27 junio 2007

AXENTE DA PL PRESUNTO LADRÓN DUNHA BICICLETA

Según o Diario de Arousa:
INVESTIGAN A UN POLICÍA LOCAL DE CAMBADOS POR UN PRESUNTO ROUBO DUNHA BICICLETA.

O Concello de Cambados denunciou ante o Xulgado a un dos seus policías locais como presunto autor do roubo dunha bicicleta do depósito municipal de vehículos, segundo confirmaron fontes xudiciais. Por este motivo, desde o Concello ordenouse o inicio dunha investigación interna para determinar o grao de responsabilidade do axente e comprobar se puido ou non subtraer outros obxectos que desapareceron nos últimos meses. Ademais, o municipal podería ser sancionado cunha suspensión de emprego e soldo ata que finalice o procedemento penal. Pola súa banda, o inspector xefe de Cambados, José Manuel Duarte, non quixo confirmar nin desmentir a existencia desta denuncia interposta ante o xulgado.

Un policía municipal de Cambados está sendo investigado despois de que se presentase unha denuncia contra el por ser o presunto autor do roubo dunha bicicleta do depósito municipal de vehículos. O axente, que xa recibiu a notificación oficial do Xulgado, podería ser suspendido de emprego e soldo ata que finalice o procedemento xudicial e ata expulsado do corpo se se confirma que cometeu o delito. As investigacións abertas por mor da denuncia están bastante avanzadas e, ao parecer, podería ser tamén o responsable da desaparición dalgúns obxectos. Un deles sería unha lanterna que se atopou logo de varios días debaixo do asento dun coche patrulla onde xa se buscou anteriormente.Tras a desaparición da bicicleta intensificáronse as indagacións e foi localizada aos poucos días en posesión do seu fillo( que no vería, bisicleta nova). Ante esta evidencia, o axente foi interrogado nas propias dependencias policiais(por Duarte a lo instinto básico), en presenza de varios dos seus compañeiros e de persoal do Concello. Fontes consultadas por este xornal apuntaron que o policía negou roubar o biciclo e xustificou que o tiña o seu fillo porque llo deixou un amigo que nestes momentos está en Andalucía(si e o que suele pasar, quen di en Andalucía di no Congo Belga). Pola súa banda, o inspector xefe(interino) da Policía Local de Cambados, José Manuel Duarte (Solla,absteñanse de facer rimas), lonxe de aclarar a polémica situación, non quixo nin confirmar nin desmentir calquera cuestión relacionada co caso. Con todo, outras consultas realizadas sinalan que a denuncia leva máis dunha semana nos xulgados e que desde entón a investigación interna intensificouse coa finalidade de corroborar con probas que este axente puido ser o autor do roubo da bicicleta no depósito municipal de vehículos. Outras fontes engadirían que, froito das pescudas realizadas, púidose descubrir que o policía local de Cambados denunciado tamén podería ter unha causa pendente relacionada con outro delito(aparcar nos servizos municipais, en liña amarela, no paso de peóns...). De confirmarse este extremo, e no caso de que fose condenado por algún destes dous delitos, a súa expulsión do corpo de Policía Local de Cambados sería inmediata, polo que xa non podería continuar traballando na Administración pública e tería que buscar o seu futuro laboral na empresa privada.Este suceso causou un profundo malestar no colectivo da Policía Local de Cambados, cuxos axentes non ocultan a súa preocupación por este feito. O persoal teme que as accións dun único municipal poidan afectar á boa imaxe que se gañaron ao longo dos últimos anos(sobre todo a de Duarte), a través dun traballo rigoroso e profesional que está sendo valorado de forma positiva pola maioría dos veciños da capital do albariño(menos os multados de maneira arbitraria).


Duarte vixíe os seus homes

14 comentarios:

c.s.i. dijo...

Sarxento agora podes enviar ao axente (Presunto autor dun roubo) no canto de que dando voltas coa moto que de voltas coa bicicleta. E ponlle escolta, non vaia ser que falte algo mais e o Concello téñase que facer fronte aos gastos.
E este Concello non pode asumir pagar mais!!!!

Anónimo dijo...

E normal, estando rodeado de delincuentes no concello pode contagiarse calquera.

Anónimo dijo...

DE POLICIA A LADRON

Anónimo dijo...

Parece ser que hai moito ladrón solto polo concello de Cambados, e non me estraña, tendo en conta que os imPPertinentes seguen tendo o poder, i está claro que o poder os cegan. PERO NOS VEMOS, LADRÓNS!!!!

c.s.i. dijo...

A cada porco chégalle o seu San Martíño

Anónimo dijo...

Sabiais que o Axente Molares vendio a casa que tenia en Castrelo?
Sera por que sabia o que se lle venia encima e pasaba de ser puteado?
Eu espero que polo ben do Concello e da Policia Local boten a este "Ladron" do Corpo, asi os veciños de Cambados que fomos multados por este Axente Corrupto podamos dicirlle un par de cousas á cara sen ter represalias xa que non seria policia senón unha persoa como os demas!!!!

An dijo...

eso das multas arbitrarias sei eu un bo anaco...madre que***** e digo eu...seria o unico en facer esas cousas o tan sequera fariao...xa se vera :)

Anónimo dijo...

...Tamen podemos falar de Maria Parada, ela ás duas da tarde termina a súa xornada laboral no concello e aínda por riba os dias de mercado vela paseando polo mercado e facendo as compras.
E cando traballa? Pois non o teño moi claro por que sobes á súa oficina e ves os papeis de en dez minutos volvo ou estamos nunha reunion.
Sales de concello mosqueado e pasas por algun bar cerca do concello e vela reunida coas súas amigas!!!

Por que Touris non lle di nada?
Por que Touris non controla aos funcionarios?

22-jun-2007 16:33:00


Anónimo dijo...

De risa o tipiño que vin eu o martes pola tarde manexando a pala do concello,jeje,e que non tiña nin puta idea o tipo e,digo eu que como touris lle pon nas mans unha ferramenta que custou uns cuantos millons a un que non sabe manexala ea saber cantos abra no paro con experiencia neso e que farian virjerias con esa pala,que pagamos todos como sempre.eo non saber manexala acabara por jodela ea reparacion unha ves mais pagamola os veciños.

22-jun-2007 18:31:00




Anónimo dijo...

..o el que se sienta a fumarse el pitillo mirando el tiempo pasar,coño fumatelo pero sigue trabajando.pero el colmo de los colmos es el que va diciendo,casi que presumiendo,que ay no se esta por trabajador si no que por enchufe.. ¿SERÁ POR ADELA E MAR QUE PASAN A MAÑAN SENTADAS NA PORTA DO AUNTAMENTO?.

...Tamen podemos falar de Maria Parada, ela ás duas da tarde termina a súa xornada laboral no concello e aínda por riba os dias de mercado vela paseando polo mercado e facendo as compras.
E cando traballa? Pois non o teño moi claro por que sobes á súa oficina e ves os papeis de en dez minutos volvo ou estamos nunha reunion. ... E VEN CERTO O QUE DIS, TIÑA QUE POÑER UN POSTO NO MERCADO, OU CANDO TODA A MAÑAN ESTÁN OS PAIS NA OFICINA, CANDO ESTABA A IRMAN TIÑA OS PAIS ALI METIDOS TODA A MAÑAN.

monteritis dijo...

poli de guardería. É a mellor caricaturarización que lle fixestes. El sempre o dí, traballa nunha guarderia, non nunha xefatura de policía local. Menos mal que pronto virá super maxi e xa transformará a guardería nun xeriatrico. Vainos ter como dioses, ata lle limpiará o cú cando vaian cagar.

c.s.i. dijo...

Duarte quédache moi pouco aqui!!!

Vaiche mentres non che estala a bomba, cando estale Touris pedira a túa cabeza como Xefe Interino da Policia Local.

Cando veña Maxi pondra orde na Policia Local e lle baixara os fumes a mais dun.

Cada vez a conta atras aproxímase 6..5..4....

Anónimo dijo...

Maxi cada vez mais cerca.......
a tembrar omega3, tes o boleto ganador das ostias.

Anónimo dijo...

eso eso a ostias con Omega3!!!

c.s.i. dijo...

O que eu non entendo é por que o Duarte fixo o curso de Sarxento na Academia Galega de Seguridade senón ese curso só é para persoal que xa ten a praza en propiedade!!!

Houbo presións desde o Concello para que lle admitisen?
Houbo favoritismo na Academia por que Duarte daba clases nela?

Desde o Concello de Cambados tenian que dar exemplo e aceptar que Maximo aprobo a praza e abrir un expediente sancionador a Molares polos delitos que o xulgado esta investigando.

Anónimo dijo...

la foto de la guardería esta muy bien, pero si los niños tubieran la cara de los guardias seria sublime ....