01 marzo 2007

O PG pide igualdade

Según o Diario de Arousa:
O PG esixe á Xunta un trato igual para veciños e grandes áreas no uso do chan.

Alvaro Rodríguez, concelleiro do Partido Galeguista, insistía onte na importancia de que a Xunta tratase de forma igualitaria aos particulares que ás grandes áreas no que ao uso do chan refírese. A esixencia do galeguista responde á recalificación de terreos en San Miguel de Deiro para a ubicación dunha gran superficie comercial, á que o PG oponse polo "dano que ocasionaría ó comercio local". Onte mesmo Alvaro Rodríguez remitía un novo escrito á Consellería de Innovación e Industria no que solicitaba que lle facilitasen unha copia da clasificación urbanística do chan onde se vai a realizar a obra, un estudo de mercado e a súa influencia no comercio de Cambados, estudo de impacto ambiental, informe do Tribunal de Defensa da Competencia e da Comisión Consultiva de Equipamientos Comerciais, así como a descrición dos produtos que se comercializarán.

No hay comentarios: