La Voz de Galicia:
O Bloque esixe a Tourís que explique como se pagou a súa viaxe a América.
"O poder e o maior inimigo do seu dono" Sr. X Para calquer suxerencia sr.x_camba2@hotmail.com (Podedes ver máis entradas o final do blog en entradas antigas)
La Voz de Galicia:
O Bloque esixe a Tourís que explique como se pagou a súa viaxe a América.
A Cámara galega iniciou onte o novo período de sesións cunha substitución nas filas do PP, mediante o cal a cambadesa Rosa Oubiña Solla, de 46 anos, fíxose cargo do escano que ocupaba o ex conselleiro Xosé Cuíña, falecido o pasado mes de decembro.
«Coñezo os blogs e fanme graza algunhas caricaturas». Duarte opina sobre as polémicas de Internet e sobre a praza de sarxento. Algo que nunca fixo mentras estivo no cargo.(Que non opinou dos blogs, que si non me meto, que si o final denuncio, que si chamo a Manolito, que si él, non o fillo, o amigo, e na da nai, que si feliz cumpleanos, que hai que fecharlles o blog...)
Tras catro anos de traballo, Duarte deixa a policía cambadesa, como fixeron moitos dos seus predecesores no posto. Actualmente, é o sarxento que máis tempo aguantou no cargo, a pesar dos blogs e dos opositores enfadados. Vaise satisfeito co labor realizado, pois a policía cambiou moito neste tempo e gañou en medios e en profesionalidade. Ata logrou unha Q de calidade pola atención aos turistas. Hoxe, Duarte volveu xa ao seu posto de axente en Pontevedra.
-Como valora todo este tempo de traballo?
-Cheguei en maio do 2004 e atopeime un persoal, en certo xeito, desestructurada. Expuxen unha forma de traballar diferente e conseguín o apoio total de todo o persoal. Pouco despois cubríronse prazas novas, o que supuxo un incremento dos medios persoais que permitiron iniciar campañas. Tiven total independencia por parte do equipo de goberno para poder traballar e ata fixen demandas de medios materiais e todas foron atendidas. Queda algo, como as armas ou o guindastre, pero xa están só pendente de entrega. Tamén se cambiou o programa informático e empezouse a traballar de xeito profesional.
-Por que estaba desestructurada a policía?
-Esta policía durante anos e por diversas circunstancias estivo, en certo xeito, abandonada. Había demasiadas cousas pendentes de acometer e supuxo un esforzo económico para o Concello. Pero, ao final todas as demandas foron atendidas e os medios técnicos e persoais dos que agora dispomos permítennos traballar de xeito eficaz. Veremos o que pasa no futuro, porque supoño que aínda hai moito que mellorar.
-Conseguiu demostrar que a policía está para algo máis que para pór multas?
-Si, estou de acordo. É certo que quedou demostrado que estamos para algo máis que para pór multas. Iso é o que menos facemos, por certo. Sobre todo, atendemos os requirimentos dos cidadáns e eu creo que a valoración dos veciños é boa, aínda que se cadra me equivoco porque sempre haberá resentidos que falen mal da policía. A ninguén lle fai graza que lle leve o coche o guindastre, pero tampouco ao peón que vai pola beirarrúa faille graza atoparse un coche.
-Por que se vai?
-Por moitos motivos. O primeiro é profesional. As miñas expectativas en Cambados están cumpridas. Eu expóñame unha serie de obxectivos cando cheguei, que xa están cumpridos. Agora queda unha policía capaz e profesional. Deles depende seguir ou non nesta linea. Doutra banda, tamén hai motivos persoais, porque teño un fillo ao que quero ver crecer e, ademais, quero cambiar de aires. Pero quero deixar claro que a miña decisión non ten nada que ver con presións de ningún tipo, nin con ningún conflito.
-Como lle sentou a campaña de acoso dos blogs?
-Non creo que sexa acoso(As chamadas con nº oculto, eu tampouco as considero acoso). Se conseguisen o seu obxectivo sería acoso. É certo que coñezo todo o que sae nos blogs e que ata me fai graza algunha das súas caricaturas. Pero non entro no seu xogo (Que non entráches no xogo, me parto me rio y me mondo, en fin sin comentarios...). Simplemente son un grupo de raparigos que, cos datos que teñen, espremen a súa opinión. É certo que a páxina empezou de forma radical e ata me acusaron dalgún delito, pero agora son unha páxina satírica.(Vamos por partes, a páxina sempre foi satírica, nunca se che acusou DE NADA, ti nesa fotomontaxe viches o que ti quixestes ver, o único que como non sabíades quen era pois andibéchedes removendo ata debaixo das pedras.)
-Pero chegaron a meterse na súa vida privada. (Maruxa fala dende o descoñecemento, xa que dende o blog NUNCA se meteu coa vida privada do Sr.Ilmo. Ex-sarxento Interino Duarte, que foi un comentario posto nun chat, e a min molestoume tanto como a él, ese feito motivou a eliminación do chat, e a revisión previamente dos comentarios, para que non volva a pasar)
-Si, é certo que houbo cousas puntuais que ao lelas molestan porque falaban da miña vida persoal. Nunha ocasión pedín que se retirase un comentario e, a verdade, fíxose de forma inmediata. Si molestan, pero na súa xusta medida. Non deixan de ser unha pandilla de nenos que se aburren(Non sabes canto). Seguro que cando se fagan funcionarios, terán outras ocupacións e outras cousas nas que pensar. (O tempo o díra)
Non sei a que ven esto último, xa me parecía raro que te marchases sen deixar unha "perla" das túas, falas de rapaces, pandilla de chiquillos..., e si douche toda a razón, somos rapaces e unha pandilla de chiquillos pero vostede e o revés, un home adulto coa mente dun rapaz.
Ainda que me reservo a posibilidade de contestarche, porque moitas cousas nunca sairán a luz, pero o mellor algún día acabamos todos tomando un café e falando dos fichaxes da Champions, da Liga e hasta da Copa do Rei, e reirémonos de todo o acontecido, que non foi pouco.
-Tamén recibiu as críticas de Maximino Cid Ferro.
-Esa é unha polémica anterior a min. Cando cheguei aquí, cheguei por un proceso selectivo ao que podía presentarse calquera persoa e aprobei a praza. O conflito de Maximino é anterior e mantívose no tempo, pero non ten nada que ver comigo. Descoñezo os motivos polos que este señor intentou meterme nos seus asuntos. Nunca lle contestei e non vou facelo agora, aínda que me reservo a posibilidade de facelo. Se cadra, un día acabamos falando das fichaxes da Champions os dous, o saberá entendelo.
-Volverá a Cambados?
-Non, non volverei a Cambados. Bo, ao Albariño, a ver o Entroido, a gozar dos seus paseos e a visitar aos amigos. Nunca se pode dicir que desta auga non beberei, pero a día de hoxe digo que a traballar, non.
O control da movida foi un dos principais cabalos de batalla do sarxento.
«Foi difícil porque me atopei coas empresas hostaleiras, que non querían asumir a legalidade. Ata me atopei coa reacción do colectivo de taxistas. Pero teño que recoñecer que todos os colectivos entenderon que as demandas dos veciños eran xustas. Foi moi duro ver todos os luns a señoras maiores aquí, chorando porque non puideran durmir o fin de semana. Agora creo que Cambados teñen unha movida moi boa, que está bastante controlada. Reduciuse o índice de intervencións e de pelexas e ata o botellón, que tantos problemas dá, aquí está todo máis ou menos controlado».
-Foi difícil lidar cos veciños?
-A xente quere os servizos dunha cidade, os impostos dun pobo de alta montaña e a proximidade dunha vila media que todo arránxao con algún coñecido. A xente ten que darse conta de que ten que cumprir as normas e que o non facelo ten consecuencias. Foi o caso dos ovos de Entroido, que foron algo moi criticado, pero tamén moi demandado polos veciños. Vistas as críticas, ao ano seguinte non interviñemos e requiríannos constantemente. Resulta que se non se nos ve, é que non facemos nada, se se nos ve, estamos axéxoa. Pero todas as decisións que tomei creo que foron xustas e meditadas.
-Tamén se centrou no tráfico.
-As miñas reformas máis importantes foron co obxectivo de gañar máis espazo de aparcadoiro e co obxectivo de dar seguridade. Hoxe en día os accidentes que hai son case todos danos materiais mínimos. Isto é o que se pretende coas rúas de sentido único, mellorar a seguridade. Algúns se seguen queixando da falta de estacionamento e eu dígolles que poñan un día e unha hora para estacionar tres coches a menos de trescentos metros do concello. Ninguén aceptou o reto así que debe ser algo posible. 
Isto vai marcha en popa e a toda vela. O un de febreiro imos dar o "pistoletazo" de saída do entroido cambadés cunha gran festa na Discoteca Zao de Cambados que coma sempre préstanos toda a colaboración que necesitamos. As xa anunciadas actuacións de varios grupos de música de Cambados versionando temas de Eurovisión, e as versións que tamén farán membros de Unha Grande Chea, temos que engadir que foron tamén contratadas pola propia discoteca varias go-gos para amenizar a festa. A banda de gaitas Unha Grande Chea comezara o espectáculo interpretando a famosa sintonía de Eurovisión. Queremos animar dende aquí a todos os cambadeses a que participen no evento. Tamén queremos lembrar a nosa querida concelleira de cultura Anabel Carro que aínda non nos contestou o noso escrito solicitando a instalación dun palco na praza de Alfredo Brañas.
A revista "A CALCADA" e o "CONTRABANDO", xa están na rúa, podes adquirila dirixíndote a calquer directivo ou membro da Asociación polo "Donativo 1 €". Na revista pódense ver os nosos políticos con poses eurovisivas cantando todos en "Cheavisión" , Montse Prado, Luis Aragunde, Roque Durán, Anabel Carro, Touris e gogos, os tres edís do BNG en Cambados, Domingo Tabuyo e Pepe Daporta e Raphael Louzán, todos eles dignos de ver. No "contrabando" o noso alcalde dinos que os cambadeses non facemos nada e que todo nos fixeron os de foro, así como que non entende a nosa "jerga" coloquial para comunicarnos.
A disfrutar doutro carnaval, que sorpresas nos depararan os queridos amigos de UGCh, outro ano sin palco para non romper a tradición, aqui vos deixo o seu programa:Segun La Voz de Galicia:
O PP retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos.
Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs.
Un ano despois de que o PP iniciase unha batalla legal contra dúas blogs de Cambados e O Grove por estimar ofensivos os seus contidos, os populares grovenses devolven o asunto á actualidade.
Fano da man da concelleira Diana Otero que onte anunciaba que realizará xestións a través do seu partido para conseguir unha «proposta de regulación normativa na que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI, mediante o que se fagan responsables dos seus contidos e facilitar que estes delitos non queden impunes e que aqueles que se dedican a insultar e a coaccionar nos blogs poidan ser denunciados polas vítimas», segundo explica a edila. Actitudes «covardes» Desde o PP do Grove reprochan a «actitude covarde dos editores destes blogs e plataformas informáticas de linchamento das persoas que non pensan igual que eles».
O Grove converteuse, xunto con Cambados, no municipio da comarca no que hai maior proliferación de blogs dedicados a analizar e opinar sobre a actualidade local, nos que se presta especial atención ao debate político. Os cargos do PP adoitan ser os peor parados nestas páxinas de Internet nas que se inclúen fotomontajes nos que se ridiculiza aos políticos. Pero non só a eles. Este tipo de críticas tamén afectan aos seus familiares e a traballadores dos concellos. Estes blogs tiveron o seu momento de maior efervescencia a principios do ano pasado a tenor das denuncias do PP e a publicidade que todo iso reportoulles.
É grupo levou ao xulgado ás webs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com e en febreiro o xuíz admitía a trámite unhas denuncias coas que o PP pretende sacar do anonimato aos autores destes blogs e que se dirimisen responsabilidades. Pasadas as eleccións de maio o ton dos blogs relaxouse así como o debate social xerado sobre eles pero non o suficiente como para deixar indiferentes a quen son obxecto de crítica. «Aquí non se salva nin o apuntador. Facendo un percorrido sorprendente polos blogs locais atopeime con insultos, calumnias e inxurias variadas a políticos, funcionarios, policías empresarios, xornalistas... e tamén aos seus familiares e achegados. Actitudes covardes, infames e viles das miserias humanas. Non ten outra palabra», sinala Diana Otero.
E que pretende, que o PP eleve esa proposta a ONU, pero non ve que a maioria de servidores e empresas donde se recollen os blogs non son de España, en fin o que busca e protagonismo e non sabe como.A marcha do sarxento da Policía Local de Cambados xa é oficial. José Manuel Duarte confirmou á comisión de goberno do municipio o seu cesamento voluntario, que se fará efectivo o próximo 31 de xaneiro. A partir de entón será o cabo da policía, José Antonio Padín, o que asumirá o mando de forma temporal. O Concello non quixo aclarar onte se volverá sacar a concurso unha praza de sarxento interino ou se esperará a que os tribunais resolvan o conflito aberto con Maximino Cid Ferro. Padín xa se fixo cargo do persoal da policía local en anteriores ocasións. Durante anos foi o responsable do corpo, mentres non se cubrían as prazas de sarxento convocadas polo Concello.
O cabo volverá agora a asumir o mando, ocupando de forma interina a praza de sarxento. O que o Concello non quixo aclarar onte é como se resolverá a situación dos novos mandos da policía cambadesa. Hai que recordar que a praza de sarxento está pendente de que un tribunal decida se concederlla a Maximino Cid Ferro, o opositor que denunciou irregularidades nos exames para ocupar este posto. Por iso o Concello contratara, de forma interina, a José Manuel Duarte como sarxento. O alcalde, José Manuel Cores Tourís, non quixo aclarar se esta medida repetirase ou se o Concello esperará a que os tribunais decidan se Cid Ferro debe ou non incorporarse como sarxento de Cambados.
Doutra banda, o Concello está tamén pendente de sacar a concurso unha praza de suboficial da Policía Local, mando que estaría por encima do do sarxento. Con todo, este proceso tamén está en mans dos tribunais xa que o propio Ferro presentou un recurso contra as bases que rexen o proceso de selección.
Este é xa a segunda demanda que Cid Ferro presenta contra o proceso de selección. A primeira vez, o Concello deulle a razón e cambiou as bases da convocatoria. Agora, haberá que esperar a que resolvan os tribunais.
Felicitación a Duarte
O equipo de goberno de Cambados non quixo deixar pasar a ocasión de felicitar a José Manuel Duarte polo labor levado a cabo no municipio. Así, ao coñecer a noticia de forma oficial, a comisión de goberno destacou o labor levado a cabo polo sarxento cambadés no tempo en que exerceu a xefatura. No acta da sesión recóllese o agradecemento a este oficial polos servizos prestados. José Manuel Duarte deixará o seu posto na policía cambadesa o próximo 31 de xaneiro para reincorporarse á súa antiga praza en Pontevedra.

Un policía acusa ao Concello de Cambados de obrigalo a traballar na rúa a pesar da súa minusvalía.
UXT asegura que se debe a motivos políticos, porque é militante socialista.
Un Policía Local de Cambados, Antonio Padín, que o ano pasado tivo un accidente de tráfico e que aínda ten secuelas, acusa ao Concello de non ter en conta a súa situación e non contestarlle ás peticións que fixo para que o pasasen á oficina e non ter que facer así traballo de rúa, incluído en horario nocturno. Asegura que dirixiu cinco escritos á alcaldía explicándolles a situación e presentado informes médicos que acreditan a perda de mobilidade no brazo esquerdo. «Pero nunca contestaron, ata fixen un recurso de alzada, logo agardei sete meses, presentei un certificado de minusvalía e tampouco recibín resposta, ata falei con xefatura, e por parte do sarxento non había problema algún para que estivera nas oficinas, pero nin así». Agora, farto de esperar, presentou un contencioso administrativo. «Xa está todo en mans dous avogados», aclara. Padín, que xa denunciou no seu día as probas para sarxento(tremendo erro da Voz, Padín foi denunciado por Máximo por pasarlle o exame ó outro opositor), asegura que «neste Concello todo tén que ir pola vía contenciosa». UXT foi quen denunciou inicialmente a situación, asegurando, «de boas fontes», que a negativa da alcaldía a cambiarlle de funcións débese a motivos de carácter político, xa que o axente está afiliado a UXT, leva moitos anos realizando labores sindicais e forma parte do PSOE, partido polo que é secretario de Organización en Ribadumia. O sindicato cualifica a decisión do alcalde de «arbitraria e caprichosa».
Tourís pídelle que acredite ante a Seguridade Social a súa invalidez.
José Manuel Duarte deixará en breve de ser o sarxento da Policía Local de Cambados. Tras ocupar durante case catro anos o posto, o oficial abandonará a finais de xaneiro a vila do albariño para reincorporarse no seu posto de garda na cidade de Pontevedra(a ver si volta a humildade). A información era onte vox pópuli entre os traballadores do Concello de Cambados e o propio Duarte, aínda que se negou a confirmala, tampouco quixo desmentila.La presión de los blogs y las críticas de Cid Ferro.

A marcha de José Manuel Duarte propiciará, segundo marca a lei, que o policía de máis rango asuma o mando e neste caso sería o único cabo que actualmente hai no persoal. De todos os xeitos, o alcalde podería nomear a outro sarxento interino ou ata a praza de suboficial, que exercería de xeito provisional ata que se cubrise a praza definitivamente. Neste sentido, cabe recordar que o actual sarxento, José Manuel Duarte, tomou posesión do cargo un mes despois de que cesase nas súas funcións o seu predecesor, Emilio Villanueva. O alcalde só tería que convocar a praza, dar tempo para que se presenten as solicitudes e que os aspirantes superen un exame de méritos, tal e como ocorreu con Duarte que obtivo a mellor nota dos que se presentaron(Con bases feitas polos sastres do concello).



O temporal dificultou a circulación pola caída de árbores en estradas.
En Cambados houbo inundacións nalgunhas rúas e dous invernadoiros perderon os plásticos. Os voluntarios tamén tiveron que retirar unha árbore en Castrelo.
O vento derrubou un muro e tirou varios árbores na madrugada de onte en Cambados.En Castrelo inundáronse un par de rúas e caeu un gran muro dunha antiga fábrica derrubado polo vento. Na confraría de pescadores tiveron que apontoar unha estada que corría perigo por mor dun cartel que se soltou, e dúas árbores tiveron que ser retirados da calzada, un en Corvillón de máis de quince metros de altura e outro en Castrelo. Tamén houbo que retirar varios colectores.

O BNG di que dos 800 comensais do Albariño só 179 pagaron as invitacións.
O Concello recadou 8.950 euros pola comida de Torrado, que custou 31.450 euros.
O dato que máis chama a atención aos nacionalistas é, un ano máis, o número de invitados á comida oficial da festa. Segundo o Bloque, dos 800 comensais que se deron cita en Torrado só 179 pagaron a entrada ao banquete. Os datos facilitados polo Concello ao Bloque establecen que a comida dos Cabaleiros custou ás arcas municipais 31.450 euros. En cambio, só recadouse por este concepto 8.950. Analizando estas cifras, a oposición cambadesa conclúe que dos 800 invitados só 179 pagaron a correspondentes entrada. «Máis de seiscentos invitados gratis, é dicir, a costa dás arcas municipais. Cremos que se debe invitar a determinadas persoas significativas a este xantar, pero con criterio», explica o portavoz da formación, Víctor Caamaño. Ante esta situación, o concelleiro pedirá ao equipo de goberno explicacións sobre a identidade de todos os invitados. E é que, asegura Caamaño, tradicionalmente o Concello invitaba aos cargos institucionais do PP ao banquete. Pero coa perda da Xunta e do Goberno de Madrid, estes altos cargos desapareceron. «Invitouse a caso ás bases do PP? Cal é a razón? Pagar favores? Quedamos á pronta espera de explicacións», engade Caamaño. Doutra banda, o Bloque critica tamén o malgasto que supón esta celebración. Asegura que só durante o último exercicio o orzamento de gastos incrementáronse en cen mil euros, mentres que os ingresos apenas creceron en 12.00 euros. «Pódese facer unha festa digna sen necesidade de percorrer ao gran malgaste e malgasto que está a significar a organización deste evento nos últimos tempos», conclúe o portavoz dos nacionalistas.

Xa está a vosa disposición no seguinte enlace a última curta de Chourizofilms, To die in Tragove 2, estreada o pasado 28 de decembro no auditorio de Cambados:
O aspirante a sarxento de Cambados recorre por segunda vez as bases do concurso.
Alega que non é legal eximir aos funcionarios das probas físicas. 
O longo culebrón para a provisión da praza de sarxento da Policía Local de Cambados conta xa cun novo capítulo. Maxi Cid Ferro, o aspirante á praza que fora rexeitado polo tribunal cando se celebraron as probas, presentou un recurso contra as bases das mesmas. E non é a primeira vez que o fai. E con anterioridade, a Xustiza deulle a razón. Cid Ferro alega que as bases que se publicaron no Diario Oficial de Pontevedra o pasado 10 de decembro son ilegais, porque exime aos aspirantes que xa son funcionarios da proba física. O aspirante a sarxento asegura que, deste xeito, «ou proceso quedaría viciado ao favorecer a determinados aspirantes, pero a un aspirante de forma especial»(todos sabemos quen é).
O recorrente sostén que o apartado no que se especifica que os funcionarios quedan exentos de devandita proba contradise coa lei, que segundo Cid Ferro, especifica que «as probas selectivas de oposición serán de carácter teórico e práctico e nas mesmas, haberán de incluírse, necesariamente, un recoñecemento médico, probas de capacitación física, un exame psicotécnico e unha avaliación de coñecementos xerais ou específicos de materias relacionadas co exercicio profesional, así como ou coñecemento dá lingua galega e dás institucións e dereito básico de Galicia». Ademais, o aspirante a sarxento rexeitado no seu día polo tribunal examinador sostén que a lei na que se basean as bases redactadas para o concurso data do ano 1992, e que xa foi derrogada pola vixente lei 4/2007 do 20 de abril, que no seu artigo 28 subliña que a categoría de inspector principal (equivalente á convocada) só pódese crear nos municipios con máis de 15.000 habitantes e onde o número de membros do corpo afectado exceda dos 25. «O Concello de Cambados non tén nin quince mil habitantes nin 25 efectivos non seu persoal, polo que non se axusta á citada lei de coordinación».
Para o recorrente, ditas bases non teñen outra finalidade que a de impedir o seu propio acceso á Xefatura da Policía Local de Cambados no caso de que o TSXG confirme a sentenza do xulgado de Pontevedra que condenou ao Concello de Cambados a entregar a Cid Ferro a praza de sarxento. «Logo de máis de seis anos pedindo xustiza e loitando por unha legalidade que non acaba de chegar ao Concello de Cambados, Cid Ferro -di o recorrente- non cesará ante as inxustizas levadas a cabo polo Concello co seu alcalde senador á cabeza. Acudirei a xuices, ao Valedor do Pobo ou á Comisión de Coordinación dás policías locais de Galicia. Todo elo para pedir legalidade e xustiza. E moito pedirlle ao Concello de Cambados?"¿Cantos cartos despilfarran en avogados e procuradores, por qué o fan?,¿Por qué o concello de Cambados quere eximir os policías de facer unhas probas físicas, pensa en alguén, quizás no sarxento interino?"». Avogados e procuradores Cid Ferro recorda que nos últimos anos o Concello de Cambados leva xa catro sentenzas condenatorias, ata con advertencias dos xuíces ao alcalde e ao grupo de goberno (constando na sentecia "desvio de poder" e "vicio de arbitrariedad"), o que leva unha serie de gastos en avogados e procuradores que recaen sobre as arcas municipais. Cid pregúntase se ese malgasto non ten outra razón de ser que a de eximir aos policías dunhas probas físicas que, á súa entender, poderían perseguir, unicamente, favorecer ao actual sarxento interino(Bueno agora xa sabe o que toca, pantalons cortos, sudadera, cinta na cabeza e a baixar e subir as escaleiras da casa consitorial a lo Rocky Balboa).
En canto as bases, "confundirte" unha vez vale, duas xa e moi descarado, este é o conto de nunca acabar. ¿Por qué teñen que pagar os cambadeses a uns técnicos que voltan a facer bases irregulares, ou é que non as fixeron os "técnicos"?
Desexarlle sorte e ánimo a Máximo, nun novo litixio cos de sempre.

.jpg)

Según La Voz de Galicia:
O asesor xurídico de Cambados ficha pola Fegamp
O asesor xurídico do Concello de Cambados, José Norberto Uzal Tresendi, incorporouse aos órganos de dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias. No seu nomeamento como integrante da dirección xeral pesou o seu profundo coñecemento da Administración. O seu nomeamento deuse a coñecer onte, despois de que se celebrase unha comisión executiva extraordinaria da Federación, a primeira logo da asemblea xeral celebrada por esta entidade o pasado xoves.


O Sorro para alcalde!
De un tempo a esta parte tiña gañas de escribir dos medios de comunicación máis arraigados na Ria de Arousa, o máis moderado deles pode que chegue cun pouco de sorte o centro dereita, algúns casique que se achegan a extrema dereita e outros practicamente non saben por donde andan. Outras das cousas que me chama a atención deste medios de comunicación e a explotación total do obreiro sen que ninguén lle poida dicir nada , porque claro que partido , organización ou sindicato se mete con eles, despois van saír moi mal parados, porque estes queridos amigos non é o cuarto poder senón o primeiro. Neste medios chega a traballar xente con contrato de dúas horas catorce e dezaseis horas o dia, xente que traballa sen contrato, xente que traballa como "becarios" con contratos realmente indignos, en fin todo que eles , os medios, critican as empresas téñeno eles e agrandado na súa propia casa. Imos con eles un a un.
E o medio dos que imos a falar cunha liña editorial moi de dereitas case que preto da extrema dereita, e totalmente afín os populares, un “escravo” de Louzán e acólitos, todos os actos ou manifestacións dos populares teñen un eco e unha difusión inusitada. Case obvian ao PSOE e ignoran completamente o BNG, isto obviamente falando en liñas xerales o cal non quere dicir que puntualmente informen dalgunha cousa dos socialistas ou nacionalistas, ata aí chegariamos.
Tamén coñecida vulgarmente como Tele PP ou Tele Tinto.- Bo o destes e algo fora do común a extrema dereita a este xente quédalle a esquerda. Fixeron unha persecución feroz contra o Alcalde Gago, foi algo escandaloso. Cada vez que son citados a unha rolda de prensa do BNG en Arousa nunca van e unha orde que coidamos que ven da Deputación de Pontevedra, en troques no Barbanza si van porque teñen competencia alí, e entón hai que ir senón queren quedar en ridículo. E un medio en mans dos populares que manobran o seu antollo.