28 mayo 2007

DE INCOMPETENTE A ALCALDE


Como xa puxera na porra aínda que non se parecese en nada gañou o PP, aínda que eles non o tiñan tan claro, estaban nerviosos, en fin felicidades os gañadores, que perderon tódas as cidades importantes, que se quedan solos, que o Concello está arruinado porque pensaban que se iban a ir, que os 4 anos seran apocalípticos para todos... como nas anteriores eleccións andivose cerca, e nas seguintes caerán.
4 ANOS MÁIS DE TIRANÍA
=
4 ANOS MÁIS DE DIVERSIÓN
Esperanos outra lexislatura, na que seguiremos criticando, facendo rir a xente, descubrindo os chanchullos do goberno, reclamando melloras...Non pararemos ata conseguir o cambio.
Como decía algún, eu quero que ganen eles, porque si non non vai haber diversión, e con que me vou a meter?

XA PASARON AS MUNICIPAIS

O DE TÓDOLOS ANOS EN CAMBADOS

24 mayo 2007

O GRAN MENTIDOR



Din que para falar dunha cousa é necesario coñecela, eu tiven a paciencia infinda para ver todo o resumo do mitin central do PP que tivo lugar na Cultural e que botaron en Tele Salnes ,empezando pola intervención de Ana Pastor que non Alemán, lamentable se por algo se destaca esta señora non é precisamente pola oratoria, tamén escoitei a Louzan facer chistes fáciles cos lemas dos demais partidos cousa de nenos, pero non escoitei nada de que ten a medio Ribadumia enchufado na deputación por exemplo, ou que é un dos homes máis ricos da provincia despopis de ser bedel no seu Concello, ou como non lle replicou a Nene Barral(o seu pai politico -cria corvos e comeranche os ollos -) fai uns dias na Voz de Galicia cando decia “Como descubra alguna cousa de Rafaeliño vou acabar con él” ou as ocusacións de corrupción que sairon na páxina http://www.vigoempresa.com/ ou do familiar da súa señora collido in fraganti no operación de droga, e xa non me meto no tema personal cos seus escarceos amorosos como comentaba a mesma páxina, etc . etc. , e logo veu a intervención do Gran Mentidor, que non sabe máis que descalificar a xente polo seu aspecto físico e intelectual (como si el fora un "adalid" de cultura –apenas sabe leer e escribir-), pois si deso falamos o primeiro plano que lle sacaron parecia un gordo seboso sudando (deber ser o unico dia que sudou na súa vida) . No seu cartel pareceme un verdadeiro dictador .E que decir da sua presuntousidade o sair no seu programa unha foto del en cada páxina. Porque non lle di a verdade a xente, porque este home é un enfermo compulsivo e manipula a audiencia o seu antollo porque non di realmente o que pasou coa venda da Merced ¿quen se beneficio con esa venda? o concello dende logo non, porque non di ¿Qué pasa coa Edificio da Xuventude dentro de 25 anos?, que pasa todo él integramente e engrosar o patrimonio da Igresa (se levantara a cabeza Mendizábal), ¿Cómo se pudo construir a veira da Xuventude semellante bodrio escarallandolle a casa a varios veciños? Pois mirando para outro lado e algo máis. ¿Por qué non conseguie a sede do Conselle Regulador para Cambados? Pois porque lle deron a escoller entre eso ou ir de senador catro anos máis e conseguir unha pensión vitalicia e claro escolleu o segundo. ¿Cómo non lle di a xente que o queria facer co barrio San Francisco? Pisos e mais pisos , pero non precisamente de protección oficial, ¿Qué pasou coa xunqueira do Pombal? Pois que a taparon para obrar. Porque non di que as obras que saen no seu programa foron fiananciadas polas distintas consellerias ¿Dónde está a famosa praia artificial e o porto deportivo que nos prometeu fai catro anos?E a Lei do Litoral, menuda falacia ata lle chegou decir a algunha xente que lle ian tirar coa casa, cando o único que cambia nesa lei e que non vai poder especular i eso é o que realmente lle fode, e así poderia seguir ata 101 mentiras , deste mentidor que non respeta os seus veciños, que non respeta as asociacións cambadesas, que non respecta a nada que non sexa simpatizante ou militante do PP, que toda idea que non saia del é unha mala idea etc. Etc. Se despois de todo esto parte do pobo de Cambados quere ter a un mintireiro como gobernante que lle imos facer, tamén o pobo aleman puxo a Adolf Hitler democráticamente no poder e despois botouno a maís absoluta das ruinas. Este pouco lle falta para ter o Concello prácticamente en ruina total e logo ainda encima telo que oir decir “Eu son a alcalde de todolos cambadeses” ¡Y una mierda! Como diria algún dabordo.

21 mayo 2007

O Presidente da Xunta no noso Pobo.

Nova de última hora.

O Presidente da Xunta Emilio Perez Touriño no noso pobo.


*Informacion collida da páxina de Unha Grande Chea.

Un Estatuto de Nación XA

19 mayo 2007

SOBRE A REVISTA "A CALZADA" E OUTROS TEMAS

Sen ningún rubor e tamén sin vergoña ningunha o Partido Popular de Cambados sacou a rúa en pleno periodo electoral coa conivencia das autoridades correspondentes a revista “A Calzada”, que non deixa de ser máis que un panfleto do Partido Popular disfrazado de revista, a ainda por riba saindolle de valde ó pagalo todolos cambadeses. Benito Leiro, noutrahora periodista contrastado, non deixa de ser hoxe un dia o “plumilla” de Touris, eso si cun señor soldo pagado por todos nos. Aparte de ser o Xefe de Prensa do Concello e non ser Licenciado en periodismo, que algún que outro no noso concello hai en paro, este “plumilla” vido a menos deixanos un panfleto que o unico que fai e decir verdades a medias que son as maiores das mentiras. Eu non vexo por ninguna parte que a maioria dos logros que se ven na revista foron subvencionados con cartos das distintas Consellerias do actual bipartito, non se di en ningún sitio da revista o incrible endebedamento, a máis alto da historia, que ten o actual Concello de Cambados. Hai que gañar o prezo que sexa, e mellor se ainda por riba se rin de todos nos. Por logros ata puxeron o do Pazo de Torrado inaugurado en plena Campaña Electoral.
E a oposición PSOE-BNG ¿poideron facer algo? (non conto entre a oposición a o terceiro en discordia porque non deixa de ser un clown de Touris). Claro que poideron facer algo, e maís poideron facer moito. Poideron evitar a saida da revista “A Calzada”, poideron evitar a inauguración de Torrado, poideron evitar as charlas sobre o litoral. ¿Por qué non o fixeron? Eso habrá que preguntarllo os respectivos comites locais dos partidos, logo se perden as eleccións vanse tirar dos pelos.
¿En base a que poideron facer algo?. Pois o abeiro da Lei 29/2005, de 29 de decembro, chamada de Publiccidade e Comunicación Institucional (podedela consultar íntegra en internet, non é moi longa) concretamente o seu artigo 4 di: “Prohibicions: Non se podrán promover ou contratar campañas institucionais de publicidade e de comunicación: a)Que teñan como finalidade destacar os logros de xestión ou os obxectivos acadados pola Administración Xeral do Estado e polas demáis entidades integrantes do sector público estatal (Gobernos autonómicos, deputacións, concellos etc)”. Continua decindo a devandita lei no seu artigo 10 “…absteranse de facer campañas institucionais en periodo electoral, entendendo por tal lapso temporal comprendido entre a convocatoria das eleccions e o dia mesmo da votación…” A veces non é por nada, pero hai que estar un pouco máis o loro, ainda que entendo que o traballo é moito e hai moitas cousas na cabeza, pero non se poden ter despistes deste calibre.


Adiviña quen.

18 mayo 2007

CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

A SOCIEDADE COMARCAL PON EN MARCHA UN CURSO BÁSICO DE XESTIÓN DO ASOCIACIONISMO NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS.

Cartel anunciando os cursos
Podemos definir o asociacionismo como un medio de sumar esforzos e compartir ideas comúns utilizando para elo respostas colectivas.
Cada vez é máis habitual crear asociacións para dar cabida a inquedanzas do máis variado, ainda que xa dende a súa posta en marcha xurden innumerables dúbidas e problemas ó respecto. Co fin de solventar estas dúbidas e dar resposta a todas as preguntas que habitualmente nos facemos á hora de aproximarnos a este tema, a Sociedade Comarcal pon en marcha un ciclo de cursos de formación sobre asociacionismo, que se levará a cabo en distintas comarcas de Galiza utilizando para elo a rede de centros comarcais.
O obxectivo principal deste curso é o de dar a coñecer os aspectos básicos á hora de constituir unha asociación, e ó mesmo tempo amosar cómo xestionar o seu posterior funcionamento para que se acaden os obxectivos desexados. Por elo se ensinarán os recursos básicos para unha boa comunicación interna; presentarase un modelo de financiamento diversificado en base a unha planificación financeira; facilitaranse criterios para a adquisición de pautas para abordar un proxecto; profundizarase na correcta presentación e xestión das subvencións ás que habitualmente teñen acceso as asociacions e se tocarán moitos máis aspectos interesantes á hora de por en marcha ou xestionar unha asociación.
Ademáis, faráse un informe sobre as fortalezas e debilidades das asociacións da comarca co fin de que da realidade máis próxima se obteñan conclusións e leccións válidas á hora de crear ou xestionar calquera tipo de asociación.
Este curso vai dirixido a directivos/as en Organizacións Non Lucrativas (ONL´s), a traballadores/as das ONL´s que participen na xestión das mesmas, e persoas voluntarias con responsabilidades na xestións deste tipo de organizacións.

PROGRAMA DO CURSO

Modulo1- XESTIÓN ECONÓMICA BÁSICA:
1.- O modelo de xestión integral das asociacións

2.- O financiamento das asociacións

3.- A planificación e a xestión orzamentaria

4.- A contabilidade e a tesourería das asociacións

5.- A fiscalidade das asociacións
Modulo 2 - XESTIÓN DE ACTIVIDADES E PROXECTOS
1.- Conceptos básicos:a.- Os proxectos e af orma de abordalosb.- O desenvolvemento territorial e a acción local como modelos de traballo

2.- Elementos dun proxecto:a.- A diagnoseb.- A formulación de obxectivos e os indicadores de avaliaciónc.- A planificación, o sentido, as aplicaciónsd.- Modelos organizativos de Recursos Humanose.- Comunicación e difusión
Modulo

3 - COMUNICACIÓN EN ONL´S
1.- A Comunicación: introducción e definicións básicas

2.- O esquema da comunicación

3.- Tipos de comunicación

4.- comunicación interna:a.- Identidade visualb.- Comunicación coa base socialc.- Comunicación co equipo humán

5.- Comunicación externa:a.- Comunicación propia

6.- Os medios de comunicación social
DATAS E HORARIOS
Os tres módulos que forman o programa do curso terán unha duración de 4 horas cada un e celeraranse nas seguintes datas:

O SALNES
2 xuño 10:00-14:00 - Modulo 29 xuño 10:00-14:00 - Modulo 3
16 xuño 10:00-14:00 - Modulo 1
INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS
A participación é gratuíta ainda que é precisa unha inscripción previa (prazas limitadas)A inscripción deberá facerse no Centro Comarcal do Salnés mediante chamada telefónica ao 986 52 60 13, enviando un fax ao 986 54 33 66 ou un e-mail a
ccsalnes@comarcasdegalicia.com cos seguintes datos: nome completo, enderezo, teléfono ou e-mail, formación e ocupación laboral.

16 mayo 2007

Pensa, asesor,pensa.


NOITE DAS LETRAS GALEGAS POR UNHA GRANDE CHEA

Hoxe, as once da noite no Cafe Continental tes a túa gran cita, unha cita con Unha Grande Chea, pero tamén é unha cita con Galiza, imos homenaxear o himno galego e despois queremolo pasar ben con vos, coas actuacións de Monte Glez. Vilas, Hadrián, Alberto Domy, "En Play Back", as gaitAs de Unha Grande Chea, e coas actuacións estelares do mestre Xaquin Xesteira e Xoan Silva e Blas que nos darán un pequeno recital coas suas cancións mas destacables. ¡¡¡NON DEBES NIN PODES FALTAR A ESTAR CITA NO CONTINENTAL!!!

CAMBADOS NÓN É MARBELLA

XA ESTÁN AS PEGATAS
SAÚ2
Por certo, chegoume un rumor de que o PSOE si denunciou a inaguración do Pazo de Torrado, si alguén o pode confirmar. Grazas de antemán.

Hai que botalos.



*Esta video pertence a un concello de Ourense.

"Lixo verbal"



Grazas a Bótaos do concello(foro de Cambados.tk)

15 mayo 2007

O novo pilón da Cabana.

Por fin despois de moito tempo o concello decidiu arranxarnos o pilón da Cabana.

A verdade e que quedou moi ben, pero estaria moito mellor se o acabar as obras recolleran todo o material e non o deixaran por ali tirado,pois ese material compranse cos nosos cartos(despois votanlle a culpa ao mar cando se anega todo Cambados)

Aprobeitando esta ocasión, queremos decirlle ao concello de que Oubiña tamén é Cambados, e que se os veciños de A Modia poden disfrutar dunha fonte de auga en novas e boas condicións e os veciños da Cabana, da Carreira e do Pombal dun pilón novo e renovado pensamos que e inxusto que os veciños de Oubiña teñan este pilón que tira para atras tan so miralo.




*Unha última cousa, Sr. Touris ademais da sua rúa( para esto si que Oubiña é Cambados) penso que ai outras moitas ruas que necesitan un asfaltado. Ou se asfaltan todas ou nada.

14 mayo 2007

20 razóns para non votar a Tourís

20 Razóns para non votar a Tourís

¿Por qué fai falta cambiar Cambados?

Porque os das parroquias tamén son de Cambados

Porque os nosos fillos non volverán a xogar na Merced

Porque do paseo marítimo sae merda por un tubo

Porque a festa do Albariño é de todos Porque a política non é para enriquecerse

Porque “enchufes” xa os temos na casa

Porque a xuventude cambadesa está abandonada

Porque altos funcionarios do concello non poden ser promotores.

Porque a cultura non só é inaugurar museos, museos, museos…

Porque a revista A Calzada é propaganda política, non á manipulación

Porque o caciquismo sobra Porque o concello estanos hipotecando

Porque Cambados non é Marbella

Porque a policía local non so ten que traballar os días de mercado

Porque o alcalde debería estar en Cambados

Porque o progreso non está basado no ladrillo, urbanismo sostible

Porque non lles interesas ti, interésalle o teu voto

Porque as nosas estradas non so teñen buratos 2 meses antes das eleccións

Porque da política fixeron a súa profesión

Porque dunha fábrica de conservas fixeron unha inmobiliaria.

Extraído do foro de cambados.tk

DIFUNDIDE ESTO:

SEDE DO CONSELLO REGULADOR: Tourís vendeu a sede do Consello Regulador a cambio de seguir de senador e así poder cobrar a pensión máis alta. O BNG foi o único que denunciou a baixada de pantalóns de Tourís.

ENCHUFISMO: Tourís ten 6 sobriños traballando no Concello e un concelleiro desta lexislatura dimitiu para pasar a traballar no Concello. O BNG foi o único que presentou recurso contras as "oposicións" que servirán para colocar a 40 enchufados máism, e o único que propuxo unha alternativa aos procesos de selección de persoal actuais.

A MERCEDE: Os terreos do campo de fútbol foron subastados cunha edificabilidade determinada (pouco atractiva para as promotoras) pero cando a subasta foi unha empresa "amiga" cambiouse esa edificabilidade para que poidera gañar máis cartos, co conseguinte perxuízo para as arcas do Concello que ingresaron menos cartos na subasta. Por certo, será por eso polo que familiares do Alcalde e prebostes do PP teñen pisos ahí...

AS PARROQUIAS: O Concello contou cun programa de desenvolvemento rural (aprox. 360.000 euros de inversión en catro anos) e un Plan de Dinamización Turística. Destes plans definanciación europea no gastou NIN UN SÓ EURO NAS PARROQUIAS. Gastou dúas anualidades do Proder en arreglar un ximnasio que logo privatiza por máis de 20 anos.

COMERCIO: A Tourís enchéselle a boca do apoio aos comerciantes, pero non se acorda cando el votou no Senado a favor dunha lei feita á medida das grandes superficies comerciais e en contra do pequeno comercio. Os comerciantes organizaron unha folga xeral con manifestación diante do Concello incluída. Pola contra, o BNG desde a Xunta vén de sacar unha lei de comercio interior que beneficia aos pequenos comerciantes. Essa é a diferencia.

POLÍGONO INDUSTRIAL: Tourís permite que moitos propietarios das parcelas se salten as bases, que establecen que non se poden alugar. Hai moitos, cuxo capital procede de negocios nada claro, que están facendo un negoción coas parcelas. Moitos empresarios pagaron hai dez anos uns servizos (luz, auga, etc.) que ata hai poucos meses non disfrutaron.

DIFUNDIDE ESTAS RAZÓN PARA NON VOTAR AO PP.

12 mayo 2007

Actos Vandálicos na campaña electoral

Dende aquí condenar calqueira acto de tipo vandálico contra calqueira partido político(ademais en campaña electoral creo que é delito). O cartel encontrase pasando a cafetería O Conxuro:

Tamén condenamos a mala puntería dos autores.

Futuro pesimista

O meu parecer, vexo un futuro pesimista de cara as vindeiras eleccións do 27 de Maio, e que non gañamos nin en internet, entón que nos queda?Como sae no vidio do asalto o Concello no 86, como di o fulano ese de pelo branco que sabe expresarse moi ben e todos lle fan caso: ¡Temos que ser unidos!, que somos medio pueblo ou pueblo enteiro?
Agora tócanos a nos, hai que moverse o vindeiro día 27, si queremos que a cousa cambie. E si non cambia, seguirémos dando guerra outros catro anos máis.

Indignante

Artigo cedido por Unha Grande Chea.

ROSA OUBIÑA, OUTRA VEZ COAS CADEIRAS AS VOLTAS.
Xa fai tempo que non facemos un comentario crítico o equipo de Goberno porque como deciamos para eso están xa outras páxinas do noso pobo, pero neste ocasión non podemos deixar de facelo xa que se trata dun tema cultural. Outra vez Rosa Oubiña volta a ser triste protagonista da actualidade cambadesa e outra vez volve a prexudicar descaradamente e adrede a Teatro Caracol, ¿en beneficio de quén?. Non sabemos. A historia contada a esta Asociación pola propia Olga, directora de Teatro Caracol é a seguinte: O concello de Cambados por medio da súa Concellalia de Cultura autorizara a utilización de cadeiras para poder ver a obra que están representando ata o día once de maio. Pero resulta que o sete de maio con “premeditación e alevosía”(non lle podemos engadir nocturnidade porque foi as tres da tarde) funcionarios do Concello, ordenados por Rosa Oubiña van retirar as cadeiras do Asorey, por razóns de traballo atopase ali Domínguez, quen en principio lle impide levar as mesmas ata que Olga non fale con Rosa Oubiña, na conversa Rosa Oubiña dille que lle fan falla para un acto cultural en Corbillón (e decimos nos e logo no sitio que estaban que era…para oir misa), a todo esto o Xefe de obras e servizos do Concello de Cambados, desmintea e din que non fan falla esas cadeiras en Corbillón. Olga oponse, pero inútilmente por empezan a quitar as cadeiras e amontonalas nun lugar no centro. Claro Teatro Caracol, urxentemente ponse man a obra para sustituir as cadeiras cousa que por certo conseguen enseguida. Pero , e aquí ven a mala fé, ven que pasan os días e os do Concello non voltan a polas cadeiras que amontanaran, Olga preguntalle a Rosa se non van ir a por elas e esta dille que xa non lle fan falta. Olga, obviamente , mosqueada ,e con razon, con “toda a educación” interrumpe a comunicación coa edil de Cultura.
Parecenos indignante, cabreante, flipante, unha burla , todo o que Vdes queiran , parece que o unico que se quere dende a Concellalia de Cultura é que se celebren actos que organicen eles (por certo, moi poucos o ningún), cando ven que alguen organiza algún acto cultural e ainda encima cun triunfo clamoroso como é o caso de Treatro Caracol a Rosa Oubiña non lle gusta nada , de nada, de nada. Esperemos que o vindeiro concellal ou concellala de Cultura non sexa tan “ineficaz” (por decir algo educado) como Rosa Oubiña.

Indignante, como sempre.

10 mayo 2007

O partido do ano.


¡¡¡¡¡¡¡Temos que estar todos ali!!!!!!!!

Este sabado dia 12 de Maio as 18 horas, no campo do Complexo de O Pombal xogarase o partido do ano.
Partido disputado entre os nosos xuvenis e o Colexio Hogar de Vigo.
Mais informacion na páxina de Unha Grande Chea.

09 mayo 2007

Os abogados do turno de oficio da comarca ameazan cun plante.

*Atención a foto: Tratase de Chon, compoñente de Unha Grande Chea ca nosa camisola de Eu son o Señor X.


Fai quince días, os 42 abogados que realizan o turno de oficio en Vilagarcía e os 29 que traballan en Cambados chegaron a firmar un escrito no que presentaban sua renuncia. Foi unha decisión de envergadura, porque implicaría que os detidos sin ingresos carecerían de asistencia letrada e, polo tanto, habería que deixalos en liberdade. Supondría un parón na xusticia, quebradeiros de cabeza para os policías e unha merma nos dereitos dos detidos. A renuncia, sen embargo, no se fixo efectiva, porque ese mesmo día, o Colexio de Pontevedra comezou conversacions ca Consellería de Xustiza para solventar o problema que os había levado a tomar una decisión tan drástica.

E o problema tampoco e baladí, porque a Xunta de Galicia reclama aos abogados da provincia 275.000 euros cobrados polos servizos realizados no primer cuatrimestre do 2005 e que, a entender da administración, no están xustificados. O quid da cuestión radica, como explicou Máximo Patiño, delegado d turno de oficio en Vilagarcía, na que «a mayor parte destas persoas son drogadictos ou delincuentes a os que no podes reclamar os papeles que xustifiquen que non teñen ingresos para poder beneficiarse do turno de oficio».

Xa cando a Xunta de Galicia estaba en mans do PP presentabanse as veces estos problemas. Pero os letrados recoñecen que enton había mais manga ancha e que abonabanse os servicios que o Colexio de Abogados reclamaba, sin mais. «Dabase por feito que en ocasions non podían xustificarse». Os responsables de Xustiza co PSOE queren levar a cabo unha maior fiscalización dos servizos e de ahí que reclame as cantidades dos que no considera xustificados. E esos 275.000 euros son sólo dun cuatrimestre, co que a cifra se triplicaría de facerse un balance anual.

Os abogados son conscientes de que, ca normativa na man, pode ser certo que moitas veces falten papeis que xustifiquen a asistencia gratuita, pero creen que non e un problema dos letrados e que debería ser a administración a que requirise a cantidade o defendido si se demostra que tiña ingresos para pagarse a defensa.

Tres a semana.

A pertenencia o turno de oficio e voluntaria. O que e obrigatorio e que se garantice o servizo, unha responsabilidad en mans do Colexio de Abogados. Pero unha vez que haxa o número de letrados suficiente para cubrir as gardas, os demais abogados de cada partido xudicial poden o non sumarse ao servicio, según como lles conveña.

En Vilagarcía ai 42 abogados que turnanse para a asistencia gratuita, e en Cambados, 29. Máximo Patiño asegura que non e o pago dos servicios o que lles anima a sumarse, xa que as remuneraciones son baixas, moito mais que noutras comunidades. Por eso non soe ser a única fonte de ingresos.

A mellor cociña, a de Cambados.

Nesta mesma páxina ( La Voz de Arousa) falamos nalgunha ocasión dos novos cociñeiros cambadeses, Yayo Daporta e Antonio Botana . Son os propietarios de dous restaurantes que abriron suas portas nos dous últimos anos, o Yayo Daporta e o Pandemonium, na chamada vila do albariño. Pois ben, a noticia nesta ocasión e que ambos pasaron a formar parte do grupo Nove, que agrupa a una selecta representación de cociñeiros de a vanguardia da cociña galega. Eles mesmos definense como renovadores, pero mantendo un enorme respeto polo producto, o galego, cuya calidad está mais que contrastada. Sua principal aposta foi a de vestir de diseño a gastronomía tradicional.

Ademais destos dous restaurantes cambadeses, no grupo Nove entraron otros cinco de toda Galicia. A nova ampliación deuse a coñecer nunha xornada de reciclaxe profesional organizada o pasado luns en Santiago. Antes de poder asistir as conferencias, os novatos tiveron que ofrecer unha comida aos mais veteranos do grupo. Yayo foi o encargado de elaborar unha royal caramelizada de coliflor con ostras e espinacas fritas e un postre a base de infusión de froitos vermellos con xelado de queixo fresco. Antonio, pola sua parte, preparou un polbo cocido a baixa temperatura con xelatina da sua cocción e aires de pementón de La Vera. Esta foi sólo parte dun menú no que tamén houbo un cucurucho de berberechos fritos con crujiente de maíz e pilpil de limón e un ovo cocido a baixa temperatura con patacas e chourizo.

Actualmente, só 17 restauradores de toda Galicia forman parte do grupo Nove e sólo dous municipios, Cambados e Santiago, dispoñen de más de un restaurante que pertenza a esta entidad. Podese decir tranquilamente que a restauración do municipio atravesa por un dos seus mellores momentos. Os propietarios destos establecimientos amosaronse onte encantados ca noticia, «E un orgullo estar entre eles», explicou Antonio Botana. «Hoxe por hoxe e o grupo mais punteiro de Galicia e estar incluido e un reconocimiento ao teu traballo, ademais é unha maneira de promocionarnos para os que estamos comezando», añade Yayo Daporta.

Si a cociña vive seu mellor momento, los Rías Baixas están que non paran. O albariño Segrel Ambar, que elaboran nas bodegas Pablo Padín de Meaño, conseguiron tres premios coa sua nova colleita do 2006. En Burdeos otorgaronlle a medalla de prata, en Verona, Italia, llevaronse a gran mención e en Portugal, a medalla de bronce. Esperamos que os premios sigan chegando a denominación de origen.

08 mayo 2007

Cultura subvenciona con 107.125 euros a restauración da igrexa de San Benito.



A Consellería de Cultura sacou onte a concurso as obras de restauración da igrexa cambadesa de San Benito. Neste templo, a Administración autonómica invertirá 107.125 euros que servirán, principalmente, para reformar a cuberta e cambiar a carpintería exterior co fin de acabar cos problemas de filtración de auga que presentan as instalacions.

A igrexa que da cobijo o popular santo cambadés encuentrase moi deteriorada polo paso do tempo. Fai xa meses que os feligreses esperaban a realización das obras, pois as instalacions presentan problemas de humidade e de goteras que, ademais, contribuen a deteriorar o retablo e o mobiliario. Precisamente o retablo foi un dos últimos elementos deste templo en ser restaurado.

Humidade y goteras.

A rematar con estos problemas irán destinados os traballos que agora acometerá a consellería. Centraranse, sobre todo, na sustitución da cuberta, para recuperar o aislamento das instalacións. Ésta encuentrase en bastante mal estado e será preciso cambia-la por completo para rematar co problema de humidad que xenera. Tamén renovarase toda á carpintería exterior, tanto a de as portas como a das ventas, para evitar as filtraciones de auga que agora rexistranse.

Por otro lado, a empresa que se encargue de realiza-los traballos deberán tamén limpiar toda a fachada exterior do templo e renovar por completo a instalación eléctrica, co fin de adaptarla as necesidades actuais destas instalacions relixiosas.

Cultura comezou onte o proceso para mellorar esta igrexa ca publicación do concurso. As empresas interesadas en acometer estos traballos dispoñera dun prazo de 13 días naturais para presentar suas ofertas no rexistro xeral da consellería. Oito días despois de que se haxa pechado o prazo de admisión, procederse a apertura de plicas. Posteriormente, os técnicos da administración autonómica elixirán a empresa que haxa presentado a mellor oferta para acometer os trabajos. Toda esta tramitación retrasará, ata principios de xuño, o comezo dos traballos. E enton cando os técnicos da consellería calculan que podrán comezar as obras.

Si os prazos previstos pola consellería cumplense, Cambados terá que celebrar a festa grande de San Benito ca sua igrexa en obras, pois non será ata dous meses e medio despois de que comece, que o proxecto estará finalizado.

03 mayo 2007

COA IGREXA E CA PRENSA “HEMOS TOPAO”

A veces atopas xente na sociedade que che queren dar leccións de ética e de moral e eles son os peores elementos para dar leccións a ninguen, envestidos co manto do cinismo estas duas persoas das que vou falar hai que descubrilas perante a sociedade e amosar o que fixeron ata o de agora contra o narcotráfico. Un é un pastor (non de ouvellas ….ou si, …non sei) , podes atopar na rede poñendo o seu nome en calqueira buscador, moitos artigos falando de “cruzadas contra do narcotráfico”, “Confesor de narcos”, “loitador contra desta lacra”etc., todo non deixa de ser unha gran mentira ou unha gran pantalla como se queira ver. Este pastor foi quen de acoller donativos dun narco para arreglar o altar maior da seu redil ou o teito do mesmo, este pastor é moi amigo dunha muller que o seu home foi condenado por narcotráfico, este pastor permite que grandes fortunas do pobo amasadas grazas o contrabando e narcotráfico sexan os que collen o sacramento pola festa do corpus, este pastor permite que en séman santa varios dos costaleiros que portan as imaxes sexan coñecidos contrabandistas e narcos do pobo, a este pastor deulle un famoso “xuntaletras con micro” que preside unha coñecida fundación o premio da mesma pola loita contra do narcotráfico, este “xuntaletras con micro” que patronea unha coñecida emisora é outra exemplo de cinismo puro e duro, porque él ten moito que calar e agochar e deixarxe de abanderar campañas inútiles como decia recentamente unha coñecida membro de Albatros nunha radio provincial (eles si que loitan verdadeiramente contra do narcotráfico dia a dia “lidando” cos drogadictos). Este “xuntaletras con micro” foi quen de pedir axuda a un famoso narco arousan para que lle apoiara económicamente na operación cirurxica dun familiar, este individuo foi quen de cobrar comisións de publicidade dun narco que agochaba “os cartos na viga” cando este presidia unha adega dun famoso viño albariño con nome de pazo, dun narco que anunciaba no seu medio o seu asteleiro, dun narco convertido en vendedor de neumáticos, dun narco metido a inmobiliario etc. etc.
Que leccións nos poden dar a nos estos dous individuos , se eles están más “pringados” que ningén.Hai xente que afortunadamente somos ceibes e non lle douramos a píldora a estes elementos como fai certo partido politico que o podes ver mirando para a dereita e que agora moito critican o narcotráfico , pero non o facian cando en algunhas campañas electorais saian con maletins cargados de cartos de certa oficina dun club deportivo presidido por quen todos sabemos. Si certos narcos dixeran a verdade a estes dous personaxes , que a estas alturas do artigo espero que saibas de quen falo, ialle dar vergoña vivir entre nos. ¡¡¡Contra do cinismo “simbólicos panos negros”.!!!