14 mayo 2007

20 razóns para non votar a Tourís

20 Razóns para non votar a Tourís

¿Por qué fai falta cambiar Cambados?

Porque os das parroquias tamén son de Cambados

Porque os nosos fillos non volverán a xogar na Merced

Porque do paseo marítimo sae merda por un tubo

Porque a festa do Albariño é de todos Porque a política non é para enriquecerse

Porque “enchufes” xa os temos na casa

Porque a xuventude cambadesa está abandonada

Porque altos funcionarios do concello non poden ser promotores.

Porque a cultura non só é inaugurar museos, museos, museos…

Porque a revista A Calzada é propaganda política, non á manipulación

Porque o caciquismo sobra Porque o concello estanos hipotecando

Porque Cambados non é Marbella

Porque a policía local non so ten que traballar os días de mercado

Porque o alcalde debería estar en Cambados

Porque o progreso non está basado no ladrillo, urbanismo sostible

Porque non lles interesas ti, interésalle o teu voto

Porque as nosas estradas non so teñen buratos 2 meses antes das eleccións

Porque da política fixeron a súa profesión

Porque dunha fábrica de conservas fixeron unha inmobiliaria.

Extraído do foro de cambados.tk

DIFUNDIDE ESTO:

SEDE DO CONSELLO REGULADOR: Tourís vendeu a sede do Consello Regulador a cambio de seguir de senador e así poder cobrar a pensión máis alta. O BNG foi o único que denunciou a baixada de pantalóns de Tourís.

ENCHUFISMO: Tourís ten 6 sobriños traballando no Concello e un concelleiro desta lexislatura dimitiu para pasar a traballar no Concello. O BNG foi o único que presentou recurso contras as "oposicións" que servirán para colocar a 40 enchufados máism, e o único que propuxo unha alternativa aos procesos de selección de persoal actuais.

A MERCEDE: Os terreos do campo de fútbol foron subastados cunha edificabilidade determinada (pouco atractiva para as promotoras) pero cando a subasta foi unha empresa "amiga" cambiouse esa edificabilidade para que poidera gañar máis cartos, co conseguinte perxuízo para as arcas do Concello que ingresaron menos cartos na subasta. Por certo, será por eso polo que familiares do Alcalde e prebostes do PP teñen pisos ahí...

AS PARROQUIAS: O Concello contou cun programa de desenvolvemento rural (aprox. 360.000 euros de inversión en catro anos) e un Plan de Dinamización Turística. Destes plans definanciación europea no gastou NIN UN SÓ EURO NAS PARROQUIAS. Gastou dúas anualidades do Proder en arreglar un ximnasio que logo privatiza por máis de 20 anos.

COMERCIO: A Tourís enchéselle a boca do apoio aos comerciantes, pero non se acorda cando el votou no Senado a favor dunha lei feita á medida das grandes superficies comerciais e en contra do pequeno comercio. Os comerciantes organizaron unha folga xeral con manifestación diante do Concello incluída. Pola contra, o BNG desde a Xunta vén de sacar unha lei de comercio interior que beneficia aos pequenos comerciantes. Essa é a diferencia.

POLÍGONO INDUSTRIAL: Tourís permite que moitos propietarios das parcelas se salten as bases, que establecen que non se poden alugar. Hai moitos, cuxo capital procede de negocios nada claro, que están facendo un negoción coas parcelas. Moitos empresarios pagaron hai dez anos uns servizos (luz, auga, etc.) que ata hai poucos meses non disfrutaron.

DIFUNDIDE ESTAS RAZÓN PARA NON VOTAR AO PP.

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Sabes como consiguio el capataz de obras del Concello de cambados la casa que tiene en la avenida de la pastora??

Por sus influencias dentro del concello diciendo al anterior dueño que el propio concello iba a expropiaria la casa para hacer una carretera.

Asi es como funciona la politica dentro del concello de cambados!!!!

cambados dijo...

A dereita leva nos xenes (antidemocraticos) que a política vai en función dos seus medres e intereses persoais (enténdase todo o negativo para o interese xeral dos veciños). O sistema é o mesmo con variantes dos empregados por Riestra ou Montero Ríos, pero iso sí profundamente caciquil coas lóxicas variantes dos tempos actuais. En Galicia aínda perdura, polas reminiscencias do pasado, ao igual que perdurou Fraga polas reminiscencias dos franquismo, pero todo muda, se ben non precisamente ao ritmo que alguns queremos todo muda; custará derrotalos, pero ista chegará e máis agre será para algúns porque non poderán escudarse no seu retiro aínda que iste sexa de pensión máxima, por ter pasado oito anos sen facer nada no Senado, máis que dicir amén.

cambados dijo...

Eu engadiríalle unha razón máis, porque o Sr. Cores Tourís é un "demócrata convencido", ao ser elexido "a dedo" Vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Oríxe Rías Baixas, sen se ter presentado a unhas eleccións.

Anónimo dijo...

E O QUE TEMOS, XA ESTAMOS FARTOS DE ESTOS FACHAS, A VER SI OS BOTAMOS (con B) DE UNHA VEZ POR TODAS, NON ENTENDO COMO SOMOS TAN TRANQUILOS EN VEZ DE CORRELOS FORA DE CAMBADOS!!!!!

Anónimo dijo...

Haber, como non vai pasar todo esto no noso concello si estamos sendo gobernados por un par de ignorantes? non sei se sabedes que o señor Cores Tourís ten o graduado escolar, e digo eu non se debería esixir unha titulación mínima para exercer este tipo de cargos como xestionar un concello?
Señoras , señores a pesar de estar en pleno seculo XXI , o caciquismo típico do século XIX segue vixente na nosa vila , a pesar de todos os avances democraticos polos que pasamos Cambados seque sumido no despotismo ilustrado "todo para el pueblo pero sin el pueblo" e como non cambiemos esto co noso voto , o noso pobo vai ter moitisimos problemas

Anónimo dijo...

para todos os que se queiran mover, non tedes mais que imprimir estas 20 razons e pasarllas a xente que non lea internet, familiares, amigos e demais xente de cambados.
O cambio e posible

Anónimo dijo...

canto sabes.serias capaz de decirme concretamente q postos ocupan eses 6 sobriños de touris?porque amin non me dan as contas mr.x

Anónimo dijo...

enchufados?ay uns cuantos empregados do concello q levan ay dende que gobernava o bng,e son funcionarios e poden explicar como foron contratados e como conseguiron a praza de funcionario.deixadevos de paxaradas de enchufes que xa o bng fixo o mesmo cando tivo o mando.os politicos son todos iguais

Anónimo dijo...

acordadevos como chegou Tourís a alcaldía????
pois o anterior alcalde do pp nomeouno sucesor xq se retiraba, é decir, en vez de retirarse e convocar eleccións,nomea a touris e así todo queda na casa.

moi mal!!

Anónimo dijo...

alguén se acorda como chegou tourís a alcaldía???
para os que non se lembren:
o anterior alcalde do PP, santiago tirado, nomeouno a dedo, sen convocar eleccións.
o normal sería convocar elecciós con un novo candidato, pero el fixo o seu amaño e así todo queda na casa

Anónimo dijo...

Esas 20 razóns para non votar a Touriz, son un pequeno resumen, ou sexa, son algunas das destacadas porque na realidade hay moitas mais que encherian páxinas dabondo.