15 enero 2008
ARRESTO POR PARTE DA PL
Buscando por internet encotrome con este video dunha detencion por parte da Policia Local ralizada no Albariño.
INUNDACIÓNS
O temporal dificultou a circulación pola caída de árbores en estradas.
En Cambados houbo inundacións nalgunhas rúas e dous invernadoiros perderon os plásticos. Os voluntarios tamén tiveron que retirar unha árbore en Castrelo.
O vento derrubou un muro e tirou varios árbores na madrugada de onte en Cambados.En Castrelo inundáronse un par de rúas e caeu un gran muro dunha antiga fábrica derrubado polo vento. Na confraría de pescadores tiveron que apontoar unha estada que corría perigo por mor dun cartel que se soltou, e dúas árbores tiveron que ser retirados da calzada, un en Corvillón de máis de quince metros de altura e outro en Castrelo. Tamén houbo que retirar varios colectores.

A COMIDA DO ALBARIÑO
O BNG di que dos 800 comensais do Albariño só 179 pagaron as invitacións.
O Concello recadou 8.950 euros pola comida de Torrado, que custou 31.450 euros.
O dato que máis chama a atención aos nacionalistas é, un ano máis, o número de invitados á comida oficial da festa. Segundo o Bloque, dos 800 comensais que se deron cita en Torrado só 179 pagaron a entrada ao banquete. Os datos facilitados polo Concello ao Bloque establecen que a comida dos Cabaleiros custou ás arcas municipais 31.450 euros. En cambio, só recadouse por este concepto 8.950. Analizando estas cifras, a oposición cambadesa conclúe que dos 800 invitados só 179 pagaron a correspondentes entrada. «Máis de seiscentos invitados gratis, é dicir, a costa dás arcas municipais. Cremos que se debe invitar a determinadas persoas significativas a este xantar, pero con criterio», explica o portavoz da formación, Víctor Caamaño. Ante esta situación, o concelleiro pedirá ao equipo de goberno explicacións sobre a identidade de todos os invitados. E é que, asegura Caamaño, tradicionalmente o Concello invitaba aos cargos institucionais do PP ao banquete. Pero coa perda da Xunta e do Goberno de Madrid, estes altos cargos desapareceron. «Invitouse a caso ás bases do PP? Cal é a razón? Pagar favores? Quedamos á pronta espera de explicacións», engade Caamaño. Doutra banda, o Bloque critica tamén o malgasto que supón esta celebración. Asegura que só durante o último exercicio o orzamento de gastos incrementáronse en cen mil euros, mentres que os ingresos apenas creceron en 12.00 euros. «Pódese facer unha festa digna sen necesidade de percorrer ao gran malgaste e malgasto que está a significar a organización deste evento nos últimos tempos», conclúe o portavoz dos nacionalistas.

10 enero 2008
CURTO DE CHOURIZO FILMS
Xa está a vosa disposición no seguinte enlace a última curta de Chourizofilms, To die in Tragove 2, estreada o pasado 28 de decembro no auditorio de Cambados:
30 diciembre 2007
BASES DE SUBOFICIAL ILEGAIS(OUTRA VEZ)
O aspirante a sarxento de Cambados recorre por segunda vez as bases do concurso.
Alega que non é legal eximir aos funcionarios das probas físicas. 
O longo culebrón para a provisión da praza de sarxento da Policía Local de Cambados conta xa cun novo capítulo. Maxi Cid Ferro, o aspirante á praza que fora rexeitado polo tribunal cando se celebraron as probas, presentou un recurso contra as bases das mesmas. E non é a primeira vez que o fai. E con anterioridade, a Xustiza deulle a razón. Cid Ferro alega que as bases que se publicaron no Diario Oficial de Pontevedra o pasado 10 de decembro son ilegais, porque exime aos aspirantes que xa son funcionarios da proba física. O aspirante a sarxento asegura que, deste xeito, «ou proceso quedaría viciado ao favorecer a determinados aspirantes, pero a un aspirante de forma especial»(todos sabemos quen é).
O recorrente sostén que o apartado no que se especifica que os funcionarios quedan exentos de devandita proba contradise coa lei, que segundo Cid Ferro, especifica que «as probas selectivas de oposición serán de carácter teórico e práctico e nas mesmas, haberán de incluírse, necesariamente, un recoñecemento médico, probas de capacitación física, un exame psicotécnico e unha avaliación de coñecementos xerais ou específicos de materias relacionadas co exercicio profesional, así como ou coñecemento dá lingua galega e dás institucións e dereito básico de Galicia». Ademais, o aspirante a sarxento rexeitado no seu día polo tribunal examinador sostén que a lei na que se basean as bases redactadas para o concurso data do ano 1992, e que xa foi derrogada pola vixente lei 4/2007 do 20 de abril, que no seu artigo 28 subliña que a categoría de inspector principal (equivalente á convocada) só pódese crear nos municipios con máis de 15.000 habitantes e onde o número de membros do corpo afectado exceda dos 25. «O Concello de Cambados non tén nin quince mil habitantes nin 25 efectivos non seu persoal, polo que non se axusta á citada lei de coordinación».
Para o recorrente, ditas bases non teñen outra finalidade que a de impedir o seu propio acceso á Xefatura da Policía Local de Cambados no caso de que o TSXG confirme a sentenza do xulgado de Pontevedra que condenou ao Concello de Cambados a entregar a Cid Ferro a praza de sarxento. «Logo de máis de seis anos pedindo xustiza e loitando por unha legalidade que non acaba de chegar ao Concello de Cambados, Cid Ferro -di o recorrente- non cesará ante as inxustizas levadas a cabo polo Concello co seu alcalde senador á cabeza. Acudirei a xuices, ao Valedor do Pobo ou á Comisión de Coordinación dás policías locais de Galicia. Todo elo para pedir legalidade e xustiza. E moito pedirlle ao Concello de Cambados?"¿Cantos cartos despilfarran en avogados e procuradores, por qué o fan?,¿Por qué o concello de Cambados quere eximir os policías de facer unhas probas físicas, pensa en alguén, quizás no sarxento interino?"». Avogados e procuradores Cid Ferro recorda que nos últimos anos o Concello de Cambados leva xa catro sentenzas condenatorias, ata con advertencias dos xuíces ao alcalde e ao grupo de goberno (constando na sentecia "desvio de poder" e "vicio de arbitrariedad"), o que leva unha serie de gastos en avogados e procuradores que recaen sobre as arcas municipais. Cid pregúntase se ese malgasto non ten outra razón de ser que a de eximir aos policías dunhas probas físicas que, á súa entender, poderían perseguir, unicamente, favorecer ao actual sarxento interino(Bueno agora xa sabe o que toca, pantalons cortos, sudadera, cinta na cabeza e a baixar e subir as escaleiras da casa consitorial a lo Rocky Balboa).
En canto as bases, "confundirte" unha vez vale, duas xa e moi descarado, este é o conto de nunca acabar. ¿Por qué teñen que pagar os cambadeses a uns técnicos que voltan a facer bases irregulares, ou é que non as fixeron os "técnicos"?
Desexarlle sorte e ánimo a Máximo, nun novo litixio cos de sempre.

.jpg)
15 diciembre 2007
Se va el caimán, se va el caimán.

14 diciembre 2007
As bases da praza de suboficial
O Concello de Cambados modifica as bases para convocar as prazas de cabo e suboficial.
Atendendo aos recursos presentados fai uns meses por axentes da policía local en atención á convocatoria dunha praza de cabo e outra de suboficial, o Boletín Oficial de Pontevedra publicou onte a modificación das bases que regulan o proceso. (Na praza de suboficial as bases fixéronse "a medida" para facilitar o acceso de todos sabemos quen).
Tamén Maximino Cid, opositor a sarxento que denunciou irregularidades nos exames, recorreu aos tribunais solicitando a mesma media. Tras estudar de novo a normativa, os técnicos decidiron modificar as bases nos termos que se publican agora no BOP. Así, ao posto de cabo só poderase acceder por promoción interna, a través do sistema de concurso de méritos, mentres que antes podían presentarse policías de toda Galicia. A de suboficial modifícase para convocarse por oposición libre, e non por concurso oposición, que era como figuraba anteriormente.
13 diciembre 2007
CENSURA NA REDE
Os calendarios nos que rostros coñecidos de Cambados e a bisbarra do Salnés posan lixeiros de roupa para recadar fondos destinados á asociación Esperanza Salnés estanse a esgotar. Mais non todo o mundo amosa o mesmo interese polos corpos dos arousáns, por moito que a súa intención sexa benéfica e as fotografías, respectuosas e de boa calidade. É o caso dos administradores do fotoblog no que Unha Grande Chea deitara as imaxes do calendario para que puidesen ser olladas en Internet. Os responsables, norteamericanos, do servizo veñen de clausurar a páxina da sociedade cambadesa por considerar que a presenza de espidos vulnera os seus principios.
A compañía Fotolog foi fundada en Nova York no 2002. Cinco anos despois, as súas cifras sinalan 3,5 billóns de accesos por páxina e 15 millóns de visitantes mensuais. Na súa presentación, os administradores explican, nun castelán moi ao seu xeito, algunhas das súas condicións. Entre elas: «Absolutamente no desnudez ni contenido sexual. Estamos de acuerdo en que muchas imágenes artísticas y hermosas en el mundo contienen desnudez. Pero Fotolog no es un lugar para ellas. No pechos descubiertos, no entrepiernas destapadas, no traseros al aire, no lencería provocativa o ropa interior (incluso si se trata de un dibujo)».
Mais dende Unha Grande Chea entenden a clausura do fotoblog como un acto de hipocrisía e dobre moral: «Estes americanos tan liberais como para ser a industria número 1 do mundo en materia pornográfica logo résganse as vestiduras por un espido artístico e benéfico», denuncia o colectivo no seu blog, preguntándose que tipo de «pervertido puido denunciar estas fotos», xa que o peche chega logo da denuncia dalgún usuario. «Abriremos outro», prometen eles.
Quero mostrar a miña repulsa a actitude da compañía do fotolog, cando as imaxes non mostran nada e ademais teñen un carácter benefico. Darlle ánimos os compañeiros de UGCh.
NORBERTO MARCHA
Según La Voz de Galicia:
O asesor xurídico de Cambados ficha pola Fegamp
O asesor xurídico do Concello de Cambados, José Norberto Uzal Tresendi, incorporouse aos órganos de dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias. No seu nomeamento como integrante da dirección xeral pesou o seu profundo coñecemento da Administración. O seu nomeamento deuse a coñecer onte, despois de que se celebrase unha comisión executiva extraordinaria da Federación, a primeira logo da asemblea xeral celebrada por esta entidade o pasado xoves.
07 diciembre 2007
TOURISADAS
Temos un Alcalde que non nos merecemos. Temos como máximo mandatario do noso concello a un impresentable ou máis ben a un desaparecido. As ausencias que xa nos ten acostumados a actos públicos, nos cales debe estar, como di o outro vai no soldo, pero que non organiza o seu partido ou achegados,as ausencias alongadas do seu posto de traballo como Alcalde , o desinterese total polo seu pobo hai que sumar que cando aparece e para “armar lio” tal e como ocorreu no último incidente coa delega de Industria con motivo da inauguración de “O Comercio Móvese” , actitude , a do noso alcalde , que podemos tachar de covarde, rancorosa e ditatorial, na derradeira quenda de palabra pouco máis que insinuou que os males do noso pobo eran por culpa da Delegada de Industria Montserrat Prado, e todos sabemos que o noso pobo ten varios males , pero ten un cáncer que o está matando e que debían de estudar os científicos e que se chama Touris.

Touris tivo ausencias sonadas , coma a da homenaxe a Isaac Diaz Pardo, a da presentación e debate da Plataforma Galega contra o Narcotráfico, pero quizais a máis despreciable é a súa ausencia o acto de presentación do Calendario a Prol de Esperanza Salnés, todo Cambados estivo na gala, políticos, asociacións, empresarios, todo o mundo menos el, si estivo o seu segundo de abordo e probable sucesor, outro que ben baila, o Sr. Aragunde, o cal tampouco xustifica o soldo que chupa da Deputación. Reclama tamén Touris unha subvención a industria, que lle foi rexeitada polo anterior goberno do PP por non presentar a documentación pertinente no prazo sinalado , minte e o que é peor sabe que minte, e claro cos cartos de todos os cambadeses presentada un contencioso contra Industria cando sabe a todas luces que non leva razón. Despois cando recibe subvencións non fai roldas de prensa para dicilo, iso non convén, coma a recibida a principios de novembro pasado do Ministerio de Vivenda para a restauración de 20 vivendas por valor de 334.000 euros. Queixase con frecuencia de que non recibe subvencións para o seu concello dende que está o bipartito e vai e rexeita unha subvención de 400.000 euros para a barriada de San Francisco alegando que os veciños non están conformes canda e unha basta falsidade, xa que a única veciña que non está conforme ca remodelación da barriada e a irmán de Genma a Secretaria persoal de Norberto, quen dito sexa de paso se nos marcha para a Fegam despois de conseguir facer fixo o seu posto e pedir a excedencia, as malas linguas din que non hai moi boa relación con Touris, a todo isto e abondando neste tema dicir que non entendemos certas actitudes do PSOE que se acaban de facer coa Presidencia da Fegam e ficha como asesor a un home da extrema dereita, pero isto é outro cantar, o que iamos o que realmente quere facer Touris na barriada de San Francisco e pisos e máis pisos para que os seus amigos poidan encher os petos.

Algúns xa lle están a poñer prazo a súa retirado que se prevé para o ano 2008, e como se un rei fose nomear o seu sucesor o ínclito Sr. Aragunde e enganar novamente o pobo de Cambados tal e como fixera Negocito con Tirado, todo depende das vindeiras listas que se fagan para o Congreso dos Deputados unha vez conseguida polo noso rexedor a pensión xa como senador, si Touris vai nun dos postos de saída para o Congreso e segura a súa marcha do Concello, esperaremos a Marzo.
O Sorro para alcalde!
06 diciembre 2007
01 diciembre 2007
Os medios de comunicación
De un tempo a esta parte tiña gañas de escribir dos medios de comunicación máis arraigados na Ria de Arousa, o máis moderado deles pode que chegue cun pouco de sorte o centro dereita, algúns casique que se achegan a extrema dereita e outros practicamente non saben por donde andan. Outras das cousas que me chama a atención deste medios de comunicación e a explotación total do obreiro sen que ninguén lle poida dicir nada , porque claro que partido , organización ou sindicato se mete con eles, despois van saír moi mal parados, porque estes queridos amigos non é o cuarto poder senón o primeiro. Neste medios chega a traballar xente con contrato de dúas horas catorce e dezaseis horas o dia, xente que traballa sen contrato, xente que traballa como "becarios" con contratos realmente indignos, en fin todo que eles , os medios, critican as empresas téñeno eles e agrandado na súa propia casa. Imos con eles un a un.
E o medio dos que imos a falar cunha liña editorial moi de dereitas case que preto da extrema dereita, e totalmente afín os populares, un “escravo” de Louzán e acólitos, todos os actos ou manifestacións dos populares teñen un eco e unha difusión inusitada. Case obvian ao PSOE e ignoran completamente o BNG, isto obviamente falando en liñas xerales o cal non quere dicir que puntualmente informen dalgunha cousa dos socialistas ou nacionalistas, ata aí chegariamos.
Tamén coñecida vulgarmente como Tele PP ou Tele Tinto.- Bo o destes e algo fora do común a extrema dereita a este xente quédalle a esquerda. Fixeron unha persecución feroz contra o Alcalde Gago, foi algo escandaloso. Cada vez que son citados a unha rolda de prensa do BNG en Arousa nunca van e unha orde que coidamos que ven da Deputación de Pontevedra, en troques no Barbanza si van porque teñen competencia alí, e entón hai que ir senón queren quedar en ridículo. E un medio en mans dos populares que manobran o seu antollo.
01 noviembre 2007
O alcalde reta a Tabuyo a un debate público no auditorio sobre xestión O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, reta ao portavoz socialista, Domingo Tabuyo, a un debate público no auditorio da Xuventude, ante os veciños, para explicar as xestións realizadas por ambos os políticos nos últimos anos na súa condición de senador e deputado, respectivamente.
Tourís pídelle tranquilidade porque "teño un compromiso adquirido ante vos cambadeses de estar catro anos á fronte dá Alcaldía e vouno cumprir. O si que abandonou ou seu cargo de concelleiro na oposición hai tres anos, deixando tirados ós seus votantes, e agora pretende facer ou mesmo, segundo sexan vos resultados dás eleccións xerais".
En canto a que o alcalde non coopera coas cuestións xerais, o rexedor replícalle dicindo que "levo moitos anos cooperando con todas as administracións para mellorar as condicións de vida dous cambadeses e de todo O Salnés"(A gardería municipal,). Afirma que froito desa cooperación institucional "son máis de 30 millóns de euros investidos en Cambados en paseos marítimos, recuperación de patrimonio, polígono industrial, infraestruturas ou museos"(Toma el dinero y corre).
Ademais, insiste en que "de todos vos investimentos levados a cabo por gobernos do PP non Salnés, ou alcalde xestionou máís de 35 millóns de euros en proxectos europeos e estatais e deixou comprometidos outros 19 millóns máis que foron comprometidos, aínda que anulados polo Goberno de Zapatero e transferidos a outras comunidades autónomas co beneplácito de Tabuyo, ou cal demostra ou peso político que ten non seu partido, onde cumpre sen rechistar as ordes de Pepe Blanco".
Cuarto xulgado >Sobre o cuarto xulgado "xa felicitei non seu día a Tabuyo porque, aínda sendo importante, é ou único que fixo polos seus veciños, e mágoa que fose á conta de perder a Maxistratura".
En canto á rehabilitación da fábrica de Peña e a dotación dun novo cuartel da Garda Civil, subliña que "se aproveita do traballo do PP e agora tamén quere facer ou mesmo coa xestión que fixo ou Bloque non Congreso para conseguir unha axuda que permita rexenerar a costa desde Vilanova a Tragove". Por outra banda, sente orgulloso de que o comparen con Mariano Rajoy.
09 octubre 2007
ROSA OUBIÑA ASESORA DE LOUZÁN

O PP postula a Rosa Oubiña para ser asesora de Louzán na Deputación(o conto e non traballar).
O nomeamento da ex concelleira cambadesa podería facerse oficial durante os próximos días.
A ex concelleira do PP de Cambados, Rosa Oubiña Solla, podería ser nomeada en breve asesora do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. A contratación da edil completaría así a lista de ex concelleiras e rexedores aos que os populares buscaron un oco nas diversas administracións públicas. Foi o caso de Miguel Anxo Pérez, anterior alcalde do Grove e hoxe xerente dos bombeiros, e de Tomás Fole, edil en Vilagarcía que agora dirixe o Instituto de promoción industrial de Pontevedra (Ipespo).
Oubiña conta cunha ampla experiencia na política local cambadesa, onde comezou a súa carreira fai agora máis de dez anos. Chego ao equipo de goberno da man do anterior alcalde, Santiago Tirado, cando o número dous da lista ocupábao José Manuel Cores Tourís. Foi precisamente este último o que a converteu na segunda de abordo do Concello e liberouna para que fixese fronte á concellaría de Cultura encargada, entre outras cousas, de organizar a Festa do Albariño.
Co nomeamento de Cores Tourís como senador, Oubiña cobrou máis protagonismo, pois durante semanas encargouse de substituír ao rexedor exercendo de alcaldesa en funcións. A súa tarefa viuse recompensada cun posto, que se supuña de saída, nas listas do PP ao Parlamento galego. Pero os populares perderon un escano en Pontevedra, o que correspondía a Oubiña( a case deputada, que pena), e con el o goberno da Xunta.
Un sorprendente abandono
Pouco antes de que se celebrasen as municipais, Cores Tourís daba a coñecer que Oubiña non concorría aos novos comicios. En principio especulouse con que, tras as eleccións, algún dos deputados populares veríase obrigado a dimitir e, con iso, a concelleira cambadesa conseguiría facerse un oco no Parlamento. Pero esta posibilidade non chegou a concretarse.
A súa retirada da candidatura cambadesa sorprendeu a máis dun. Levaba anos sendo o número dous de Cores Tourís e todo parecía indicar que ía continuar no posto. Con todo, o alcalde recorreu ao natural proceso de renovación que teñen que sufrir os partidos para xustificar a ausencia de Oubiña da súa candidatura.
Desde que se coñeceu que non ía nas listas, moitos foron os rumores que situaban á ex concelleira en diversos e variados cargos, tanto provinciais como na capital autonómica. Con todo, o único que terminou cobrando forza foi o da Deputación. Ao parecer, todo está xa listo para que a edil pase a ser unha das asesoras do presidente. O seu nomeamento, que aínda non é oficial, podería facerse efectivo durante os próximos días.
Outros asesores
O posto que, suponse, ocupará Oubiña durante os próximos días é moi similar ao que no seu día desempeñou a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Pena, cando o goberno dos populares en minoría impedíalle cobrar un soldo. Foi durante o anterior mandato e, segundo diversas fontes, tamén a edila Lida Álvarez, do mesmo municipio, figuraba na nómina da entidade provincial.
Na nova constitución da Deputación figuran un total de 19 prazas para persoal eventual que, na súa maioría, destínanse a postos de confianza. Aquí é onde se inclúen os cargos de tres asesores da presidencia, no que estaría contratada Oubiña. Tamén, postos como o de director xerente da Cidade Infantil Príncipe Felipe, que desempeña a concelleira do PP insular, Zoila Paz, ou o de xefe de gabinete, do que se ocupa o presidente do PP de Ribadumia, Martín Serantes.
O Sorro tamen se pronunciou o respecto:http://www.osorro.ar.gd/
Críticas de Torís os Presupostos do Estado
O primeiro edil tamén criticou ao deputado socialista Domingo Tabuyo por non xestionar investimentos para a comarca pola que foi elixido.
O secretario de organización provincial do Partido Popular, José Juan Durán, analizará hoxe cos alcaldes e presidentes locais do PP da comarca do Salnés, os investimentos do Goberno central que, segundo os populares, están cheas de incumprimentos.
O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, foi un dos primeiros rexedores do PP en criticar que nos Orzamentos do Estado non se inclúan partidas para investir na vila nin no resto dos municipios do Salnés, xa que "a meirande parte dous cartos van, ó igual que ou ano pasado, para Vilagarcía".Cores Tourís insistiu en que "vos poucos cartos que veñen son para Vilagarcía e para ou resto dá comarca do Salnés nin un euro", situación que, á súa entender, é similar á do pasado ano.
05 octubre 2007
UN DOS NOSOS

A Delegada de Industria a nacionalista Montse Prado acaba de conceder unhas suculentas axudas e subvencións ao comercio cambadés sen que puidesen ser fiscalizadas por Zona Centro e isto amigos a Marcos sentoulle moi mal e valeulle calquera escusa para acender a mecha para cargar contra Montse Prado, probablemente seguindo instrucións de Bruno e polo tanto do Partido. Marcos entre outras lindezas dixo: “Que o «nacionalismo» non achega diñeiro, senón que é a Xunta, que se nutre dos impostos de todos” , niso estamos de acordo querido Marcos, pero non dis o mesmo cando é Louzán o que vén coas axudas e tanto a asociación que a ti presides como outras asociacións “populares” cambadesas poñen a Louzán como de Mister Marshall tratásese coma se o diñeiro fose seu, e Marcos o diñeiro tamén é dos nosos impostos. Trata Marcos de xestionar os aparcadoiros dos teus asociados que se queixan amargamente ante o concello xa que se lles escapa a clientela, fai algo Marcos por criticar as subidas indiscriminadas de impostos que abrasan aos teus asociados, Se valente Marcos e critica a Tourís polos cheiros que inciden directamente e negativamente nos teus asociados que ven como se marcha a xente do pobo polo nauseabundo cheiro, nunca ninguén oíu que dixeses nada respecto diso. Marcos como che aconsellou Vítor Caamaño , moi bo consello por certo, se queres facer política deixa a asociación e entra a traballar directamente para o partido porque indirectamente xa o estás facendo.





