13 diciembre 2007

CENSURA NA REDE

Según La Voz de Galicia:
PECHAN O FOTOLOG DE UNHA GRANDE CHEA

Os calendarios nos que rostros coñecidos de Cambados e a bisbarra do Salnés posan lixeiros de roupa para recadar fondos destinados á asociación Esperanza Salnés estanse a esgotar. Mais non todo o mundo amosa o mesmo interese polos corpos dos arousáns, por moito que a súa intención sexa benéfica e as fotografías, respectuosas e de boa calidade. É o caso dos administradores do fotoblog no que Unha Grande Chea deitara as imaxes do calendario para que puidesen ser olladas en Internet. Os responsables, norteamericanos, do servizo veñen de clausurar a páxina da sociedade cambadesa por considerar que a presenza de espidos vulnera os seus principios.
A compañía Fotolog foi fundada en Nova York no 2002. Cinco anos despois, as súas cifras sinalan 3,5 billóns de accesos por páxina e 15 millóns de visitantes mensuais. Na súa presentación, os administradores explican, nun castelán moi ao seu xeito, algunhas das súas condicións. Entre elas: «Absolutamente no desnudez ni contenido sexual. Estamos de acuerdo en que muchas imágenes artísticas y hermosas en el mundo contienen desnudez. Pero Fotolog no es un lugar para ellas. No pechos descubiertos, no entrepiernas destapadas, no traseros al aire, no lencería provocativa o ropa interior (incluso si se trata de un dibujo)».
Mais dende Unha Grande Chea entenden a clausura do fotoblog como un acto de hipocrisía e dobre moral: «Estes americanos tan liberais como para ser a industria número 1 do mundo en materia pornográfica logo résganse as vestiduras por un espido artístico e benéfico», denuncia o colectivo no seu blog, preguntándose que tipo de «pervertido puido denunciar estas fotos», xa que o peche chega logo da denuncia dalgún usuario. «Abriremos outro», prometen eles.
Quero mostrar a miña repulsa a actitude da compañía do fotolog, cando as imaxes non mostran nada e ademais teñen un carácter benefico. Darlle ánimos os compañeiros de UGCh.

No hay comentarios: