31 enero 2008

CARNAVAL,CARNAVAL

VENRES DE ENTROIDOIsto vai marcha en popa e a toda vela. O un de febreiro imos dar o "pistoletazo" de saída do entroido cambadés cunha gran festa na Discoteca Zao de Cambados que coma sempre préstanos toda a colaboración que necesitamos. As xa anunciadas actuacións de varios grupos de música de Cambados versionando temas de Eurovisión, e as versións que tamén farán membros de Unha Grande Chea, temos que engadir que foron tamén contratadas pola propia discoteca varias go-gos para amenizar a festa. A banda de gaitas Unha Grande Chea comezara o espectáculo interpretando a famosa sintonía de Eurovisión. Queremos animar dende aquí a todos os cambadeses a que participen no evento. Tamén queremos lembrar a nosa querida concelleira de cultura Anabel Carro que aínda non nos contestou o noso escrito solicitando a instalación dun palco na praza de Alfredo Brañas.



A revista "A CALCADA" e o "CONTRABANDO", xa están na rúa, podes adquirila dirixíndote a calquer directivo ou membro da Asociación polo "Donativo 1 €". Na revista pódense ver os nosos políticos con poses eurovisivas cantando todos en "Cheavisión" , Montse Prado, Luis Aragunde, Roque Durán, Anabel Carro, Touris e gogos, os tres edís do BNG en Cambados, Domingo Tabuyo e Pepe Daporta e Raphael Louzán, todos eles dignos de ver. No "contrabando" o noso alcalde dinos que os cambadeses non facemos nada e que todo nos fixeron os de foro, así como que non entende a nosa "jerga" coloquial para comunicarnos.


A disfrutar doutro carnaval, que sorpresas nos depararan os queridos amigos de UGCh, outro ano sin palco para non romper a tradición, aqui vos deixo o seu programa:

PROGRAMA DE ACTOS PARA O ENTROIDO 2008 DE UNHA GRANDE CHEA

VENRES 1 DE FEBREIRO:“CHEAVISIÓN” en DISCOTECA ZAO.
Comezará aproximadamente as doce de noite. Romperá o xeo a Banda de Gaitas de Unha Grande Chea quen como novidade interpretarán a afamada marcha eurovisiva ca cal empezaban as conexións a Eurovisión. Logo actuarán os grupos cambadeses “En Play Back” e “X-Trume”, quen interpretaran temas seus e aparte interpretarán os primeiros unha versión de “Waterloo” de Abba e os segundos unha versión de “Eres tú” de Mocedades. Logo membros de Unha Grande Chea interpretarán versións eurovisivas con letra propia. Nos intermedios go-gos contratadas o efecto por Discoteca Zao animaran os presentes cos seus bailes. Coma sempre rematará o acto a Banda de Gaitas de Unha Grande chea, que interpretaron o seu himno “Esmajare”.

SÁBADO 2 DE FEBREIRO:“A VODA DE 1907”. Recrearemos unha voda de 1907, haberá invitados, cura, noivos, e como non gaiteiros que animarán as rúas de Cambados dende as 13.30 horas, despois de percorrer varios establecementos hostaleiros (imos de viños) todos nos retiraremos a Pazo “A Capitana” onde terá lugar o Banquete Nupcial e onde haberá festa rachada, e se máis tarde 9 ou 10 da noite, o tempo o permite volveremos a percorrer as rúas cambadesas.

LUNS 4 DE FEBREIRO:Asistencia os actos de Pub a Leria a partires das 11 da noite que este ano adican a Disney.

MARTES 5 DE FEBREIRO:Na mítica praza de Alfredo Brañas: “CHEAVISIÓN”, esta vez lembraremos mediante imaxes de arquivo actuacións de cantantes españois en Eurovisión o mesmo tempo que membros de Unha Grande Chea interpretaremos algunhas cancións de Eurovisión versándoas con letras propias da Asociación, como novidade máis importante dicir que este ano volvemos a cantar. Uns espectáculo multimedia.Temos coñecemento fidedigno que outra vez non nos van instalar o palco (ainda que a día de hoxe ainda non recibimos ningún escrito o efecto) e novamente teremos que pagalo nos,tamén rexeitaron o noso ofrecemento ben para formar parte do programa de actos ben para atrasar o acto e non coincidir cos do Concello. Temos que dicir, i e de xustiza, que cónstanos que a Concelleira de Cultura Anabel Carro, "A Gallardón cambadesa" fixo todo posible para que nos puxeran o palco, pero o sector duro do concello (Tourís, Aragunde e Cia), negáronse en redondo. De tódolos xeitos grazas a Anabel polo seu intento. Pero non vos preocupedes que se non chove o espectáculo está asegurado.
O que si que debido os gastos que nos ocasiona instalar nos o palco solicitamos que se algunha empresa ou entidade está desposta a sufragar os gastos do mesmo que se dirixa o noso telefono de contacto 626669562 ou a calqueira dos nosos directivos.

SÁBADO DIA 9.-A maioría dos membros da Asociación acudiremos a cea de Sábado de Piñata do Xuven.

¡¡¡FELIZ ENTROIDO!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Todo que se faga a prol do Antroido, é bo para Cambados. Espero e desexo que a novidade das actuacións -nise gran macroacto da Discoteca Zao- pervivan per secular seculorum, ao mesmo tempo que invitan á troula nestas datas significativas.
Saúde e adiante nisa liña!.