19 abril 2007

O xuzgado impide que un neno do Grove se chame Pepe a pesares de que xa o permite a ley.

Anxo López Vergara e sua esposa María del Mar Martínez Pontevedra, veciños do Grove, decidiron ter un fillo e desde o primeiro momento, incluso antes do seu nacemento, acordaron que lle chamarían Pepe. Cuando ela deu a luz, o pasado 3 de marzo, dirixironse o Rexistro Civil para cumplimentar todos os trámites. Pero onte, máis de un mes despois, recibiron unha notificación do Xuzgado 2 de Cambados, cuyo titular é Juan Carlos Carvallal, que lles prohíbe o uso de Pepe como nome.
A indignación apoderouse de esta parella grovense, pois saben que a legislación actual sí permite o empleo de diminutivos e hipocorísticos, e dicir, un neno pode chamarse Pepe, Marisé, Manolo ou como seus pais queiran.
Dispostos a presentar un recurso e chegar "ata donde faga falla para conseguir que noso fillo sexa oficialmente recoñecido co nome que foi elexido para él", os proxenitores denuncian que presentarán un recurso "contra a decisión do xuez e o fiscal do Registro Civil de Cambados", alegando que "descoñecen completamente a ley".
Non descartan, incluso, "presentar un escrito ante o Consello Xeral do Poder Xudicial ou outras instancias superiores para que teñan coñecemento do ocurrido e tomen cartas no asunto, pois non pode consentirse que un xuez e un fiscal tomen unha decisión contraria o Dereito".
Explican os pais de Pepe que "o principio sabíamos que podíamos ter problemas para rexistrar o nome do neno, pero o pasado 15 de marzo saleu a nova Ley de Identidade de Xénero, que entrou en vigor dous días despois, e desapareceu totalmente a prohibición de emplear hipocorísticos e diminutivos".
De aí que se mostren sorprendidos, pois cando consideraban solventado o problema "atopamonos con esta denegación, e o mais chocante de todo e que o escrito notificándonos que rechazan a utilización de Pepe como nome nos chega o 17 de abril".
O malestar aumenta cando Anxo López Vergara, profesor no Colexio Rosalía de Castro, no Grove, comprobou que para denegar a utilización de Pepe "o xuez e o fiscal aluden o artículo 54 da Ley de Rexistro Civil, cuyo parráfo segundo quedou derrogado, e dicir, ou non se enteraron ou non queren enterarse de que está en vigor unha lexislación totalmente nova, mais lóxica e democrática".
Os pais do pequeno grovense tamén queren denunciar públicamente que o feito de pasar mais de un mes sen poder rexistrar o seu fillo lles ocasionou "todo tipo de perxuicios", de aí que expliquen os feitos públicamente "para que esto non volva a suceder a outros nenos e pais".

Como explica Anxo López Vergara, a Ley de Identidade de Xénero derroga o artículo 54 da Ley de Rexistro Civil, precisamente o mismo no que se prohibía o empleo de diminutivos. A pesares delo, o auto do Rexistro Civil de Cambados cita ese artículo 54 e esgrime que con él "quedan prohibidos os nomes que obxetivamente perxudiquen á persoa, así como os diminutivos ou variantes familiais e coloquiais que no haxan alcanzado sustantividad, os que haxan confusa identificación e os que induzcan no seu conxunto a error en cuanto o sexo". Neste caso, continúa o auto, "dase a circunstancia de que respecto do hipocorístico Pepe xa se pronunciado de forma reiterada na Dirección Xeneral dos Rexistros, indicando que dentro dos escasos límites existentes o dereito dos pais para escoller para seus fillos os nomes propios que estimen mais convintes, atopanse ca prohibición que afecta a os diminutivos ou variantes familiai e coloquiais, limitación que sen duda alcanza ao vocablo Pepe, que no e coñecido en España mais ca como un hipocorístico de Xosé".
Recentemente viviuse en Galicia un caso semellante a éste de O Grove. Ocurreu no concello coruñés de Ames, donde tras a entrada en vigor da nova ley un neno de dos años de idade por fin poido ser rexistrado con nome de Pepe.

8 comentarios:

An dijo...

O máis gracioso de todo isto é que Pepe, en galego é nome propio e o hipocorístico de Xose é Seso, sempre na nosa lingua claro, polo que, ademáis dun incumplimento da nova lei, o do xuiz e unha total afrenta contra da nosa lingua. un saudo

Anónimo dijo...

Penso que este artigo é interesante, paga a pena gastar uns minutinhos da nosa vida en lelo.

http://www.lavozdegalicia.es/se_opinion/noticia.jsp?CAT=130&TEXTO=5731422

Anónimo dijo...

Existe un home estudioso do tema que se chama Xesús Ferro Ruibal, que é membro da Real Academia Galega, director dun dos traballos máis importantes sobre ista temática, cal é o Diccionario dos Nomes Galegos, creo que é da Editorial Ir Indo, é un referente en todos os Rexistros Civís do País. Álí consta que xa no século XV en Galicia existía o nome de Pepe, pero claro dánlle a volta a todo e argumentan que o devandito nome é un coñecido diminutivo de José en "España". Afortunadamente para o Idioma Galego, temos os textos máis antigos ca eles, senón fóra así barreríannos do mapa.
Deixando á marxe o antedito a cuestión aquí, polo pouco que sei, é que tanto o Fiscal como o Encargado do Rexistro Civil de Cambados, só que neste caso o fixo como Encargado dos Rexistros Civís do Partido Xudicial de Cambados, "ignoraron" a entrada en vigor da Lei 3/2007, que xa permite aos pais pórlle o nome diminutivo ou hipocorístico que teñan a ben. Polo tanto violaron a Lei que tiñan obriga de aplicala. Se os pais denuncian o máis seguro -por aquilo do corporativismo- que fiquen as cousas en nada, pero iso sí, nos lles quitan que teñan unhos "caralludos méritos" no seu quefacer profesional, así como unha importante sona a todos os niveis, incluída a xeográfica estatal e eu aventuro que internacional pola globalización.

Anónimo dijo...

O mais grave deste xuiz non é eso, senón que que sendo como é un home de dereitas e afin o PP, polo que din en Santiago, sexa o Presidente da Xunta Elecotal de Zona de Cambados que á que rixe o proceso electoral.

Anónimo dijo...

Están en todos os lados os do PP, ata na xunta electoral, ´haille que dar unha lección votando BNG.

Anónimo dijo...

Se como se di e afin ao PePé, non sería por iso, para que non houbera confusión ningunha fixo o que fixo?, gravísimo erro por parte do interfeuto pois é ben claro que PePé non é o mesmo que Pepe.

IRU dijo...

a verdade e que me parece un favor para o neno, porque con ese nome...

jajaja

Pero mira, cada un non se pode chamar como lle de a gana? Cantos dos nosos pais non tendrían cristos cos curas por non poñernos nomes "sagrados"? Pero eu pensei que eso se quedaba na igrexa á hora do bautizo...pero no xulgado... fijo que si lle poñían Kevin ou Brian non dicían nada.

Anónimo dijo...

Iru: ¿ Pareceríache ben que se lle puidera pór Caín?. Pois non!, porque é pexorativo, como din por aí adiante "contrario ao decoro". Reitero que Pepe é un nome Galego, que para nada ten que ver co diminutivo ou hipocorístico de José que existe na Hespaña, e xa existía na Galicia no seculo XV.
Maruxa tamén na súa oríxe era un hipocorístico de María, hoxe ten substantividade propia, Catuxa, etc... Nesto dos nomes as mudanças evolutivas, como a propia Lingua están á orde do día.
Pregunta: ¿ está ben encadear a un neno ou nena póndolle o nome do seu pai ou nai, e así de xeneración en xeneración, pois a tradición tamén manda?. ¿ Porque no se pode deixar que cadaquen poida trocar o seu nome se non lle gusta o que lle "impuxeron" os seus pais?. En fin a cuestión é bastante complexa.