16 enero 2008

DUARTE DIMITE

Según La Voz de Galicia:
José Manuel Duarte abandona a praza de sarxento da Policía Local de Cambados.
A principios de febreiro reincorporarase ao seu posto de garda en Pontevedra.

José Manuel Duarte deixará en breve de ser o sarxento da Policía Local de Cambados. Tras ocupar durante case catro anos o posto, o oficial abandonará a finais de xaneiro a vila do albariño para reincorporarse no seu posto de garda na cidade de Pontevedra(a ver si volta a humildade). A información era onte vox pópuli entre os traballadores do Concello de Cambados e o propio Duarte, aínda que se negou a confirmala, tampouco quixo desmentila.

O aínda sarxento da policía chegou a Cambados a finais de maio do 2004. Foi o que superou con maior nota as oposicións de sarxento interino convocadas polo Concello(as bases deixaban moito que desexar, como é de costume) para tratar de pór orde na Policía Local mentres non se liquidaba o conflito aberto polas irregularidades detectadas nos exames para facerse en propiedade coa praza de sarxento. Unha situación que, a día de hoxe, aínda non se liquidou e segue pendente dunha resolución xudicial.
Un corpo conflitivo Duarte foi o terceiro intento do equipo de goberno por pór orde entre a policía cambadesa. Primeiro foi Anxo Ruibal, un sarxento xefe, o que tomou o mando do corpo con éxito. Chegou a Cambados tras aprobar a oposición convocada polo Concello. Pero ao cabo duns anos marchouse a Pontevedra, deixando á policía sen un oficial. O Concello optou entón por sacar a praza de novo a concurso e aquí foi onde comezaron os problemas.
Maximino Cid Ferro denunciou irregularidades no proceso de selección e, tras moitas denuncias e recursos, o TSXG deulle a razón e obrigou ao Concello a nomearlle sarxento. Pero o goberno local recorreu a sentenza e aínda non se sabe nada o desenlace desta historia.
Mentres todo o conflito xudicial resolvíase, o Concello optou por contratar a un axente de Vilagarcía que, en comisión de servizos, ocupásese de dirixir a policía. Chegou Emilia Villanueva e a policía volveu funcionar. Pero unha denuncia do sindicato UXT, sobre que o seu contrato non se podía prorrogar, provocou que este sarxento deixase tamén o posto. Melloras realizadas A solución pasou entón por sacar a praza de sarxento interino.
E chegou José Manuel Duarte. Nestes catro anos, as cousas cambiaron moito na policía local cambadesa. O persoal renovouse case por completo e tamén os medios dos que dispuñan. Renováronse as instalacións, adquiríronse novos medios, como un alcoholímetro, e queda pendente a dotación de armas, prometida polo equipo de goberno. Ademais impartíronse cursos de formación(Cursos subencionados pola Xunta a todas as policias locais na Academia de Seguridade Galega, que mérito), levaron a cabo importantes campañas de seguridade viaria -ata nos colexios- e impúxose un control á movida, entre outras moitas cousas.

La presión de los blogs y las críticas de Cid Ferro.

O paso de Duarte por Cambados non foi tarefa sinxela. O sarxento da policía cambadesa tivo que velas cos autores de varios blogs de Internet, no que o critican sen piedade, e co aspirante a ocupar a praza definitivamente, Maximino Cid Ferro. Duarte foi un dos personaxes elixidos polo Señor X para facer os seus populares fotomontajes en Internet. Neles acusábaselle de estar ao servizo político do alcalde(Dentro das suas funcións esta o servizo deste, e como sabemos todos fora desas funcións tamén). Tampouco escapou da crítica de Cid Ferro. Este consideráballe o elixido polo goberno local para dirixir a policía cambadesa e ata especulaba que a praza de suboficial fora creada á súa medida(Non so a praza de suboficial, senon que as bases para a praza de sarxento interino deixaban moito que desexar, unhas ilegais ata por segunda vez, primeiro os méritos feitos a medida, despois quereno eximir de facer as probas físicas, se quere a praza que a gañe legalmente, que entrene e que estudie). O sarxento, pola súa banda, nunca quixo responder a todas estas afirmacións, pois consideraba que non era algo propio do cargo que ocupaba.

Según o Diario de Arousa:
Tourís agardará a que o cesamento sexa oficial para nomear un novo xefe da Policía.

O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, manifestou onte que aínda non recibiu a notificación oficial do cesamento de José Manuel Duarte Solla como sarxento xefe da Policía Local, aínda que coñece a súa intención despois de que llo comunicase verbalmente durante unha conversación.

A marcha de José Manuel Duarte propiciará, segundo marca a lei, que o policía de máis rango asuma o mando e neste caso sería o único cabo que actualmente hai no persoal. De todos os xeitos, o alcalde podería nomear a outro sarxento interino ou ata a praza de suboficial, que exercería de xeito provisional ata que se cubrise a praza definitivamente. Neste sentido, cabe recordar que o actual sarxento, José Manuel Duarte, tomou posesión do cargo un mes despois de que cesase nas súas funcións o seu predecesor, Emilio Villanueva. O alcalde só tería que convocar a praza, dar tempo para que se presenten as solicitudes e que os aspirantes superen un exame de méritos, tal e como ocorreu con Duarte que obtivo a mellor nota dos que se presentaron(Con bases feitas polos sastres do concello).

Por outra banda, unha sentenza xudicial, xa recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, obriga ao Concello de Cambados a "nomear a Maximino Cid Ferro para cubrir a praza de sarxento da Policía Local", logo de dar por válido o informe pericial que puntúa o seu exercicio recorrido cun notable alto. A resolución xudicial obrigaría ao Concello de Cambados a nomear a Maximino Cid Ferro sarxento xefe da Policía Local de Cambados, ao considerar que superou o quinto e último exercicio, tal e como acredita un perito independente na súa cualificación. O actual sarxento, José Manuel Duarte, declinou onte realizar calquera tipo de declaración respecto a súa marcha.
Sen dúbida que se comprometeu co seu traballo e que era todo un profesional, pero como persoa deixou moito que desexar, votarei de menos esas chamadas estilo mafia calabresa, esas chamadas con nº oculto(sin ir máis lonxe a semana pasada 4 ou 5 veces o día durante unha semana) igual queríame comunicar persoalmente que se marchaba, ou non.
Decir como sigueu o xogo do blog, actitude propia máis dun rapaz de 15 anos que dun sarxento da policía local, facendo cometnarios no blog, chamando a todo o mundo con nºoculto, dicindo que non se ía a implicar e o final si, ¿quen o motivou realmente a denunciar?..., en fin, por que marcha Duarte?
Quizás pola vergonzoso proceso que rodea as bases de suboficial, quizás porque xa é a segunda vez que as fan ilegalmente, xirando en torno a súa persoa, primeiro os meritos feitos por un sastre, despois porque o queren eximir das probas físicas, e evidente o por qué dese motivo(salta a vista, non me invento nada).
Quizás porque algúns membors da policía local foron portada de situacions máis propias dunha comedia británica, ¿Onde esta a bicicleta, a linterna as gafas de sol..., pelexas entre pl's bebidos e comerciantes...Non o creo porque son feitos aillados.
¿Porque o equipo de goberno non atendeu a algunas das súas demandas, e este patalexou como un neno pequeno, e as discrepancias co alcalde invitarono a irse?
Porque foi protagonista dunhas fotomontaxes nun blog e Máximo Cid denunciou as irregularidades dunhas bases feitas a medida para él. Non o creo, porque Duarte demostrou ser unha persona prepotente que estas cousas a él resválanlle.
Quizás a razon máis lóxica e non nomeada sexa que se lle acaba a excedencia en Pontevedra, e non quere arriscarse a seguir de sarxento interino, por si os Tribunais lle dan a razón a Maximino, e as de suboficial están paradas. Polo que non se arrisca a quedarse sin chollo.
Bueno Duarte, pese as nosas discrepancias, deséxoche o mellor en Pontevedra, espero que uses a camisola do Sr.X que che regalei ainda que sexa para dormir, aínda estou esperando que me felicites polo meu cumpleanos, e adícoche estes fotomontaxes con todo o meu cariño:

7 comentarios:

Anónimo dijo...

non temades que esta non se vai e si o fai tentara voltar pola porta grande, isto é unha extratexia.
eu tamén lle desexo boa sorte pero fixo moito dano en camba2 e non se pode ir pola vida facendo dano de forma gratuita espero que aprenda a lección.

Anónimo dijo...

hoxe mirei na voz de galicia que un policía de camba2 quere quedar nas ofinas, supoño que sentado porque traballar non sabe. O mais asombroso e que dice tamén na voz que este Policía Sindicalista xa denunciou o Concello e que tamén denunciou as irregularidades na plaza de Sarxento no seu momento. Quero pensar que foi un erro, porque o unico que denunciou as irregularidades fou Maximino Cid Ferro e foi precisamente este Sindicalista un causante das irregularidades, entre elas a dar filtrar supuestamente o exame o outro opositor. O este tio e que non lle cae a cara de vergoña. A voz deberia correxir ese erro ou senon correxilo o sr. sindicalista, outro que tamen lle fixo moito dano os seus propios compañeiros. Podelle xustificar a minusvalía o seu primo, o mellor cola como cando foi da otra vez que el xa sabe. Sorte Duarte en Pontevedra, creo que lle vai facer falla, alí estan a esperarte os brazos abertos......

Anónimo dijo...

Falar de Duarte ou de quen seña neste medio onde ninguén te ve,abofé que é doado. Si,alomenos, o que escribe deixara algunha pista, daquela "supuestamente" poderíamos saber quen é cadaquén, ainda que eu coido que xa todos nos coñecemos ¿non si?. Consello: A vindeira vez que merques un coche, mira ben antes de pagalo que non estea comesto.Despois veñen os problemas.

Anónimo dijo...

adicado o anónimo anterior.
Non sei quen eres e sinceramente non me importa ainda que o intuio. Tampoco sei quen foi o que mercou un coche comesto, ainda que que non foi moi espabilidado, se pensas que son ese esta equivocado. Digocho por se a tomas con él, non te vaias a equivocar e che saia mal.Coida a saude, e moi importante

Anónimo dijo...

A marcha do Sr. Duarte puidera ser debida ao cumprimento do prazo máximo de excedencia do seu anterior posto de traballo en Pontevedra, polo cal se non se reincorporaba podería perder a súa condición de membro da Policía Local de Pontevedra. Diante desa situación e o seu negro futuro en Cambados polas consabidas circunstancias, é loxico que volte a Pontevedra. Outra das cuestións -por moito que se afirme o contrario, lanzando mensaxes ao vento dun certo "feeling" entre o Xefe e a plantilla-, é que a diferenza doutros sitios, en Cambados cada PL é un sindicalista co libriño do regulamento no seu peto, polo cal cando o Xefe lles dicía que había que facer isto ou aqueloutro, calquera PL lle dicía que había que facelo, pero que en ningures estaba escrito que era da súa competencia.
En fin Deus o vexa ir e non volver, e o digo sinceiramente desexándolle toda cras de sorte e parabéns, o que pasa é que por ética xa tiña que ter demitito antes e poño un exemplo dunha funcionaria que contratou ao seu fillo por 1800 €, cando os seus compañeiros que entraron a traballar polas mesmas datas cobraban 900. Ao destaparse a situación, esixironlle respostas a súa nai, e diante da situación creada coa publicidade exterior, o rapaz por estar no ollo do furacán e supoño que por vergoña, deixou o seu traballo. Isto acaeu nun Concello da nosa bisbarra, pero a súa nai non tiveron a valentía de abrirlle expediente ningún.

Anónimo dijo...

Creo que este artigo é duro de por sí, quizáis porque o seu autor aínda non coñeza pola experiencia da vida que se poden dicir as mesmas cousas cunha certa elegancia, caso contrario, xa se sabe o que hai, se ben é certo que a exceptio veritatis tamén xoga un papel moi importante a prol da verdade, e no caso das chamadas anónimas estas tamén deixan a súa pegada. Só con saber o número de tlf. do amentado, coñeceriamos aos núms. aos que chamou e sonaría a campá do bingo!.

Anónimo dijo...

!UY! Esto esta a poñerse moi complicado. ¿Porque non falades un pouco mais... sin ser en lave morse? E que non non enteramos. Vos, que estades a cotío ahí, e probable que o teñades claro, pero os demais, do tema da funcionaria, dos 1800 euros (látima deles) non sabemos. Penso sque deberíades ser un pouco mais claros. Saúdos.