31 marzo 2007

Estrela da fama.

Co permiso do Sr. X,cada mes vou poñer una estrela do mellor cambades no noso propio paseo da fama,na zona dos comentantarios podedes poñer os vosos candidatos que poidan gañar esta apreciada estrela,pero para iso teñen que ser o mellor cambades do mes.Tamén podeselle dar un premio o peor cambades do mes,pero ainda non atopei un premio para darlle-lo.
Este mes eu dedicollo a o noso D. Ramón Cabanillas,pois e o mais ilustre cambades,e tamén porque grazas a Victor Caamaño imos ter unha Fundación co seu nome.


Mirade esta página,www.bandeiragalega.com/canto.htm,nesta páxina saen uns poemas de D. Ramón Cabanillas cantados por Juan Pardo,tamén podense escoitar un pouco a canción do poema.

Se alguén ten alguna canción completa de Juan Pardo cos poemas de D. Ramón Cabanillas,por favor mandadema o meu correo.
Grazas


5 comentarios:

Sr. X dijo...

Xa sabes X jr. que tes todo o meu apoio.

Anónimo dijo...

Imos ver Sr. X Jr: Juan Pardo foi un aproveitado que pasou or aqui por Galicia para gañar cartos e conta de Ramón Cabanillas e outros autores co seu LP "Galicia mina nai dos dous mares", é unha vergoña que este mamon só fale galego para gañar cartos, quen realmente musicou as letras de Ramon Cabanillas con admiración e respecto foi Xuan Silva. Ou outro Juan e un facha de collos e como xa dixen un aprveitado..

Anónimo dijo...

Pois eu penso que para ser un aprobeitado,vai levando o noso idioma polo mundo enteiro,levando tamén nosas costumes e o que é mais importante para min o noso nome GALICIA,ou como nun poema de D. Ramón Cabanillas NAZÓN GALEGA.
Hai moitos outros que son mais aprobeitados que el,por exemplo Amancio Ortega (ten moitos cartos para a merda que o mellor deixa en Galicia),el non e galego de nacemento, Juan Pardo tampouco,pero ambos son galegos de adopción,Amancio Ten a sua sede en Galicia,eso esta ben porque deixa cartos aqui,pero para min o mais importante e espallar polo mundo o que fai Juan Pardo,a nosa CULTURA.
Grazas

Anónimo dijo...

Non recordo a web, pero nunha que se fala de musica galega oin a Bibiano o de voces ceibes contar o que Juan PArdo pensaba de movementos como o de voces ceibes por exemplo, non os deixaba moi ben por certo, mesmo chegaba a insultalos

Anónimo dijo...

Recoñecer que Juan Pardo se aproveitou da conxuntura política daqueles momentos -cando fervían aires de liberdade- é un feito evidente. Eu non sei se Juan Pardo era sobriño político de Pío Cabanillas, daquela Ministro de Información e Turismo. Tamén grazas a elo, moitas persoas coñeceron os poemas de Ramón Cabanillas. Aínda vendo o seu lado negativo, creo que para a Cultura e para a Sociedade Galega no seu conxunto foi positivo. Imaxinade a transmisión fonográfica polos altofalantes, cáseque cotián da canción "En pé" a un moi importante fato de mozos na Residencia de Estudiantes en Pontevedra; iso fixo moito no plano de concienciación colectiva, incluída a miña.