoalmente pareceme unha boa idea, habrá que correr a voz.
15 julio 2007
A FESTA DO ALBARIÑO
Eu como non vou ter nada diso vou falar doutra festa. Da festa politizada por esos gobernantes que non fan maís que nomear cababaleiros os seus amigos, darlle follas de prata os seus máis inmediatos colaboradores e facer o domingo do Albariño non unha festa popular senón a festa do Partido Popular.
Da festa que pon un servizo publico para preto de 200.000 persoas, e claro si a xente bebe, obviamente mexa e donde mexa, dando lle sale do carallo, e cada vez que a noite vai entrando as karenas van medrando directamente proporcional e chegan a mexar ,a botar pastillas e a romper cristales donde lles ven gaña (A Policia Local brila pola súa ausencia). Da festa dos comás etílicos dos menores, e unha das festas donde o Centro de Saude de Cambados non da abasto, e seino por propia expericia, e o dia donde rapaces e rapazas de doce , trece, catorce e quince anos son atendidos por que non controlan o que beben, nin hai información previa o respecto porque para estes gorbernantes o que non se ve non existe.
Da festa do inmenso macrobotellón que todolos sábados do Albariño, e dende fai unha gran número de anos se ven a celebrar no parque, sen control de ningunha clase nin ningunha clase de servicios, como o Sr. Touris e Sra. Carro non van por ali, tampouco existe. Da festa da desinformación total, a xente de fora anda máis perdida que un polbo nun garaxe, non saben a donde ir, non teñen a quen preguntar, o concello ten as portas pechadas, a oficina de información e turismo tamén está pechada, non hai ninguen nos postos tampouco que poida informar a xente dos actos que hai. Da ausencia de gaiteiros nunha festa galega por excelencia, contratan eso si os das faldas de Ourense para o paseo triunfal ata o Pazo de Fefiñans pero ¿Qué lle custaria contratar catro o cinco grupos de gaiteiros e colocalos estratexicamente a tocar nos horas mortas que non hai ningunha actividade?.
Da festa que menospreza os nosos restauradores e casas de comidas toda vez que unha carpa enorme rexentada por un do Grove fai o seu agosto, e nunca tan ben dito, en prexuizo dos nosos industriais. Da festa que maltrata a xente da terceira idade , que maltrata a persoas tan distinguidas coma Manuel Fraga que lle fan andar casique un qilometro no estado lamentable no que se atopa. Da festa na que se vende viño Albariño “ilegal” sen embotellar en cantidades industriais e o Consello Regulador da popular Marisol Bueno non fixo nada a sabiendas.
Da festa que está manipulada por un señor de Pontevedra que lle chamen Pedro Rial e que cambia o seu antoxo os estatutos do Capitulo Serenisimo porque Don Manuel deixou de ser presidente da Xunta.
Da festa donde un 25 ou 30% do seu orzamento gastase nunha comida nun Pazo mercado a propósito por Don Manuel, o Pazo de Torrado.Da festa que faltando casique quince días para a súa celebración ainda non se sabe nada de nada, agás a actuación de Paloma San Basilia (vaia merda). En fin dunha festa moi mal organizada, unha festa que podia ser moito millor cun Padroado que a rexentara, unha festa donde a imaxinación brila pola ausencia, so falta que traigan a Manolo Escobar para estar todo o credo do Partido Popular.
10 julio 2007
Cid desminte ao Concello e afirma que superou as prácticas e o exame médico.
Recentemente o equipo de Goberno do Concello manifestou a súa decisión de presentar un recurso contra a sentenza que lle obriga a darlle o posto de sarxento xefe da Policía Municipal a Maximino Cid Ferro, á espera de que este acredite que dispón da formación obrigatoria para exercer como sarxento, é dicir, que superou as prácticas de traballo, tal e como esixen as bases da oposición.
O axente tachou de "mentiras" as palabras dos responsables municipais e afirmou que "non é certo que aínda non supere o recoñecemento médico e as probas físicas"(Pero vamos a ver, si as físicas e o recoñecemento son os primeiros exames, como é posible que chegara o último exame, panda de...). Para iso presentou o acta do tribunal calificador, onde os compoñentes do mesmo acreditan coa súa firma que pasou o exame médico, psicotécnico e físico, ademais do teórico. A isto engade que é o Concello quen debe comprobar que o candidato ao posto "realice todos os cursos de mando" para poder acceder á convocatoria, polo que considera que as alegacións do Concello son "un novo capítulo" da súa "resistencia a permitir o acceso ao emprego ao demandante".

05 julio 2007
PRAZA DE SARXENTO PARA MÁXIMO POR SENTENCIA XUDICIAL
O XULGADO OBRIGA AO CONCELLO DE CAMBADOS A NOMEAR SARXENTO(agora Inspector Xefe) A MAXIMINO CID FERRO .(Por fin se fai xustiza).
O xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra deu a razón ao aspirante a sarxento de Cambados, Maximino Cid Ferro, e ditou sentenza para que a comisión de goberno noméelle como novo responsable da policía local do municipio. O goberno local xa anunciou que recorrerá esta decisión(¿volverase a facer xustiza?).
Despois de que o Concello de Cambados repetise o quinto exercicio da oposición a sarxento, no que se detectou irregularidades, o tribunal do mesmo suspendeu os dous aspirantes. Pero Cid Ferro, que leva sete anos nos xulgados reclamando a praza(David vence a Goliat), presentou un recurso contra o seu suspenso. Cando a comisión de goberno rexeitou a súa petición, este policía ourensán acudiu, de novo, aos tribunais. Estes déronlle agora a razón( O asesor xurídico do Concello perde todo, ¿perderá a súa praza tamén?,que contraten a Mortadelo que lle dará mellores resultados).
A sentenza recorda todo o proceso que seguiu este caso desde que no ano 2000 Cambados sacase a concurso a praza de sarxento. Tras debater se os tribunais son ou non competentes para revisar as decisións do tribunal dunha oposición, o xuíz conclúe que no caso obsérvanse «vicios de arbitrariedade e desviación»(vicios neste concello hai moitos).
Esta circunstancia «evidencia a resistencia da administración demandada non só a executar aquela sentenza senón sobre todo a permitir o acceso ao emprego do agora demandante», explica a sentenza. Engade ademais, que o perito elixido(co acordo de ambas partes) para revisar o exame concedeulle un notable-alto, fronte ao suspenso que no seu día lle outorgou o tribunal(Dominguez, Touris e outro +) da oposición a sarxento.
O MACROBOTELLÓN

30 junio 2007
NON "MOLA" ROUBAR BICIS.
Nestes dias estivose a falar e falarase dun axente da autoridade que se “fixo” cunha bicicleta que o parecer atopábase no depósito municipal, feito, como non podia ser doutra maneira denunciado polas autoridades municipais no Xulgado ¿Pero denuncianse todas ilegalidades que hai no “auntamento”?. Doutra banda un feito gravísimo, se é certo, e merece ser castigado como legalmente se establece. ¿E si esta autoridade fixo ,como se comenta nalguns foros, fan outros moradores do estamento municipal que tamén levan cousas para a casa ou que se aproveitan inmerecidamente do erario público?.
Este home probablemente sabe moitas cousas das que pasan no “auntamento” porque leva moitos anos no cargo, imaxinadevos por un momento se por vinganza se pon a largar “anécdotas” da sua boquiña. Podia decir moitas cousas ,sen ir máis lonxe comenzando, que é o que realmente pasa no corpo o que pertence. Podia decir que pasou no exame para elexir Xefe do seu corpo. Podia decir como chegou a denuncia do Sr. X ó Xulgado e quen realmente mandou presentala. Podia decir que él sabe que un alto cargo municipal , por certo que un dos colectivos o que pertence pola sua condición sexual (contra que por suposto non temos nada pero o seu partido si) acaba de celebrar a súa gran festa en Madrid, ten o seu despacho privado no Concello porque como sabedes aparte ten outra profesión. Podia decir tamén que elaborou mais de un atestado ou informe que non chegou finalmente o destino porque habia implicado alguen coñocido do partido.
Podia decir tamen que outro alto cargo municipal “acarreta” gas oil e outros materiais para a súa vivenda sen que este teña carácter municipal nin se lle pareza. Podia decir as matriculas dos vehículos que fan a “carretaxe” dos votos nas eleccións. Podia decir tamén que certas sancións de circulación a certos militantes do mesmo partido “extraviaronse” no camiño o despacho do máximo mandatario. Podia decir tamén como fan alguns narcos para conseguirlle becas municipais os seus fillos. Podia decir como funcionarios afectos o partido marchan o mercado o de viños e non se lles di nada.
Podia decir tamén cales son os trifásicos que certos colegas ulizaron para facerse co chollo. Podia decir tamén como certos empregados que pagamos todos realizan tarefas que non son consideradas estrictamente municipais nin en dependencias municipais. Podia decir tamén como lle fan a vida imposible a certo compañeiro seu por non ser da “mesma corda” co de Oubiña.. Podia decir tamén como se fai a “vista gorda” a certos amigos propietarios de empresas que virten ilegalmente o mar. Podia decir tamén, incluso, como se fai a “vista gorda” para que da noite a mañan galpons de 50 m2 se convirtan en verdadeiros chalets de luxo. Podia decir tamén como certas persoas influentes do partido obran nas suas casas en zonas declaradas do patrimonio historico artístico sen ningunha clase de problemas e usando os materiais que lle veñen en gaña.

Podia decir tamén cando o de Oubiña ou os seus mandandos lle “suxiren” incrementar o erario público a base de sancións os nosos vehículos. Podia decir tamén cales son os altos cargos que máis se “maman” na festa do Albariño. Podia decir tamén como empregados pagados por nos pegaban carteis do mesmo partido ou colocaban o mobiliario para os mitins. Podia decir unha e mil cosas pero seguro que non vai decir nada.
¿E ó mellor se o da bici só é a punta do iceberg das corruptelas que xa hai xeneralizadas no “auntamento”?. 
P.D.- Ainda que co permiso do meu colega o Sr. X vou a seguir escribindo artigos neste foro, de hoxe en diante tamén podes ver todos artigos escritos ata o de agora na páxina http://www.osorro.ar.gd/
27 junio 2007
AXENTE DA PL PRESUNTO LADRÓN DUNHA BICICLETA
INVESTIGAN A UN POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS POR UN PRESUNTO ROUBO DUNHA BICICLETA.
O Concello de Cambados denunciou ante o Xulgado a un dos seus policías locais como presunto autor do roubo dunha bicicleta do depósito municipal de vehículos, segundo confirmaron fontes xudiciais. Por este motivo, desde o Concello ordenouse o inicio dunha investigación interna para determinar o grao de responsabilidade do axente e comprobar se puido ou non subtraer outros obxectos que desapareceron nos últimos meses. Ademais, o municipal podería ser sancionado cunha suspensión de emprego e soldo ata que finalice o procedemento penal. Pola súa banda, o inspector xefe de Cambados, José Manuel Duarte, non quixo confirmar nin desmentir a existencia desta denuncia interposta ante o xulgado.
Un policía municipal de Cambados está sendo investigado despois de que se presentase unha denuncia contra el por ser o presunto autor do roubo dunha bicicleta do depósito municipal de vehículos. O axente, que xa recibiu a notificación oficial do Xulgado, podería ser suspendido de emprego e soldo ata que finalice o procedemento xudicial e ata expulsado do corpo se se confirma que cometeu o delito. As investigacións abertas por mor da denuncia están bastante avanzadas e, ao parecer, podería ser tamén o responsable da desaparición dalgúns obxectos. Un deles sería unha lanterna que se atopou logo de varios días debaixo do asento dun coche patrulla onde xa se buscou anteriormente.Tras a desaparición da bicicleta intensificáronse as indagacións e foi localizada aos poucos días en posesión do seu fillo( que no vería, bisicleta nova). Ante esta evidencia, o axente foi interrogado nas propias dependencias policiais(por Duarte a lo instinto básico), en presenza de varios dos seus compañeiros e de persoal do Concello. Fontes consultadas por este xornal apuntaron que o policía negou roubar o biciclo e xustificou que o tiña o seu fillo porque llo deixou un amigo que nestes momentos está en Andalucía(si e o que suele pasar, quen di en Andalucía di no Congo Belga). Pola súa banda, o inspector xefe(interino) da Policía Local de Cambados, José Manuel Duarte (Solla,absteñanse de facer rimas), lonxe de aclarar a polémica situación, non quixo nin confirmar nin desmentir calquera cuestión relacionada co caso. Con todo, outras consultas realizadas sinalan que a denuncia leva máis dunha semana nos xulgados e que desde entón a investigación interna intensificouse coa finalidade de corroborar con probas que este axente puido ser o autor do roubo da bicicleta no depósito municipal de vehículos. Outras fontes engadirían que, froito das pescudas realizadas, púidose descubrir que o policía local de Cambados denunciado tamén podería ter unha causa pendente relacionada con outro delito(aparcar nos servizos municipais, en liña amarela, no paso de peóns...). De confirmarse este extremo, e no caso de que fose condenado por algún destes dous delitos, a súa expulsión do corpo de Policía Local de Cambados sería inmediata, polo que xa non podería continuar traballando na Administración pública e tería que buscar o seu futuro laboral na empresa privada.Este suceso causou un profundo malestar no colectivo da Policía Local de Cambados, cuxos axentes non ocultan a súa preocupación por este feito. O persoal teme que as accións dun único municipal poidan afectar á boa imaxe que se gañaron ao longo dos últimos anos(sobre todo a de Duarte), a través dun traballo rigoroso e profesional que está sendo valorado de forma positiva pola maioría dos veciños da capital do albariño(menos os multados de maneira arbitraria). 
Duarte vixíe os seus homes
Cambados modifica as bases da oposición
Din que cambian as bases polos 2 municipais de cambados que protestaron e non pola denuncia de Máximino Cid, puff... unha dúbida, si teñen que modificar as bases, pero coa nova lei non poderían sacar a praza non????? Alguén pode resolverme esta dúbida. Gracias de antemán.
LA HISTORIA LA HACEN AQUÉLLOS QUE ROMPEN LAS REGLAS
25 junio 2007
AS MONTAXES DA DISCORDIA POR 50000 VISITAS




22 junio 2007
SARXENTO DE CAMBADOS

19 junio 2007
13 junio 2007
TRES INCÓGNITAS PARA CAMBADOS
No futuro inmediato político de Cambados, plantexanse tres incógnitas que vou numerar por orde de número de votos acadados nas derradeiras municipais:1º.- ¿Qué vai pasar con Touris? En varios “mentideros” cambadeses dicese que esta é a lexislatura de Luis Aragunde, a lexislatura do troco do xefe de filas do PP en Cambados. Comentase, rumorease tanto dentro como fora da rede que a mediados de lexislatura máis ou menos Luis Aragunde tomará as rendas da Alcaldía no sitio de Touris, unha vez asignada a pensión vitalicia como senador e a quen como a todos do PP ultimamente, lle darian un cargo na deputación. Non é relevante que vaia de número 3 Luis, quizaìs fora posto adrede nese número para disimular. Non seria a primeira vez que o PP fixera este especie de “fraude” os electores cambadeses xao o fixo cando Pillado lle deixou a alcaldía a Tirado e este a Touris. Asi matan dous páxaros dun tiro “foguean” a Luis como Alcalde e evitan dar a coñecer un novo candidato.


3º.- E por último temos o que é realmente importante na vida nacionalista cambadesa ¿Qué vai pasar con Victor Caamaño? . Penso que o BNG non pode voltar a cometer o mesmo erro que con Roque. Ou dimite agora (que non seria o máis aconsellable) ou teñenlle que dar outra oportunidade. Coido que se deben inclinar polo segundo. Voume deter agora nunca analise maís a miudo do que lle pasou o BNG nestas eleccións. A regresión é alarmante, é hora de dar conta da xestión, de facer exame de conciencia do acontecido nas municipais e de poñer os postos a disposición da fronte sobre todo os do Consello Local e os do Consello Comarcal. Non se pode estar a botar a culpa toda a vida o PP e o PSOE dos males do BNG e ir de descalabro en descalabro electoral. Hai xente no BNG dende o ano 83, non é cuestión de facer unha depuración coma as purgas de Stalin, pero ten que entrar savia nova no BNG cambadés e do Salnés e de forma urxente, senón facendo un pouco de pitoniso, nas vindeiras municipais baixaran a dous ou a ún concellal, tempo o tempo. É hora de que Xoan Antonio, Adela, Duarte, Montse Prado e o defenestrado pola UPG Paco Trigo, desaparezan da escena politica nacionalista cambadesa, ou alo menos do primeiro plano. Dos 10.000 votos que perdeu o BNG na Galiza, 3.000 perderonse no Salnés e máis de 400 en Cambados, indicativo de que as cousas no noso pobo e na nosa comarca non van nada ben para os nacionalistas. …”””Non teño teimas persoais de ningunha caste. Teño prevencións máis que fundadas sobra a validade ou erro de determinadas posicións nun dado momento, e sobre as funcións das persoas e a súa positividade ou negatividade o respeito do que o BNG necesita e a sociedade reclama. E para min era unha evidencia que rematara un ciclo no que atinxía á lideranza dentro do BNG, entendida mesmo o seu aspecto máis electoral ou, si ti queres, do ponto de vista do marketing. Non falemos xa do que eran necesidades orgánicas e políticas para estarmos a altura das circunstancias. Cando unha situación así se da, adoito non ter moitos miramentos a respeito do que podan decir os demais sobre as cousas da miña conduta, ou as razóns que tiñan de preocupación por muitas persoas que querían o millor para o BNG. E unha das cuestións que os denominados dirigentes deben ter presente é saber estar o tempo oportuno nos lugares nos que sexan necesarios e saber cando hai que emprender a retirada, muito máis se as túas limitacions e deficiencias no desempeño do cargo son notorias”””…. Estas son verbas de Francisco Rodríguez no libro “A nación galega existe – Conversas con Francisco Rodríguez-“ de Xosé Mexuto (pax 203 e 204). Esto deciao Francisco Rodríguez a propósito do relevo de Beiras no BNG. Os que nomei deberiades de intentar aplicarvos o conto.
Por último espero que as “gaivotas” que “voan” neste foro tiveran no que falin rescpecto do BNG unha boa ración da “carroña” para unha longa tempada.




.jpg)



