22 febrero 2007

A MERCED

¿Cres que se cometeu algunha irregularidade na venda da Merced?
Deixa aquí a túa opinión ou si tes algunha información referente o tema.

ENTROIDO

Pareceme incrible, hasta aprobeitan o enterro da sardiña para facer política, na carroza había varios carteis que poñian:¿E O PEDIATRA?, acompañado de batas brancas e mascarillas, podían ser máis ocorrentes e poñer máis cousas como por exemplo:¿Ónde están os cartos da Merced?(acompañado dun maletín con cartos),¿Que pasa coa plaza de sarxento amañada?(acompañado de Duarte),¿Que pasa ca gardería?,¿E as pistas de tenis?, ¿Que pasa co burato que hai diante do concello?,¿Que pasa coas estradas?, ¿Os verquidos?,¿Os cheiros?,¿Os vertedoiros incontrolados?...
IMAXE RECIBIDA VÍA E-MAIL

NOITE BEATLES

Exitazo no venres Beatles, unha vez máis Unha Grande Chea demostra estar a altura, organizando actividades que realmente espertan o interés da xente, cheo absoluto na discoteca ZAO, Rosiña contrataos xa.




20 febrero 2007

Según o blog de zerovacas.blogspot.com

SOBRE O PP E OS BLOGS
Unha semana despois, as ameazas e demandas presentadas polo PP contra dous blogs galegos son hoxe coñecidos en todo o Estado, grazas á repercusión acadada nos medios tradicionais:Dirigentes locales del PP gallego llevan a dos blogs a los tribunales Cadena SerDirigentes del PP gallego llevan a los tribunales a dos blogs 20 minutosPSOE y BNG restan importancia al contenido de los blogs críticos La Voz de GaliciaConcelleiros do PP de Cambados e do Grove presentan demandas contra dous blogs VieirosDirigentes locales del PP gallego llevan a dos blogs a los tribunales El Pais A postura do PP atenta contra unha das liberdades fundamentais recollidas na C.E., pero sobre todo é torpe e inxenua. Camba2 e Ogrobe teñen recibido nos últimos días mostras de solidariedade procedentes de todo o Estado, e mesmo do extranxeiro. Os tales Ana Isabel Domínguez e Benito Leiro son obxecto de burla en toda Galicia e España. Entre outras cousas, Camba2, que nos primeiros 25 días de xaneiro recibira ao redor de 1500 visitas, acumulou máis de 6000 lectores nos últimos 5 días do mes.Mesmo en círculos do PP critícanse duramente as demandas presentadas polos representantes dos seus partidos en Cambados e O Grove. En libertadpp afirmaban o mércores pasado que: "Con la libertad de expresión no se juega. El derecho a la libre expresión es uno de los más fundamentales. Sin la habilidad de opinar libremente, de denunciar injusticias y clamar cambios, el hombre está condenado a la opresión. Por eso, y desde nuestra militancia popular, desde nuestra concepción política comprometida con el reformismo, le decimos a nuestros compañeros de Cambados que se equivocan gravemente con el planteamiento judicial contra los blogs Camba2 y Ogrobe, con los cuales nos solidarizamos".Tamén é torpe e mesqiña a actitude do delegado de La Voz de Galicia, Xurxo Melchor, que xustifica os ataques do PP en que os blogs denunciados foron máis alá da liberdade de expresión e entraron "no terreo do libertinaje". Quizais o tal señor Xurxo Melchor debería preguntarse o porqué do xurdimento e popularidade de tantos blogs críticos. ¿Será que os medios tradicionais teñen descoidado a súa función de fiscalización dos cargos electos? ¿Será en concreto que La Voz de Galicia no Salnés dedícase a silenciar as voces críticas cos gobernos locais en mans do PP?

Esto si que non ten desperdicio
Liberdade30/01/2007
ENTRE LÍNEAS
Ou (Firma: XURXO MELCHOR)
A CUESTIÓN dos blogs críticos de Cambados e O Grove que denunciaron dirixentes do PP que senten ofendidos polo seu contido abriu un aceso debate sobre se o que pretenden facer os populares é coartar a liberdade de expresión. Imaxino que un non será sospeitoso de buscar tal fin, xa que tanto eu como a miña familia comemos grazas a ese dereito fundamental do home que é a liberdade de expresión. O que pasa é que non nos podemos agarrar a ese dereito para dicir todo o que nos dea a gana. Explícolles. ¿Que pasaría se eu acusase nas páxinas deste xornal a un político de cobrar comisións urbanísticas, de facer cazo ou doutras lindezas? Pois que se non teño probas ía ter un par de problemas no xulgado. O mesmo se outro día dáme por chamar gordo, feo ou bobo a un concelleiro ou meterme coa súa condición sexual ou coa súa vida amorosa(Cada un nas fotomontaxes ve o que quere ver, e os comentarios non teñen nada que ver conmigo, aínda así borranse os máis polémicos, a xente que lle moleste algo pódeme mandar un e-mail, e ese cometnario sería borrado sen problema ningún). Isto que todos coincidimos nunca podería ocorrer en La Voz (Non sabía que La Voz fose un xornal adicado única e exlusivamente ó humor e a divertir a xente,vostede é como si me compara Buenafuente con Antena 3 noticias) sucede algunhas veces neses blogs e aí é onde termina a liberdade de expresión e entramos no terreo do libertinaje.
Este si que non o vira, eso de "libertinaje" sóame a algo que soe decir o meu locutor da Cope preferido. Falta o de "son una panda de titiriteros"
Deixovos o enlace a entrevista de Vieiros: Entrevista o Sr.X

PROTESTE XA

Manda carallo, Sr. X, a que non sabe que o PP fichou o RONALDIHO DE VILARIÑO, pras próximas eleccións municipales. O mesmo que fai uns meses pedía a dimisión de TOURÍS, agora vai ir de extremo dereito co nº 5 na lista de convocados, e eso que era o líder económico dos INDENPENDIENTES.

19 febrero 2007

NOITE NO MUSEO

TODO COBRA VIDA

MÁIS BEN TRIFÁSICO NO MUSEO, NA P(e)L(ele)...

TEMOS UN PROBLEMA GORDO

Sairán as reportaxes do acto de UGCh do venres Beatles e a concentración, pero teñen que mandarme as fotos, non vos preocupedes.

PROTESTE XA

ABRO ESTA SECCIÓN PARA TODOLOS VECIÑOS QUE TEÑAN ALGUNHA QUEIXA E QUEIRAN DEIXALA EN PRIMEIRA PLANA, PODEDES MANDAR AS VOSAS QUEIXAS O E-MAIL, PARA QUE SEXAN PUBLICADAS.
Bos días: Ante todo mostrar o meu apoio o que fas, e non sei porque lles parece mal estes montaxes si eles tamen os fan, xa que nas eleccións anteriores eu vinlle a Aragunde un carteis de mortadelo e filemón (Roque e Alvaro). Outra cousa diante da casa da Sra. Oubiña non existia parada de bus, e agora ocupa toda a casa, pa que non lle aparquen, supoño.

16 febrero 2007

CANCIÓN DE SR.X

CANCIÓN SOBRE SR.X MOI GRACIOSA

Gracias o cantautor por esta canción tan divertida

14 febrero 2007

Revolta estudiantil 1990

PROTESTA ESTUDIANTIL DO 21 DE DECEMBRO DE 1990.


En resumo, uns estudantes do IES Cabanillas maniféstanse contra o alcalde Santiago Tirado, do PP, para que inste a Deputación a non facer unha estrada que pasa polo lado do instituto, xa que o alcalde pasa deles e non fai "####" caso, tras dous días de movilizacións, e duras negociacións o final o alcalde cede ante a presión da prensa, pais, profesores, veciños e estudantes.
Pero, ¿Qúen era o "cabesilla"? Líder estudiantil do Ramón Cabanillas.
A resposta o final da investigación periodística.









Quién y qué, aquí temos a "sujeto Y", "que tiene madera de líder", que ante a pregunta de "Será fichado por un partido político", responde "non paso", que ante a pregunta de "Quién os manipula", responde: "Son cousas do alcalde, os alumnos maiores sabemos o que queremos".
Bueno "sujeto Y" descubreu co tempo que o seu amigo o "Andrés" é moito máis importante que os principios. E ante a pregunta de "liga máis ahora" responde: "O mesmo que antes"; vou a prescindir de facer algún chiste con eso, co juapo e seductor que estaba nos 90 "El rock del instituto".
Quen acerte quén é "Sujeto Y" recibirá unha camiseta de Sr.X.
Esto é información real, un auténtico traballo periodístico.
(PREME NA IMAXE PARA AMPLIAR)

DOMINGO DE SR.X

CONCENTRACIÓN O VINDEIRO DOMINGO DIANTE DO CONCELLO, HAI QUE IR DISFRAZADOS DE SR.X, SÓ CUNHA BOLSA NA CABEZA CUN INTERROGANTE, QUE ALGUÉN VAIA DE SR. TOURÍS, CON UN MALETÍN QUE POÑA A MERCED. E OUTRO DE DUARTE, PARA MÁIS INFORMACIÓN CONSULTAR O LIBRO DE VISITAS DE CAMBADOS.TK OU O DE POLONOSO.

10 febrero 2007

O Concello denégalle o palgo a UGCh

Según La Voz de Galicia:
Cambados rexeita instalar un palco para Unha Grande Chea
10/02/2007
A policía tampouco vixiará o desfile que realizarán os integrantes da comparsa Un ano máis, o Concello asegura que todos os escenarios están ocupados.(Según Duarte centran tódolos medios na búsqueda do Sr.X)

Un ano máis, os integrantes dunha Grande Chea atopáronse coa negativa do Concello de Cambados a colaborar cos actos que organizarán durante o vindeiro martes de Carnaval. (Que raro, vindo do Sr.Tourís, un home con talante, senador de tódolos cambadeses). A comparsa solicitara un palco sobre o que actuar en Alfredo Brañas e vixilancia policial para o desfile que efectuarán entre o pazo de Quintanilla e a mencionada praza. Ambas peticións foron denegadas. Fai xa algunhas semanas, a comparsa colgou na súa páxina web a solicitude que presentaran ao alcalde de Cambados para que lles instalase un palco en Alfredo Brañas, onde todos os anos congregan a un centenar de persoas coas súas actuacións. Preguntábanse nese apartado se, tendo en conta que estamos en ano electoral, o equipo de goberno accedería ás súas solicitudes. Pois non foi así. O alcalde, José Manuel Cores Tourís, remitiu onte un escrito á asociación no que lamenta ter que comunicarlles «que nesta ocasión non é posible acceder ao solicitado, ou non dispor na referida data de palco libre algún», asegura o comunicado oficial. «Nin en ano electoral nos poñen ou palco e mira que teñen palcos en Cambados», laméntanse os integrantes da comparsa na súa web. Pero como, ata agora, xamais se lles concedeu a instalación desta infraestructura e «xa estamos acostumados», pois xa teñen un plan B. Así que avisan a todos os veciños de que o seu espectáculo, seguirá adiante. O desfile A comparsa tamén solicitou, nesta ocasión, a colaboración da Policía Local para o desfile que teñen previsto realizar desde o pazo de Quintanilla ata a mencionada praza. Neste caso é a tenente de alcalde, Rosa Oubiña, a que lles responde, a instancias do sarxento, que nese mesmo momento, os axentes terán que atender o desfile organizado polo Concello. Ao mesmo tempo, advirte á formación que, de seguir adiante co seu percorrido, deberán cumprir toda a normativa establecida. (O Concello sempre pon trabas a quen non é afin o réxime).




UGCh-Entroido

O vindeiro MARTES 13 a comparsa Unha grande Chea sacará a súa particular revista, coas fotomontaxes prohibidas, e con moitas máis novedades que non deberás de perder, costará 1€, gratis para os socios. E o vinderio VENRES 16 NOITE BEATLES as 12 na discoteca ZAO, con actuacións e moitas máis cousas que non deberás de perder. A enrada será gratuita.

Asfaltado do camiño Real

Según La Voz de Galicia:
Cambados inicia o polémico asfaltado do Camiño Real
10/02/2007

Un acordo do ano 2000 con Patrimonio permite executar a obra O vial limita co conxunto histórico e, segundo as normas, debería ser peatonal.O Concello de Cambados iniciou onte as obras para asfaltar o Camiño Real, un pequeno vial que transcorre en paralelo co muro do Pazo de Fefiñáns. Estes mesmos traballos provocaron que no ano 99 Patrimonio abrise un expediente informativo ao Concello, por non dispoñer das licenzas necesarias para acometer o proxecto. Foi o BNG o que fai agora oito anos denunciou ao equipo de goberno por intentar pavimentar este vial. Aseguraban entón os nacionalistas que a estrada estaba nos límites do conxunto histórico e que, nas normas subsidiarias, fora protexido como peatonal, polo que resultaba imposible asfaltalo. Interveu no conflito Patrimonio, que abriu un expediente ao Concello e paralizou as obras. Pero xa entón o alcalde, José Manuel Cores Tourís, advertiu que o proxecto sairía adiante, tarde ou cedo. O equipo de goberno alegaba que pavimentar este camiño permitiría aos autobuses escolares recoller aos alumnos do instituto Ramón Cabanillas con maior seguridade e que, con iso, poderíase prohibir o paso destes vehículos pesados pola praza de Fefiñáns. No ano 2000 Cambados creou a súa propia comisión de Patrimonio, que lle permite dar licenza a todas as obras que se executan no conxunto histórico. Na súa primeira reunión, esta entidade deu luz verde ao polémico asfaltado. Pero entón non se dispoñía de partida presupuestaria para acometer os traballos. Sete anos despois, o Concello conseguiu sacar adiante esta polémica obra. Queixas vecinales Foron os propios veciños da zona os que onte alertaron da presenza no vial de varias máquinas. As súas queixas foron ata trasladadas á Administración autonómica. Pero o novo goberno nada pode facer por evitar o asfaltado deste camiño, segundo confirmaron onte fontes de Patrimonio. O acordo alcanzado entre Xunta e Concello no ano 2000 autoriza as obras, polo que a Administración autonómica só poderá intervir se os traballos non se axustan ao proxecto.

PL de Cambados líder na Liga

Según La voz de Galicia:
As policías de Vilagarcía e de Cambados lideran a Liga de corpos de seguridade .
09/02/2007

O pasado martes disputouse a segunda xornada da Liga de fútbol sala de Corpos de Seguridade no pabellón da Laxe. Os equipos das Policías Locais de Vilagarcía e de Cambados colideran a clasificación ao contar por vitorias os seus encontros. Os resultados da segunda xornada foron os seguintes: Garda Civil de Vilagarcía 7-Garda Civil Fiscal 4, Protección Civil de Vilagarcía-Policía Local de Vilagarcía 10 e Garda Civil de Ou Grove 0-Policía Local de Cambados 7.

09 febrero 2007

Urbanización de San Tomé

Según La voz de Galicia:
Medio Rural inspecciona a reurbanización do barrio de San Tomé
09/02/2007

O gerente da fundación comarcal, Manuel Soliño, e o concelleiro de Medio Ambiente, Luís Aragunde, acompañaron aos técnicos de Medio Rural nunha visita polas obras realizadas no barrio cambadés de San Tomei. A iniciativa estaba destinada a certificar que os traballos, que foron financiados con cargo ao Proder, realizáronse seguindo todas as directrices que marca este programa europeo. Segundo explican no Concello de Cambados, os técnicos puideron certificar que os traballos axustábanse ás esixencias do Proder. As obras consistiron na reurbanización de varios viales no casco antigo de San Tomei e tiveron un orzamento de 120.000 euros. Estas intervencións permitiron continuar coa campaña de recuperación do patrimonio cultural cambadés, cualificado como Ben de Interese Cultural. Con cargo a este mesmo programa europeo, Cambados tamén instalou sistemas de iluminación en varios puntos do casco histórico. Neste caso, as obras leváronse a cabo na praza de Fefiñáns, na avenida da Pastora e nas rúas Isabel II e Real. Os técnicos tamén percorreron estes lugares para comprobar a adecuación dos traballos. Para rematar, visitaron unha nave que se construíu no polígono de Sete Pías con cargo ao mesmo programa.

07 febrero 2007

A PL captura un furón.

Segun La voz de Galicia:
A Policía Local de Cambados captura un furón en plena rúa 05/02/2007

A Policía Local de Cambados saíu onte tarde a perseguir a dous furóns que campaban ás súas anchas pola zona de Vos Pazos. A presenza dos animais foi detectada polos veciños, que foron quen alertaron aos axentes. Finalmente estes lograron capturar a un dos exemplares, que entregaron no cuartel da Garda Civil para que hoxe sexa recollido polos servizos de Medio Ambiente. Sospéitase que se podía tratar de animais que alguén tiña na súa casa como mascotas.

Este é unha desas noticias que non fai falla chiste, coma na sección de Buenafuente.

05 febrero 2007

El Detective Cantante

É un musical, un thriller policiaco, unha comedia "negra"... E todo eso e moito máis.

..."Por que Sr. X?. Si no hace nada ilícito ¿por qué no saca pecho y pone su nombre? ¿Por qué no dice que esta es otra manera de hacer politíca? ¿Por qué no saca pecho y dice que papá es un exconcejal del BNG? ¿Por qué no hace política de verdad? ¿Por qué no dice que también prepara oposiciones? SIIII quiere ser funcionario, como los que critica.... Alexander por que no sacas pecho y dices tu nombre. Por qué papa no saca pecho también y dice que vive mejor que los politicos, que al menos hacen algo, bien o mal pero algo, papá cobra de la seguridad social,de baja permanente... Funcionario del Ministerio de Justicia también, no?. Y si sacas pecho y dices que tus conexiones a Internet las paga Juan pueblo... Y si dices LA VERDAD DE TODO

O outro día mirando o periódico encontrome con esto,
Bingooo!!!!. Ese son eu, ala detective vai a casa a arrestalo a ver que che di.

O Sr. sarxento da P(e)L(ele) dixo no periódico que iba a quedar a marxe, ¿qué o fixo cambiar de opinión? ou mellor ¿Quén o fixo cambiar de opinión?.

El Jueves

A pasada semana a revista El Jueves publicou unha fotomontaxe de Rajoy esposado por dous policías, ¿Denunciará Mariano a dita revista?, ¿Que opinan os que se definen como lectores habituais de dita revista?, ¿Sacaránse notas de prensa?.

A xente está escandalizada co meu blog, pero algún visitou genoveses.net, ou quin2006... , donde o deste blog e "pecata minuta" co alí publicado, seguro que o Sr. Tourís visutou máis de algunha vez dito blog e incluso pareceulle divertido, invito o Sr. Alcade a falar sobre o tema e publicar en primeira plana do blog o que opina, sen censuras, sen denuncias, e tamén os que se definen como lectores habituais da revista que sale os mércores.

Outra cousa, quero darlle grazas o Sr. Tourís, Aragunde, Rosiña, J.Antonio e a Duarte porque o que non se consigueu en meses coas pegatinas, e coas mensaxes de pasalo (ó máis puro estilo ZP), consiguirono vostedes en un só día, grazas pola publicidade.

04 febrero 2007

a-POLO-KAMbio

Grazas a bitácora de a-POLO-KAMbio polo apoio prestado, ten fotomontaxes moi interesantes, coas que me fixeronh rir deixovos algunhas:
Poema: Romance da noite de Lúa
Era unha noite de lúa
e Tourís chegou cansado
votara si no Concello
e “daquenón” no Senado

Estumballouse no sofá
para mellor relaxarse,
descorchou un “Agnus Dei”
e decidiu “conectarse”

“Cambadous” marcou por erro
e do que viu non gustou:
aparecía un maletín
rebosante de millóns.

Mimadriña!, dixo o alcalde,
Eu por aí non che paso.
Como osan “os de sempre”
a facerme tal retrato !

O “gherreiro” senador
que non quere vodas gais,
o que votou pola invasión
e pola guerra do Irak,
o que se manifestou con saña
ás portas do parlamento,
o que aldraxou conselleiros
sen andar con miramentos,
deulle un grolo ó albariño
(que estaba medio picado)
e, disposto a pór querela,
arrincou para o xulgado.

Tendo tanto poder
o homiño non entende
que antre os sumisos vasalos
apareza un SEÑOR X
El quere acalar as voces
que non lle siguen o rollo
pero esta vez pasouse
e vai a ficar sin choio.

Así, amigas e amigos,
comezou a conta atrás
a costa arriba, a despedida,
o principio do final
do alcalde que fixo pisos
no campiño do Pombal,
(o das fazañas gloriosas
de Ramoni e os Milláns),
o que non é quen de acabar
en Cambados co mal cheiro
e para privatizar a “xuventú”
tamén andivo lixeiro.

Se aquela noite maldita
elexira a Buenafuente
e en vez do “Agnus Dei”
tomara viño decente
se amase a democracia,
se non fose tan abusón
se respetase un pouquiño
a libertade de expresión
eu tampouco ía votalo
pero librariase destes ripios
que lle botan o “meighallo”.
Senhor XXX.

03 febrero 2007




Saímos en moitos medios, aparte das edicions locais, cabe destacar a edición de EL País, Cadena Ser, 20 minutos e incluso en TELESALNÉS.

AROUSA OPINA

(Fai click enriba)