15 enero 2008

A COMIDA DO ALBARIÑO

Según La Voz de Galicia:

O BNG di que dos 800 comensais do Albariño só 179 pagaron as invitacións.

O Concello recadou 8.950 euros pola comida de Torrado, que custou 31.450 euros.

O dato que máis chama a atención aos nacionalistas é, un ano máis, o número de invitados á comida oficial da festa. Segundo o Bloque, dos 800 comensais que se deron cita en Torrado só 179 pagaron a entrada ao banquete. Os datos facilitados polo Concello ao Bloque establecen que a comida dos Cabaleiros custou ás arcas municipais 31.450 euros. En cambio, só recadouse por este concepto 8.950. Analizando estas cifras, a oposición cambadesa conclúe que dos 800 invitados só 179 pagaron a correspondentes entrada. «Máis de seiscentos invitados gratis, é dicir, a costa dás arcas municipais. Cremos que se debe invitar a determinadas persoas significativas a este xantar, pero con criterio», explica o portavoz da formación, Víctor Caamaño. Ante esta situación, o concelleiro pedirá ao equipo de goberno explicacións sobre a identidade de todos os invitados. E é que, asegura Caamaño, tradicionalmente o Concello invitaba aos cargos institucionais do PP ao banquete. Pero coa perda da Xunta e do Goberno de Madrid, estes altos cargos desapareceron. «Invitouse a caso ás bases do PP? Cal é a razón? Pagar favores? Quedamos á pronta espera de explicacións», engade Caamaño. Doutra banda, o Bloque critica tamén o malgasto que supón esta celebración. Asegura que só durante o último exercicio o orzamento de gastos incrementáronse en cen mil euros, mentres que os ingresos apenas creceron en 12.00 euros. «Pódese facer unha festa digna sen necesidade de percorrer ao gran malgaste e malgasto que está a significar a organización deste evento nos últimos tempos», conclúe o portavoz dos nacionalistas.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Nun País, que é capital mundial das festas -como dí miña sogra: -"astronómicas"-, os xantares oficiais compoñen a filosofía fructífera que o PP impregnou en todos os estamentos oficiais, principalmente nas Alcaldías, por ser o peldaño clientelar de captación de votos e demais favores máis achegado.