31 enero 2008

CARNAVAL,CARNAVAL

VENRES DE ENTROIDOIsto vai marcha en popa e a toda vela. O un de febreiro imos dar o "pistoletazo" de saída do entroido cambadés cunha gran festa na Discoteca Zao de Cambados que coma sempre préstanos toda a colaboración que necesitamos. As xa anunciadas actuacións de varios grupos de música de Cambados versionando temas de Eurovisión, e as versións que tamén farán membros de Unha Grande Chea, temos que engadir que foron tamén contratadas pola propia discoteca varias go-gos para amenizar a festa. A banda de gaitas Unha Grande Chea comezara o espectáculo interpretando a famosa sintonía de Eurovisión. Queremos animar dende aquí a todos os cambadeses a que participen no evento. Tamén queremos lembrar a nosa querida concelleira de cultura Anabel Carro que aínda non nos contestou o noso escrito solicitando a instalación dun palco na praza de Alfredo Brañas.



A revista "A CALCADA" e o "CONTRABANDO", xa están na rúa, podes adquirila dirixíndote a calquer directivo ou membro da Asociación polo "Donativo 1 €". Na revista pódense ver os nosos políticos con poses eurovisivas cantando todos en "Cheavisión" , Montse Prado, Luis Aragunde, Roque Durán, Anabel Carro, Touris e gogos, os tres edís do BNG en Cambados, Domingo Tabuyo e Pepe Daporta e Raphael Louzán, todos eles dignos de ver. No "contrabando" o noso alcalde dinos que os cambadeses non facemos nada e que todo nos fixeron os de foro, así como que non entende a nosa "jerga" coloquial para comunicarnos.


A disfrutar doutro carnaval, que sorpresas nos depararan os queridos amigos de UGCh, outro ano sin palco para non romper a tradición, aqui vos deixo o seu programa:

PROGRAMA DE ACTOS PARA O ENTROIDO 2008 DE UNHA GRANDE CHEA

VENRES 1 DE FEBREIRO:“CHEAVISIÓN” en DISCOTECA ZAO.
Comezará aproximadamente as doce de noite. Romperá o xeo a Banda de Gaitas de Unha Grande Chea quen como novidade interpretarán a afamada marcha eurovisiva ca cal empezaban as conexións a Eurovisión. Logo actuarán os grupos cambadeses “En Play Back” e “X-Trume”, quen interpretaran temas seus e aparte interpretarán os primeiros unha versión de “Waterloo” de Abba e os segundos unha versión de “Eres tú” de Mocedades. Logo membros de Unha Grande Chea interpretarán versións eurovisivas con letra propia. Nos intermedios go-gos contratadas o efecto por Discoteca Zao animaran os presentes cos seus bailes. Coma sempre rematará o acto a Banda de Gaitas de Unha Grande chea, que interpretaron o seu himno “Esmajare”.

SÁBADO 2 DE FEBREIRO:“A VODA DE 1907”. Recrearemos unha voda de 1907, haberá invitados, cura, noivos, e como non gaiteiros que animarán as rúas de Cambados dende as 13.30 horas, despois de percorrer varios establecementos hostaleiros (imos de viños) todos nos retiraremos a Pazo “A Capitana” onde terá lugar o Banquete Nupcial e onde haberá festa rachada, e se máis tarde 9 ou 10 da noite, o tempo o permite volveremos a percorrer as rúas cambadesas.

LUNS 4 DE FEBREIRO:Asistencia os actos de Pub a Leria a partires das 11 da noite que este ano adican a Disney.

MARTES 5 DE FEBREIRO:Na mítica praza de Alfredo Brañas: “CHEAVISIÓN”, esta vez lembraremos mediante imaxes de arquivo actuacións de cantantes españois en Eurovisión o mesmo tempo que membros de Unha Grande Chea interpretaremos algunhas cancións de Eurovisión versándoas con letras propias da Asociación, como novidade máis importante dicir que este ano volvemos a cantar. Uns espectáculo multimedia.Temos coñecemento fidedigno que outra vez non nos van instalar o palco (ainda que a día de hoxe ainda non recibimos ningún escrito o efecto) e novamente teremos que pagalo nos,tamén rexeitaron o noso ofrecemento ben para formar parte do programa de actos ben para atrasar o acto e non coincidir cos do Concello. Temos que dicir, i e de xustiza, que cónstanos que a Concelleira de Cultura Anabel Carro, "A Gallardón cambadesa" fixo todo posible para que nos puxeran o palco, pero o sector duro do concello (Tourís, Aragunde e Cia), negáronse en redondo. De tódolos xeitos grazas a Anabel polo seu intento. Pero non vos preocupedes que se non chove o espectáculo está asegurado.
O que si que debido os gastos que nos ocasiona instalar nos o palco solicitamos que se algunha empresa ou entidade está desposta a sufragar os gastos do mesmo que se dirixa o noso telefono de contacto 626669562 ou a calqueira dos nosos directivos.

SÁBADO DIA 9.-A maioría dos membros da Asociación acudiremos a cea de Sábado de Piñata do Xuven.

¡¡¡FELIZ ENTROIDO!!!

24 enero 2008

Batalla contra os blogs

Segun La Voz de Galicia:

O PP retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos.

Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs.

Un ano despois de que o PP iniciase unha batalla legal contra dúas blogs de Cambados e O Grove por estimar ofensivos os seus contidos, os populares grovenses devolven o asunto á actualidade. Fano da man da concelleira Diana Otero que onte anunciaba que realizará xestións a través do seu partido para conseguir unha «proposta de regulación normativa na que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI, mediante o que se fagan responsables dos seus contidos e facilitar que estes delitos non queden impunes e que aqueles que se dedican a insultar e a coaccionar nos blogs poidan ser denunciados polas vítimas», segundo explica a edila. Actitudes «covardes» Desde o PP do Grove reprochan a «actitude covarde dos editores destes blogs e plataformas informáticas de linchamento das persoas que non pensan igual que eles».

O Grove converteuse, xunto con Cambados, no municipio da comarca no que hai maior proliferación de blogs dedicados a analizar e opinar sobre a actualidade local, nos que se presta especial atención ao debate político. Os cargos do PP adoitan ser os peor parados nestas páxinas de Internet nas que se inclúen fotomontajes nos que se ridiculiza aos políticos. Pero non só a eles. Este tipo de críticas tamén afectan aos seus familiares e a traballadores dos concellos. Estes blogs tiveron o seu momento de maior efervescencia a principios do ano pasado a tenor das denuncias do PP e a publicidade que todo iso reportoulles.

É grupo levou ao xulgado ás webs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com e en febreiro o xuíz admitía a trámite unhas denuncias coas que o PP pretende sacar do anonimato aos autores destes blogs e que se dirimisen responsabilidades. Pasadas as eleccións de maio o ton dos blogs relaxouse así como o debate social xerado sobre eles pero non o suficiente como para deixar indiferentes a quen son obxecto de crítica. «Aquí non se salva nin o apuntador. Facendo un percorrido sorprendente polos blogs locais atopeime con insultos, calumnias e inxurias variadas a políticos, funcionarios, policías empresarios, xornalistas... e tamén aos seus familiares e achegados. Actitudes covardes, infames e viles das miserias humanas. Non ten outra palabra», sinala Diana Otero.

E que pretende, que o PP eleve esa proposta a ONU, pero non ve que a maioria de servidores e empresas donde se recollen os blogs non son de España, en fin o que busca e protagonismo e non sabe como.

DIMISIÓN OFICIAL

Según La Voz de Galicia:
O cabo da policía cambadesa asumirá o posto do sarxento.

A medida será temporal ata que se saque a concurso a praza de suboficial.

A marcha do sarxento da Policía Local de Cambados xa é oficial. José Manuel Duarte confirmou á comisión de goberno do municipio o seu cesamento voluntario, que se fará efectivo o próximo 31 de xaneiro. A partir de entón será o cabo da policía, José Antonio Padín, o que asumirá o mando de forma temporal. O Concello non quixo aclarar onte se volverá sacar a concurso unha praza de sarxento interino ou se esperará a que os tribunais resolvan o conflito aberto con Maximino Cid Ferro. Padín xa se fixo cargo do persoal da policía local en anteriores ocasións. Durante anos foi o responsable do corpo, mentres non se cubrían as prazas de sarxento convocadas polo Concello.

O cabo volverá agora a asumir o mando, ocupando de forma interina a praza de sarxento. O que o Concello non quixo aclarar onte é como se resolverá a situación dos novos mandos da policía cambadesa. Hai que recordar que a praza de sarxento está pendente de que un tribunal decida se concederlla a Maximino Cid Ferro, o opositor que denunciou irregularidades nos exames para ocupar este posto. Por iso o Concello contratara, de forma interina, a José Manuel Duarte como sarxento. O alcalde, José Manuel Cores Tourís, non quixo aclarar se esta medida repetirase ou se o Concello esperará a que os tribunais decidan se Cid Ferro debe ou non incorporarse como sarxento de Cambados.

Doutra banda, o Concello está tamén pendente de sacar a concurso unha praza de suboficial da Policía Local, mando que estaría por encima do do sarxento. Con todo, este proceso tamén está en mans dos tribunais xa que o propio Ferro presentou un recurso contra as bases que rexen o proceso de selección.

Este é xa a segunda demanda que Cid Ferro presenta contra o proceso de selección. A primeira vez, o Concello deulle a razón e cambiou as bases da convocatoria. Agora, haberá que esperar a que resolvan os tribunais.

Felicitación a Duarte

O equipo de goberno de Cambados non quixo deixar pasar a ocasión de felicitar a José Manuel Duarte polo labor levado a cabo no municipio. Así, ao coñecer a noticia de forma oficial, a comisión de goberno destacou o labor levado a cabo polo sarxento cambadés no tempo en que exerceu a xefatura. No acta da sesión recóllese o agradecemento a este oficial polos servizos prestados. José Manuel Duarte deixará o seu posto na policía cambadesa o próximo 31 de xaneiro para reincorporarse á súa antiga praza en Pontevedra.



21 enero 2008

PL CON MINUSVALÍA OBRIGADO A TRABALLAR

Según La Voz de Galicia:

Un policía acusa ao Concello de Cambados de obrigalo a traballar na rúa a pesar da súa minusvalía.

UXT asegura que se debe a motivos políticos, porque é militante socialista.

Un Policía Local de Cambados, Antonio Padín, que o ano pasado tivo un accidente de tráfico e que aínda ten secuelas, acusa ao Concello de non ter en conta a súa situación e non contestarlle ás peticións que fixo para que o pasasen á oficina e non ter que facer así traballo de rúa, incluído en horario nocturno. Asegura que dirixiu cinco escritos á alcaldía explicándolles a situación e presentado informes médicos que acreditan a perda de mobilidade no brazo esquerdo. «Pero nunca contestaron, ata fixen un recurso de alzada, logo agardei sete meses, presentei un certificado de minusvalía e tampouco recibín resposta, ata falei con xefatura, e por parte do sarxento non había problema algún para que estivera nas oficinas, pero nin así». Agora, farto de esperar, presentou un contencioso administrativo. «Xa está todo en mans dous avogados», aclara. Padín, que xa denunciou no seu día as probas para sarxento(tremendo erro da Voz, Padín foi denunciado por Máximo por pasarlle o exame ó outro opositor), asegura que «neste Concello todo tén que ir pola vía contenciosa». UXT foi quen denunciou inicialmente a situación, asegurando, «de boas fontes», que a negativa da alcaldía a cambiarlle de funcións débese a motivos de carácter político, xa que o axente está afiliado a UXT, leva moitos anos realizando labores sindicais e forma parte do PSOE, partido polo que é secretario de Organización en Ribadumia. O sindicato cualifica a decisión do alcalde de «arbitraria e caprichosa».


Tourís pídelle que acredite ante a Seguridade Social a súa invalidez.

O alcalde de Cambados quixo deixar claro, de entrada, que as súas relacións con Antonio Padín son correctas tanto no aspecto profesional como no persoal, e que nin como alcalde, nin a nivel particular, tivo nunca problemas con el «en moitos anos de relación directa».

Tourís recorda que Padín leva vinte anos traballando no Concello e que nese tempo nunca houbo problema algún con el, «nin por razóns persoais nin moito menos, por razóns políticas», e que nin sequera houbo rozamentos nas etapas nas que o axente foi delegado sindical.

O Concello asegura que despois do accidente de tráfico que o policía sufriu fai un ano, e unha vez que se incorporou ao seu posto de traballo, «se lle facilitou a posibilidade de levar a cabo outras funcións como ou servizo dá guindastre ou servizo de distrito a pé, que o non quixo».

Tourís sostén que, unha vez recibida o alta médica, a súa obrigación é incorporarse ás súas funcións habituais, a non ser que acredite estar invalidado para elas. Por iso o alcalde subliña que se cre que non pode realizalas, «debería pedirlle á Seguridade Social que ou acredite». En todo caso, unha nova polémica está servida no seo do persoal policial, que esta semana xa foi noticia polo anuncio da marcha do sarxento, farto de todo o relacionado coa súa praza.


Tabuyo demanda informes sobre o caso do policía obrigado a patrullar a pesar da súa minusvalía.

O PSOE de Cambados presentou un escrito no Concello no que pide que se dean a coñecer as razóns que xustifican que un policía local con certificado de minusvalía non poida desempeñar funcións na oficina da policía local, tal como solicitou. Os socialistas reclaman que se informe con claridade sobre o desenvolvemento deste asunto, tanto sobre a documentación achegada polo funcionario como sobre a resolución da alcaldía sobre os mesmos. Desde o grupo que lidera Domingo Tabuyo entenden que todos os traballadores do Concello deben ser escoitados e teñen dereito a que se xustifique por que se atenden ou non as súas demandas. No caso «daqueles que tiveron a desgraza de ver limitada a súa capacidade física por razón de enfermidade ou accidentes, deben ter a oportunidade de optar a prazas que se adapten á súa nova situación». Así que piden que se estude de novo este asunto e que se adopte a solución máis adecuada.

16 enero 2008

DUARTE DIMITE

Según La Voz de Galicia:
José Manuel Duarte abandona a praza de sarxento da Policía Local de Cambados.
A principios de febreiro reincorporarase ao seu posto de garda en Pontevedra.

José Manuel Duarte deixará en breve de ser o sarxento da Policía Local de Cambados. Tras ocupar durante case catro anos o posto, o oficial abandonará a finais de xaneiro a vila do albariño para reincorporarse no seu posto de garda na cidade de Pontevedra(a ver si volta a humildade). A información era onte vox pópuli entre os traballadores do Concello de Cambados e o propio Duarte, aínda que se negou a confirmala, tampouco quixo desmentila.

O aínda sarxento da policía chegou a Cambados a finais de maio do 2004. Foi o que superou con maior nota as oposicións de sarxento interino convocadas polo Concello(as bases deixaban moito que desexar, como é de costume) para tratar de pór orde na Policía Local mentres non se liquidaba o conflito aberto polas irregularidades detectadas nos exames para facerse en propiedade coa praza de sarxento. Unha situación que, a día de hoxe, aínda non se liquidou e segue pendente dunha resolución xudicial.
Un corpo conflitivo Duarte foi o terceiro intento do equipo de goberno por pór orde entre a policía cambadesa. Primeiro foi Anxo Ruibal, un sarxento xefe, o que tomou o mando do corpo con éxito. Chegou a Cambados tras aprobar a oposición convocada polo Concello. Pero ao cabo duns anos marchouse a Pontevedra, deixando á policía sen un oficial. O Concello optou entón por sacar a praza de novo a concurso e aquí foi onde comezaron os problemas.
Maximino Cid Ferro denunciou irregularidades no proceso de selección e, tras moitas denuncias e recursos, o TSXG deulle a razón e obrigou ao Concello a nomearlle sarxento. Pero o goberno local recorreu a sentenza e aínda non se sabe nada o desenlace desta historia.
Mentres todo o conflito xudicial resolvíase, o Concello optou por contratar a un axente de Vilagarcía que, en comisión de servizos, ocupásese de dirixir a policía. Chegou Emilia Villanueva e a policía volveu funcionar. Pero unha denuncia do sindicato UXT, sobre que o seu contrato non se podía prorrogar, provocou que este sarxento deixase tamén o posto. Melloras realizadas A solución pasou entón por sacar a praza de sarxento interino.
E chegou José Manuel Duarte. Nestes catro anos, as cousas cambiaron moito na policía local cambadesa. O persoal renovouse case por completo e tamén os medios dos que dispuñan. Renováronse as instalacións, adquiríronse novos medios, como un alcoholímetro, e queda pendente a dotación de armas, prometida polo equipo de goberno. Ademais impartíronse cursos de formación(Cursos subencionados pola Xunta a todas as policias locais na Academia de Seguridade Galega, que mérito), levaron a cabo importantes campañas de seguridade viaria -ata nos colexios- e impúxose un control á movida, entre outras moitas cousas.

La presión de los blogs y las críticas de Cid Ferro.

O paso de Duarte por Cambados non foi tarefa sinxela. O sarxento da policía cambadesa tivo que velas cos autores de varios blogs de Internet, no que o critican sen piedade, e co aspirante a ocupar a praza definitivamente, Maximino Cid Ferro. Duarte foi un dos personaxes elixidos polo Señor X para facer os seus populares fotomontajes en Internet. Neles acusábaselle de estar ao servizo político do alcalde(Dentro das suas funcións esta o servizo deste, e como sabemos todos fora desas funcións tamén). Tampouco escapou da crítica de Cid Ferro. Este consideráballe o elixido polo goberno local para dirixir a policía cambadesa e ata especulaba que a praza de suboficial fora creada á súa medida(Non so a praza de suboficial, senon que as bases para a praza de sarxento interino deixaban moito que desexar, unhas ilegais ata por segunda vez, primeiro os méritos feitos a medida, despois quereno eximir de facer as probas físicas, se quere a praza que a gañe legalmente, que entrene e que estudie). O sarxento, pola súa banda, nunca quixo responder a todas estas afirmacións, pois consideraba que non era algo propio do cargo que ocupaba.

Según o Diario de Arousa:
Tourís agardará a que o cesamento sexa oficial para nomear un novo xefe da Policía.

O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, manifestou onte que aínda non recibiu a notificación oficial do cesamento de José Manuel Duarte Solla como sarxento xefe da Policía Local, aínda que coñece a súa intención despois de que llo comunicase verbalmente durante unha conversación.

A marcha de José Manuel Duarte propiciará, segundo marca a lei, que o policía de máis rango asuma o mando e neste caso sería o único cabo que actualmente hai no persoal. De todos os xeitos, o alcalde podería nomear a outro sarxento interino ou ata a praza de suboficial, que exercería de xeito provisional ata que se cubrise a praza definitivamente. Neste sentido, cabe recordar que o actual sarxento, José Manuel Duarte, tomou posesión do cargo un mes despois de que cesase nas súas funcións o seu predecesor, Emilio Villanueva. O alcalde só tería que convocar a praza, dar tempo para que se presenten as solicitudes e que os aspirantes superen un exame de méritos, tal e como ocorreu con Duarte que obtivo a mellor nota dos que se presentaron(Con bases feitas polos sastres do concello).

Por outra banda, unha sentenza xudicial, xa recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, obriga ao Concello de Cambados a "nomear a Maximino Cid Ferro para cubrir a praza de sarxento da Policía Local", logo de dar por válido o informe pericial que puntúa o seu exercicio recorrido cun notable alto. A resolución xudicial obrigaría ao Concello de Cambados a nomear a Maximino Cid Ferro sarxento xefe da Policía Local de Cambados, ao considerar que superou o quinto e último exercicio, tal e como acredita un perito independente na súa cualificación. O actual sarxento, José Manuel Duarte, declinou onte realizar calquera tipo de declaración respecto a súa marcha.
Sen dúbida que se comprometeu co seu traballo e que era todo un profesional, pero como persoa deixou moito que desexar, votarei de menos esas chamadas estilo mafia calabresa, esas chamadas con nº oculto(sin ir máis lonxe a semana pasada 4 ou 5 veces o día durante unha semana) igual queríame comunicar persoalmente que se marchaba, ou non.
Decir como sigueu o xogo do blog, actitude propia máis dun rapaz de 15 anos que dun sarxento da policía local, facendo cometnarios no blog, chamando a todo o mundo con nºoculto, dicindo que non se ía a implicar e o final si, ¿quen o motivou realmente a denunciar?..., en fin, por que marcha Duarte?
Quizás pola vergonzoso proceso que rodea as bases de suboficial, quizás porque xa é a segunda vez que as fan ilegalmente, xirando en torno a súa persoa, primeiro os meritos feitos por un sastre, despois porque o queren eximir das probas físicas, e evidente o por qué dese motivo(salta a vista, non me invento nada).
Quizás porque algúns membors da policía local foron portada de situacions máis propias dunha comedia británica, ¿Onde esta a bicicleta, a linterna as gafas de sol..., pelexas entre pl's bebidos e comerciantes...Non o creo porque son feitos aillados.
¿Porque o equipo de goberno non atendeu a algunas das súas demandas, e este patalexou como un neno pequeno, e as discrepancias co alcalde invitarono a irse?
Porque foi protagonista dunhas fotomontaxes nun blog e Máximo Cid denunciou as irregularidades dunhas bases feitas a medida para él. Non o creo, porque Duarte demostrou ser unha persona prepotente que estas cousas a él resválanlle.
Quizás a razon máis lóxica e non nomeada sexa que se lle acaba a excedencia en Pontevedra, e non quere arriscarse a seguir de sarxento interino, por si os Tribunais lle dan a razón a Maximino, e as de suboficial están paradas. Polo que non se arrisca a quedarse sin chollo.
Bueno Duarte, pese as nosas discrepancias, deséxoche o mellor en Pontevedra, espero que uses a camisola do Sr.X que che regalei ainda que sexa para dormir, aínda estou esperando que me felicites polo meu cumpleanos, e adícoche estes fotomontaxes con todo o meu cariño:

15 enero 2008

ARRESTO POR PARTE DA PL

object>'>www.youtube.com/v/StRoqf1JvqA&rel=0&color1=0x2b405b&color2=0x6b8ab6&border=1">object>

Buscando por internet encotrome con este video dunha detencion por parte da Policia Local ralizada no Albariño.

INUNDACIÓNS

Según La Voz de Galicia:

O temporal dificultou a circulación pola caída de árbores en estradas.

En Cambados houbo inundacións nalgunhas rúas e dous invernadoiros perderon os plásticos. Os voluntarios tamén tiveron que retirar unha árbore en Castrelo.

O vento derrubou un muro e tirou varios árbores na madrugada de onte en Cambados.En Castrelo inundáronse un par de rúas e caeu un gran muro dunha antiga fábrica derrubado polo vento. Na confraría de pescadores tiveron que apontoar unha estada que corría perigo por mor dun cartel que se soltou, e dúas árbores tiveron que ser retirados da calzada, un en Corvillón de máis de quince metros de altura e outro en Castrelo. Tamén houbo que retirar varios colectores.



A COMIDA DO ALBARIÑO

Según La Voz de Galicia:

O BNG di que dos 800 comensais do Albariño só 179 pagaron as invitacións.

O Concello recadou 8.950 euros pola comida de Torrado, que custou 31.450 euros.

O dato que máis chama a atención aos nacionalistas é, un ano máis, o número de invitados á comida oficial da festa. Segundo o Bloque, dos 800 comensais que se deron cita en Torrado só 179 pagaron a entrada ao banquete. Os datos facilitados polo Concello ao Bloque establecen que a comida dos Cabaleiros custou ás arcas municipais 31.450 euros. En cambio, só recadouse por este concepto 8.950. Analizando estas cifras, a oposición cambadesa conclúe que dos 800 invitados só 179 pagaron a correspondentes entrada. «Máis de seiscentos invitados gratis, é dicir, a costa dás arcas municipais. Cremos que se debe invitar a determinadas persoas significativas a este xantar, pero con criterio», explica o portavoz da formación, Víctor Caamaño. Ante esta situación, o concelleiro pedirá ao equipo de goberno explicacións sobre a identidade de todos os invitados. E é que, asegura Caamaño, tradicionalmente o Concello invitaba aos cargos institucionais do PP ao banquete. Pero coa perda da Xunta e do Goberno de Madrid, estes altos cargos desapareceron. «Invitouse a caso ás bases do PP? Cal é a razón? Pagar favores? Quedamos á pronta espera de explicacións», engade Caamaño. Doutra banda, o Bloque critica tamén o malgasto que supón esta celebración. Asegura que só durante o último exercicio o orzamento de gastos incrementáronse en cen mil euros, mentres que os ingresos apenas creceron en 12.00 euros. «Pódese facer unha festa digna sen necesidade de percorrer ao gran malgaste e malgasto que está a significar a organización deste evento nos últimos tempos», conclúe o portavoz dos nacionalistas.


10 enero 2008

CURTO DE CHOURIZO FILMS

Xa está a vosa disposición no seguinte enlace a última curta de Chourizofilms, To die in Tragove 2, estreada o pasado 28 de decembro no auditorio de Cambados:

http://es.youtube.com/watch?v=V3v0p9YnO1w