Entrevista José Manuel Duarte ex sarxento da policía local de cambados
Duarte opina sobre as polémicas de Internet e sobre a praza de sarxento. Algo que nunca fixo mentras estivo no cargo.(Que non opinou dos blogs, que si non me meto, que si o final denuncio, que si chamo a Manolito, que si él, non o fillo, o amigo, e na da nai, que si feliz cumpleanos, que hai que fecharlles o blog...)
Tras catro anos de traballo, Duarte deixa a policía cambadesa, como fixeron moitos dos seus predecesores no posto. Actualmente, é o sarxento que máis tempo aguantou no cargo, a pesar dos blogs e dos opositores enfadados. Vaise satisfeito co labor realizado, pois a policía cambiou moito neste tempo e gañou en medios e en profesionalidade. Ata logrou unha Q de calidade pola atención aos turistas. Hoxe, Duarte volveu xa ao seu posto de axente en Pontevedra.
-Como valora todo este tempo de traballo?
-Cheguei en maio do 2004 e atopeime un persoal, en certo xeito, desestructurada. Expuxen unha forma de traballar diferente e conseguín o apoio total de todo o persoal. Pouco despois cubríronse prazas novas, o que supuxo un incremento dos medios persoais que permitiron iniciar campañas. Tiven total independencia por parte do equipo de goberno para poder traballar e ata fixen demandas de medios materiais e todas foron atendidas. Queda algo, como as armas ou o guindastre, pero xa están só pendente de entrega. Tamén se cambiou o programa informático e empezouse a traballar de xeito profesional.
-Por que estaba desestructurada a policía?
-Esta policía durante anos e por diversas circunstancias estivo, en certo xeito, abandonada. Había demasiadas cousas pendentes de acometer e supuxo un esforzo económico para o Concello. Pero, ao final todas as demandas foron atendidas e os medios técnicos e persoais dos que agora dispomos permítennos traballar de xeito eficaz. Veremos o que pasa no futuro, porque supoño que aínda hai moito que mellorar.
-Conseguiu demostrar que a policía está para algo máis que para pór multas?
-Si, estou de acordo. É certo que quedou demostrado que estamos para algo máis que para pór multas. Iso é o que menos facemos, por certo. Sobre todo, atendemos os requirimentos dos cidadáns e eu creo que a valoración dos veciños é boa, aínda que se cadra me equivoco porque sempre haberá resentidos que falen mal da policía. A ninguén lle fai graza que lle leve o coche o guindastre, pero tampouco ao peón que vai pola beirarrúa faille graza atoparse un coche.
-Por que se vai?
-Por moitos motivos. O primeiro é profesional. As miñas expectativas en Cambados están cumpridas. Eu expóñame unha serie de obxectivos cando cheguei, que xa están cumpridos. Agora queda unha policía capaz e profesional. Deles depende seguir ou non nesta linea. Doutra banda, tamén hai motivos persoais, porque teño un fillo ao que quero ver crecer e, ademais, quero cambiar de aires. Pero quero deixar claro que a miña decisión non ten nada que ver con presións de ningún tipo, nin con ningún conflito.
-Como lle sentou a campaña de acoso dos blogs?
-Non creo que sexa acoso(As chamadas con nº oculto, eu tampouco as considero acoso). Se conseguisen o seu obxectivo sería acoso. É certo que coñezo todo o que sae nos blogs e que ata me fai graza algunha das súas caricaturas. Pero non entro no seu xogo (Que non entráches no xogo, me parto me rio y me mondo, en fin sin comentarios...). Simplemente son un grupo de raparigos que, cos datos que teñen, espremen a súa opinión. É certo que a páxina empezou de forma radical e ata me acusaron dalgún delito, pero agora son unha páxina satírica.(Vamos por partes, a páxina sempre foi satírica, nunca se che acusou DE NADA, ti nesa fotomontaxe viches o que ti quixestes ver, o único que como non sabíades quen era pois andibéchedes removendo ata debaixo das pedras.)
-Pero chegaron a meterse na súa vida privada. (Maruxa fala dende o descoñecemento, xa que dende o blog NUNCA se meteu coa vida privada do Sr.Ilmo. Ex-sarxento Interino Duarte, que foi un comentario posto nun chat, e a min molestoume tanto como a él, ese feito motivou a eliminación do chat, e a revisión previamente dos comentarios, para que non volva a pasar)
-Si, é certo que houbo cousas puntuais que ao lelas molestan porque falaban da miña vida persoal. Nunha ocasión pedín que se retirase un comentario e, a verdade, fíxose de forma inmediata. Si molestan, pero na súa xusta medida. Non deixan de ser unha pandilla de nenos que se aburren(Non sabes canto). Seguro que cando se fagan funcionarios, terán outras ocupacións e outras cousas nas que pensar. (O tempo o díra)
Non sei a que ven esto último, xa me parecía raro que te marchases sen deixar unha "perla" das túas, falas de rapaces, pandilla de chiquillos..., e si douche toda a razón, somos rapaces e unha pandilla de chiquillos pero vostede e o revés, un home adulto coa mente dun rapaz.
Ainda que me reservo a posibilidade de contestarche, porque moitas cousas nunca sairán a luz, pero o mellor algún día acabamos todos tomando un café e falando dos fichaxes da Champions, da Liga e hasta da Copa do Rei, e reirémonos de todo o acontecido, que non foi pouco.
-Tamén recibiu as críticas de Maximino Cid Ferro.
-Esa é unha polémica anterior a min. Cando cheguei aquí, cheguei por un proceso selectivo ao que podía presentarse calquera persoa e aprobei a praza. O conflito de Maximino é anterior e mantívose no tempo, pero non ten nada que ver comigo. Descoñezo os motivos polos que este señor intentou meterme nos seus asuntos. Nunca lle contestei e non vou facelo agora, aínda que me reservo a posibilidade de facelo. Se cadra, un día acabamos falando das fichaxes da Champions os dous, o saberá entendelo.
-Volverá a Cambados?
-Non, non volverei a Cambados. Bo, ao Albariño, a ver o Entroido, a gozar dos seus paseos e a visitar aos amigos. Nunca se pode dicir que desta auga non beberei, pero a día de hoxe digo que a traballar, non.
O control da movida foi un dos principais cabalos de batalla do sarxento.
«Foi difícil porque me atopei coas empresas hostaleiras, que non querían asumir a legalidade. Ata me atopei coa reacción do colectivo de taxistas. Pero teño que recoñecer que todos os colectivos entenderon que as demandas dos veciños eran xustas. Foi moi duro ver todos os luns a señoras maiores aquí, chorando porque non puideran durmir o fin de semana. Agora creo que Cambados teñen unha movida moi boa, que está bastante controlada. Reduciuse o índice de intervencións e de pelexas e ata o botellón, que tantos problemas dá, aquí está todo máis ou menos controlado».
-Foi difícil lidar cos veciños?
-A xente quere os servizos dunha cidade, os impostos dun pobo de alta montaña e a proximidade dunha vila media que todo arránxao con algún coñecido. A xente ten que darse conta de que ten que cumprir as normas e que o non facelo ten consecuencias. Foi o caso dos ovos de Entroido, que foron algo moi criticado, pero tamén moi demandado polos veciños. Vistas as críticas, ao ano seguinte non interviñemos e requiríannos constantemente. Resulta que se non se nos ve, é que non facemos nada, se se nos ve, estamos axéxoa. Pero todas as decisións que tomei creo que foron xustas e meditadas.
-Tamén se centrou no tráfico.
-As miñas reformas máis importantes foron co obxectivo de gañar máis espazo de aparcadoiro e co obxectivo de dar seguridade. Hoxe en día os accidentes que hai son case todos danos materiais mínimos. Isto é o que se pretende coas rúas de sentido único, mellorar a seguridade. Algúns se seguen queixando da falta de estacionamento e eu dígolles que poñan un día e unha hora para estacionar tres coches a menos de trescentos metros do concello. Ninguén aceptou o reto así que debe ser algo posible.
7 comentarios:
Se tanta graza lle fai o blog porque o denunciou, tendo en conta que era cousa de nenos?. O problema das grandes contradiccións que pode ter un ao manifestarse publicamante, é que ao día seguinte, como neste caso, é afirmar o contrario do que se dixo.
... afirmar o contrario do que dixo e fixo.
Pobre Duarte.. mágoa de home.. Apertas e bicos.. cadaun o seu.. todo na avaricia se perdeu..o seu ego afogouno.. Agora comenzar de novo en Pontevedra.. spoño que o pasará mal logo de estar acostumado a xantar con alcaldes, conselleiros e xente imPPortante.
Vaise un mentitreiro compulsivo.. pero volverá tan pronto poda.. tempo o tempo.
Por certo a xornalista da Voz só lle faltou darlle un plaquiña (como facía Fraga) de agasallo.. en agradecemento das noticias que durante tempo lle proporcionou... "en exclusivadade".
Hai que pedirlle aos da UGCh que contraten para as fotomontaxes ao Sr. X. A cualidade das súas fotomontaxes son xeniais. A impresión da fotomontaxes de A Calcada deixan moito que desexar.
que mal deixou duarte a policía local de camba2, trataos de inutiles porque según el, tivo que vir a camba2 para facer deles un profesionais ¿antes que eran?, dunha forma moi sutil di que sodes unha panda de incompetentes
QUE VA?NO ME LO PUEDO CREER,DETENIDO UN EXCONCEJAL DEL BNG POR NARCOTRAFICO,TAS DE COÑA.
E vos pensades que este non vai volver?......este volve home digovolo eu.......onde millor vai estar ca en cambados???......si non rascaba bola¡¡¡¡.........antes do veran esta de volta, xa veredes¡¡¡
Publicar un comentario