19 marzo 2007

Proteste Xa "Unha fonte de auga para consumo human,en noxentas condicións sanitais"

Os veciños/as da Modia,que levan moitos anos bebendo auga desta fonte queixanse da deixadez do Concello ca limpeza e desaugue desta fonte de auga. Pensan que a fonte necesita un arranxo urxente,tanto en limpeza como en seguridade da mesma,tamén din que son penosas as condicions sanitarias que ten.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Sr. Xa, á xente impórtalle un huevo a fonte esta. Ainda non publicaches nada da aventuras de Antón losada, o chalado que quería pechar a gardería de cambados. O número 2 da vicepresidencia de don anxo quintana, tivo durante 8 anos unha asistenta-criada-muchacha SEN CONTRATO E SEN COTIZAR A SEGURIDADE SOCIAL. mentre paga campañas en prensa a prol da igualdade e do benestar da muller. Denunciouno a propia afectada o dia da muller traballadora para deixalo en bragas, dijo en calsonsillos. Esta é a corrupción do bloque que xa empeza a aflorar?? Debatide desto que é moi interesante.

Anónimo dijo...

Pero este losada non é o mismo que montou un follón coa seguriade da xunta, porque en San Caetano porque non queria deixar que cambiaran o letreiro de entrada a Vicepresidencia? Vou buscar no gugle a ver si atopo algo.

X Jr. dijo...

para o 1ºanonimo,aqui todo-los temas son importantes e mais se a xente da Modia pideronme porfavor que escribira algo sobre o tema,po-lo visto estes veciños foron xa varias veces o concello a pedir solucions para a fonte esa e como viron que non facian nada comunicaronse conmigo,porque a ti non che importe un huevo non e motivo para non poñelo no blog,pois ai outros temas que a ti che poden interesar e a outros non.
e non son o Sr.X, son XJr.

Anónimo dijo...

Todo o mundo pode abrir un blog e publicar as cousas que lle interese. Así que si tanto qche interesa o tema xa sabes:

Vas a bloger.com e fas un en un momentiño.

¿serás capaz?

X Jr. dijo...

Ah,o Sr.X coma eu temos un traballo e non temos moito tempo para recopilar información ou para adicarllo o blog,asique anónimo se queres que poñamos alguna noticia importante non tes maís que comunicarte con calquera de nos,as nosas direccións estan na parte superior do blog.
Pero traballarei sobre Anton Losada e a gardería.
Grazas.

Anónimo dijo...

este home se quixo cerrar a garderia seria porque a garderia non estaba en condicions de estar aberte.
En canto o da fonte, non me creo que este enmalas condicions xa que dixo luis aragunde en radio arousa que cambados era un pobo moi limpo e concienciado coa reciclaxe, non hai mais que ver o punto "limpo"

Anónimo dijo...

Eu son o que me comuniquei con Xjr. para que fixera publico a merda de fonte que temos.
Se o señor Aragunde di que Cambados e un pobo moi limpo e porque o mellor pensa que Cambados so e o centro,e o mellor ai que decirlle que Cambados son tamén Vilariño,Castrelo,Corvillón e Oubiña(tal como dixo Victor Caamaño),eu levo toda a vida na Modia e nunca vin ningún barrendeiro nin nadie limpando por aqui,pero seguro que agora cas eleccións poñeranse as pilas e para gañar votos limparan todo.
Espero que o BNG cumpra o que dixo no seu mitin de presentación,porque seguro que gañara.

Anónimo dijo...

quero creer que a Xunta de Galicia ten competencias no temas das Garderías. Sería absurdo que tomaran medidas de non telas. Creo que a cuestión se lle foi das mans ao noso Alcalde, só facía falta cumprir co que che pediran, nin máis nin menos. Unha cousa é facelo ás caladas é outra e montar o follón. Iso o fixo desgraciadamente o noso Alcalde. A responsabilidade foi toda del.

Anónimo dijo...

Por certo creo que non foi Antón Losada o que quixo cerrar a gardería senón a lei que é a mesma para todos, agora, antes a lei só era para uns mentres os outros, podían facer o que quixeran.

Polo de agora o que di a empregada de fogar de Antón Losada non está probado, é unha palabra contra doutra, ainda que libertaddigital.com estea tan interesada neste tema.

Anónimo dijo...

aquí xa vexo, todos sodes amigos de antón losada, porque é do bloque, claro. ¿Entón que opinades de que TODOS OS SINDICATOS POLICIAIS (que non se poñen de acordo nin pa tomar un café xuntos) pediran a SÚA DEMISIÓN?
Canto tivo o lío coa seguridade, o chulo barato este impediulle ós traballadores da empresa cambiar o rótulo ilegal de Vicepresidencia. Berrando como un tolo: "Aquí mando yo¡", "No sabe usted con quien está hablando", "se les va a caer el pelo". A qué vos sona esto?
O macarra do Bloque está denunciado ante o xulgado pero non dimite nin cos GEO. Disque o propio bloque o quere largar, pero non se atreve de momento.
O alcalde fixo de puta madre parándolle os pés ó payaso este. A Gardería é legal e non a pecha un chulo verbenero coma este.

Anónimo dijo...

A mín sóame a lenda urbana porque Antón Losada fala galego a todas horas xa que ésta é a súa língua nai. "Los que habláis castellano sois los que inventáis estas historias" que logo poñedes en boca de quen vos ven en gana. Non sodes creíbles, e por non saber non sabedes nin mentir nin enganar a ninguén. Apúntate ós foros e ós blogs do Opus Dei, Libertad digital, do Vaticano ou do PP que de seguro que alí estaredes encantados de oír e lér as vosas propias mentiras. Panda de trampóns.

Conroibo dijo...

A miña QUEIXA vai para o Goberno do Estado e subsidiariamente para a Xunta de Galicia, por non exercer o dereito de preferencia (aínda están a tempo) na venda da Illa de Sálvora a Caixa Galicia, non só pola súa importancia medioambiental, senón polo futuro que pode ter, aínda que este amparada polo Parque das Illas Atlánticas.
A Xunta de Galicia expropia ou ten a intención de expropiar Cortegada, ¿cal é o problema para que non se poida mercar Sálvora e xa digo o Estado ou no seu defecto a Xunta?.
Creo que hai que ter visión de futuro e a Illa de Sálvora pode ser un marabilloso e importante centro operativo-loxístico para a investigación mediambiental e mariña. Desbotar ista oportunidade e non ter miras de nada.
9:06 AM
Pido disculpas por non ser este o sitio máis axeitado para elo, se houbera un espazo para colgar as cuestións de última hora sería de agradecer.