Este mes eu dedicollo a o noso D. Ramón Cabanillas,pois e o mais ilustre cambades,e tamén porque grazas a Victor Caamaño imos ter unha Fundación co seu nome.

Mirade esta página,www.bandeiragalega.com/canto.htm,nesta páxina saen uns poemas de D. Ramón Cabanillas cantados por Juan Pardo,tamén podense escoitar un pouco a canción do poema.
Se alguén ten alguna canción completa de Juan Pardo cos poemas de D. Ramón Cabanillas,por favor mandadema o meu correo.
Grazas
5 comentarios:
Xa sabes X jr. que tes todo o meu apoio.
Imos ver Sr. X Jr: Juan Pardo foi un aproveitado que pasou or aqui por Galicia para gañar cartos e conta de Ramón Cabanillas e outros autores co seu LP "Galicia mina nai dos dous mares", é unha vergoña que este mamon só fale galego para gañar cartos, quen realmente musicou as letras de Ramon Cabanillas con admiración e respecto foi Xuan Silva. Ou outro Juan e un facha de collos e como xa dixen un aprveitado..
Pois eu penso que para ser un aprobeitado,vai levando o noso idioma polo mundo enteiro,levando tamén nosas costumes e o que é mais importante para min o noso nome GALICIA,ou como nun poema de D. Ramón Cabanillas NAZÓN GALEGA.
Hai moitos outros que son mais aprobeitados que el,por exemplo Amancio Ortega (ten moitos cartos para a merda que o mellor deixa en Galicia),el non e galego de nacemento, Juan Pardo tampouco,pero ambos son galegos de adopción,Amancio Ten a sua sede en Galicia,eso esta ben porque deixa cartos aqui,pero para min o mais importante e espallar polo mundo o que fai Juan Pardo,a nosa CULTURA.
Grazas
Non recordo a web, pero nunha que se fala de musica galega oin a Bibiano o de voces ceibes contar o que Juan PArdo pensaba de movementos como o de voces ceibes por exemplo, non os deixaba moi ben por certo, mesmo chegaba a insultalos
Recoñecer que Juan Pardo se aproveitou da conxuntura política daqueles momentos -cando fervían aires de liberdade- é un feito evidente. Eu non sei se Juan Pardo era sobriño político de Pío Cabanillas, daquela Ministro de Información e Turismo. Tamén grazas a elo, moitas persoas coñeceron os poemas de Ramón Cabanillas. Aínda vendo o seu lado negativo, creo que para a Cultura e para a Sociedade Galega no seu conxunto foi positivo. Imaxinade a transmisión fonográfica polos altofalantes, cáseque cotián da canción "En pé" a un moi importante fato de mozos na Residencia de Estudiantes en Pontevedra; iso fixo moito no plano de concienciación colectiva, incluída a miña.
Publicar un comentario