01 marzo 2007

Trapicheos

Según La Voz de Galicia:


Un terzo dos arrestos por trapicheo en Galicia realizáronse en Cambados


02/03/2007


A Garda Civil leva a cabo un control exhaustivo nos locais de lecer da vila O 47% das detencións practicáronse. A Garda Civil leva meses despregando en Cambados un intenso operativo contra a venda de drogas a pequena escala que deu os seus froitos, xa que un terzo das detencións que se fixeron o ano pasado en locais de lecer dentro da campaña que se puxo en marcha para erradicar o trapicheo leváronse a cabo na vila do albariño. Os axentes contaron para iso coa colaboración dos efectivos da Policía Local de Cambados. Sete persoas foron arrestadas en Cambados, o que dá unha idea do control que os axentes exerceron sobre os locais de lecer e os puntos nos que é habitual a venda directa de estupefacientes aos consumidores. Á marxe das detencións, na campaña tamén se interpuxeron denuncias administrativas en todos os casos nos que se detectou o consumo de sustancias prohibidas, xa fose na rúa ou dentro dos establecementos. . O subdelegado do Goberno en Pontevedra, que o mércores presidiu as xuntas locais de seguridade en Cambados e en Vilagarcía, quixo puntualizar que eses datos non querían dicir que se consumise máis droga na provincia ou nas localidades de Rías Baixas, senón que o traballo das forzas da orde fora eficaz e dera bos froitos. O Goberno xa anunciara a súa intención de perseguir a venda de droga a pequena escala, como complemento das actuacións que se fan en alta mar, non en balde é a través do trapicheo como chegan os estupefacientes aos consumidores.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Agora vai ser que o problema máis grave que ten cambados son as drogas... Que risa me da, tan eficientes para o que lles convén...

Anónimo dijo...

l
e
g
a
l
i
z
a
c
i
o
n