




Outro das vergonzas dos populares foi “mercarlle” o voto a 800 anciáns cambadeses por unha suculenta comida amenizada polo Grupo D´Tacón que dirixe un coñecido militante do partido popular de Vilanova de nome Paco e de apelido de famosos narcotraficantes (non quero dicir que el sexa narcotraficante nin moito menos). Nesta comida que pagamos todos os cambadeses cos nosos cartos só se invita a xente do partido popular e o noso rexedor co rostro que o caracteriza di que non invitaron a oposición “porque como nunca van, para que os ían invitar agora”, e xustificou a presencia da nova deputada porque llo pediron os vellos. Estas comidas fanas sempre antes de cada período electoral e non teñen unha data determinada, este ano alegaron que celebraban o dia dos namorados, para o ano como os comicios son en maio de seguro que inventarán outra data para celebrar o xantar, ata poden alegar o ¨”Dia do traballo” ou o “Dia da bicicleta” aínda que os que vaian a xantar todos sexan xubilados. As escusas son cada vez máis peregrinas. Aquí tanto PSOE como BNG, debían de deixarse de reparos e presentar denuncias por malversación de fondos públicos, xa veredes como se median a hora de facer estas mercadoria de votos.

Outra das sorpresas deste ano foi a elección do presidente da Cultural, lamentable a súa elección como quen resultou elixido, esta Sociedade caduca, trasnoitada e a piques de desaparecer, celebraba semanas atrás a elección de novo presidente. Obviamente no presentou ningunha candidatura, polo que infrinxindo o seu propio regulamento procedese a elixir in situ o seu presidente , resultou elixido en primeira votación coidamos que a persoa con máis carisma para exercer o cargo Ernesto Falcón o cal obviamente rexeitou porque non eran formas de facelo e non se presentara como candidato, logo resultou elixido Chiño, quen tamén rexeitou a oferta, logo saíu Roberto Vidal e dixo que el non era terceiro prato de ninguén, e xa por último saíu elixido un home dos populares Luis Somoza, quen arrepaña calqueira cargo que cai na súa mán, o que quixo ser Patrón Maior e saíu co cu escaldado, o que é presidente da Comisión de Festas da Valvanera e que sempre está a punto de deixar e nunca deixa, o que é encargado de contratar os portadores da pantomima esa que se chaman “Semana Santa”, e que tamén é un dos encargados de “axudarlle os velliños do asilo a ir votar”, porque os pobriños non poden ir sós. E logo dicíase que este home estaba enfermo que non podía facer non sei que, e case ten mais cargos con noso rexedor.
Por último un pequeno comentario sobre as eleccións, estou dobremente contento, primeiro porque os socialistas déronlle unha verdadeira tunda os populares, e non houbo que escoitar fogos dos que non saben gañar e tampouco saben perder (Os fogos pareceme que van a caducar), e que os nacionalistas pese as tendencias estatais de baixa do nacionalismos aguantaron moi ben o tipo e mantiveron os seus dous escanos. Dicir que no noso pobo gañaron os populares para entre outras cousas grazas o que xa contei sen esquecer o “voto secuestrado” que teñen de moita xente de Cambados. Pero ben a tunda que levaron non estado español é de escándalo, incluso se está a rumorear a dimisión do seu xefe, evidentemente este ano non é un ano mariano é un un ano bisesto. Como decia a Alcaldesa de Valencia nun mitín que o domingo das eleccións ía a nacer a nena de Rajoy e que se chamaría “Victoria”, vai ser Dona Rita que lle ten que cambiar de nome e en vez de chamarlle Victoria teñenlle que chamar “Derrota”, que é un nome o que os populares estanse empezando a acustomar nos comicios xerais. Agora os nosos a traballar para renovar a maioría de progreso no noso pais: Galicia.


Bo artigo, si señor.
5 comentarios:
Sr. Sorro, creo que hai que ser máis pedagóxico se queres convencer a outras persoas que non estean na onda, non é pola vía da descualificación por donde se sentan as bases da reflexión, senón pola lóxica da razón e dos argumentos. Tirar a todo o que se move, sen coñecer as razóns do seu movimento pode levar a evidentes contradiccións que para a súa causa democrática non son boas, ao contrario son contraproducentes.
anónimo dixo..."na onda"
Vale tronco estás a la última, jajaja, volvemos a los 80.
a min pareseme ben que se critique a merda que fai o PP, pero tamen ai que citicar a tonteria de "kit del no votante" dos socialistas
En esta web siempre han hecho lo que mejor saben hacer, escribir. Lo que pretenden hacernos creer, es que sus argumentos son mas veridicos que cualquieor otro medio. La inteligencia se mide por los actos, no por las palabras.
Ja, ¿tienes que aprovar los comentarios? jajajajajaja.
Publicar un comentario