12 enero 2007

Entrevista | Xosé Ramón Durán


«Hoxe teño a tranquilidade do deber cumprido» .

Durán xa non volverá encabezar a lista do BNG de Cambados nas próximas eleccións. Unha decisión que tomou o consello local e que el «acepta» ao tempo que espera «que acerten co novo candidato».

El vaise coa tranquilidade do deber cumprido e coa seguridade de ter axudado «a que o PP estea hoxe máis preto de perder a maioría».-Faga balance do que foron estes catro anos-Podo dicir que me sinto satisfeito pola labor realizada. Axudei a que en Cambados haxa un cuarto xulgado, porque levei ese tema ao Concello para que se debatera. Se hoxe se está construíndo un matadoiro novo é porque os carniceiros me chamaron e lle din un empuxón a un tema que estaba morto.

Creo que todo o BNG demostrou a potencia que pode ter traballando en coordinación coas mariscadoras, cos ecoloxistas no tema dos malos cheiros, no que algo se reparou. Agora seguirei ata o final da lexislatura porque hai temas que estou xestionando coma a remodelación de San Francisco, a construción de vivendas para xoves ou as obras en Fefiñáns. -¿Que se vai facer aí? -Neste momento o proxecto está moi avanzado e dende o pasado 25 de agosto o alcalde ten unha proposta de convenio entre o Concello e Vivenda que vai máis alá de San Francisco. Supón a humanización do barrio, desde A Xuventude á igrexa, con cargo a Vivenda. Inclúe tamén a rehabilitación de todas as vivendas con subvencións do 80%. Ademais, se cede terreos, a Xunta construirá vivendas para a xente nova con prezos axustados.

Tamén inclúe melloras na escalinata de Fefiñáns. En total, un investimento que nos próximos dous anos podería superar os dous millóns de euros.-Todo está pendente da firma do alcalde e eu lamento que, a día de hoxe, non aceptara esa firma. Vai deixar que marchen eses dous millóns de euros que se podían invertir en Cambados. Eu o animo a que explique por qué non asina ese convenio e van alá xa cinco meses. Pero os veciños poden estar tranquilos porque tamén fixen xestións para que esas obras se fagan aínda que o alcalde non queira asinar o convenio. -¿Que opina da relación do alcalde coa Xunta? -Sempre mostrei intención de dialogar co alcalde e a xente me dicía que era imposible. Chama a atención que o alcalde non xerou un ambiente de colaboración para conseguir cousas que interesaban antes co goberno do PP e agora co bipartito. Unha das cousas da que me sinto orgulloso é que fixen un control do goberno, ante críticas aportamos solucións concretas e non insultei a ninguén. Estou contento deso. Agora se está no boicot e de iso non se beneficia Cambados. -¿É certo que a nova Xunta prexudica a Cambados? -Neste tempo, a pesar da política de enfrontamento de Tourís, Industria investiu na mellora da praza de abastos, Cultura deu permiso para rematar as obras do cemiterio e cartos para Santa Mariña, ademais de traer o barco da dignidade. Medio Rural ten tomado medidas para estabilizar o prezo da uva e Vicepresidencia subvencionou o CIM e os parques. Seguro que se pode facer máis, coma o convenio de Vivenda. Tamén teño que lamentar que Cambados non acepte o consorcio de servizos sociais, porque hoxe poderíamos estar falando dun centro de día. -¿Que pasou co BNG? -Hai catro anos a min me viñeron a buscar á casa e durante tres meses me fixeron as beiras politicamente para que dera o paso. E libre e responsablemente aceptei a proposta. Nestes catro anos fixen un traballo de cara ao exterior, e pouco ao mellor dentro, pero traballei coa mellor intención e hoxe teño a tranquilidade do deber cumprido. Acepto a decisión democrática do consello local e espero que acerten. Eu quero recoñecer todo o traballo do grupo do BNG, que fixo posible que o PP estea agora máis cerca de perder a maioría. Me sinto orgulloso de que hoxe haxa un colectivo que vexa que en Cambados é posible mudar de goberno. Agora só penso rematar ese traballo e non ser ningún problema.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Estamos facendo un novo matadoiro, co noso esforzo, porque se che fixesemos caso estariamos arruinados y na calle.MENTIREIRO,que xa non te quixo nin o Bloque

Anónimo dijo...

Si por algo se distingueu este home foi pola súa honestidade, non se pode decir eso porque quen estás mentindo eres ti. Si eres carniceiro casi seguro serás do PP, entón pidelle contas a Touris que é quen goberna (polo de agora) e deixate de chorradas..

Anónimo dijo...

Moitas grazas amigo: ainda me estou a escachar de risa logo de ler a entrevista, ...... coido que non ten desperdicio, como se pode dicir tanta parvada xunta, ..... menos mal que a despedida e peche.-

Anónimo dijo...

Alguen quería que o BNG se abrira á sociedade, ou alomenos a alguns sectores que precisamente non son proclives á liña nacionalista. Coido que o acadou, sen afastarse da liñas programáticas do BNG, cumpleu por demais, se temos en conta a media dos que andan por aí arriba e por aí abaixo. O que sinto que alguen que o foran a buscar a casa para que fora candidato, despois de catro anos o trataran como a un Kleenex. Da verdadeira magoa. Iso si hai que recoñecerlle que a pesar da xogada non deu escandeleira ningunha, cuestión ista que o honra.

Anónimo dijo...

OK co último comentario.

Anónimo dijo...

Hay que recoñecer que o Xose Ramon este, ten unha cara de parvo do carallo. Fai boa parexa co Tourís.

Anónimo dijo...

É que para cara de listo xa estás tí. Pois con esa cara de parvo é licenciado en ciencias da información e traballou durante moitos anos para a RTVE como corresponsal, pero claro, tí seguro que coa cara de listo que has de ter posuirás mellor carreira e currículo. A ver se deixamos de xulgar á xente polo aspecto e o facemos máis polos seus actos, e en íso Roque non é parvo.

Anónimo dijo...

Hay que joderse con este hijo de puta. Me entero por este puto blog de separatistas que el mierda ese de Jose Ramón Duran que cuenta noticias en TVE en Galicia ES PORTAVOZ MUNICIPAL DE UN PARTIDO POLÍTICO DE EXTREMA IZQUIERDA. Para que luego digan que no hay que privatizar Televisión Española y echar a la puta calle a la mitad de los rojos de mierda que fozan en ella.

Anónimo dijo...

¿Separatistas, rojos colgados por los cojones, mierda, rojos de mierda, puta calle...? ¿Quen che dera vivir no 1939, eh? Pois a joderse tocan. E despois a quen denuncian é ó Sr.X. O mundo ó revés.

Anónimo dijo...

Como o BNG pode desfacerse dunha persoa como Roque? aberta, comprometida dende sempre co pais, un profesional,… Según os meus amigos de Cambados e do Salnés, non había problemas, e mais, consolidábase como unha referencia ,… e por control interno, por ser independente,...... Así lles vai, así nos vai, sen saber sumar .