25 noviembre 2006

COMENTARIOS INTERESANTES

Nas entradas, no apartado comentarios xenéranse debates moi interesantes, iremos vendo algúns deles.

Acolá, por México, había unha señoriña que traballaba de modista para a Sra. do Alcalde, entón por aquelas datas xa recén rematado o Hospital Comarcal, estaban a "escoller" a parte do personal. A señoriña cando estaba a falar coa muller do Alcalde, introduxo que tiña unha filla que fixera unha carreira na Universidade que era moi intelixente e mil cousas máis, deixándolle caír que se ía presentar as prazas para o mesmo, grupo B, ao que a muller do Sr. Alcalde, lle respostou que lle ía ser imposible acceder a algunha praza dese grupo, pois todas as prazas xa estaban dadas, pero que non había problema ningún se a praza era para o grupo C, donde a dona do Sr. Alcalde tiña un cen por cen de posibilidades de colocala. Ignoro como rematou o conto. Se pensades que isto pasa polo arredores, quitádevos a idea do maxín.
20-nov-2006 8:41:00

Interesóuse ben o sr. Cores Tourís pola antiga fábrica de Conservas Peña?. Defendeu os intereses xerais dos veciños de Cambados?. Modestamente entendo que non, unha parcela que podía estar cedida ó Concello e que sairía GRATIS, pola actuación do sr. Cores Tourís non o foi. O sr. Cores Tourís só tiña que instar diante da Dirección Xeral de Costas a caducidade da concesión da fábrica, tendo en conta que Conservas Peña daquela (cando se foi para Vilaxoán) xa non tiña actividade ningunha, polo cal a concesión xa non estaba destinada ós fins para a cal fora concedida. Así de fácil. Pola contra o Sr. Cores Tourís, entregou mediante troco unha cantidade semellante en metros cadrados no polígono das Sete Pías, -por certo a unha empresa siria, se mal non recordo que por arte de maxia apareceu como quen tiña a concesión-, polo cal incluso hoxe, cumpriría clarexar a situación, amais de valorar a parcela cedida, e veriamos o que nos tocou pagar a cadaún dos veciños de Cambados unha parcela que nos sairía de valde.Sr. Cores Tourís, a dilixencia que ten que ter un bo pai de familia (tal e como subliña o Código Civil), na miña modesta opinión en Vd. é nefasta, incluso máis non sei se tería acollida no Código Penal por malversación de bens públicos. Asi nos vai.

No hay comentarios: