30 junio 2007

NON "MOLA" ROUBAR BICIS.

Nestes dias estivose a falar e falarase dun axente da autoridade que se “fixo” cunha bicicleta que o parecer atopábase no depósito municipal, feito, como non podia ser doutra maneira denunciado polas autoridades municipais no Xulgado ¿Pero denuncianse todas ilegalidades que hai no “auntamento”?. Doutra banda un feito gravísimo, se é certo, e merece ser castigado como legalmente se establece. ¿E si esta autoridade fixo ,como se comenta nalguns foros, fan outros moradores do estamento municipal que tamén levan cousas para a casa ou que se aproveitan inmerecidamente do erario público?.

Este home probablemente sabe moitas cousas das que pasan no “auntamento” porque leva moitos anos no cargo, imaxinadevos por un momento se por vinganza se pon a largar “anécdotas” da sua boquiña. Podia decir moitas cousas ,sen ir máis lonxe comenzando, que é o que realmente pasa no corpo o que pertence. Podia decir que pasou no exame para elexir Xefe do seu corpo. Podia decir como chegou a denuncia do Sr. X ó Xulgado e quen realmente mandou presentala. Podia decir que él sabe que un alto cargo municipal , por certo que un dos colectivos o que pertence pola sua condición sexual (contra que por suposto non temos nada pero o seu partido si) acaba de celebrar a súa gran festa en Madrid, ten o seu despacho privado no Concello porque como sabedes aparte ten outra profesión. Podia decir tamén que elaborou mais de un atestado ou informe que non chegou finalmente o destino porque habia implicado alguen coñocido do partido.
Podia decir tamen que outro alto cargo municipal “acarreta” gas oil e outros materiais para a súa vivenda sen que este teña carácter municipal nin se lle pareza. Podia decir as matriculas dos vehículos que fan a “carretaxe” dos votos nas eleccións. Podia decir tamén que certas sancións de circulación a certos militantes do mesmo partido “extraviaronse” no camiño o despacho do máximo mandatario. Podia decir tamén como fan alguns narcos para conseguirlle becas municipais os seus fillos. Podia decir como funcionarios afectos o partido marchan o mercado o de viños e non se lles di nada.




Podia decir tamén cales son os trifásicos que certos colegas ulizaron para facerse co chollo. Podia decir tamén como certos empregados que pagamos todos realizan tarefas que non son consideradas estrictamente municipais nin en dependencias municipais. Podia decir tamén como lle fan a vida imposible a certo compañeiro seu por non ser da “mesma corda” co de Oubiña.. Podia decir tamén como se fai a “vista gorda” a certos amigos propietarios de empresas que virten ilegalmente o mar. Podia decir tamén, incluso, como se fai a “vista gorda” para que da noite a mañan galpons de 50 m2 se convirtan en verdadeiros chalets de luxo. Podia decir tamén como certas persoas influentes do partido obran nas suas casas en zonas declaradas do patrimonio historico artístico sen ningunha clase de problemas e usando os materiais que lle veñen en gaña.

Podia decir tamén cando o de Oubiña ou os seus mandandos lle “suxiren” incrementar o erario público a base de sancións os nosos vehículos. Podia decir tamén cales son os altos cargos que máis se “maman” na festa do Albariño. Podia decir tamén como empregados pagados por nos pegaban carteis do mesmo partido ou colocaban o mobiliario para os mitins. Podia decir unha e mil cosas pero seguro que non vai decir nada.
¿E ó mellor se o da bici só é a punta do iceberg das corruptelas que xa hai xeneralizadas no “auntamento”?.


P.D.- Ainda que co permiso do meu colega o Sr. X vou a seguir escribindo artigos neste foro, de hoxe en diante tamén podes ver todos artigos escritos ata o de agora na páxina http://www.osorro.ar.gd/

27 junio 2007

AXENTE DA PL PRESUNTO LADRÓN DUNHA BICICLETA

Según o Diario de Arousa:
INVESTIGAN A UN POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS POR UN PRESUNTO ROUBO DUNHA BICICLETA.

O Concello de Cambados denunciou ante o Xulgado a un dos seus policías locais como presunto autor do roubo dunha bicicleta do depósito municipal de vehículos, segundo confirmaron fontes xudiciais. Por este motivo, desde o Concello ordenouse o inicio dunha investigación interna para determinar o grao de responsabilidade do axente e comprobar se puido ou non subtraer outros obxectos que desapareceron nos últimos meses. Ademais, o municipal podería ser sancionado cunha suspensión de emprego e soldo ata que finalice o procedemento penal. Pola súa banda, o inspector xefe de Cambados, José Manuel Duarte, non quixo confirmar nin desmentir a existencia desta denuncia interposta ante o xulgado.

Un policía municipal de Cambados está sendo investigado despois de que se presentase unha denuncia contra el por ser o presunto autor do roubo dunha bicicleta do depósito municipal de vehículos. O axente, que xa recibiu a notificación oficial do Xulgado, podería ser suspendido de emprego e soldo ata que finalice o procedemento xudicial e ata expulsado do corpo se se confirma que cometeu o delito. As investigacións abertas por mor da denuncia están bastante avanzadas e, ao parecer, podería ser tamén o responsable da desaparición dalgúns obxectos. Un deles sería unha lanterna que se atopou logo de varios días debaixo do asento dun coche patrulla onde xa se buscou anteriormente.Tras a desaparición da bicicleta intensificáronse as indagacións e foi localizada aos poucos días en posesión do seu fillo( que no vería, bisicleta nova). Ante esta evidencia, o axente foi interrogado nas propias dependencias policiais(por Duarte a lo instinto básico), en presenza de varios dos seus compañeiros e de persoal do Concello. Fontes consultadas por este xornal apuntaron que o policía negou roubar o biciclo e xustificou que o tiña o seu fillo porque llo deixou un amigo que nestes momentos está en Andalucía(si e o que suele pasar, quen di en Andalucía di no Congo Belga). Pola súa banda, o inspector xefe(interino) da Policía Local de Cambados, José Manuel Duarte (Solla,absteñanse de facer rimas), lonxe de aclarar a polémica situación, non quixo nin confirmar nin desmentir calquera cuestión relacionada co caso. Con todo, outras consultas realizadas sinalan que a denuncia leva máis dunha semana nos xulgados e que desde entón a investigación interna intensificouse coa finalidade de corroborar con probas que este axente puido ser o autor do roubo da bicicleta no depósito municipal de vehículos. Outras fontes engadirían que, froito das pescudas realizadas, púidose descubrir que o policía local de Cambados denunciado tamén podería ter unha causa pendente relacionada con outro delito(aparcar nos servizos municipais, en liña amarela, no paso de peóns...). De confirmarse este extremo, e no caso de que fose condenado por algún destes dous delitos, a súa expulsión do corpo de Policía Local de Cambados sería inmediata, polo que xa non podería continuar traballando na Administración pública e tería que buscar o seu futuro laboral na empresa privada.Este suceso causou un profundo malestar no colectivo da Policía Local de Cambados, cuxos axentes non ocultan a súa preocupación por este feito. O persoal teme que as accións dun único municipal poidan afectar á boa imaxe que se gañaron ao longo dos últimos anos(sobre todo a de Duarte), a través dun traballo rigoroso e profesional que está sendo valorado de forma positiva pola maioría dos veciños da capital do albariño(menos os multados de maneira arbitraria).


Duarte vixíe os seus homes

Cambados modifica as bases da oposición

Din que cambian as bases polos 2 municipais de cambados que protestaron e non pola denuncia de Máximino Cid, puff... unha dúbida, si teñen que modificar as bases, pero coa nova lei non poderían sacar a praza non????? Alguén pode resolverme esta dúbida. Gracias de antemán.

LA HISTORIA LA HACEN AQUÉLLOS QUE ROMPEN LAS REGLAS
Peliculón donde os haxa.

25 junio 2007

AS MONTAXES DA DISCORDIA POR 50000 VISITAS

CO GALLO DAS 50.000 VISITAS NON REAIS, E ANTE A GRAN DEMANDA DOS INTERNAUTAS QUE NON VIRAN AS MONTAXES PROHIBIDAS, DECÍDEUSE REPUBLICALAS.

SAÚDOS A TODOS E GRAZAS POLO VOSO APOIO.


22 junio 2007

SARXENTO DE CAMBADOS

O pasado luns celebrouse unha vista en Pontevedra para ratificar o informe pericial que da un aprobado alto o exame do opositor a praza de sarxento de Cambados, recordar que o perito foi proposto entre 4 posibles, e foi aceptado por ambas partes, tanto por Maxímino Cid como polo concello de Cambados, agora está a espera de sentencia. Cabe recordar que o perito, sarxento da policia local de Ribeira, conta cunha amplia experiencia na materia, e esto dista moito dos membros do tribunal que deron o suspenso, sen motivo algún, e sin experiencia na materia.


Por outro lado o próximo luns, celebrase a vista pola impugnación da plaza de suboficial por parte tamén de Maximino Cid, xa que non se axusta a normativa, ten que ser por libre oposición, non concurso-oposición, axustado sospeitosamente o actual sarxento interino de Cambados, xa que o baremo tampouco se axustaba, puntuando máis ser sarxento... O Concello de Cambados di que se trata dun erro, pero lo pa que se lle paga a quen fai as bases sin axustarse a normativa, a que h. anda?????? Será outro enchufado de Tourís. A plaza non se axusta tampouco a lei actual, xa que se necesitan un mínimo de 25 polícias locales, e 15000 habitantes, e nin hai 25 policias nin 15000 habitantes.

19 junio 2007

TOURÍS NO POLÍGRAFO



Someteríades o Sr. Alcalde o polígrafo?
Creedes que a Birgada de Delitos Urbanísticos vindrá por Cambados?

13 junio 2007

TRES INCÓGNITAS PARA CAMBADOS

No futuro inmediato político de Cambados, plantexanse tres incógnitas que vou numerar por orde de número de votos acadados nas derradeiras municipais:
1º.- ¿Qué vai pasar con Touris? En varios “mentideros” cambadeses dicese que esta é a lexislatura de Luis Aragunde, a lexislatura do troco do xefe de filas do PP en Cambados. Comentase, rumorease tanto dentro como fora da rede que a mediados de lexislatura máis ou menos Luis Aragunde tomará as rendas da Alcaldía no sitio de Touris, unha vez asignada a pensión vitalicia como senador e a quen como a todos do PP ultimamente, lle darian un cargo na deputación. Non é relevante que vaia de número 3 Luis, quizaìs fora posto adrede nese número para disimular. Non seria a primeira vez que o PP fixera este especie de “fraude” os electores cambadeses xao o fixo cando Pillado lle deixou a alcaldía a Tirado e este a Touris. Asi matan dous páxaros dun tiro “foguean” a Luis como Alcalde e evitan dar a coñecer un novo candidato.


2º.- Doutro banda temos a Domingo Tabuyo que non sabemos si se vai quedar de simple concellal, ou vai dimitir e deixar paso a nova Raquel Chaves. É un dilema que Tabuyo terá que resolver en Xullo. Se despois da calamitosa actuación no concello do PP cambadés (artimañas políticas aparte para conseguir votos) Tabuyo non acadou o seu principal obxectivo que era ser Alcalde de Cambados hai quen comenta que abandonará a política municipal para sempre e adicarse a política de “altas miras”.


3º.- E por último temos o que é realmente importante na vida nacionalista cambadesa ¿Qué vai pasar con Victor Caamaño? . Penso que o BNG non pode voltar a cometer o mesmo erro que con Roque. Ou dimite agora (que non seria o máis aconsellable) ou teñenlle que dar outra oportunidade. Coido que se deben inclinar polo segundo. Voume deter agora nunca analise maís a miudo do que lle pasou o BNG nestas eleccións. A regresión é alarmante, é hora de dar conta da xestión, de facer exame de conciencia do acontecido nas municipais e de poñer os postos a disposición da fronte sobre todo os do Consello Local e os do Consello Comarcal. Non se pode estar a botar a culpa toda a vida o PP e o PSOE dos males do BNG e ir de descalabro en descalabro electoral. Hai xente no BNG dende o ano 83, non é cuestión de facer unha depuración coma as purgas de Stalin, pero ten que entrar savia nova no BNG cambadés e do Salnés e de forma urxente, senón facendo un pouco de pitoniso, nas vindeiras municipais baixaran a dous ou a ún concellal, tempo o tempo. É hora de que Xoan Antonio, Adela, Duarte, Montse Prado e o defenestrado pola UPG Paco Trigo, desaparezan da escena politica nacionalista cambadesa, ou alo menos do primeiro plano. Dos 10.000 votos que perdeu o BNG na Galiza, 3.000 perderonse no Salnés e máis de 400 en Cambados, indicativo de que as cousas no noso pobo e na nosa comarca non van nada ben para os nacionalistas. …”””Non teño teimas persoais de ningunha caste. Teño prevencións máis que fundadas sobra a validade ou erro de determinadas posicións nun dado momento, e sobre as funcións das persoas e a súa positividade ou negatividade o respeito do que o BNG necesita e a sociedade reclama. E para min era unha evidencia que rematara un ciclo no que atinxía á lideranza dentro do BNG, entendida mesmo o seu aspecto máis electoral ou, si ti queres, do ponto de vista do marketing. Non falemos xa do que eran necesidades orgánicas e políticas para estarmos a altura das circunstancias. Cando unha situación así se da, adoito non ter moitos miramentos a respeito do que podan decir os demais sobre as cousas da miña conduta, ou as razóns que tiñan de preocupación por muitas persoas que querían o millor para o BNG. E unha das cuestións que os denominados dirigentes deben ter presente é saber estar o tempo oportuno nos lugares nos que sexan necesarios e saber cando hai que emprender a retirada, muito máis se as túas limitacions e deficiencias no desempeño do cargo son notorias”””…. Estas son verbas de Francisco Rodríguez no libro “A nación galega existe – Conversas con Francisco Rodríguez-“ de Xosé Mexuto (pax 203 e 204). Esto deciao Francisco Rodríguez a propósito do relevo de Beiras no BNG. Os que nomei deberiades de intentar aplicarvos o conto.
Por último espero que as “gaivotas” que “voan” neste foro tiveran no que falin rescpecto do BNG unha boa ración da “carroña” para unha longa tempada.

O DIÑEIRO É O PRIMEIRO

Según La Voz de Galicia:
Tourís pide aos edís que velen polos intereses de Cambados .

Cambados renovou onte as caras da maioría dos seus concelleiros. Houbo novas incorporacións no PP, que deron a alcaldía ao seu candidato Cores Tourís, pero tamén entre o PSOE, que agora ten cinco edís, e entre os nacionalistas. O alcalde, que recibiu os votos do seu partido, deu a benvida a todos eles e pediulles que defendan os intereses dos veciños de Cambados por encima das súas estratexias de partido. Anunciou que seguirá traballando na mesma liña(xa podemos escapar), presentando proxectos «que melloren a calidade de vida dous veciños de Cambados». Para rematar comprometeuse a ser «o alcalde de todos, votasen o que votasen»(Xa, xa, xa...) e a seguir aberto ao diálogo.


PENSIÓN VITALICIA

REGRESO Ó INFERNO


11 junio 2007

Chistes chorras

Abro esta entrada para que poñades os vosos chistes, xa que non serán publicados nas entradas que non teñan que ver co tema, para facilitar a lectura e debates expostos nos mesmos. (Non hai que facer). Saú2

Einstein muere y se va al cielo. Ahí le recibe San Pedro, que le dice:
- "Te pareces a Einstein, pero no tienes ni idea de las trampas que hace la gente para poder ir al cielo. ¿Puedes probar quién eres realmente?
Einstein reflexiona unos segundos y pregunta:
- "¿Puedo conseguir una pizarra y una tiza?
San Pedro chaquea los dedos e instantaneamente aparecen una pizarra y tiza. Einstein empieza a describir con símbolos matemáticos complícadísimos su teoría de la relatividad. San Pedro queda totalmente impresionado:
- "¡Eres realmente Einstein!, ¡bienvenido al cielo!
El siguiente en llegar es Picasso. Una vez más, San Pedro pide las credenciales.
Picasso pregunta:- "Te importa si uso esa pizarra y esa tiza?
- "Adelante", le responde San PedroPicaso borra las ecuaciones de Einstien y esboza un despanpanante mural con unos cuantos trazos rápidos de tiza.
San Pedro aplaude:- "Estoy seguro de que eres el gran artista que dices ser. ¡Pa'dentro!"

Entonces, San Pedro levanta la vista y ve a Manuel Tourís. Se rasca la cabeza y dice:
- "Einstein y Picasso tuvieron que probar su identidad. ¿Cómo probarías la tuya?
Manuel Tourís queda algo desconcertado y dice:
- "¿Quiénes son Einstein y Picasso?"
San Pedro suspira y dice:- "¡Bienvenido, Tourís!"

05 junio 2007

Según o Diario de Arousa:
A directiva do San Tome acusa a Tourís de entorpecer a ampliación do centro.


O director do colexio de primaria de San Tome, Celestino Pardo manifesta que a Consellería de Educación estaría disposta a custear un novo aula de Educación Infantil se o Concello cedese o terreo pero acusa ao alcalde de non acceder á achega dos 3.000 metros requiridos.

No obstante, el director, Celestino Pardo, asegura que estas condiciones cambiaron cuando el pasado mes de abril recibió una carta de Educación donde se le informaba de que realizarían las obras si el Ayuntamiento cambadés aportaba 3.000 metros cuadrados."Non obstante, xa nos aseguraran que incluso existía unha partida presupostaria para tal acción", explicó Pardo.
La sorpresa por este cambio de opinión de la Delegación de Educación se convirtió, según Pardo, en indignación cuando trasladaron la petición al alcalde, Xosé Manuel Cores, quien "nos díxo que era imposible cederlle eses terrenos xa que tería que proceder mediante expropiación forzosa".

02 junio 2007

CAMBADOS: NON É MARBELLA, PERO…


Hai xa moitos anos que Cambados ven sendo permisivo con certa delincuencia e ningúen nunca puxo o grito no ceo, agás unha asociación denominada Desperta, que morreu asasinada pola cobiza deste pobo. Nos anos corenta , cincuenta e sesenta algunha xente de Cambados fixose moi rica andando o que naquela época se denominaba estraperlo (traian de Portugal azucar, aceite, sal etc e revendiano aquí moito máis caro). Aquí houbo grandes empresas, algunhas de transportes, que os seus amos empezaron sendo estraperlistas e terminaron sendo señores moi respetados. Logo veu a época do contrabando, furtivismo, outros voltaron a facerse ricos , fixeron empresas, casas, bos coches e algún ata lle fixeron un homenaxe no concello con entrega da insignia da cidade e placa conmemorativa ( non descubro nada xa que saiu publicado en toda a prensa) , acto presidido por Santiago Tirado daquela alcalde e hoxe Director dos Bombeiros , a Banca cambadesa con eles estaba de maravilla. A xente de Cambados voltou a ser permisiva con eles e sempre oias aquilo de “…o tabaco non se lle fai dano a ninguen…”. Logo xa viu algo gravisimo, que foi a reconversión do tabaco a droga e a sociedade tampouco espertaba, é maís en Cambados sempre se aceptaron os narcos entre a poboación, falando con eles, comendo con eles, divertindose con eles, alguns ata participaban en sonados actos eclesiásticos, outros ata patrocinaban clubs de deportes e referimo sobre todo a certo dono dunha discoteca moi de moda en Cambados detido fais uns meses pola Audiencia Nacional , non serviu de nada que un tal Garzón puxera un helicóptero no ceo e levara uns cuantos para Carabanchel e Alcala – Meco. Non pensedes que puxo o remedio, foi flor dun dia e enseguida voltaron o mesmo.

Na actualidade ¿quen son os novos ricos de Cambados?, pois aparte dos narcos que xa están misturados entre a sociedade, por moito que D. José diga o que queira e na sociedade incluo a igrexa, sen problema ningún, son os que todos sabemos os do “boom” da burbulla inmobiliaria que da para moito, o urbanismo salvaxe, hai que construir donde sexa e como sexa, están en todos os estamentos do poder. Porque esta xente, non vos equivoquedes, son os que máis influen na vida municipal. Por iso algún partido saiu tanto atacando a Lei do Litoral , pois porque lle ia a vida nelo, e nestas derradeiras eleccións o que fixo o pobo foi aprobar a xestión destes novos ricos representados na persoa que vos todos sabedes. Para que algunha xente lle trata de inculcar o seus fillos os valores da democracia, honestidade, educación, seriedade , labrarte un futuro nos estudos , non especular etc. Si despois ven unha persoa a cal a democracia quedalle lonxe, da que se dubida moi moito da súa honestidade, que está facer un curso de educación cívica por correspondencia, que se ri de todo o mundo, que non ten estudos ningúns, e que a especulación non lle queda allea, e pobo o elevao as máis altas instancias. E tes que oirlle a algunha xente e aguantar estoicamente “…Todos rouban, que mais da que roube ó que voto eu…”. “Cui prodest scelus, is fecit” (Seneca).