30 julio 2007
27 julio 2007
PROPOSTA DO ALBARIÑO DE IRIA RIBADOMAR

Persoalmente pareceme unha boa idea, habrá que correr a voz.
15 julio 2007
A FESTA DO ALBARIÑO
Eu como non vou ter nada diso vou falar doutra festa. Da festa politizada por esos gobernantes que non fan maís que nomear cababaleiros os seus amigos, darlle follas de prata os seus máis inmediatos colaboradores e facer o domingo do Albariño non unha festa popular senón a festa do Partido Popular.
Da festa que pon un servizo publico para preto de 200.000 persoas, e claro si a xente bebe, obviamente mexa e donde mexa, dando lle sale do carallo, e cada vez que a noite vai entrando as karenas van medrando directamente proporcional e chegan a mexar ,a botar pastillas e a romper cristales donde lles ven gaña (A Policia Local brila pola súa ausencia). Da festa dos comás etílicos dos menores, e unha das festas donde o Centro de Saude de Cambados non da abasto, e seino por propia expericia, e o dia donde rapaces e rapazas de doce , trece, catorce e quince anos son atendidos por que non controlan o que beben, nin hai información previa o respecto porque para estes gorbernantes o que non se ve non existe.
Da festa do inmenso macrobotellón que todolos sábados do Albariño, e dende fai unha gran número de anos se ven a celebrar no parque, sen control de ningunha clase nin ningunha clase de servicios, como o Sr. Touris e Sra. Carro non van por ali, tampouco existe. Da festa da desinformación total, a xente de fora anda máis perdida que un polbo nun garaxe, non saben a donde ir, non teñen a quen preguntar, o concello ten as portas pechadas, a oficina de información e turismo tamén está pechada, non hai ninguen nos postos tampouco que poida informar a xente dos actos que hai. Da ausencia de gaiteiros nunha festa galega por excelencia, contratan eso si os das faldas de Ourense para o paseo triunfal ata o Pazo de Fefiñans pero ¿Qué lle custaria contratar catro o cinco grupos de gaiteiros e colocalos estratexicamente a tocar nos horas mortas que non hai ningunha actividade?.
Da festa que menospreza os nosos restauradores e casas de comidas toda vez que unha carpa enorme rexentada por un do Grove fai o seu agosto, e nunca tan ben dito, en prexuizo dos nosos industriais. Da festa que maltrata a xente da terceira idade , que maltrata a persoas tan distinguidas coma Manuel Fraga que lle fan andar casique un qilometro no estado lamentable no que se atopa. Da festa na que se vende viño Albariño “ilegal” sen embotellar en cantidades industriais e o Consello Regulador da popular Marisol Bueno non fixo nada a sabiendas.
Da festa que está manipulada por un señor de Pontevedra que lle chamen Pedro Rial e que cambia o seu antoxo os estatutos do Capitulo Serenisimo porque Don Manuel deixou de ser presidente da Xunta.
Da festa donde un 25 ou 30% do seu orzamento gastase nunha comida nun Pazo mercado a propósito por Don Manuel, o Pazo de Torrado.Da festa que faltando casique quince días para a súa celebración ainda non se sabe nada de nada, agás a actuación de Paloma San Basilia (vaia merda). En fin dunha festa moi mal organizada, unha festa que podia ser moito millor cun Padroado que a rexentara, unha festa donde a imaxinación brila pola ausencia, so falta que traigan a Manolo Escobar para estar todo o credo do Partido Popular.
10 julio 2007
Cid desminte ao Concello e afirma que superou as prácticas e o exame médico.
Recentemente o equipo de Goberno do Concello manifestou a súa decisión de presentar un recurso contra a sentenza que lle obriga a darlle o posto de sarxento xefe da Policía Municipal a Maximino Cid Ferro, á espera de que este acredite que dispón da formación obrigatoria para exercer como sarxento, é dicir, que superou as prácticas de traballo, tal e como esixen as bases da oposición.
O axente tachou de "mentiras" as palabras dos responsables municipais e afirmou que "non é certo que aínda non supere o recoñecemento médico e as probas físicas"(Pero vamos a ver, si as físicas e o recoñecemento son os primeiros exames, como é posible que chegara o último exame, panda de...). Para iso presentou o acta do tribunal calificador, onde os compoñentes do mesmo acreditan coa súa firma que pasou o exame médico, psicotécnico e físico, ademais do teórico. A isto engade que é o Concello quen debe comprobar que o candidato ao posto "realice todos os cursos de mando" para poder acceder á convocatoria, polo que considera que as alegacións do Concello son "un novo capítulo" da súa "resistencia a permitir o acceso ao emprego ao demandante".

05 julio 2007
PRAZA DE SARXENTO PARA MÁXIMO POR SENTENCIA XUDICIAL
O XULGADO OBRIGA AO CONCELLO DE CAMBADOS A NOMEAR SARXENTO(agora Inspector Xefe) A MAXIMINO CID FERRO .(Por fin se fai xustiza).
O xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra deu a razón ao aspirante a sarxento de Cambados, Maximino Cid Ferro, e ditou sentenza para que a comisión de goberno noméelle como novo responsable da policía local do municipio. O goberno local xa anunciou que recorrerá esta decisión(¿volverase a facer xustiza?).
Despois de que o Concello de Cambados repetise o quinto exercicio da oposición a sarxento, no que se detectou irregularidades, o tribunal do mesmo suspendeu os dous aspirantes. Pero Cid Ferro, que leva sete anos nos xulgados reclamando a praza(David vence a Goliat), presentou un recurso contra o seu suspenso. Cando a comisión de goberno rexeitou a súa petición, este policía ourensán acudiu, de novo, aos tribunais. Estes déronlle agora a razón( O asesor xurídico do Concello perde todo, ¿perderá a súa praza tamén?,que contraten a Mortadelo que lle dará mellores resultados).
A sentenza recorda todo o proceso que seguiu este caso desde que no ano 2000 Cambados sacase a concurso a praza de sarxento. Tras debater se os tribunais son ou non competentes para revisar as decisións do tribunal dunha oposición, o xuíz conclúe que no caso obsérvanse «vicios de arbitrariedade e desviación»(vicios neste concello hai moitos).
Esta circunstancia «evidencia a resistencia da administración demandada non só a executar aquela sentenza senón sobre todo a permitir o acceso ao emprego do agora demandante», explica a sentenza. Engade ademais, que o perito elixido(co acordo de ambas partes) para revisar o exame concedeulle un notable-alto, fronte ao suspenso que no seu día lle outorgou o tribunal(Dominguez, Touris e outro +) da oposición a sarxento.

O MACROBOTELLÓN
