02 marzo 2007

CSI:CAMBADOS

Según La Voz de Galicia:

A policía de Cambados decomisa cinco ducias de ovos a grupos de mozos durante o carnaval
27/02/2007
A Policía Local de Cambados se incautó de cinco ducias de ovos durante os carnavales. Aínda que no municipio é unha tradición que os grupos de mozos participen en batallas nas que utilizan os ovos como armas para lanzarllos os uns aos outros, este ano os axentes decidiron tomar cartas no asunto despois de que fai uns días os comerciantes protestasen polo estado no que quedaban os escaparates dos seus comercios, manchados de amarelo. Os axentes aclararon aos rapaces que podían recoller os ovos na policía logo das festas de carnaval, pero como ningún o fixo, as cinco ducias foron doadas ao asilo de anciáns da localidade.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

A min paréseme moi ben, de tradisión nada eso é de onte pa acá. E a movida non é só que sean uns rapases contra outros, sinón que aljúns subnormais que hai no noso pobo que cada ano son máis non se limitan a tirar os ovos ás outras pandas que o fan contra deles sinon a todo aquel que quere aínda que non este no mismo roolo de idiotas que eles.
Non só había que decomisarlle os ovos sinón tamén poñerlle unha multa que acarallo,pa unha cousa que fan ó dereito os da PL tamén os criticas eso de rajar por rajar desacreditate bastante.

Sr. X dijo...

A min tampouco me parece ben si andan a emborrear as paredes das casas, pero para eso que o concello faga algo pola cultura, e que habilite unha zona para que os cativos se manchen o seu gusto, como fan en Verín,Xinzo... que se tiren hovos,fariña,formigas...ou o que lles dea a gana. E si non che gusta o que ves, ¿Por que h***** entras a visitala páxina?.
Un saúdo a toda casa consistorial.

Un choqueiro dijo...

eu flipo, como por facer algo xa se cree a xente que te pode esixir nada? desacredítate di, jajaja, vaille pedir que non se desacrediten os políticos, que cobran por eso, e deixa que o que fai esta paxina a faga como lle de a gana, que non ten que rendir contas a nadie, xa bastante fai, adicando o seu tempo libre a facela.

Pd: ademáis que transcribiu a noticia da prensa. Vaslle chamar copión tamén. en fín...

Sr.X pa diante, e a túa maneira, que para eso e o teu blog

Anónimo dijo...

Son o 1º anónimo de novo, mira Sr. X a min si me justa a páxina e bastante ademáis, e estiven apoiándote na consentrasión do domingo de entroido. O que non me mola nada é que aora te ponhas a defensiva,e si dis que tampouco che parese ben o dos ovos non entendo lo porque pos eso pero bueno..
En xinzo,Verín etc., sí que é unha tradisión pero aki non.

Sen máis un saúdo e como di o choqueiro,"Sr.X,pa diante,e a tua maneira,para eso é o teu blog". Pero tamén desir que si aljo non me justa vouno desir e si queres bórralo e censúrasme e punto.

Anónimo dijo...

¿ Non sería máis fásil controlar ós vendedores de ovos, aplicándolles a Lei do Botellón?.

Anónimo dijo...

As tradicións xurden na maioría das veces por actuacións individuais que son asumidas de xeito colectivo polo pobo, polo cal pasan a ser patrimonio del, co cal que non sexa tradición non quer dicir que non o sexa no vindeiro, e polo que vexo desde fai uns anos atrás tal feito ven acaíndo, co cal tamén pode chegar convertirse en tradición ou non é que hai tradicións de só 5, 10, e 1 ano?. E xa misturando o touciño coa velocidade, as provincias polas que tanto loita o PP (váille a vida nas Deputacións) non son unha creación artificial do século XIX?. O que pasa que esta "tradición imposta" haina que eliminar por ser contraria a toda razón.
É de razón que o Concello organizara algo ó respecto ¿ por que non?. Tamén son consciente que o de tirar ovos contra das personas ou bens ten un tanto de senrazón, o normal é que se tiraran ovos entre sí aqueles que voluntariamente participaran no evento.

Anónimo dijo...

Eu creo que hai máis cousas que fan ben os da PL, de cando en vez tamén hai que tirarlle flores e eu son dos que digo que aínda está pendiente recoñecerlle oficialmente a Molares (a pesar de dos defectos que poida ter como calquer persona) a súa actuación cando se meteu a sacar a unha persona sen medios técnicos ningúns.
Tamén temos que demandar que na PL haxa medios técnicos acordes, que estén ó loro das técnicas de asistencia, que saiban facer masaxes cardíacos, ou a respiración boca a boca. Non é coña hoxe ou mañá pódelle pasar ó teu fillo e na medida que 10 minutos, ou 5 poden ser vitais para salvar unha vida, eu aposto por unha PL profesional ó máximo con medios técnicos adecuados ó século no que vivimos.

Anónimo dijo...

For Mister X: Creo que podes ser un pouco máis fino, non hai que cabrearse, hai que ser máis prudente e diplomático, aínda que un non sexa de Monte Alto. Máis retranca e humor.
Por suposto que agradecemos a túa dedicación a ternos entretidos e a que poidamos expresarnos sen ser por elo de pensamento único.

Anónimo dijo...

En primeiro lugar, para que a PL sea profesional, hay que escollela coma tal, e non enchufar a alguen que sabes que vai facer o que ti lle mandes como un cancioño.
En canto a tradicionaidade dos ovos. Supoño que en Verin tamen comezaria por algo asi, eu tteño 20 anos, e xa fai 10 saia cos meus amigos a tirarlles ovos as outras "bandas" tamen e certo que sempre hai algun que lle tira ovos a todo o mundo, pero para evitar iso, haberia que formalizar un pouco a feste e decirlle os rapaces, tedes todo o parque das palmeiras pa facer guerra de ovos, poslle un par de bidons pa que se agochen e os rapaces pasarano en grande e sen molestar.
Pero como xa sabemos ao concello non lle gusta promocionar o entroido, cicais haberi que pedirllo aos de UGCH que segurop que si fan algo.

Anónimo dijo...

aqui o que lles importa é que quedou cambados sucio e eso teñen que limialo.

a min o que me fastidia é que todos os mercores e sábados voen plásticos para o mar, como logo desaparecen, non se lles da a mínima importancia nin se tenta buscar unha solución.

eu creo que son uns anticuados e non se dan conta do dano que pode provocar iso, xa que con elo contribúese a aumentar a contaminación e arrastra unha serie de consecuencias económicas e ambientais irreparables onde a mais grave é o cambio climático o cal moitos non se dan de conta de que o tal cambio si que existe.

Anónimo dijo...

E como non facedes unha campaña para concienciar os tendeiros de que teñen que recoller o lixo que deixan, eso sería unha moy boa campaaña de colaboracion co medio ambiente.

Anónimo dijo...

o de concienciar ós do mercado non é tan fásil, estes están acostumados a q o vento lle recolla a merda q deixan por ahí, mellor sería reeducalos e esplicarlle as consecuencias porque estou seguro de que moitos non saben as consecuencias que acarrexa tirar o lixo ó mar, interrumpese o ecosistema totalmente.
pero bueno non estaría de mais que cada tendeiro recollera os seus plásticos e cartóns.

Anónimo dijo...

como di un dos anonimos, ao concello que temos eso non lle importa, si o leva o vento, problema del, mentres a xente vea o paseo limpo e vote por nos, estaremos contentos e como si estivera ben feito.
E a unica politica que coñecen, e como o dos museos, gastan cartos, tempo... en facer museos, e por suposto inaguralos, ca sua plaquiña para poder sacar a foto na revista, agora si hay que mantelos, dalles igual, xa sairon an foto e gañaron uns votos, mentres que mantelo non da votos

Anónimo dijo...

porque se queren os museos,preguntovos ¿estades contra que Cabanillas teña de museo a sua casa natal? ¿estades en contra do único muiño de mareas que temos esté restaurado e se poida visitar como museo? ¿estades en contra de que se comprara para o pueblo a casa mariñeira e se poida visitar? ¿estades en contra de que teñamos un museo do viño? ¿estades en contra de que o pazo de torrado comprado para todos sexa exposición de todas las denominación de orixen? ¿ou estades en contra de que esto o fixera o governo do pp? razoade un pouquiño.

Anónimo dijo...

eu non estou para nada en contr de que a casa do noso poeta sexa un museo, nin o muiño de mareas. A casa do pescador, dame un pouco de vergoña, o museo do viño, xa nin me dignei a visitalo.
Si quixen ir a casa de Ramon Cabanillas pero estaba pechada, ao igual que o muiño do pombal. Creo que hai que pedir vez para que cho vaian abrir.
Do que estou seguro e de que cambados non necesita un monte de musos con poucos contidos ou minimamente interesantes. Seria mellor que houbera un par deles os cales se exprimiran be, organizar visitas, cousas asi, non inagurar por inagurar.

Anónimo dijo...

O que da vergonza e que nos os veciños de este pobo teñamos que pagar pra ver os museos que pagamos con nosos impostos e algo mais, eso esta ben pra os que veñen da fora, pero nos....
Ver noso patrimonio e ver a nosa cultura salenos caro o asunto .

Anónimo dijo...

non so iso, senon que o mellor so queres ir a un dos museos e fanche pagar a entrada de varios, "pa que che saia rentable visitalos todos", pero que eu so quero visitar un, que a casa do mariñeiro e unha vergoña e paso de visitala, e o museo do viño non me interesa que pa eso estan as tabernas

IRU dijo...

O que quere ser demagóxico o é, e ten todo o dereito, ó anónimo das preguntas retóricas lle digo:

Primeiro, que está ben que fagas as preguntas, si de verdade queres que chas respondan. Eu non estou en contra de que se fagan tódolos museos que hay, pero si te das unha volta por eles, verás que non se corresponden os contidos, co derroche de cartos que se fixo neles. Con puntos de información multimedia, proxectores, pantallas planas, etc... e nada de contenido de museo.

Estou en contra do "mucho y malo" en lugar de "poco y bueno". No confundas.

Anónimo dijo...

sobre os puntos informaticos de informacion... costaron unha morea d cartos. os seus contidos nunca foron practicamente informativos porque neles so contaban mentiras e mentiras, fotos de piscinas con obogans, monts de campos de futbol (agora inda temos un menos, recemos pola merced) todo mentiras, e inda por riba xa non funciona nin un
¿cantos cartos perdimos ahi os cambadeses? ¿perderiamos inda mais do que costaron? ¿gañarian eles algo no seu beneficio?
non teñen vergoña

Anónimo dijo...

si non e que se poñan ou se deixen de poñer,e que non temos nada decente xq o rompemos todo,e agora abra quen pense que pa eso esta o ayntamieto pa arreglalos, co que supon mais gastos, e si estas nun sitio non estas noutro.