30 julio 2007

300



27 julio 2007

PROPOSTA DO ALBARIÑO DE IRIA RIBADOMAR

Artigo sacado De UGCh:
A emprendedora e dinámica Iria Ribadomar, a cabeza visible de POLONOSO proponos a todos os cambadeses a celebración dunha comida paralela o domingo do Albariño no Parque, concretamente a proposta consiste en """que ese dia había que empezar coa tradición de comer no parque, tipo romaría tradicional ou algo así. Para facer a contra-comilona. Para que a xente se apuntara habería que traer cousas gratis ( donacións de hosteleiros ou particulares) pero para empezar, hay que corre-la voz para que aínda que sexa levando a comida, vaiamos bastante xente. Nos xa o vamos a facer fijo, comentádeo, podía estar ben."""

Persoalmente pareceme unha boa idea, habrá que correr a voz.

15 julio 2007

A FESTA DO ALBARIÑO

Xa temos ahí a Festa do Albariño, a grande festa dos cambadeses, pola cal estamos a esperar todo ano para que o mellor alguns grazas a “melopea” que collen só disfrutan o primeiro día. Eu por suposto, non vou falar das maravillas da festa , para eso xa está certa revista británica previamente de ser “debidamente convencida” polas nosas autorizadas e polo axente turístico do Concello quen se encargou de levalos os mellares restaurantes, hoteis e ser colmados cos mellares dos nosos agasallos.

Eu como non vou ter nada diso vou falar doutra festa. Da festa politizada por esos gobernantes que non fan maís que nomear cababaleiros os seus amigos, darlle follas de prata os seus máis inmediatos colaboradores e facer o domingo do Albariño non unha festa popular senón a festa do Partido Popular.
Da festa que pon un servizo publico para preto de 200.000 persoas, e claro si a xente bebe, obviamente mexa e donde mexa, dando lle sale do carallo, e cada vez que a noite vai entrando as karenas van medrando directamente proporcional e chegan a mexar ,a botar pastillas e a romper cristales donde lles ven gaña (A Policia Local brila pola súa ausencia). Da festa dos comás etílicos dos menores, e unha das festas donde o Centro de Saude de Cambados non da abasto, e seino por propia expericia, e o dia donde rapaces e rapazas de doce , trece, catorce e quince anos son atendidos por que non controlan o que beben, nin hai información previa o respecto porque para estes gorbernantes o que non se ve non existe.
Da festa do inmenso macrobotellón que todolos sábados do Albariño, e dende fai unha gran número de anos se ven a celebrar no parque, sen control de ningunha clase nin ningunha clase de servicios, como o Sr. Touris e Sra. Carro non van por ali, tampouco existe. Da festa da desinformación total, a xente de fora anda máis perdida que un polbo nun garaxe, non saben a donde ir, non teñen a quen preguntar, o concello ten as portas pechadas, a oficina de información e turismo tamén está pechada, non hai ninguen nos postos tampouco que poida informar a xente dos actos que hai. Da ausencia de gaiteiros nunha festa galega por excelencia, contratan eso si os das faldas de Ourense para o paseo triunfal ata o Pazo de Fefiñans pero ¿Qué lle custaria contratar catro o cinco grupos de gaiteiros e colocalos estratexicamente a tocar nos horas mortas que non hai ningunha actividade?.
Da festa que menospreza os nosos restauradores e casas de comidas toda vez que unha carpa enorme rexentada por un do Grove fai o seu agosto, e nunca tan ben dito, en prexuizo dos nosos industriais. Da festa que maltrata a xente da terceira idade , que maltrata a persoas tan distinguidas coma Manuel Fraga que lle fan andar casique un qilometro no estado lamentable no que se atopa. Da festa na que se vende viño Albariño “ilegal” sen embotellar en cantidades industriais e o Consello Regulador da popular Marisol Bueno non fixo nada a sabiendas.
Da festa que está manipulada por un señor de Pontevedra que lle chamen Pedro Rial e que cambia o seu antoxo os estatutos do Capitulo Serenisimo porque Don Manuel deixou de ser presidente da Xunta.
Da festa donde un 25 ou 30% do seu orzamento gastase nunha comida nun Pazo mercado a propósito por Don Manuel, o Pazo de Torrado.Da festa que faltando casique quince días para a súa celebración ainda non se sabe nada de nada, agás a actuación de Paloma San Basilia (vaia merda). En fin dunha festa moi mal organizada, unha festa que podia ser moito millor cun Padroado que a rexentara, unha festa donde a imaxinación brila pola ausencia, so falta que traigan a Manolo Escobar para estar todo o credo do Partido Popular.

http://www.osorro.ar.gd/

10 julio 2007

Cid desminte ao Concello e afirma que superou as prácticas e o exame médico.

Según o Diario de Arousa:

Recentemente o equipo de Goberno do Concello manifestou a súa decisión de presentar un recurso contra a sentenza que lle obriga a darlle o posto de sarxento xefe da Policía Municipal a Maximino Cid Ferro, á espera de que este acredite que dispón da formación obrigatoria para exercer como sarxento, é dicir, que superou as prácticas de traballo, tal e como esixen as bases da oposición.

O axente tachou de "mentiras" as palabras dos responsables municipais e afirmou que "non é certo que aínda non supere o recoñecemento médico e as probas físicas"(Pero vamos a ver, si as físicas e o recoñecemento son os primeiros exames, como é posible que chegara o último exame, panda de...). Para iso presentou o acta do tribunal calificador, onde os compoñentes do mesmo acreditan coa súa firma que pasou o exame médico, psicotécnico e físico, ademais do teórico. A isto engade que é o Concello quen debe comprobar que o candidato ao posto "realice todos os cursos de mando" para poder acceder á convocatoria, polo que considera que as alegacións do Concello son "un novo capítulo" da súa "resistencia a permitir o acceso ao emprego ao demandante".

Por outra banda, desmente que a anulación do nomeamento do outro opositor, Luís Alberto Acuña Martínez, debésese a presentarse ante os axentes do corpo de Cambados como o seu sarxento en prácticas. Segundo Cid Ferro, foi debido a "as tres graves irregularidades cometidas polo tribunal calificador" que, segundo el, consistiron en darlle máis tempo para facer o quinto exame da fase da oposición, haberse ausentado todo o tribunal(Que seriedade a de Tourís & CIA), mentres se realizaba o devandito exercicio, ademais de haber indicios de que un dos seus membros pasase copia do exame a Acuña Martínez.

Maximino Cid Ferro considera que o Concello de Cambados lanzou estas "mentiras", segundo el, por "ignorancia ou para desviar a atención do verdadeiro contido da sentenza" que lle obriga a darme a praza de sarxento xefe".
A isto engade que o contido desta resolución xudicial deixa ao alcalde do municipio e senador, Xosé Manuel Cores Tourís, nunha situación "difícil e lamentable cara ás próximas eleccións xerais". Para rematar, o axente ourensán advirte ao Concello de que as súas accións poden incorrer nun DELITO DE PREVARICACIÓN (que o senten no banquillo xa)e opina que polas súas últimas declaracións "parece insinuar que ten unha carta gardada" para impedir que acceda á praza.

05 julio 2007

PRAZA DE SARXENTO PARA MÁXIMO POR SENTENCIA XUDICIAL

Según La Voz de Galicia:
O XULGADO OBRIGA AO CONCELLO DE CAMBADOS A NOMEAR SARXENTO(agora Inspector Xefe) A MAXIMINO CID FERRO .(Por fin se fai xustiza).
O xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra deu a razón ao aspirante a sarxento de Cambados, Maximino Cid Ferro, e ditou sentenza para que a comisión de goberno noméelle como novo responsable da policía local do municipio. O goberno local xa anunciou que recorrerá esta decisión(¿volverase a facer xustiza?).
Despois de que o Concello de Cambados repetise o quinto exercicio da oposición a sarxento, no que se detectou irregularidades, o tribunal do mesmo suspendeu os dous aspirantes. Pero Cid Ferro, que leva sete anos nos xulgados reclamando a praza(David vence a Goliat), presentou un recurso contra o seu suspenso. Cando a comisión de goberno rexeitou a súa petición, este policía ourensán acudiu, de novo, aos tribunais. Estes déronlle agora a razón( O asesor xurídico do Concello perde todo, ¿perderá a súa praza tamén?,que contraten a Mortadelo que lle dará mellores resultados).
A sentenza recorda todo o proceso que seguiu este caso desde que no ano 2000 Cambados sacase a concurso a praza de sarxento. Tras debater se os tribunais son ou non competentes para revisar as decisións do tribunal dunha oposición, o xuíz conclúe que no caso obsérvanse «vicios de arbitrariedade e desviación»(vicios neste concello hai moitos).
Esta circunstancia «evidencia a resistencia da administración demandada non só a executar aquela sentenza senón sobre todo a permitir o acceso ao emprego do agora demandante», explica a sentenza. Engade ademais, que o perito elixido(co acordo de ambas partes) para revisar o exame concedeulle un notable-alto, fronte ao suspenso que no seu día lle outorgou o tribunal(Dominguez, Touris e outro +) da oposición a sarxento.

O MACROBOTELLÓN


Dende aquí quero solidarizarme coa comparsa Unha Grande Chea, a quen se tilda de crear unha alarma social, por pedir música e asistencia sanitaria para que amenicen o que TÓDOLOS sábados do albariño vense realizando no parque das palmeras. Esto sin lugar a dúbidas producirá o efecto contrario(como todo que fai o PP, como p.e. as denuncias os blogs...) e alí estaremos todos e máis o sábado do albariño. Facendo (deixemonos de eufemismos e de carallos) BOTELLÓN. Quizas o Concello debería tomar exemplo de Granada, como sae na web de UGCh, e habilitar un sito onde facelo, con música e asistencias sanitarias, control para que os menores non beban... Non entendo como dixo Ana Isabelita que o concello non pode promover o consumo de alcohol, entón dígame señora Ana Isabelita que é a Festa do Albariño?. A cuestión queda moi ben explicada na páxina de UNHA GRANDE CHEA


SAÚ2 A TODOS