01 diciembre 2007

Os medios de comunicación

Interesante artigo do Sorro, que analiza os medios de comunicación.
A PRENSA EN AROUSA

De un tempo a esta parte tiña gañas de escribir dos medios de comunicación máis arraigados na Ria de Arousa, o máis moderado deles pode que chegue cun pouco de sorte o centro dereita, algúns casique que se achegan a extrema dereita e outros practicamente non saben por donde andan. Outras das cousas que me chama a atención deste medios de comunicación e a explotación total do obreiro sen que ninguén lle poida dicir nada , porque claro que partido , organización ou sindicato se mete con eles, despois van saír moi mal parados, porque estes queridos amigos non é o cuarto poder senón o primeiro. Neste medios chega a traballar xente con contrato de dúas horas catorce e dezaseis horas o dia, xente que traballa sen contrato, xente que traballa como "becarios" con contratos realmente indignos, en fin todo que eles , os medios, critican as empresas téñeno eles e agrandado na súa propia casa. Imos con eles un a un.

diarioarousa

E o medio dos que imos a falar cunha liña editorial moi de dereitas case que preto da extrema dereita, e totalmente afín os populares, un “escravo” de Louzán e acólitos, todos os actos ou manifestacións dos populares teñen un eco e unha difusión inusitada. Case obvian ao PSOE e ignoran completamente o BNG, isto obviamente falando en liñas xerales o cal non quere dicir que puntualmente informen dalgunha cousa dos socialistas ou nacionalistas, ata aí chegariamos.

images

Periódico tamén cunha liña editorial de dereitas quizais un pouco máis moderada que o Diario, a inda que ten un pouco máis de aprecio polos socialistas, ignora completamente os nacionalistas facendo caso omiso das súas convocatorias das roldas de prensa. En Arousa teñen unha delegada moi, pero que moi de dereitas.

nuevo-2

Quizais da prensa escrita de Arousa séa a máis “sensata” aínda que a nivel xeral lease Galiza a súa tendencia é tamén de Centro Dereita. En Arousa porén sempre foron un pouco máis centrados e algunha ocasión teñen dado caña os populares , pero tamén moi esporadicamente, é o único que se pode salvar da queima, pero polos pelos.

nuevo-6

Radio Arosa - Radio Pontevedra
E incrible o cambio que se produce neste medio de conexión de nivel nacional a nivel local ou provincial. Cando un escoita a ser pola maña e oe a Francino, bo ata da gusto oíla radio, pero cando se oe os Bos Dias de Eugenio Giráldez, amigo íntimo de Rajoy, parecer escoitar a Jimenes Losantos, o cambio é espectacular , Giráldez e un dos baluartes mais importantes do PP en Pontevedra, e explícome o PP en Pontevedra é unha merda colgada dun pau, entendase o símil, pero este home suple as carencias e adicáselle a darlle caña o Alcalde Lores sobre todo e a líder socialista dunha maneira descarada, e sempre ensalzando o “sospeitoso” de Telmo Martín.

nuevo-4

Tamén coñecida vulgarmente como Tele PP ou Tele Tinto.- Bo o destes e algo fora do común a extrema dereita a este xente quédalle a esquerda. Fixeron unha persecución feroz contra o Alcalde Gago, foi algo escandaloso. Cada vez que son citados a unha rolda de prensa do BNG en Arousa nunca van e unha orde que coidamos que ven da Deputación de Pontevedra, en troques no Barbanza si van porque teñen competencia alí, e entón hai que ir senón queren quedar en ridículo. E un medio en mans dos populares que manobran o seu antollo.

Con estes antecedentes como vai ascender o socialismo e o nacionalismo en Arousa, e case imposible , pero parte da cultpa tamén a ten o PSOE e o BNG por non denunciar tan mañas inxustizas, quizais o único que lle fixo algo de fronte sobre todo a Tele Salnés foi o Alcalde Gago, pero os demais como se tartarugas foran metense debaixo do seu caparazón para recibir os paus.

O sorro con rosa

No hay comentarios: