24 enero 2008

Batalla contra os blogs

Segun La Voz de Galicia:

O PP retoma a súa batalla contra os blogs locais por consideralos ofensivos.

Desde O Grove reclaman unha normativa que saque do seu anonimato aos responsables destas webs.

Un ano despois de que o PP iniciase unha batalla legal contra dúas blogs de Cambados e O Grove por estimar ofensivos os seus contidos, os populares grovenses devolven o asunto á actualidade. Fano da man da concelleira Diana Otero que onte anunciaba que realizará xestións a través do seu partido para conseguir unha «proposta de regulación normativa na que se obrigue aos editores de blogs a constituír un rexistro co seu DNI, mediante o que se fagan responsables dos seus contidos e facilitar que estes delitos non queden impunes e que aqueles que se dedican a insultar e a coaccionar nos blogs poidan ser denunciados polas vítimas», segundo explica a edila. Actitudes «covardes» Desde o PP do Grove reprochan a «actitude covarde dos editores destes blogs e plataformas informáticas de linchamento das persoas que non pensan igual que eles».

O Grove converteuse, xunto con Cambados, no municipio da comarca no que hai maior proliferación de blogs dedicados a analizar e opinar sobre a actualidade local, nos que se presta especial atención ao debate político. Os cargos do PP adoitan ser os peor parados nestas páxinas de Internet nas que se inclúen fotomontajes nos que se ridiculiza aos políticos. Pero non só a eles. Este tipo de críticas tamén afectan aos seus familiares e a traballadores dos concellos. Estes blogs tiveron o seu momento de maior efervescencia a principios do ano pasado a tenor das denuncias do PP e a publicidade que todo iso reportoulles.

É grupo levou ao xulgado ás webs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com e en febreiro o xuíz admitía a trámite unhas denuncias coas que o PP pretende sacar do anonimato aos autores destes blogs e que se dirimisen responsabilidades. Pasadas as eleccións de maio o ton dos blogs relaxouse así como o debate social xerado sobre eles pero non o suficiente como para deixar indiferentes a quen son obxecto de crítica. «Aquí non se salva nin o apuntador. Facendo un percorrido sorprendente polos blogs locais atopeime con insultos, calumnias e inxurias variadas a políticos, funcionarios, policías empresarios, xornalistas... e tamén aos seus familiares e achegados. Actitudes covardes, infames e viles das miserias humanas. Non ten outra palabra», sinala Diana Otero.

E que pretende, que o PP eleve esa proposta a ONU, pero non ve que a maioria de servidores e empresas donde se recollen os blogs non son de España, en fin o que busca e protagonismo e non sabe como.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Pódende tirar algunhas conclusións deste actúar sen sentido, nin sentidiño ningún. Pois no plano no que esta formulado é un aúténtico Ad absurdum. Non tén consencuencias xurídicas ningunhas, é un simple desideratum, pero é máis sen lóxica racional ningunha, porque no caso dos servidores no Estado Español xa está todo inventado e no caso dos servidores que se atopan no extranxeiro as súas Leis xa os regulan, pero hai outra cousa que chama a atención, quen ailla as palabras dos seus contextos que está a facer maís que terxiversando ou falsificando o que quixo dicir o seu autor. Agora na vez de chamarlle a un feo (a pesar de acodir as canons da estética latina ou grecoromana) teremos que dicir que non é guapo, se un é coxo teremos que dicir que non deambula ben, se un é chosco teremos que dicir que só ve por un ollo só, se un ésta eivado dunha man teremos que dicir que coa outra non pode, se unha non che é moi espabilada teremos que dicir que non se desenvolve ben, se unha non se come un rosco teremos que dicir que hai que esperar á Pascua, etc, etc, etc...
Icaro quería voar e non se lle ocorriu máis que tirarse desde o alto dun outeiro con ás de aguia ou foi aquel que quixo chegar voando ao sol?. A nosa Diana pásalle talmente igual.

Anónimo dijo...

Y ahí radica el gran problema.
Estos blogs están registrados en países donde no puedes actuar aunque te llamen cabrón, desgraciado, chulo, se acuesta con menganito, es lesbiana, maricón, o tiene un grano en la punta de la nariz..y todo con nombres y apellidos.
Y cuando entres en un buscador, puedes poner ese nombre y esos apellidos, y verás todo lo que dicen de esa persona.
¿Y a quien demandas tú sobre tu derecho al honor y a la intimidad?
A Perico de los palotes....porque nadie se hace responsable, ni blogspot, ni EE.UU, ni las islas Caimán...
¿Y qué vivimos en una ciudad sin ley donde yo te puedo llamar de todo en un medio de comunicación y aún por encima no puedo defenderme porque todos se esconden tras el ANONIMATO.
pues ese es el problema, y a lo mejor, mañana sois vosostros o vuestros hijos los que tienen la sensación de no estar protegidos.
Y aquí el derecho civil no puede hacer nada ya que es la injerencia en otro país...
Y todo eso pasa por no tener ni idea de cómo funciona el derecho.

Escévola dijo...

Olas de novo:
Resulta que onte fun ao blog de Diana
e fixen un comentario a respecto da súa diatriba e outro a respecto dun dos comentarios que tiña no que se usaba unha frase dun sofista grego que propuganaba unha sociedade de castas ou de "aristoi" ( os mellores, e etimoloxía evidente de aristócrata e aristocracia). Ben, so dixen que se molestaban os blogs que os levase ao xulgado e que me parecía ben que nese blog de "paladíns da democracia" se usasen citas antidemocráticas (incluso na época) e propuganadores de sociedades de castas.
Que pasou? Que ao final os paladíns da democracia censuráronme o comentario. Iso si que é democracia, si señor.

Aratz Castro dijo...

Hola:

Yo solamente quisiera decir que me parece una idotez, si se me permite la expresión, lo dicho por la anterior persona.

Que yo crítique aunque sea duramente una actitud política no tiene que ser delito. Si insultó sí. Pero eso mismo debería aplicarsele a los partidos políticos y por supuesto a sus dirigentes intituionales. Ellos son quienes se escusan en su derecho a noi ser juzgados por sus manifestaciones institucionales aunque insulten a grupos concretos. ¿quien es el que está desprotegido?

aratzcastro.blogspot.com

Anónimo dijo...

Para o segundo anónimo. Observo que aínda que tés algunha ideíña de que vai o asunto, descoñeces outras. Recentemente un Xuíz de Cambados, nun asunto civil, pechou unha páxina que se emitía desde Franza, polo tanto o que afirmas non é verdade. Non só existe a vía civil (Lei Orgánica 1/1982 de 5 de maio, de Protección Civil do Dto. á Honra, á Intimidade Persoal e Familia e á Propia Imaxe, que foi modificada pola tamén LO 3/1985, de 29 de maio. A vía penal tamén está aberta por simple denuncia dun funcionario, Axente ou Autoridade por funcións no exercizo do seu cargo, sendo de oficio as accións e o Ministerio Fiscal e quen actúa instando ó exercizo desta, tanto civís como penais pertinentes e cando son particulares os presuntamente prexudicados ou ofendidos tamén a vía penal puidera ser a axeitada, pero para elo a formulación de querela é imprescindible. Non debemos esquecer que hoxendía as equipas técnicas tanto da Garda Civil como do Corpo da Policía Nacional contan con moi bos profesionais. Agora ben, creo que a cuestión non é isa, a cuestión é que se pretende coa aplicación orweliana de control é que o Estado mediante unha medida intervencionista pública, facilite de xeito automático o acceso principalmente aos denunciantes privados, cando son eles os que teñen que achegar ao procedemento a carga da proba, pois non esquezamos que tanto as faltas como dos delictos de calumnias e inxurias son delictos privados non públicos, agás o do amentado dos funcionarios, Autoridades e Axentes ou a que na boa lóxica ao ser a vía penal un principio de intervención mínima por parte de Estado pola privacidade destes feitos, se acoda a vía civil. De tomarse ista medida existiría pois unha evidente contradicción no plano xurídico na esfera da intervención.
Outra cuestión de fondo na presenete temática é que na maioría dos casos, sexa pola vía civil ou penal, alomenos na cuestión dos cargos públicos, chegados á parte dispositiva das sentencias a maior parte delas son rexeitar a demanda ou a absolución do acusado, pois prevalece cáseque sempre o dereito á liberdade de expresión e información polo ben da defensa do interese público, así como tamén a interpretación dentro do contexto no que está inserida unha frase ou as palabras supostamente inxuriosas ou calumniosas.
Polo tanto aquela frase que tanto está de moda nos políticos cando outros os acusan de algo: "Se crees que tés razón, vaites aos Tribunais, pois iso que a apliquen como principio asi mesmo, e non esquezamos que téñen todos os medios do mundo, que saen dos petos de Juan Pueblo, a pesar da simple denuncia e a persecución de oficio polo Fiscal.

Anónimo dijo...

Sobre el Grove:

Me parece denigrante el uso de la politica y la democracia por parte esa caricatura de politicos que tenemos en todos las agrupaciones politicas. Sera que acaso en vuestras inquetas cabezas no cabe la idea de democracia, sino de absolutismo. Ningun partido en la historia de nuestro pueblo a tenido la vergüenza de governar sin intereses, de ejercer la democracia como tal, en consenso entre seres humanos que buscan lo mejor para su pueblo... Y así seguiremos, gobernados por una manada de carroñeros que solo buscan su porcion de carne en un cadaver putrefacto de gente que solo se mueve por el interes.

A mis 23 años me veo en un pueblo con grandes posibilidades regido por una panda de incompetentes que jamas han sabido velar por lo mejor para nuestra población.

¿Sera que el Grove es mas feo que nuestro vecino Sanxenxo?

¿Sera que nuestras playas son peores y por eso tenemos menos Banderas Azules?

Si no tenemos infraestructuras, es por algo muy sencillo. EN ESTE PUEBLO NO EXISTE DEMOCRACIA, Y MIENTRAS LAS AGRUPACIONES POLITICAS SE DEDIQUEN A DARSE POR EL CULO UNAS A OTRAS; JAMAS SEREMOS LO QUE DEBERIAMOS SER, UN PUEBLO GRANDE

Sobre las Opiniones Personales:

Cada uno es libre de leer y creer en lo que quiera. Miren a los cristianos, que todos los domingos se presentan religiosamente en su Iglesia. Parece que ya nadie se acuerda de Cruzadas, masacres, y todo tipo atrocidades, pero eso nadie lo comenta. Prefieren hablar de la benevolencia del Todopoderoso.

Esas son caras diferentes, pero son 2 caras de un total, como una moneda. Siempre que haiga alguien dispuesto a darte un alago, habra alguien dispuesto a ofenderte, y la vida es tan sencilla como eso.

Si nos metemos en mamarrachadas, adelante, demostremonos nuestro nivel de inteligencia intentando dar por culo con el mayor estilo posible, pues hay quien en vez de darle la espalda, prefiere gritarlo a los 4 vientos para que todo el mundo lo escuche, y no se dan cuenta de que ellos mismos son los que les dan propaganda a la gente que hace este tipo de comentarios.

"De lo que te cuenten la mitad, y de la mitad, la cuarta parte"

Sobre el Señor X:

Siga realizando su tarea de la misma manera que lo hace hasta ahora. Urdazi tambien decia que era objetivo, y su objetividad le costo el despido. Debe ser la primera vez que despiden a un reportero por honrado.

Talvez Milá y Prats sean mentirosos, y por eso conservan su trabajo...

Anónimo dijo...

Si fixeran as cousas como deberan estos politicos baratos non habería porque criticalos, se non todo o contrario, pero como eles mismos non se matan moito en facer as cousas ben pra os veciños que somos nos os que pagamos os impostos, de que carallo se queixan, ésta e a única forma de desafogo que temos porque ir ali a donde estan eles a quexarse e sinónimo de que se rian de nos, e perder o tempo e a paciencia.
Asi que non se queixen si os criticamos e señal que non estan facendo as cousas ben e así facemoslles recordar, tamen eiquí nos queren calar a boca, manda carallo, asi nos entenden todos.

Anónimo dijo...

Todo isto son caralladas. O que non se pode fazer é montar unha guerra contra a comunidade cibernética porque así como te poden por a caldo por un blogue, tamén o poden fazer cun altavoz nun coche por toda a vila e se non sabes ken o fixo tampouco podes fazer nada contra iso.
Aparte diso, considero totalmente xustificado o uso dos blogues para que persoas con certo criterio poida informar á xente sobre a verdade, xa que os meios de comunicación alternativos a internet non o fan (de ahí o termo meios de comunicación e non meios de información).
Como última cousa, para a xente que queira saber como vai o mundo "de verdade" hai unha forma fácil de deducilo (O que diga EEUU e Espanha é xustamente o contrario do que ocorre)
Poñamos varios exemplos:
Hai bombas en Iraque...
Chávez é unha ameaza internacional...
O pobo palestino ten lixeiros problemas de avastecemento debido a certos conflitos cos israelís...
E xa metidos en temas de Estado, EAE e EHAK son ETA

Un pouco de vergonza por favor, con mentiras tan graves e normal que vos poñan a parir por todos lados e máis aínda que vos porán.

Gora Eusko Abertzale Ekintza!!!
Grupo parlamentar de EAE e EHAK no Congreso Espanhol!!!

Anónimo dijo...

Hoxe mandei o meu parecer ao blog do PP en O Grove, espero e desexo que non mo censuren, pois non insultei a ninguén, senón que dixen a verdade, ben é certo, son consciente de elo, a miña verdade, discutible, criticable, e mesmamente rexeitable pero é a miña verdade e quizais non queiran que nin siquera iso, que se publicite a miña verdade, mentras a deles pretenden que sexa infalible.
Abur lo...