18 mayo 2007

CENTRO COMARCAL DO SALNÉS

A SOCIEDADE COMARCAL PON EN MARCHA UN CURSO BÁSICO DE XESTIÓN DO ASOCIACIONISMO NO CENTRO COMARCAL DO SALNÉS.

Cartel anunciando os cursos
Podemos definir o asociacionismo como un medio de sumar esforzos e compartir ideas comúns utilizando para elo respostas colectivas.
Cada vez é máis habitual crear asociacións para dar cabida a inquedanzas do máis variado, ainda que xa dende a súa posta en marcha xurden innumerables dúbidas e problemas ó respecto. Co fin de solventar estas dúbidas e dar resposta a todas as preguntas que habitualmente nos facemos á hora de aproximarnos a este tema, a Sociedade Comarcal pon en marcha un ciclo de cursos de formación sobre asociacionismo, que se levará a cabo en distintas comarcas de Galiza utilizando para elo a rede de centros comarcais.
O obxectivo principal deste curso é o de dar a coñecer os aspectos básicos á hora de constituir unha asociación, e ó mesmo tempo amosar cómo xestionar o seu posterior funcionamento para que se acaden os obxectivos desexados. Por elo se ensinarán os recursos básicos para unha boa comunicación interna; presentarase un modelo de financiamento diversificado en base a unha planificación financeira; facilitaranse criterios para a adquisición de pautas para abordar un proxecto; profundizarase na correcta presentación e xestión das subvencións ás que habitualmente teñen acceso as asociacions e se tocarán moitos máis aspectos interesantes á hora de por en marcha ou xestionar unha asociación.
Ademáis, faráse un informe sobre as fortalezas e debilidades das asociacións da comarca co fin de que da realidade máis próxima se obteñan conclusións e leccións válidas á hora de crear ou xestionar calquera tipo de asociación.
Este curso vai dirixido a directivos/as en Organizacións Non Lucrativas (ONL´s), a traballadores/as das ONL´s que participen na xestión das mesmas, e persoas voluntarias con responsabilidades na xestións deste tipo de organizacións.

PROGRAMA DO CURSO

Modulo1- XESTIÓN ECONÓMICA BÁSICA:
1.- O modelo de xestión integral das asociacións

2.- O financiamento das asociacións

3.- A planificación e a xestión orzamentaria

4.- A contabilidade e a tesourería das asociacións

5.- A fiscalidade das asociacións
Modulo 2 - XESTIÓN DE ACTIVIDADES E PROXECTOS
1.- Conceptos básicos:a.- Os proxectos e af orma de abordalosb.- O desenvolvemento territorial e a acción local como modelos de traballo

2.- Elementos dun proxecto:a.- A diagnoseb.- A formulación de obxectivos e os indicadores de avaliaciónc.- A planificación, o sentido, as aplicaciónsd.- Modelos organizativos de Recursos Humanose.- Comunicación e difusión
Modulo

3 - COMUNICACIÓN EN ONL´S
1.- A Comunicación: introducción e definicións básicas

2.- O esquema da comunicación

3.- Tipos de comunicación

4.- comunicación interna:a.- Identidade visualb.- Comunicación coa base socialc.- Comunicación co equipo humán

5.- Comunicación externa:a.- Comunicación propia

6.- Os medios de comunicación social
DATAS E HORARIOS
Os tres módulos que forman o programa do curso terán unha duración de 4 horas cada un e celeraranse nas seguintes datas:

O SALNES
2 xuño 10:00-14:00 - Modulo 29 xuño 10:00-14:00 - Modulo 3
16 xuño 10:00-14:00 - Modulo 1
INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS
A participación é gratuíta ainda que é precisa unha inscripción previa (prazas limitadas)A inscripción deberá facerse no Centro Comarcal do Salnés mediante chamada telefónica ao 986 52 60 13, enviando un fax ao 986 54 33 66 ou un e-mail a
ccsalnes@comarcasdegalicia.com cos seguintes datos: nome completo, enderezo, teléfono ou e-mail, formación e ocupación laboral.

No hay comentarios: