31 marzo 2007

O CHAT

PROCEDESE A ELIMINACIÓN DO CHAT DA PÁXINA, POR CONTER COMENTARIOS RELATIVOS A VIDA PRIVADA DO SARXENTO ITERINO DUARTE,SENDO ESTA A ÚNICA MANEIRA DE PODER BORRALOS, CHAMANDO O MESMO A UN COLABORADOR DA PÁXINA PEDINDO QUE FORAN ELIMINADOS ESES COMENTARIOS, INSTO A QUE VOS MODEREDES NOS VOSOS COMENTARIOS, E NON METERSE COA SÚA VIDA PRIVADA.
GRACIAS.
Se alguén máis sentese ofendido, que mande un e-mail o meu correo, especificando en que apartado está o comentario, para proceder a borralo.

La voz de Galicia:

O equipo da policía local de Cambados gaña o campionato de fútbol sala

30/03/2007

O equipo da policía local de Cambados proclamouse campión da Liga de fútbol sala para corpos de seguridade, a falta dunha xornada para o final da competición. Os cambadeses gañaron todos os partidos que xogaron. Resultados, sexta xornada: Garda Civil de Sanxenxo 3-Garda Civil de Vilagarcía 1, Policía Local de Vilagarcía 7-Garda Civil de Ou Grove 6 e Garda Civil Fiscal 1-Protección Civil de Vilagarcía 11. O torneo da deportividad encabézao o conxunto da Garda Civil de Sanxenxo.

Estrela da fama.

Co permiso do Sr. X,cada mes vou poñer una estrela do mellor cambades no noso propio paseo da fama,na zona dos comentantarios podedes poñer os vosos candidatos que poidan gañar esta apreciada estrela,pero para iso teñen que ser o mellor cambades do mes.Tamén podeselle dar un premio o peor cambades do mes,pero ainda non atopei un premio para darlle-lo.
Este mes eu dedicollo a o noso D. Ramón Cabanillas,pois e o mais ilustre cambades,e tamén porque grazas a Victor Caamaño imos ter unha Fundación co seu nome.


Mirade esta página,www.bandeiragalega.com/canto.htm,nesta páxina saen uns poemas de D. Ramón Cabanillas cantados por Juan Pardo,tamén podense escoitar un pouco a canción do poema.

Se alguén ten alguna canción completa de Juan Pardo cos poemas de D. Ramón Cabanillas,por favor mandadema o meu correo.
Grazas


25 marzo 2007

POR FIN SE QUITAN A CARETA


Por fin o Partido Popular se quita a careta da democracia, a aparece a sua verdadeira cara a do fascismo. O veto o Grupo Prisa, alentado seguramente dende a cadena do “Talíbán” Jiménez Losantos, o unico que fai é descubrir o que xa sospeitabamos algúns que non era outra cousa que o PP e a extrema dereita de este pais ven sendo a mesma cousa. Non quero nin pensar o que poden facer estes individuos se chegan novamente o poder , bueno en parte si mo imaxino por un bo ejemplo temolo en Cambados donde o incompetente do noso Alcalde , xa vive dende fai tempo un clima de enfrontamento coa Xunta de Galiza, e no seu derradeiro episodio ata chegou a vender uns terrenos donde a Xunta tiña previsto construir vivendas socias, para que outros especulando poidan construir vivendas moito máis caras, esto senón é prevaricación que veña Garzón e o vexa, entón mellor que os lexisladores destipifiquen este delito, porque insistimos este é o exemplo máis claro. Voltando o tema, donde realmente vanas ter crudas é en Radio Pontevedra, donde o seu locutor máis representativo Eugenio Giraldez, íntimo amigo de Rajoy, como vai facer, vaille pasar como a Alejandro Sanz, vai ter o “Corazón partio” entre o PP e a SER. E como vai facer Louzan , o cal ten en Radio Pontevedra como un dos seus pilares e valedores fundamentais, “mercados” a base de publicidade institucional, porque creedes que esta Radio nunca fala dos “chanchullos” da Deputación. En fin en vindeiras xornadas veremos como transcurre este boicot, que insistimos si para algo sirve e para ensinar a verdadeira cara do PP: O FASCISMO.

23 marzo 2007

A igrexa de San Bieito xa ten nova árbore.

Como poidemos ver sobre o día 14 de Febreiro Cambados foi sacudida por un fortisimo temporal, e como victima tivo a árbore centenaria da igrexa de Fefiñans,pois foi derribada polo vento como vemos nas fotos que collemos nas páxina de Cambados.tk e na de U.G.CH.

Fotos de Angel Cambados Tirado

Pois como poidemos ver, onte xa había plantada unha nova árbore, un Olivo.
E como poidemos leer na Voz de Arousa de hoxe salia a seguinte nova.

Unha familia cambadesa dona un olivo para o atrio de Fefiñáns.

Los operarios municipales fueron los encargados de instalarlo la víspera de San Benito

San Bieito xa ten unha nova árbore no atrio da sua igrexa de Fefiñáns. Despois de que un temporal de vento derribara o exemplar que durante anos daba sombra a este templo cambadés, unha familia do municipio, que po-lo de agora prefiere manter o anonimato,donou un olivo que xa foi plantado no atrio. Diso encargaronse os operarios municis, que realizaron a tarefa a víspera de San Bieito para que o santo poidera ver o nuevo exemplar cando saira en procesión.

Foi precisamente un veciño do barrio de Fefiñáns o que plantóu o primer exemplar que deu sombra o atrio de esta igrexa. O fixo o día da su boda e, ainda que nadie recorda a fecha exacta, calculase que de este casamento fai máis de cen anos. Todo-los veciños da zona recordan, desde pequenos, a presencia do nomeado árbol no atrio.

Pero a historia de este emblemático exemplar terminou fai unhas semanas. O tronco non poido resisti-los fortes ventos que sopraron durante o último temporal e veuse abaixo. Extraelo do lugar no que había permanecido durante décadas non foi tarefa sinxela. Según explicou o cura párroco, José Aldao, a imposibilidade de introducir unha grúa no atrio dificultou enormemente a labor e fixo necesario cortar primeiro as ramas e o tronco, para despois poder sacar unha parte das raíces.

Promesa cumplida.

Chegou entonces o momento de buscarlle un sustituto, pois así llo prometeu o párroco a San Bieito. Foi unha familia do municipio a que propuxo a Aldao a posibilidade de plantar no lugar un olivo. O párroco estivo de acuerdo e, tras consulta-lo no Concello, iniciaronse os trámites. Os operarios municis encargaronse de ir a busca-lo exemplar e o propio cura pideu que todos-los traballos se levaran a cabo a víspera da festividade de San Bieito. «Gustabame que o santo poidera ve-lo árbore cando saira en procesión», explica Aldao. Así foi. O ejemplar estrenouse o pasado miércoles.

Agora, sólo falta esperar a que o novo árbore se acomode o seu espacio. «Habrá que encargarse de podalo ben cuando chegue el tempo e esperar un tempo prudencial para que prenda no seu novo lugar», conclue Aldao.

Xa temos as fotos da nova árbore da igrexa de San Bieito.
Fotos collidas de Cambados.tk

Fotos de Angel Cambados Tirado

22 marzo 2007

Proteste Xa "Fundación do deporte en Cambados."

Hoxe saleu outra nova do noso deporte,esperemos que o que se vai poñendo neste blog,serva para que consigamos o noso pedido,unha Fundacion para o noso Deporte.

O equipo xuvenil Improin Salnés do Xuven xa está entre os oito mellores de Galicia.

Os cambades disputarán a eliminatoria previa a final autonómica despois de superar al Cidade de Lugo.

O Improin Salnés de Cambados conseguiu clasificarse para as eliminatorias de cuartos de final da liga galega xunior masculina,incluindose tamén no grupo dos oito mellores equipos de Galicia esta tempada.

No partido que decidía a segunda praza do grupo D, os cambadeses impuxeronse,en O Pombal o Cidade de Lugo por 65 - 57 conseguindo así o seu tercer triunfo en cinco partidos o que, a falta de unha xornada, dalle a clasificación para a eliminatoria que decidirá que catro equipos pelexarán po-lo titulo autonómico.

Facía xa algunhas tempadas que un equipo da comarca de O Salnés non alcanzaba esta fase da competición.

20/03/07.

As xogadoras do Cambados conseguiron tres medallas no campeonato galego de tenis de mesa.


As xogadoras do Cambados tiveron una excelente actuación no campeonato galego xuvenil de tenis de mesa, que se disputou o pasado fin de semana en Vincios. As cambadesas conseguiron tres medallas, duas de plata e unha bronce, ademais de un cuarto posto.


O primer éxito chegou o sábado: na proba por equipos, Martina Domínguez e Marta Barreiro acabaron na terceira posición tras gañar no partido po-lo tercer e cuarto posto a suas compañeiras de club Raquel Martínez e Cristina Barreiro.

O día seguiente, Martina e Marta conseguiron o subcampeonato na proba de dobres. Ademais, Martina Domínguez completou seu gran torneo o lograr a medalla de prata na proba individual. Os resultados desta xogadora adquieren más importancia se se ten en conta que é unha xogadora de categoría infantil.

Mais discreta foi a actuación dos representantes masculinos: na proba por equipos o Cambados A e o Cambados B acabaron na novena e décima posición respectivamente. En individuales, Rubén Lois foi o único que consigueu meterse no cadro final, e caeu en octavos. Por último, nos dobes mixtos Nicolás Bregua y Marta Barreiro foron eliminados en cuartos po-la parella que a la postre fixose con título.

Como se pode ver, o deporte no noso pobo vai "vento en popa e a toda vela",pois ben,facendo incapé da noticia da Unha Grande Chea ca gala que se celebrou un Vilagarcia do deporte,penso que a igual que apoiamos a UGCH para a creación da Fundación Ramón Cabanillas que pode chegar a ser unha realidade,deberiamos apoiar esta idea para crear unha Fundación para o noso deporte.

21 marzo 2007

ENCHUFEMAN

Dende o ano 1986, en que gobernaba UNIÓN GALEGA (xerme do BNG actual cambadés), non se fan no Concello de Cambados oposicións “limpas”. Daquela formaba parte do Tribunal Santiago Tirado o cal estaba na oposición. Dende 1987, ou sexa dende que os “aguiluchos” están no poder o amiguismo e o enchufismo son as bases das convocatorias, nin que decer ten que da oposición no Tribunal por no estar nin está Alvaro Rodríguez, a as prazas que saen o fan con nome e apelidos . Os opositores en xeral que queren participar son xa advertidos previamente por alguen achegado os “aguiluchos” e dinlle: “Non estudies, non perdas o tempo que as prazas xa están dadas” e de ahí o número ínfimo de opositores que se presentan as seudo oposicions que convoca ENCHUFEMAN, é moi triste e cunde o desánimo. Agora, problablemente vendose en moitos apuros a hora de acadar a maioria absoluta convocan praza para funcionarios e laborais (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=5636106&txtDia=17&txtMes=3&txtAnho=2007&idioma=galego ) , cando o xusto, lexítimo, legal, e honrado seria esperar a que se formase a nova Corporación Municipal e ela decidira, de todas formas xa o BNG andivo o quite e acusa a ENCHUFEMAN e cubrir a dedo 30 postos de traballo como pago a favores prestados e están dispostos a recurrir donde xexa para declarar a nulidade desta convocatoria (Faro de Vigo de 18/03/07). Namentras a UXT impugnará a praza do letrado asesor por ilegal (Faro de Vigo de 17/03/07) ocupada actualmente por un falangista que foi de número 4 as Europeas por Falange Española Independiente no ano 1994 ( http://www10.gencat.net/pls/gov_eleccions/p14.consultar_candi_candi?v_tipus_eleccio=E&v_any_eleccio=1994&v_num_eleccio=1&v_codi_provincia=0&v_codi_partit=418 ) . Adminisrativos, asistentes sociais, animadores deportivos, asesoras de muller algunha delas incluso pasou por prisión (http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=5044604&lnk=TANIA,VARELA ) , administrativos, empregados do orde, animadores deportivos, empregado do pabillón, barrendeiros, limpadores, conserxes de grupos escolares, conductores de guindastre e un longo etc, introducidos todos eles baixo a tutela de ENCHUFEMAN, quen probablemente no que sexa o seu leito de morte quere deixar hipotecado o novo Concello, e nun futuro deixar os seus espías para controlar o mesmo dende a oposición, con outros innecesarios novos 40 postos de traballo, tendo en conta un impresionante e demoledor informe da Intervención do Concello no que desaconsellaba tal medida. ENCHUFEMAN pon agora como exemplo que unha eficaz traballadora de Exposalnés foi nas listas do BNG, o cal é unha verdade a medias que é a maior das mentiras. Hai que ter moita pero que moita cara para poñer este exemplo basta con ler o impresionante artigo de Serxio González “El lado Oscuro de la Fundación” (http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/noticia.jsp?CAT=113&TEXTO=5639166&txtDia=18&txtMes=3&txtAnho=2007&idioma=galego ) no que nos damos conta os “chanchullos” que se traian entre Soliño e ENCHUFEMAN e demais “convidados” do partido . E cantos familiares de concellais dos “aguiluchos” non traballaron mentras Exposalnes estaba nas suas mans.. ENCHUFEMAN cos cartos que fixo dende que está no Concello ten unha cara de mármol de Carrara, pero el ben sabe como futbolero que é que unha boa defensa é un bo ataque.

19 marzo 2007

Proteste Xa "Unha fonte de auga para consumo human,en noxentas condicións sanitais"

Os veciños/as da Modia,que levan moitos anos bebendo auga desta fonte queixanse da deixadez do Concello ca limpeza e desaugue desta fonte de auga. Pensan que a fonte necesita un arranxo urxente,tanto en limpeza como en seguridade da mesma,tamén din que son penosas as condicions sanitarias que ten.

17 marzo 2007

"O buraco do Concello e os de Tragove xa estan arranxados"

Despois de case medio ano os buracos de Tragove parece que os van a arranxar,pois como podedes ver botaronlle terra para logo poder "asfaltar"( seguramente que o asfaltan,non porque sexan agora as eleccións,nin porque saia neste blog ou porque se pensara que proxectaran un metro en Cambados,senón que teñen medo que o Ya(ex policia local) ou calquer veciño,quede atrapado no burato.)

Tamén como se pode ver "xa era hora de que medio arranxaran" o burato do Concello, a verdade e que ainda asi poideron deixalo moito mellor.

Visto o visto,parece mentira que o Concello tivera que arranxar os buracos grazas a xuventude cambadesa polos seus comentarios neste blog e nas outras páxinas de Cambados,esto fainos pensar que o Concello tamén entra nas nosas páxinas.
Penso que o Concello darianos cun canto nos dentes se agora tamén arranxaran os buratos que hai diante do Restaurante Forniños e por todo Vilariño.

A BORREGADA


Donde quedan aqueles tempos en que o “Claudillo” Aznar tachaba a Zapatero de “pancartero”, por acudir a un par de manifestacións. Agora os pancarteros son eles e sobre todo o baboso de Rajoy ( non digo baboso como un insulto, senón porque é a súa forma de falar). manifestanse por todo, e ata o de agora non lle vai mal, e eles sabeno, as enquisas , casi todas elas, dinnos que van acurtando o intención de voto dos españois. Tal é así que xa está a preparada outra a prol de non anexión de Navarra. Evidentemente Pamplona non é Madrid, e a que se pode armar pode ser de órdago. Tampouco teñen ningún problema en manifestarse cos fascistas entre outras cousas, porque os populares tamén o son e así en todas as manifestacións podemos ver bandeiras cos aguiluchos e bandeiras da “Falange”. Capitulo aparte merece aquí os autobuses enviados dende Pontevedra e capiteneados polo “Don Juan” Rafael Louzan e non decimos o de “Don Juan” gratuitamente senón que nos remitimos a este páxina de Vigo que nos fala da persoa a cal está vinculada sentimentalmente, Nidia Arevalo: http://www.vigoempresa.com/reportajes/?2151 . ¿Quen pagou eses autobuses a Madrid? ¿Creedes que os pagou o Partido Popular?. Eu francamente non , eu penso que foron pagados cos cartos da Deputación. En canto o número de asistentes din que dous millons de “borregos”, digo de personas, pero resulta que mirando está paxina de “El Mundo”, o cal non é sospeitoso de ser de esquerdas precisamente: http://www.elmundo.es/graficos/multimedia/index.html dinnos que acudiron entre 258.568 y 305.012 manifestantes. Oura vez voltan a mentir, están vivindo nunha inmensa mentira, mentira que corrobora como non ia a ser menos outros pastores, os da Iglesia outra manada de manipuladores que en vez de practicar co ejemplo de cristianismo dende a súa emisora a Cope, o que fan expandir odio por todo estado. Así é como predican co exemplo, está claro que o que máis lle interesa a uns e outros é o poder e polo tanto os cartos.
The Punisher

16 marzo 2007

PITUFOS 091!

DESMADRE NA COMISARÍA
PRÓXIMAMENTE NO VOSO CONCELLO
Gracias pola felicitación, eu tamén espero que o presente ano sexa mellor có anterior, un saudo.

Máis estrano que a ficción


A Xunta de Galiza négase a actuar na defensa dos blogues do Salnés denunciados.

O MpDC exixe un papel máis activo do goberno autonómico na defensa da liberdade de expresiónComo é coñecido, o Partido Popular presentou sendas denuncias contra dous blogues, denominados “Cousas de Ogrobe” e “Cousas de Cambados”, para censurar os seus contidos, por ser críticos e humorísticos ante as actuacións do PP neses localidades.A Consellería de Presidencia vén de respostar a unha pregunta parlamentar formulada polo Grupo nacionalista, a iniciativa de Bieito Lobeira, na que afirma que “a Xunta de Galiza non fai valoración sobre este tema máis alá do máximo respecto pola liberdade de expresión, exercitada conforme aos parámetros recollidos pola normativa e xurisprudencia vixente”.Desde o Movemento polos Dereitos Civís lamentamos a absoluta desidia da Xunta ante un gravísimo intento de censura da rede, cando o Partido Popular recurre á xustiza por unhas críticas formuladas contra personaxes públicos e que polo tanto poden e deben ser sometidos a crítica e avaliación constantemente pola cidadanía. A Xunta de Galiza debe ter un papel máis activo para defender a liberdade de expresión, dentro e fóra da rede, posicionarse de forma clara en defensa da plena legalidade da crítica política e reprobar a atitude do Partido Popular, en vez dunha simples declaración de intencións.Por parte do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) queremos alertar da gravidade desta iniciativa por parte do Partido Popular no intento de censurar a rede através dos xulgados simplesmente por cuestións de opinión, e consideramos que pode abrir o camiño a moitas outras iniciativas xudiciais. Para o MpDC non é un feito aillado senón que se enmarca nun proceso de recurte das liberdades en Internet, nun momento no cal só se poden pechar por orde xudicial, pero xa se está avanzando nunha dirección máis restritiva e menos garantista para a cidadanía

Touris convoca a polémica praza de suboficial da policía.

O equipo de goberno de Cambados deu o visto bo as bases para sacar a concurso unha treintena de postos de traballo nas oficinas municipais. A medida xa foi anunciada fai un ano, cando se deu a coñecer a relación de postos de traballo que se iban a crear no Concello. Entre elas figura un reforzo dos mandos da Policía Local, coa contratación dun suboficial e de un cabo. A convocatoria de toda-las prazas levantou certo revuelo nas oficinas municipais. Os traballadores critican que o equipo de goberno nin siquiera consultou as bases co seus representantes sindicais.

Tampouco a creación de novas prazas na policía cambadesa estará exenta de polémica. Non hai que olvidar que na última convocatoria da praza de sarxento terminou nos tribunais, despois de que un dos aspirantes, Maximino Cid Ferro, denunciara irregularidades na celebración dos exámenes. Ata agora, os xuzgados lle deron a razón e por elo son moitos os que ven nesta nova convocatoria un intento por evitar que Cid Ferro poida algún día facerse cargo da policía, se os tribunais así llo determinan.

Sen embargo, desde o Concello insisten que a medida obedece, únicamente, nun intento por reforza-la cadea de mando da Policía Local. De feito, reiteran, ademais da praza de suboficial crearase outra de cabo, tal e como recomendou o estudo realizado po-la Universidade de Vigo.

Novo punto de Información.


¿Vichedes isto? E un novo punto de información da Fundacion Comarcal do Salnés, atopase situado no Paseo da Calzado(diante do piorno).
Nel falan das festas da comarca,das asociacións de comerciantes,etc..

15 marzo 2007

Victor Caamaño creara a Fundación Ramón Cabanillas apoiado pola Xunta.


A Consellería de Cultura comprometeuse a ofrece-lo seu apoio para que este proyecto se poida poñer en marcha no momento no que "o BNG acade a Alcaldía", xa que este asunto será unha das "prioridades" da formación nacionalista no se programa cultural, según explicou onte seu candidato, Víctor Caamaño.

Durante a reunión que mantivo con Luis Bará abordouse a posibilidade de constituir un Patronato que se encargue de recoller y promocionar o legado cultural de Cabanillas.

Para elo, estimaron que sería fundamental dispoñer dunha sede, xa que é imprescindible dispoñer dun local para ubica-la Fundación que, neste caso, podría se-la casa natal do autor.

Neste caso, a Xunta se encargaría de aporta-los recursos necesarios para dotar o local de una biblioteca, adquirir o mobiliario y acomete-las obras necesarias.

Víctor Caamaño propuso que a Fundación fose aberta e que nela participasen particulares, Concello, Xunta e a Universidade para idear y desenrolar actividades conxjuntas.

Otro dos asuntos que se abordou durante o encontro mantenido onte en Santiago foi a posibilidade de organizar "o Ano Cabanillas", que incluiría un ambicioso programa de actividades o largo de todo o ano para realza-la figura deste autor.

Neste sentido, Caamaño Rivas remarcou que a figura de Ramón Cabanillas "é un símbolo vixente para os cambadeses", po-lo que non dudou en calificar o encontro como "moi satisfactorio".

O mundo da cultura de Cambados e do resto da comarca rindeu o pasado mes de diciembre do 2006 un cálido homenaxe a figura e obra do escritor.

13 marzo 2007

Proteste Xa "Parking gratuito na Praza de Fefiñans"

Agora que xa se achega a Primavera,empezan as primeiras festas,por exemplo o 21 deste mes,o noso Patrón San Bieito.Tamén comezan a chegar o primeiros turistas da tempada pero ¿a que non sabedes o que ven o nosos turistas que veñen a Fefiñans?
Pois ben,atopanse con un parking debaixo dos arbores que hai na praza.
Ou sexa,que se a xente quere pasar por hai,ten que is esquivando os coches,se quere tomar un café no Torres ou no Laya teñen que tomar ademais os fumes dos motores.


Non sei,o mellor os conductores cando entran na praza cos seus coches no lugar desta sinal ,atopan esta outra.
Pode ser tamén que os coches teñan que aparcar ali porque o lugar onde esta permitido aparcar,este sempre cheo.










Pois este e o panorama que temos en Fefiñans,parkings valeiros e zonas verdes a rebosar de coches.
A min esto pareceme una barbaridade,primeiro prohiben aparcar na praza(pareceme loxico)e o que fan e habilitar o xardin como aparcadoiro,quitandolle aos veciños da praza un espazo verde.
¿Que vos parece a xestión que fixeron en Fefiñans para habilitar zona de aparcamento?
¿Habera que sinalizar mellor a zona habilitada o parking polo arco?
¿Multa os coches que hai baixo o arbores?
Opinade.

07 marzo 2007

Proteste Xa "Praza de Sarxento"

SARXENTO DE CAMBADOS. TRIBUNA DE OPINIÓN

Pase que a maioría da xente non repare no que está pasando, tal e como está o mundo e as cousas que se ven, e tampouco imos pretender gañar un protagonismo inhumano.

Pase que todo se intente arranxar pola porta de atrás, que o poder intente manterse “nese” poder a costa do que sexa, que aquí sempre teñan que se-los mesmos os que se saian coa súa, que non se respete nen a máis mínima garantía de igualdade de oportunidade… Cantas cousas teñen que pasar…

E aínda así hai que recoñecer que sí pasan cousas; certo que tan paseniñamente, que semella que non, que non se moven, ou se o fan é cara atrás. Polo menos neste caso, o das oposicións á sarxento do concello de Cambados, xa non todo é como se pretendía que fora, tras seis longos anos fóronse clarexando escuridades, comportamentos cheos de vergoña levados a cabo “polos membros do tribunal calificador da oposición a sarxento-xefe da policía local de Cambados” (enténdase o Sr. Tourís, Sr. Torres, Sr. Domínguez e compañía).
Pero aínda que quedan máis no tinteiro da xustiza, pese o traballo escuro do letrado do Concello de Cambados, que segue interesando que non vexan a luz con transparencia e claridade. Vaise facer unha proba pericial pese a súa oposición, ¿acaso hai algo que esconder?

Ás veces parece inxenuo que un siga crendo nos mecanismos que a sociedade democrática pon ó noso dispor a través das administracións públicas, neste caso do Concello de Cambados, para sentírmonos defendidos e protexidos. Digo inxenuo porque vendo o uso que despois se fai destes medios, a boa idea da orixe convírtese nunha parafernalia sen máis. Sobre todo se optamos por deixarnos levar, de xudicializar todo o que se mova para enfriar o asunto da praza de sarxento, de abusar do poder…

Quizais porque a un sempre lle ensinaron que cando algo é dunha determinada maneira debería ser así en tódalas circunstancias semellantes, tanto no Concello como no xulgado, por iso estou aquí.
Nembargantes no que no Concello e de cor negro no xulgado ata o de agora foi branco, ¡eso si!, moi paseniñamente e facendo falla catro sentencias de distintos xulgados de Pontevedra e Coruña. O bó de isto e que polo menos vaise coñecendo os rexidores actúais de Cambados por Galiza adiante, inda que os gastos públicos (si, si, os que pagades os cidadáns de Cambados contribuíndo cos vosos impostos) daban para unha boa campaña de “marketing”.
Tourís, Domínguez, Torres, Norberto e cía seguen empeñados en seguir ata o final, o seu orgullo e que os cartos co que afrontan tal envite non saen dos seus bolsillos, parecen eixes fundamentáis.. Por iso viñeron coa historia de “segundo o cristal co que se mira as cousas son ou non son…” e alá foi o invento…, porque esta segunda parte só ten un problema: o feito de que non nos queren deixar ollar libremente polo noso cristal e todo ten que ser dun color imposto.

Cecáis istes anos de loita e gastos xudiciais sexan inútis pola miña parte, pero quédame a ledicia de haber feito algo útil para cambiar certos comportamentos, por facer algo que moralmente e xusto. Agardarei o final do conto para facer unha valoración persoal dista triste historia inda que quero dende eiquí darlle as grazas as poucas persoas que me apoiaron incondicionalmente desde o principio, sobor de todo cando todo se presentaba costa arriba.

¡Bueno!, pois por ahí sí que non paso, xa ven, e dende aquí defendo o meu dereito a mirar, a opinar e a defenderme cando vexo vulnerados os meus dereitos sen outra alternativa. Porque se deixamos pasar iso, sí que pasa algo moito máis grave. Aínda así, e pase o que pase co informe pericial e ca sentencia, gracias por escoitarme, por interesarte e por adicador o teu tempo a leer isto.

Maxi.

06 marzo 2007

Buraco do Concello

Xa temos as imaxes do Buraco do Concello, que proximamente será a entrada o metro de Cambados.

Gracias a ACamTir polas instantáneas



Proteste Xa "Estado das rúas"

Considero que é de auténtico escándalo o estado da rúa Carballeira, a que vai dende o colexio público de A. Magariños ata o barrio de San Francisco. Atópase en estado de ruínas dende o día que comenzaron as obras do edificio sito enfrente do auditorio, e creo que se nos dixo que cando remataran as obras a empresa constructora (atención pregunta ¿quen ten parte nesa sociedade?) faríase cargo do seu arreglo. Os pisos xa están vendidos e a rúa segue bacheada, agrietada (fixeron un remendo hai xa moito tempo por medo de derrumbe) e da pena vela. Supoño que estarán esperando a que a xente se olvide, ou a que alguén rompa un tobillo ou un coche revente unha roda.

Marcus Curtius

Proteste Xa "Buracos en Tragove"

Estes buracos levan dende o Nadal así, sen darlle ningunha solución, representando un grave perigo, para os usuarios do vial.

Gracias a ACamTir polas fotos



P.D.:Sácalle unha o buraco de diante do Concello que cada día e máis grande, como o noso alcalde.




CambadosNoticias

Aparece un blog sobre as noticias de Cambados, na bitácora expoñense as novas que cada día vanse producindo en Cambados.

05 marzo 2007

Lei do Litoral

Segundo A Voz de Galicia


Cambados alerta de que a lei do litoral frea todo o seu plan urbanístico 06/03/2007





A normativa afecta a unha gran parte das zonas nas que estaba previsto construír.
O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, advertiu onte dos riscos que a nova normativa sobre a protección do litoral terá para este municipio arousano. A lei impide construír en terreos que se atopen a menos de cincocentos metros da costa. Unha medida que, segundo o regidor, supoñerá a paralización do desenvolvemento urbanístico do municipio. Os técnicos argumentan que todas as zonas do casco urbano nas que estaba previsto construír durante os próximos anos, veranse afectadas. «Isto é gravísimo e vai paralizar completamente ou Concello», asegura Cores Tourís. O alcalde afirma estar moi preocupado por esta nova normativa, pois supoñerá un duro golpe a municipios costeros como Cambados. A lei afecta a todos os terreos que estean clasificados como chan urbano non consolidado ou como urbanizable. Nestas dúas categorías enmárcanse unha boa parte das unidades de xestión -lugares nos que se prevé a construción de novas vivendas e a apertura de rúas tralo acordo dos propietarios dos terreos- que pretendía desenvolver o municipio durante os próximos anos. Desta forma, unha vez que a lei entre en vigor, será imposible desenvolver zonas como a A2, situada no triángulo que forman as rúas Albariño, Vos Olmos e a avenida da Pastora. Esta é quizais unha dos espazos nos que máis vivendas había previstas. Trátase dunha gran extensión de terreo na que terían que terminar rúas que actualmente non teñen saída, como a rúa Albariño, e abrirse outras novas para dar acceso ás novas vivendas alí previstas. Problemas en San Tomé Tampouco podería desenvolverse o espazo situado detrás antigo matadero de San Tomé, entre as rúas Ribeira dá Mouta e Breixiño. Este veríase afectado pola nova lei ao estar situado a menos de 500 metros do mar e non estar considerado como chan urbano consolidado. A situación repetiríase na coñecida como UG-11 de San Tomei e nos terreos situados entre o colexio do mesmo nome e a estrada comarcal C-550. Tamén nunha gran maioría das leiras das parroquias de Castrelo e Corvillón. Outra das zonas que se vería seriamente afectada pola nova normativa sería a que se está desenvolvendo entre o complexo deportivo de Ou Pombal e a rúa Sevilla. Neste lugar estanse construíndo xa varias edificios de vivendas, como o do campo de fútbol da Merced, que non se verían afectados. Pero si aqueles terreos nos que non se dispoña de licenza cando a normativa entre en vigor. Para rematar, a lei afectaría á variante de Ou Salnés. Malia que o Concello incluíu estes terreos no novo Plan Xeral de Ordenación Urbanística como chan urbano consolidado, o certo é que a Xunta rexeitou esta proposta polo que tamén quedaría prohibido construír en todo este vial.

Proteste Xa "Pilón da Cabana"

Aparte dos buratos,tamén gustaríame resaltar que alí polo mes de novembro do ano pasado, levaron para o pilón da Cabana(o que esta o lado do pabellón) uns pales cheos de baldosas, semellaban que o iban a arranxar todo, baldosar,etc...,pois ben ata o día de hoxe o pilón segue igual, feito unha lameira e co conseguinte que a xente desta zona da Cabana e da Carreira ten que desprazarse ata o pilón do Río en Corbillón.
ACamTir.

02 marzo 2007

EN BUSCA DA FELICIDADE

BASADA NUNHA HISTORIA REAL
En caso de ser PG a chave ó goberno local, darálle este o voto o PP?

A MALDICION DOS BURACOS

HAI QUE SACARLLE UNHA FOTO O BURATO QUE HAI DIANTE DO CONCELLO

CSI:CAMBADOS

Según La Voz de Galicia:

A policía de Cambados decomisa cinco ducias de ovos a grupos de mozos durante o carnaval
27/02/2007
A Policía Local de Cambados se incautó de cinco ducias de ovos durante os carnavales. Aínda que no municipio é unha tradición que os grupos de mozos participen en batallas nas que utilizan os ovos como armas para lanzarllos os uns aos outros, este ano os axentes decidiron tomar cartas no asunto despois de que fai uns días os comerciantes protestasen polo estado no que quedaban os escaparates dos seus comercios, manchados de amarelo. Os axentes aclararon aos rapaces que podían recoller os ovos na policía logo das festas de carnaval, pero como ningún o fixo, as cinco ducias foron doadas ao asilo de anciáns da localidade.

Domingo de Sr.X





Déronse cita unhas 35 persoas según os organizadores; 5 máis Duarte según a (P)e(L)ele. As camisetas (uhcas 50) venderonse todas, Duarte recibiu una camiseta de regalo, tentou chamarme pero o móvil quedoume na casa, jajaja.