05 septiembre 2008

Anulada a proba da oposición a suboficial

Faro de Vigo:
O Xulgado anula una proba da oposición a suboficial

Volve a dar a razón a Cid Ferro nas suas denuncias sobre as irregularidades incluidas nas bases para a praza de xefe da policia local de Cambados.

O xulgado do contencioso administrativo nº2 de Pontevedra volta a dar un novo varapau o Concello de Cambados o estimar a demanda de Maximino Cid Ferro contra a oposición a suboficial da Policia Local. O tribunal considera que a convocatoria realizada polo Concello de Cambados non se axusta o principio de igualdade, xa que nas bases exime a determinados aspirantes das probas físicas, por eso obliga o Concello a que todos que participen na oposición pasen esta proba.
Esta e a segunda ocasion na que un xulgado dalle a razón a Maximino Cid Ferro nas suas demandas contra a oposicion de suboficial da Policia Local. Na primeira, o tribunal recoñeceu que as bases redactadas polo Concello de Cambados non se axustaban o dereito xa que se trataría duna oposición pública e non dun concurso.
Ademais de estas duas sentencias, Cid Ferro acumula outras tres nas que os xulgados censuran drásticamente as decisions adoptadas polo Concello na oposición a sarxento. A primeira das sentencias anulaba o nomeamento do outro aspirante a sarxento por irregularidades no examen. A segunda sentencia favorable a Cid Ferro recoñece que o Concello debía limitarse a repetir o quinto exercicio da oposición. Por último, o tribunal tamen obligou o Concello a aprobar a Cid Ferro e otorgarlle a praza de Sarxento.

Outro capítulo no que David volta a gañarlle a Goliat, dende aquí darlle todos meus animos a Maximo, e que se execute a sentencia pola que se nomea sarxento da Policia Local, porque a merece, para eso estudiou, por moito que lle pese o Sr. Cores Tourís.