05 julio 2007

PRAZA DE SARXENTO PARA MÁXIMO POR SENTENCIA XUDICIAL

Según La Voz de Galicia:
O XULGADO OBRIGA AO CONCELLO DE CAMBADOS A NOMEAR SARXENTO(agora Inspector Xefe) A MAXIMINO CID FERRO .(Por fin se fai xustiza).
O xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra deu a razón ao aspirante a sarxento de Cambados, Maximino Cid Ferro, e ditou sentenza para que a comisión de goberno noméelle como novo responsable da policía local do municipio. O goberno local xa anunciou que recorrerá esta decisión(¿volverase a facer xustiza?).
Despois de que o Concello de Cambados repetise o quinto exercicio da oposición a sarxento, no que se detectou irregularidades, o tribunal do mesmo suspendeu os dous aspirantes. Pero Cid Ferro, que leva sete anos nos xulgados reclamando a praza(David vence a Goliat), presentou un recurso contra o seu suspenso. Cando a comisión de goberno rexeitou a súa petición, este policía ourensán acudiu, de novo, aos tribunais. Estes déronlle agora a razón( O asesor xurídico do Concello perde todo, ¿perderá a súa praza tamén?,que contraten a Mortadelo que lle dará mellores resultados).
A sentenza recorda todo o proceso que seguiu este caso desde que no ano 2000 Cambados sacase a concurso a praza de sarxento. Tras debater se os tribunais son ou non competentes para revisar as decisións do tribunal dunha oposición, o xuíz conclúe que no caso obsérvanse «vicios de arbitrariedade e desviación»(vicios neste concello hai moitos).
Esta circunstancia «evidencia a resistencia da administración demandada non só a executar aquela sentenza senón sobre todo a permitir o acceso ao emprego do agora demandante», explica a sentenza. Engade ademais, que o perito elixido(co acordo de ambas partes) para revisar o exame concedeulle un notable-alto, fronte ao suspenso que no seu día lle outorgou o tribunal(Dominguez, Touris e outro +) da oposición a sarxento.

20 comentarios:

c.s.i. dijo...

Felicidades Maxi!!!!!

Anónimo dijo...

a miña noraboa para ti.

Anónimo dijo...

Felicidades Duarte

Anónimo dijo...

O final como estaba dito Duarte o xefe de Maxi! xenial

Anónimo dijo...

Por fin se fai xustiza e se deixa a Touris co cu o aire, pero coma sempre non pasara nada.
Se esta persoa a quen o concello de cambados discriminou por non ser dos deles se quere manifestar conta co meu apoia, basta xa de inxustizas no noso ppobo

An dijo...

A ver como remata o conto, por que inda que ese home entre ali, dame a min que llas van facer pasar moi maliñas :P Saudos

Sr. X dijo...

Por que a prensa non se fai eco da noticia???? por que queren minimizar este grave atropelo????

Anónimo dijo...

E agora el "sr" Touriz está a rr que te rr, non quere arriar en banda a o seu protexido, manda carrallo, ainda non sei como oubo xente que o votou nas elecions, hay que ver como protexe a seu acólito (Omega3) agora xefe de todos los xefes inspectores de Cambados e con licencia pra o que sexa da sua maxestade Touriz e os seus secuaces.

c.s.i. dijo...

DE NADA MAXI

Anónimo dijo...

O shi lalalá stou boraxo

Anónimo dijo...

xarará macrobotellón nas palmeras, xarará subide por elas, xarará bebidas a montes, xarará con Tourís non contes.

mínimo dijo...

Viva Maxi, o noso heroe. Dentro de 4 anos candidato do bloque, ou eres do psoe??. Ten que vir un de ourense a gañarlle un pleito a toruris e nos a velas vir e deixalas ir.E dicir que todo empezou porque un da ugt lle quixo filtrar o exame de tapadillo a un psoe...

Anónimo dijo...

Para mínimo: Non home, non. ¿Non oíches o que dixo Tourís ? Non queere a Maxi porque non ten o curso da academia feito e non superou o recoñecemento medico, o mesmo que pasou co outro sargento que non entrou. !AHHHHHHHHHHHH! jeje.

Anónimo dijo...

Este Norberto ten cada cousa... E que xa non sabe o home que decir.... A verdade e bo home... el fai o seu traballo para touris.

Anónimo dijo...

É unha satisfacción saber que ao final a xustiza é a que manda, e non os antoxos do PP cambadés, claro que para chegar a isto se tiveron que dar moitas voltas de máis.

Anónimo dijo...

non pode ser candidato,do BNG porqe este era mais simpatisante do pp de orense. mira que podemonos estar travucando un chisco.

Anónimo dijo...

Eu tamen estou de acordo en eso. O que pasa e que o pp falloulle. haberia ue preguntarlle a Cabezas.

Anónimo dijo...

Pero si sei de boa tinta que era recomendado de Baltar e pa ser recomendado de Baltar xa ten que ser ....cha, creo que se está aprobeitando de este blog para dar pena e logo sae con que e do PP.

Anónimo dijo...

Dicir que Maxi é simpatizante do PP significa que non o coñecen moito, sera esta a nova estratexia dos PPtroleiros de cambados?.Nas vindeiras datas seguro que non quedan por escoitar moitas cousas similares para desviar a atención sobre o verdadeiro tema. De tódolos xeitos que lle pregunten ao xefe da PPolicia de ourense a ver que opina jejeje
ANIMO MAXI...

Anónimo dijo...

¡Coidado con os PPelotudos!