10 febrero 2007

Asfaltado do camiño Real

Según La Voz de Galicia:
Cambados inicia o polémico asfaltado do Camiño Real
10/02/2007

Un acordo do ano 2000 con Patrimonio permite executar a obra O vial limita co conxunto histórico e, segundo as normas, debería ser peatonal.O Concello de Cambados iniciou onte as obras para asfaltar o Camiño Real, un pequeno vial que transcorre en paralelo co muro do Pazo de Fefiñáns. Estes mesmos traballos provocaron que no ano 99 Patrimonio abrise un expediente informativo ao Concello, por non dispoñer das licenzas necesarias para acometer o proxecto. Foi o BNG o que fai agora oito anos denunciou ao equipo de goberno por intentar pavimentar este vial. Aseguraban entón os nacionalistas que a estrada estaba nos límites do conxunto histórico e que, nas normas subsidiarias, fora protexido como peatonal, polo que resultaba imposible asfaltalo. Interveu no conflito Patrimonio, que abriu un expediente ao Concello e paralizou as obras. Pero xa entón o alcalde, José Manuel Cores Tourís, advertiu que o proxecto sairía adiante, tarde ou cedo. O equipo de goberno alegaba que pavimentar este camiño permitiría aos autobuses escolares recoller aos alumnos do instituto Ramón Cabanillas con maior seguridade e que, con iso, poderíase prohibir o paso destes vehículos pesados pola praza de Fefiñáns. No ano 2000 Cambados creou a súa propia comisión de Patrimonio, que lle permite dar licenza a todas as obras que se executan no conxunto histórico. Na súa primeira reunión, esta entidade deu luz verde ao polémico asfaltado. Pero entón non se dispoñía de partida presupuestaria para acometer os traballos. Sete anos despois, o Concello conseguiu sacar adiante esta polémica obra. Queixas vecinales Foron os propios veciños da zona os que onte alertaron da presenza no vial de varias máquinas. As súas queixas foron ata trasladadas á Administración autonómica. Pero o novo goberno nada pode facer por evitar o asfaltado deste camiño, segundo confirmaron onte fontes de Patrimonio. O acordo alcanzado entre Xunta e Concello no ano 2000 autoriza as obras, polo que a Administración autonómica só poderá intervir se os traballos non se axustan ao proxecto.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Arranxo xa do caniño de detras do bosque que e como sempre se chamou.Tiñan que meter no carcere o que mandou parar a obra.
estamos esperando ese sitio para pasear, camiñar e que non esté feito unha merda

óscar dijo...

ao mellor se pode ter perfectamente arranxado sen asfaltalo, non cres? pero bueno, iso dá máis traballo e logo non suma no cómputo de quilómetros de alquitrán para os recordos electorais

troque dijo...

O caso e dicir que NON!

Anónimo dijo...

Preferiria uns adoquins, ou un chan igual ao da plaza. Pero como di oscar, con alquitran acaban antes e xa lles deu bo resultado noutras eleccions.
¿porque lles acorda o camiño agora?
Penso que cambados non necesita asfalto e edificios, moita xente hoxe en dia vive do turismo, e o turismo non ven ver os edificios que fixeron no pombal nin o asfaltado de calles, senon que ven ver casas de pedra, monumentos, e camiños de adoquins

emilio dijo...

Pois dígolle ao tal Anónimo que pide que me metan no cárcere que eu fun un dos que parei a obra no 99, que a volvín parar agora e que o volvería a facer mil veces. ¿A que ven asfaltar o único resto do Camiño Real Fefiñáns-Caldas que queda? ¿Seica non hai outras maneiras de telo decente, coidado e de convertelo nun atractivo máis para que o desfruten veciños, turistas e interesados na Historia? Primeiro o Concello deixa o camiño no abandono máis triste: silvas, escombros, lixo... E agora "arránxao" con chapapote. Está clara a xogada, non? Xa me dirá Anónimo que tal se pasea co camiño do bosque asfaltado (seica pensa que non vai haber a partir de entón circulación de vehículos por el??)

Anónimo dijo...

¿E ti quen eres pa parar nada? esto e de cachondeo, pero ti de onde eres oh? ese nunca foi o camiño Real. enterate un pouco. y outra tanto que o paras que nin os da Xunta che fan caso.

Anónimo dijo...

Postos a facer barbaridades porque o iluminado do noso Alcalde nos asfalta A Calsada?

emilio dijo...

Interésalle a Anónimo saber quen son e de onde son. Son un cidadán libre, veciño de Cambados e, polo de agora, non necesito que me dea el permiso para reivindicar que se respecte e coide o patrimonio cambadés.