03 enero 2007

Louzán "O Salvador"

Segun o Diario de Arousa

Javier Gago acusa a Rafael Louzán de actuar 'como 'O Salvador' con fondos públicos'

O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, asegura que "as palabras do gerente de Esperanza só poden deberse a un tipo de seguidismo político, algo que busca Louzán con este tipo de actuacións". Gago afirma que o concello de Vilagarcía "destinou no 2006 un orzamento de 96.000 euros a outras asociacións sociais da comarca" e afirma que non axuda a Esperanza porque "no seu momento houbo un debate moi intenso na Mancomunidade coa finalidade de destinar unha parte do orzamento da entidade a axudar a organizacións como Esperanza Salnés que ao final non chegou a nada. Seguro que iso non llo dixeron os alcaldes do Partido Popular ao gerente do centro". O regidor vilagarciano afirmou estar "totalmente dispoñible" a retomar as decisións que, no seu momento, adoptáronse na Mancomunidade para subvencionar ao centro.

"Apóstolos do PP" > Ademais, Gago acusa a Louzán de "actuar como ?O Salvador?, algo moi fácil cando ten á súa disposición fondos públicos" e acentúa aos alcaldes populares da comarca de "apóstolos que seguen ao seu Salvador sen facer caso da Biblia".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Mimadriña¡ menos mal que non hai plans quinquenais ou decenais, pois de habelos o Sr. Louzán "fundiría" toda a pasta para poder seguir na Deputación.
O caso do Sr. Louzán é un caso -como hai bastantes-, da xentiña que fixo da política o seu único modo de vida.

Anónimo dijo...

Joritas o malo de todo esto é que hai alguns que che siguen o xogo a Louzan como Augusto Chaves. Porqué non recolle os cartos sen fotos nen roldas de prensa nin paraferlanias.

Anónimo dijo...

Galiza Nación, Autodeterminación:
Iso que vai, polo de Deus Agnus?.