19 enero 2007

EL INFORMADOR

Non saleu moi alá pero...

9 comentarios:

Galiza Nación dijo...

Riome da xente que di: bah¡ os blogs non fan nada, os do Concello non lle fan nin caso, pero o certo é que hai toda unha lexión de informadores tratando de saber quen é o Sr. X. Pois vouvos a decir quen é o Sr. X, o Sr. X é..........a CONCIENCIA DESPERTA e comvativa da Xuventude de Cambados, que estivo dormida ata o de agora.

Anónimo dijo...

Suscribo as verbas de Sr. X e de Galiza Nación, eu tamén son o Sr. X que ata o de agora estivo durmido dentro de mín. Sr. X somos todos, a ver si vos enterades informadores.

Anónimo dijo...

o problema e que nestes blogs so entran os cambadeses os que non hay que convencer. Quen informa de todas estas cousas o pobo... e dificil, pero habera algunha maneira

Hay que ir por eles onde lles faga dano,(castrelo,corbillon, oubiña...) so lles hay que amosar a verdade

cabanillas en pé dijo...

Avecíñanse malos tempos para a lírica da palabra. A piques están de caír chuzos da man dos sectores máis reaccionarios da dereita ultramontana española na bisbarra, instigados por "asesores", aprendices de "leguleios" que denigran a profesión da Avogacía, e que o fan co diñeiro do erario público e co único mérito de ser enchufados a dedo. Non se pode ficar alleo nin á marxe. A discrepancia é sinónimo de pluralidade e de heteroxeneidade no canto do dogmatismo ortodoxo e do pensamento único que propugnan estes elementos. A liberdade de expresión está en perigo ao alomenos en menor medida amenazada e cuestionada. A resposta ten que ser contundente na defensa deste dereiro democrático fundamental.

IRU dijo...

amen!

madelaine dijo...

Non foi o carallo do ¡amén!, foi como moi ben anunciaba cabanillas en pé ¡a Hostia! dos que pretenden meter no currucho, polo método que sexa, para que non se mova á liberdade de expresión, da que eu, ti e o de máis alá formamos parte. Eu tamén son o Sr. X. Poida que pechen este blog, de seguro que se abriran outros e poderei exercer a miña decisión, erguer a miña voz e berrar que na globalización neoliberal non me sinto a gusto, denunciar publicamente os chanchullos, ou expresar o que sinxelamente me parece ben ou mal. Aposto por un mundo mellor, pode que sexa utopía, pero tamén creo nela, como tamén creo nos acordos que se fan a traveso dun encontro de mans para pechar o trato. O que por suposto non podo cree é nesa dereita rancia, reaccionaria, ultramontana que está a anos luz da dereita democrática europea, na concepción do seu mundo de Yuppie, do seu pensamento único, do seu dogmatismo ortodoxo, nas súas formas, nos seus feitos e na súa máis que dubidosa ética exercente.

Anónimo dijo...

¡¡¡ANIMO !!!!
Abreuse a veda. Están nerviosos. Agora é o momento.
Adiante.
Cambados merece políticos decentes.

xokmarley dijo...

impresinante cabanillas!!! im-pre-sio-nan-te!!!!!!!...precioso, conmovedor, sublime!!!!...

Anónimo dijo...

como se nota que hai alguns que non teñen nada que facer...si estudiarais................xD eu non son mister X seredes todos menos eu!