Poema: Romance da noite de Lúa
Era unha noite de lúa
e Tourís chegou cansado
votara si no Concello
e “daquenón” no Senado
Estumballouse no sofá
para mellor relaxarse,
descorchou un “Agnus Dei”
e decidiu “conectarse”
“Cambadous” marcou por erro
e do que viu non gustou:
aparecía un maletín
rebosante de millóns.
Mimadriña!, dixo o alcalde,
Eu por aí non che paso.
Como osan “os de sempre”
a facerme tal retrato !
O “gherreiro” senador
que non quere vodas gais,
o que votou pola invasión
e pola guerra do Irak,
o que se manifestou con saña
ás portas do parlamento,
o que aldraxou conselleiros
sen andar con miramentos,
deulle un grolo ó albariño
(que estaba medio picado)
e, disposto a pór querela,
arrincou para o xulgado.
Tendo tanto poder
o homiño non entende
que antre os sumisos vasalos
apareza un SEÑOR X
El quere acalar as voces
que non lle siguen o rollo
pero esta vez pasouse
e vai a ficar sin choio.
Así, amigas e amigos,
comezou a conta atrás
a costa arriba, a despedida,
o principio do final
do alcalde que fixo pisos
no campiño do Pombal,
(o das fazañas gloriosas
de Ramoni e os Milláns),
o que non é quen de acabar
en Cambados co mal cheiro
e para privatizar a “xuventú”
tamén andivo lixeiro.
Se aquela noite maldita
elexira a Buenafuente
e en vez do “Agnus Dei”
tomara viño decente
se amase a democracia,
se non fose tan abusón
se respetase un pouquiño
a libertade de expresión
eu tampouco ía votalo
pero librariase destes ripios
que lle botan o “meighallo”.
e Tourís chegou cansado
votara si no Concello
e “daquenón” no Senado
Estumballouse no sofá
para mellor relaxarse,
descorchou un “Agnus Dei”
e decidiu “conectarse”
“Cambadous” marcou por erro
e do que viu non gustou:
aparecía un maletín
rebosante de millóns.
Mimadriña!, dixo o alcalde,
Eu por aí non che paso.
Como osan “os de sempre”
a facerme tal retrato !
O “gherreiro” senador
que non quere vodas gais,
o que votou pola invasión
e pola guerra do Irak,
o que se manifestou con saña
ás portas do parlamento,
o que aldraxou conselleiros
sen andar con miramentos,
deulle un grolo ó albariño
(que estaba medio picado)
e, disposto a pór querela,
arrincou para o xulgado.
Tendo tanto poder
o homiño non entende
que antre os sumisos vasalos
apareza un SEÑOR X
El quere acalar as voces
que non lle siguen o rollo
pero esta vez pasouse
e vai a ficar sin choio.
Así, amigas e amigos,
comezou a conta atrás
a costa arriba, a despedida,
o principio do final
do alcalde que fixo pisos
no campiño do Pombal,
(o das fazañas gloriosas
de Ramoni e os Milláns),
o que non é quen de acabar
en Cambados co mal cheiro
e para privatizar a “xuventú”
tamén andivo lixeiro.
Se aquela noite maldita
elexira a Buenafuente
e en vez do “Agnus Dei”
tomara viño decente
se amase a democracia,
se non fose tan abusón
se respetase un pouquiño
a libertade de expresión
eu tampouco ía votalo
pero librariase destes ripios
que lle botan o “meighallo”.
Senhor XXX.
6 comentarios:
Confírmase que se adiantou o Antroido un chisco. Para o autor ou autora do Romance da noite de lúa vaian as miñas felicitacións, xa que logo está moi logrado. Animo para que siga por este camiño e nos adique máis romances, sonetos, ou o que lle saia do caletre.
Maxia e plenitude para o trobador romanceiro, agardamos a continuación que sabemos está a piques de saír do prelo.
deberiase sair a cantar polas ruas no antroido, ou montar un cantar de cegor con el diante do concello, esta moi ben feito
Penso que é unha oportunidade este e outros blogs, para sacar (colgar) historias como esta. Xa se sabe que a poesía é un arma cargada de futuro.
Pediríalle ó autor e tamén a outros autores que por aí andan que adiantes parte das súas historias-romances, para que nos poidan deleitar que non todo sexan denuncias.
Para o autor ou autora do romance da noite de lúa, moi ben feito e logrado. Pídoche que fagas máis para que nos entreteñamos un pouco e nos poidamos rir a cachón.
Estamos á espreita de que a autora ou autor do romance no futuro siga dando mostras do seu inxenio.
Publicar un comentario