Cambados rexeita instalar un palco para Unha Grande Chea
10/02/2007
A policía tampouco vixiará o desfile que realizarán os integrantes da comparsa Un ano máis, o Concello asegura que todos os escenarios están ocupados.(Según Duarte centran tódolos medios na búsqueda do Sr.X)
Un ano máis, os integrantes dunha Grande Chea atopáronse coa negativa do Concello de Cambados a colaborar cos actos que organizarán durante o vindeiro martes de Carnaval. (Que raro, vindo do Sr.Tourís, un home con talante, senador de tódolos cambadeses). A comparsa solicitara un palco sobre o que actuar en Alfredo Brañas e vixilancia policial para o desfile que efectuarán entre o pazo de Quintanilla e a mencionada praza. Ambas peticións foron denegadas. Fai xa algunhas semanas, a comparsa colgou na súa páxina web a solicitude que presentaran ao alcalde de Cambados para que lles instalase un palco en Alfredo Brañas, onde todos os anos congregan a un centenar de persoas coas súas actuacións. Preguntábanse nese apartado se, tendo en conta que estamos en ano electoral, o equipo de goberno accedería ás súas solicitudes. Pois non foi así. O alcalde, José Manuel Cores Tourís, remitiu onte un escrito á asociación no que lamenta ter que comunicarlles «que nesta ocasión non é posible acceder ao solicitado, ou non dispor na referida data de palco libre algún», asegura o comunicado oficial. «Nin en ano electoral nos poñen ou palco e mira que teñen palcos en Cambados», laméntanse os integrantes da comparsa na súa web. Pero como, ata agora, xamais se lles concedeu a instalación desta infraestructura e «xa estamos acostumados», pois xa teñen un plan B. Así que avisan a todos os veciños de que o seu espectáculo, seguirá adiante. O desfile A comparsa tamén solicitou, nesta ocasión, a colaboración da Policía Local para o desfile que teñen previsto realizar desde o pazo de Quintanilla ata a mencionada praza. Neste caso é a tenente de alcalde, Rosa Oubiña, a que lles responde, a instancias do sarxento, que nese mesmo momento, os axentes terán que atender o desfile organizado polo Concello. Ao mesmo tempo, advirte á formación que, de seguir adiante co seu percorrido, deberán cumprir toda a normativa establecida. (O Concello sempre pon trabas a quen non é afin o réxime).
39 comentarios:
E lo que pensades, sodes operasion triunfo ou que, polisia pra os señoritossss. Se vos mesmos decides que xuntades un cento de persoas, ¿esta o ganador na costa?, a festa pra vos e os vosos amigos facedea vos e non andedes a joderlle a cabesa a nadie. Listos que estamos ata o carallo das vosas tonterias.
achup-pama: AMARGAOOOOOOOOOOO
A-MAMA-LA
Que queriades? darlle polo cú e que ademais lle gustara. O carnaval montadeo vos que pa iso dironvos unha subvención. e ademais tamen querian os Locales o servicio da comparsa que os pon verdes. o que non tendes e sentido do ridiculo. ESO ESTIVO DE PUTA MADRE.
se qeredes facelo antroido, facedeo cos vosos medios, que non o teñen que pagar as institucións.
a grande chea pide:
cartos
infraestructura
policia local
vixiancia..
¿que mais?
decides trabas? pero si levades 22 anos e nadie vos dixo nada, cal e a traba ou persecución de que tanto se di aquí se cada un sempre fixo o que lle dou a gana. FORA CON ESE CONTO.
Hay que joderse co que leo aki. Son os unicos que fan algo polo antroido cambades e asi llo pagades. Eles piden un palco para facer unha actuacion o martes do entroido para que os cambadeses se animen a disfrazarse e o pasen ben.
Pero esta visto que a alguns parecevos mal que fagan cousas poolo pobo
O unico que facedes e politica, e non solo en carnabal si non todo o ano. Señor alcarde o luns vou xogar un partido o pabillón imos ser 22 queremos protecsión da polisia local, a banda de Castrelo e que bostede veña en calsonsillos. E si pode ser teño un fillo que si aparese un postiñó no concello mandollo.
Sabedes aqui se dispon de palco para prestar, o concelo orjanisa tamen festa rachada!!! non vos queixedes tanto, que xa non dades pena. eu tamen esto dacordo cada un que queira aljo, veña a pidir escolta polisial, pajada por tdos os prinjados.A CHORAR A CAJAS que daban unha roupa de ajuas
Para achu-pama e os seus acólitos:
Que pouco sentido do humor tes, ten razón quen che dixo que estás amargado. Por certo como escribes nun blog denunciado polos teus jefes, como se se enteren igual te botan do posto donde estás enchufado.
Fai anos que non creo en politica, pero tampouco me aproveito dela.
E tendes razón estou amargado o ler cousas coma estas.
Meu Deus, nunca vin pobo máis cainita ca este! Botando merda enriba da única xente que fai algo por el!
Cambados é un parque temático da ruindade. Espero que as eleccións nos traian algún cambio, porque este pobo necesítao coma o pan.
¿Que facedes vos polo pobo? aparte da vosa politica que e o que en verdade vos interesa. Cando non se teñen argumentos todo se arregla insultando o pobo, ou a xente que non comulga coas bosas caralladas.
Os de UGCH, piden un palco para facer un espectaculo o martes de carnaval (dia no que nuca hai nada) escepto este ano ¿?sera porque hai eleccions? para que a xente do pobo se anime a disfrazarse e sair a rua. Supoño que organizar todo eso levaralles moito tempo, esforzo e cartos. E ina ven aki algun impresentable a decir tonterias. Si non fora por eles, hoxe en dia o antroido en cambados non exsistiria ¿e sabedes porque? por que aos que levan gobernando 20 anos non lle sinteresa que a xente se disfrace e critique o que o concello fai mal. E un intento de censura, matando a festa pouco a pouco.
Que mellor resposta para este señor, que a cantidade de xente que había o ano pasado na praza das terrazas, como lle chaman os da comparsa. Non sei si calificalo de envidioso, mala hostia ou que, pero preguntome porque lle molestará tanto que UGCH intente facer rir a xente cada carnaval? unhas veces consegueno e outras non, pero polo menos intentano, o concello salvo este ano coas garotas, nada de nada. Porque criticamos os que intentan facer algo e non os que non fan nada? xa se produciu un debate parecido no foro de cambados tk. algunha xente do noso pobo as veces defraudame, e xa digo que algunha, non todos.
ARRIBA DON CARNAL
Creo que algúns, descoñecen como funcionan as cousas, ou interesadamente queren descoñecelas. Fánse críticas a diestro e sinistro, precisamente por aqueles que deberan de estar calados, por non ser eles o máis indicados. Habería que examinar as entidades ou asociacións pantasmas que non teñen ningunha actividade ó longo do ano e reciben subvencións porque lles son secuaces (o étimo de secuaces é seguidores) e acadadores de votos, de aí que non haxa dúbidas ningunhas para manter o "eslabon". Os "artistas" sobran, e é un "artista" aquel que de xeito ignorante ou non a "sabiendas" di esto e o de máis alo sen ter nin puñetera idea. ¿ Quen se fai responsable de que suceda algo no desfile se non se tomaron al medidas necesarias: autorización, cortes de tráfico, dar paso ós veciños, etc, etc.., ou é que só acaso se ten que dar no desfile dos Reis Magos e outras historias?. ¿Se se convocara unha manifestación, non tiñan acaso que estar os Policías Locais para regular o tráfico?. Na miña aldea, sempre que sae un "listillo", existe un refrán popular que di "ese confunde allos con bojallos". Ti dirasme -e ademais aposto que crees a túa propia mentira-, ¡eu son apolítico, eu non fago política!. ¡vaites, vaites, xa sabemos de que pé coxeas, se resulta que es un animal bípedo con plumas!. Veña disfruta os Carnavais, e aínda que non che guste, a invitación a Zao e a Praza de Alfredo Brañas e gratuíta.
Os que respetamos a liberdade expresión non imos criticar a achu-pama, por que fina ou groseramente el está nun chat e hai que entrar a propósito para lelo, cousa que tiñan que haber feito os denunciantes do Sr. X. Dito esto nos non pedimos protección policial, ata hai chegariamos, só pedimos permiso para celebrar un desfile, porque levamos un camión e rapaces, e si houbera algún problema queremos estas repaldados, Todolos anos facemos un seguro para un dia que nos costa unha pasta que temos que pagar nos, todolos gastos salvo contadas subvencións saen dos nosos bolsillos, e todolos actos que facemos son gratuitos (é esa unha das nosas premisas)e libres, é decir nos non obrigamos a ningén (como fan outros) a ir a ningún acto, a xenta que está nos nosos actos e voluntariamente e libremente. En canto o das Garotas a nos nos parece mal todo o contrario, todo que sexa revitalizar o antroido cambadés parecenos ben, por eso loitamos (ainda que a veces nos equivocamos como todo mundo).
Agora achu-pama contestanos o que queiras estás no teu dereito, pero nos sempre damos a cara e ti sabes perfectamente quen somos porque nos coñeces personalmente.
Nos temos unha máxima e por eso en 22 anos non se desfixo a comparsa, ainda que pasou moi malos momentos é a seguinte: "Os nosos enemigos nos dan a forza necesaria para seguir adiante". Grazas polos teus comentarios, está ben que falen dun ainda que sexa mal. E disfrazate home, disfruta coas garotas, xa que con nos non o fas.
Eu flipo co complexo de inferioridade de algunha xente con respecto ó concello. O concello só representa ao povo, non é dono del, nin que seguíramos na idade media.Dende cando e o PP o que ten que deixar nada? o palco e tanto de unha grande chea como de tourís, o palco pertence a xente de cambados, e o servicio de protección en actos públicos e un dereito de tódolos cambadeses, porque para eso se pagan impostos. UGCH Sabe de sobra que non lle van dar o palco cando o pide, ou pensades que chupan o dedo, e sábeno, porque este non é un povo democrático, pero gracias a que o piden e nolo fan saber, tamén nos fan saber as escusas parvas que da o concello para decir que non, a eso chamadeslle facer política? chámaselle abrir os ollos os cambadeses. Haberá quen poida non estar dacordo coas sátiras que fan e coa súa personalidade como asociación, pero nadie pode dicir que non teñen dereito a un palco, ou a seguridade, por criticar o PP. Ese planteamento é o primeiro que hay que mudar en cambados, o de non mezclar fabas con castañas, e o non darse conta dunha vez, que o concello ten a obligación de dar servicio ós cambadeses, que traballan para nos, non ó revés.
TOURIS ESTA FACENDO DAS SÚAS CO PADRON MUNICIPAL. ESTAN APUNTANDOSE XENTE QUE NON PERTENCE Ao CONCELLO PARA DARLLE O VOTO EN MAYO CO CONSENTIMENTO DO SARXENTO DA POLICIA LOCAL "DUARTE"
pero vos que pensades? que a xenta vai de un sitio a outro porque lo manda Tourís, votarán donde son que supoño tamén lle interesará participar no seu pobo. vaia carralladas se din aquí
QUEN E ESE DUARTE! POÑEDELO COMA UN DIOS. fará o seu traballo como todos, aqui o que non gusta a insultalo e difamalo. ide po carallo con perdón.
Para os dous anónimos coincidentes en escasos dous minutos.
Isto que vou afirmar se pode confirmar -é vox pópuli no Concello de Ribadumia-. Houbo unha época, casualmente pouco antes das eleccións municipais que había unha barriada enteira de xente empadronada no polígono industrial de Ribadumia. Creo que sería facilmente demostrable, se os partidos políticos da oposición piden eses datos, pero claro está contra a virtude de pedir está a de non dar, escudándose en cuestións como a Lei de Protección de Datos e outros intríngulis legais, ou mesmamente deixar morrer o contó ó longo do tempo e despois de innumerables queixas ó Valedor do Pobo este emite resolución polo cal o Concello de Cambados, e o seu Alcalde (Cores Tourís do PP) está a incumplir de xeito reiterado e sistemático o acceso a información e participación do Concelleiros no exercizo dos seus cargos. O gólpe -PP- (raposo) perde as forzas máis non as mañas. E non afirmo outras cousas, non vaia ser que tamén me denuncien a min.
UGCH e unha ONG con froteiras (Menos mal), que boiños son, fano pra divertirse, fano por vocación, non teño duvida, vocación politica frustrada. Utilizan o carnabal pra divertirse e aleccionar as novas xeracións coas suas ideoloxias politicas, ¿ou critican algún partido de ezquerdas inda que esten no poder?, que casualidade, se a primeira presisa de UGCH e "os nosos enemigos fanos mais fortes", a segunda a de ser "os nosos enemigos son de dereitas". Despois aparece Iru, a do botellón, que se pasou cos cubatas no fin de semana e agora impera a anarquía, señorita, NON, non e de todos, a realidade e que pagamolo todos, pero temos unhas normas que cumplir. Non podo pedir a biblioteca pra facer unha festa, que me deixen a escola taller pra facer unha mesa, e as chaves do concello pra ir durmir, COMO E DE TODOS... ¿Ou co bloque na Xunta xa se pode?, deixalle a politica a papa. Por outro lado a os que se preguntan ¿Que son eu? ide a chorarlle a Touris e decidelle que de paso que busca o señor X, vos avise se me topa a min.
Non son desta Vila, pero son consciente das cousas que pasan o meu arredor, podo pensar de por min, non son alleo á situación real da sociedade cambadesa, vexo as barbaridades que se fixeron coa súa colectividade, cos seus devanceiros e a súa historia: venda do campo de fútbol da Merced, de igual xeito a Xuventú, non entendo esta paranoia e do pouco que se move nesta Vila tentando facer algo, van os poderes fácticos co seu pensamento globalizador uniforme e néganlle o pan e a salga. ¡Grazas Partido Popular e a Vd. sr. Cores Touris!. Ó PP por reafirmarme aínda máis nas miñas conviccións democráticas e no exercizo dos meu dereitos gañados a pulso que non concedidos "graciosamente" pola Carta Outorgada. A Vde. sr. Cores Touris, por non exercer como Alcalde de todos coa dignidade que merecemos, independientemente da cor política de cada persona, pois así amosa a súa faciana máis (in) benevolente. Pregaríalle que na vez da oración diaria da COPE, rezara por todos nós un Pai Noso, e aínda así e que Deus nos colla confesados!.
Achu-pama, aínda que penso que aos anónimos coma ti non se lle debería dar cancha, só che vou respostar a unha cousa.
Deberías documentarte minimanmente antes de abrir a boca, porque cando gobernaba a esquerda en Cambados(canto fai deso?demasiado...meu deus) Unha Grande Chea si os criticaba e isto non é falar por falar, como tanto vos gusta a algúns anónimos, isto está documentado por escrito nos seus contrabandos e similares, así que xa sabes...antes de falar, hai que pensar.
Oscar cando gobernaba a ezquerda en cambados UGCH inda non existia, surdiu a raiz da saida da ezquerda de Cambados. Que por certo saiu a ostias e o concello foi tomado por multiplicar por 5 os impostos da vivenda no pobo, tamen fixo a fonte de fefiñans e lla quixo cobrar a os veciños, posto que rexeitaba a subencion do goberno por que eran do PP. ¿Por que sera que levan tanto tempo sin volver a o concello?, o pobo non e tonto e inda recorda a suas xestión, informate listillo que non tes puta idea, Por certo se non lle das cancha a os anonimos ¿que fas na paxina do señor X? ¿Antes de falar ahi que pensar?, ja, ja, ja...
non cambies as miñas palabras, eu dixen "aos anónimos coma ti " non aos anónimos. os anónimos coma ti son os que falan coma ti, insultando e desprezando aos demais, incapaces de argumentar ou de manter unha discusión.
Ben, voltas a equivocarte e voucho demostrar copiando un fragmento do suplemento MAIS CAMBADOS do faro de vigo do día dez deste mes, no que trataba precismente a UGCH, di:
"Charlín (por Chon, o secretario) engade que nos primeiros anos, sendo alcalde o nacionalista Xoán Antonio Pillado Silvoso, tamén houbo críticas ó goberno municipal, e lembra que unha das coplas máis sonadas de toda a historia de UGCH foi precisamente unha durísima diatriba contra Francisco Trigo Durán"
Por se non a lembras é a que empeza: "Paco vai pa Compostela, non puido ir pa Madrid, todo Cambados votou para larjalo de aquí..."
Ademais repítocho, hai documentos por escrito do momento.
UGCH naceu o 24 de febrero do 1985 e cando o goberno "saiu a ostias" coma dis ti (ademais seguro que estabas alí disfrutando do momento absolutamente democrático) foi o 3 de Setembro de 1986 e súmalle o tempo que tardaron en celebrarse as eleccións.
E si, tes razón, a esquerda está tardando demasiado en voltar ao goberno, pero ten por seguro que o pobo de Cambados está bastante medrado e maduro e vai saber afrontar as eleccións do 27 de Maio con resposabilidade. Saúdos anónimo.
Achu-pama:
gustariame saber quen eres, para poder rirme na túa cara, vergonza me da como cambadés que che puideran facer creer esas babosadas que ti dis. UGCH comezou en 1985, a esquerda saíu de cambados no 1987 aproximadamente, ese e o primeiro dato que che teño que correxir. UGCH si que criticou as esquerdas cando gobernaban, decir o contrario é mentir. cando queiras pasas pola miña casa e deixoche o libro da comparsa para que o comprobes cos teus propios ollos. O concello de cambados fai 20 anos cando era alcalde pillado solo acatou unha suba que viña do ministerio de facenda, en ningún caso se multiplicou nada dende o concello, é máis despois da manifestación pediuselle a facenda que tomara os impostos polos do ano anterior, pero que che vou decir a ti que tes a cabeza che de paxariños, mellor dito de gaivotas. do tema da fonte non podo decir nada que non sei. Non nos veñas a dar clases de nada e non penses que sabemos menos que ti poque somos máis xovenes, estarías caíndo nun erro moi grave, e aínda que superamos menos que ti, a nosa opinión valdría menos? Eu dende que teño recordos solo me ven a cabeza o PP na alcaldía, quero saber como o farían os de esquerdas. Por certo o señor X non se saberá quen é pero na súas páxina pódese opinar libremente, como fas ti.
POR CERTO DECIRLLE O SEÑOR X QUE QUITE A PUBLICIDADE QUE COLGARON NA PÁXINA ULTIMAMENTE.
sinto enrollarme tanto, pero é que esta xente quentame o sangue
"achu-paña", eso é o que lle fai todos os días a Touris este energumeno, asi ten a boca tan chea de merda.
O pobo de Cambados quedou tan farto do governo bnja, que tendrian que volver a facer memoria historica non histerica para que non volten "nunca mais" o governo cambadés. Por eso nunca mais foron apoiados polos veciños, senón que foron perdendo cada día mais votos. Asi está a realité
Achu-pama, colega vaite tratar, porque cada vez que falas vas perdendo máis credibilidade, e aproveitando que o mencionas, un saúdo a Papa, o cal lle agradezco ensinarme que a política e cousa de todos ( igual que o palco )e que non hay que deixala para outros...e terminar pensando coma ti.
Pd: cando quedamos para facer botellón, a ver si te volves anarquista coma min, podesllo comentar á sanidade, para que aumenten o número de efectos secundarios do alcohol...
Oscar, tes que lle decir a REMEMBER que se documente, que si algo dis de certo e que estar mal informado non e bon. e ademais para no ser desta vila, debeu ler moito este blog. que non fale das vendas que tamen ten compras.
Iru a verdade que a quen se ten que tratar es tí e non achu-pama, pero bueno xa sabemos que aqui si non se pensa uniformado mandante a tratar, chamanche tarado etc. Tratate ti que se sigues así non terás remedio.
E que os psiquiatras van caros, se mo pajaras ti iba encantada, creo que a ninguén lle estaba de mais...
Para o anónimo do 13/02/07 das 16.00 horas P.M., sinxelamente o que afirmas é unha falacia, o BNG como tal non gobernou nunca en Cambados. Pásate pola heremoteca e confírmao.
Para o anónimo do 13/02/07, das 23.46 horas A.M., decirche que Oscar non precisa de facer de recadeiro, penso que estás mal acostumado, aparte claro está da falta de educación ou civismo do que careces. Non coñezo polo de agora a Oscar, quizais co tempo.
¿ Se che deixaran un ben na túa herencia, para disfroite de todos os cambadeses, un ben que aparte do valor material cuantificable economicamente, tivera un moi alto valor sentimental para a cidadanía de Cambados, e de moita importancia histórica o venderías?. Eu pola miña banda non o faría. Ti xa vexo que apostas polo sí e por traizonar os desexos das persoas que fixeron a doazón desinteresadamente e de corazón para que puideran disfroitar todos os cambadeses e as xeneracións futuras.
Benquerido achu-pama, dificilmente os da UGC, por moitas razóns e argumentos demostrables que teñan poden convencer e "aleccionar" ás "novas xeneracións", pois ¿ acaso estas non che son do PP e siguen a "pies juntillas" a ortodoxia dogmática do seu líder e líderes da extrema dereita?.
Abur lo..
O pobo de cambados esta enganada polo PP, fanlles crer cousas que non son verdade, e non e algo dificil se controlas os medios de prensa e a informacion que chega a eles.
Ti que votas ao PP ¿porque o fas?
¿porque venden cousas de todos?¿porque minten? ¿porque especulan? ¿porque se fan ricos a nosa conta?
si votas ao PP, ou ben, e que cobras deles, xa sea por un enchufe, ou por "negocios ocultos" o u poruqe te teñen enganado, porque alguen ben informad, que non esta a chupar do seu tarro non os votaria.
Cambados necesita un alcalde de TODOS, non so dos do PP porque cambadeses somos TODOS
Remenber o bloque non gobernou, pero enganarón o pobo porque entrarón con outras siglas e despois pasaronse a o bloque como de todos e coñecido.
eso non e enganar a xente, eso e un cambio foi unha circunstancia politica a nivel Nacion, non a nivel cambados.
Enganar a xente e presentar a Tirado para alcalde e logo trocalo por Touris, un home sen estudios que ninguen colñecia, eso e enganar a xente.
E tamen e enganar a xente vender a merced e construir unha mini (merda) biblioteca e logo un edificio enorme, asi inda habera xente que diga que a venderon por unha boa causa xa que cambados necesita unha biblioteca. Pois inda a segue necesitando.
Enganar a xente e o que fixeron coa xuventude. Imos facer un auditorio, si e un monte de pisos, si e dentro de 30 anos o auditorio pa quen sera????
MENTIROSOS
Publicar un comentario