03 mayo 2007

COA IGREXA E CA PRENSA “HEMOS TOPAO”

A veces atopas xente na sociedade que che queren dar leccións de ética e de moral e eles son os peores elementos para dar leccións a ninguen, envestidos co manto do cinismo estas duas persoas das que vou falar hai que descubrilas perante a sociedade e amosar o que fixeron ata o de agora contra o narcotráfico. Un é un pastor (non de ouvellas ….ou si, …non sei) , podes atopar na rede poñendo o seu nome en calqueira buscador, moitos artigos falando de “cruzadas contra do narcotráfico”, “Confesor de narcos”, “loitador contra desta lacra”etc., todo non deixa de ser unha gran mentira ou unha gran pantalla como se queira ver. Este pastor foi quen de acoller donativos dun narco para arreglar o altar maior da seu redil ou o teito do mesmo, este pastor é moi amigo dunha muller que o seu home foi condenado por narcotráfico, este pastor permite que grandes fortunas do pobo amasadas grazas o contrabando e narcotráfico sexan os que collen o sacramento pola festa do corpus, este pastor permite que en séman santa varios dos costaleiros que portan as imaxes sexan coñecidos contrabandistas e narcos do pobo, a este pastor deulle un famoso “xuntaletras con micro” que preside unha coñecida fundación o premio da mesma pola loita contra do narcotráfico, este “xuntaletras con micro” que patronea unha coñecida emisora é outra exemplo de cinismo puro e duro, porque él ten moito que calar e agochar e deixarxe de abanderar campañas inútiles como decia recentamente unha coñecida membro de Albatros nunha radio provincial (eles si que loitan verdadeiramente contra do narcotráfico dia a dia “lidando” cos drogadictos). Este “xuntaletras con micro” foi quen de pedir axuda a un famoso narco arousan para que lle apoiara económicamente na operación cirurxica dun familiar, este individuo foi quen de cobrar comisións de publicidade dun narco que agochaba “os cartos na viga” cando este presidia unha adega dun famoso viño albariño con nome de pazo, dun narco que anunciaba no seu medio o seu asteleiro, dun narco convertido en vendedor de neumáticos, dun narco metido a inmobiliario etc. etc.
Que leccións nos poden dar a nos estos dous individuos , se eles están más “pringados” que ningén.Hai xente que afortunadamente somos ceibes e non lle douramos a píldora a estes elementos como fai certo partido politico que o podes ver mirando para a dereita e que agora moito critican o narcotráfico , pero non o facian cando en algunhas campañas electorais saian con maletins cargados de cartos de certa oficina dun club deportivo presidido por quen todos sabemos. Si certos narcos dixeran a verdade a estes dous personaxes , que a estas alturas do artigo espero que saibas de quen falo, ialle dar vergoña vivir entre nos. ¡¡¡Contra do cinismo “simbólicos panos negros”.!!!

8 comentarios:

Anónimo dijo...

totalmente dacordo contijo, sorro, hai que ter moita cara pra facer unha "cruzada" contra o narcotrafico e por detras aceptar maletins cheos de cartos e manchados de droja.

IRU dijo...

Gustoume moito o artigo. A este tipo de xente tenselle que acabar o chollo dunha vez.

Anónimo dijo...

Las denuncias procedentes del propio partido implicando a Pepiño Blanco en el cobro de comisiones ilegales en Ibiza hacen sospechar que la corrupción generalizada vuelve a invadir el PSOE al más alto nivel

Anónimo dijo...

pero que di este tipo?

PP=corrupcion, non te confundas

Anónimo dijo...

http://www.belt.es/noticiasmdb/home2_noticias.asp?id=2204

Don jose leva 20 anos loitando contra os narcos, JAJA, pois ben que aceptaba cartos de alguns deles non fai tanto tempo...que hipocrita

cambados dijo...

Pensa o ladrón que todos son da súa condición, e o que realmente acae e nin máis nin menos que iso; en menor medida polo de agora no PSOE, ao non ter tanta experiencia na maestría que xa lle vén de moi antigo (vai nos xens) á dereita ultramontana dos séculos do caciquismo, ao PP, que agora nunha maxistral arte de cinismo e hipcresía racha os saios, cando estivo e está a practicar (non coñecen outro xeito de vida) o mesmo.

Anónimo dijo...

"Las denuncias procedentes del propio partido implicando a Pepiño Blanco en el cobro de comisiones ilegales en Ibiza hacen sospechar que la corrupción generalizada vuelve a invadir el PSOE al más alto nivel "
Pero chaval , ti fumas, bebes ou cheiras pegamento que ten que ver o artigo que co comentas. Anda vai durmir.

An dijo...

"este pastor é moi amigo dunha muller que o seu home foi condenado por narcotráfico" Esto é perdonable meu. que a laboura dos cregos é umildade é perdon...o resto deixa moito que desexar e coido que o que máis e o que menos decatouse de quen falas...a vida non che é asi...pero nós deixamos que sexa, un saudo