
TRANQUILOS TODOS QUE XA TEÑO TATUADO O PLANO DA LAMA.

REITERO AS GRAZAS A TODO O MUNDO QUE SE ESTA A SOLIDARIZAR COA CAUSA. ESPECIALMENTE OS COLECTIVOS CAMBADOS.TK, POLONOSO E UNHA GRANDE CHEA.
"O poder e o maior inimigo do seu dono" Sr. X Para calquer suxerencia sr.x_camba2@hotmail.com (Podedes ver máis entradas o final do blog en entradas antigas)
TRANQUILOS TODOS QUE XA TEÑO TATUADO O PLANO DA LAMA.
REITERO AS GRAZAS A TODO O MUNDO QUE SE ESTA A SOLIDARIZAR COA CAUSA. ESPECIALMENTE OS COLECTIVOS CAMBADOS.TK, POLONOSO E UNHA GRANDE CHEA.
Segun o Diario de Arousa
Javier Gago acusa a Rafael Louzán de actuar 'como 'O Salvador' con fondos públicos'
O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, asegura que "as palabras do gerente de Esperanza só poden deberse a un tipo de seguidismo político, algo que busca Louzán con este tipo de actuacións". Gago afirma que o concello de Vilagarcía "destinou no 2006 un orzamento de 96.000 euros a outras asociacións sociais da comarca" e afirma que non axuda a Esperanza porque "no seu momento houbo un debate moi intenso na Mancomunidade coa finalidade de destinar unha parte do orzamento da entidade a axudar a organizacións como Esperanza Salnés que ao final non chegou a nada. Seguro que iso non llo dixeron os alcaldes do Partido Popular ao gerente do centro". O regidor vilagarciano afirmou estar "totalmente dispoñible" a retomar as decisións que, no seu momento, adoptáronse na Mancomunidade para subvencionar ao centro.
"Apóstolos do PP" > Ademais, Gago acusa a Louzán de "actuar como ?O Salvador?, algo moi fácil cando ten á súa disposición fondos públicos" e acentúa aos alcaldes populares da comarca de "apóstolos que seguen ao seu Salvador sen facer caso da Biblia".
Según o Diario de Arousa:
Dous accidentes sen feridos e un conato de pelexa, incidentes máis graves no inicio do novo ano.
A chegada do novo ano apenas se deixou sentir no municipio de Cambados no que a incidentes de gravidade refírese. Así, os axentes da PL tan só tiveron que instar a un local da movida que excedía do horario a pechar as súas portas, tralas queixas dos veciños o pasado venres.