10 julio 2007

Cid desminte ao Concello e afirma que superou as prácticas e o exame médico.

Según o Diario de Arousa:

Recentemente o equipo de Goberno do Concello manifestou a súa decisión de presentar un recurso contra a sentenza que lle obriga a darlle o posto de sarxento xefe da Policía Municipal a Maximino Cid Ferro, á espera de que este acredite que dispón da formación obrigatoria para exercer como sarxento, é dicir, que superou as prácticas de traballo, tal e como esixen as bases da oposición.

O axente tachou de "mentiras" as palabras dos responsables municipais e afirmou que "non é certo que aínda non supere o recoñecemento médico e as probas físicas"(Pero vamos a ver, si as físicas e o recoñecemento son os primeiros exames, como é posible que chegara o último exame, panda de...). Para iso presentou o acta do tribunal calificador, onde os compoñentes do mesmo acreditan coa súa firma que pasou o exame médico, psicotécnico e físico, ademais do teórico. A isto engade que é o Concello quen debe comprobar que o candidato ao posto "realice todos os cursos de mando" para poder acceder á convocatoria, polo que considera que as alegacións do Concello son "un novo capítulo" da súa "resistencia a permitir o acceso ao emprego ao demandante".

Por outra banda, desmente que a anulación do nomeamento do outro opositor, Luís Alberto Acuña Martínez, debésese a presentarse ante os axentes do corpo de Cambados como o seu sarxento en prácticas. Segundo Cid Ferro, foi debido a "as tres graves irregularidades cometidas polo tribunal calificador" que, segundo el, consistiron en darlle máis tempo para facer o quinto exame da fase da oposición, haberse ausentado todo o tribunal(Que seriedade a de Tourís & CIA), mentres se realizaba o devandito exercicio, ademais de haber indicios de que un dos seus membros pasase copia do exame a Acuña Martínez.

Maximino Cid Ferro considera que o Concello de Cambados lanzou estas "mentiras", segundo el, por "ignorancia ou para desviar a atención do verdadeiro contido da sentenza" que lle obriga a darme a praza de sarxento xefe".
A isto engade que o contido desta resolución xudicial deixa ao alcalde do municipio e senador, Xosé Manuel Cores Tourís, nunha situación "difícil e lamentable cara ás próximas eleccións xerais". Para rematar, o axente ourensán advirte ao Concello de que as súas accións poden incorrer nun DELITO DE PREVARICACIÓN (que o senten no banquillo xa)e opina que polas súas últimas declaracións "parece insinuar que ten unha carta gardada" para impedir que acceda á praza.

20 comentarios:

Anónimo dijo...

Touris a Prision!!!!!

An dijo...

o cartel daseme como moi axeitado polo que dis..Saudos

Anónimo dijo...

¿verano de corrupcion?...........sera VIDA DE CORRUPCION

Touris a prision

Anónimo dijo...

PARECEDES OS DE "AQUI TEMOS TOMATE" DEIXADE QUE OS XUICES DECIDAN E CANDO SE REMATE FALADE. NON OS XUIZOS PARALELOS DE CATRO QUE PARECE QUE QUEREN SABER MAIS QUE OS PROFESIONAIS, SO TEMOS QUE TRAER A ACUÑA PARA A PRAZA!! SEMPRE CO CASO DA P LOCAL COMO SI ESO NOS AFECTARA EN ALGO OS VECIÑOS.

Anónimo dijo...

o que tiñan que facer e anular todo e comenzar de cero

Anónimo dijo...

Anónimo dijo...
o que tiñan que facer e anular todo e comenzar de cero

10-jul-2007 8:27:00

Se che roubasen unha praza pola que loitaches e os xuíces danche a razon, A túa a deixarias???

Eu non vou a favor de Maxi pero quero que o Sarxento que quede en Camba2 gáñello, non como el que esta que o meteron de enchufe!!!!

Anónimo dijo...

Touriz alias o "nauseabundo mentireiro"

Anónimo dijo...

o que está non foi por enchufe, senon que esta de maneira provisoria hasta que se resolva ENTENDIDO

Anónimo dijo...

El segue ahi por que enchufe e polos santos collóns de Touris, ou me diras que a praza de suboficial é polos meritos do Sarxento Duarte!!!

Fóra Duarte e Touris

Anónimo dijo...

amijo c.s.i tour is tamen esta ahí porque o gañou,elexiuno o pobo guste ou non.ese a xustiza lle da a praza a cid perfecto tamen a gañou gustelle a touris ou non.cid cando colla o mando farao o mellor que poida nunca a gusto de todos,ninguen e perfecto.a politica e asi,uns mais que outros pero todos o fan.o ser mais ou menos bo non vai por grupos politicos vai nas persoas e si non gusta que nas proximas eleccions que o pobo non o vote.os alcaldes xa non deberian existir eos concellais repartidos a partes iguais entre os grupos politicos e todalas decisions a pleno.

Anónimo dijo...

pois que se presente a de suboficial Maxi tamén que creo que non o ten prohibido.

Anónimo dijo...

Despois de que vin a Maximino no LUAR facendo o parvo, non me queda mais que pensar en que este gustanlle mais as camaras que a un tonto un globo.

Anónimo dijo...

A Touris quedanlle dous albariños.
sabe algen de que traballa o marido da actual concelleira de cultura de cambados???

Sr. X dijo...

anónimo dijo..."SEMPRE CO CASO DA P LOCAL COMO SI ESO NOS AFECTARA EN ALGO OS VECIÑOS."

O que hai que escoitar, si tes un familiar moi mal e teno que operar un médico, que prefires que o opere un médico enchufado que non ten ni P.I. ou o que aprobou unhas oposicions e e axeitado para o posto, pois aquí pasa o mesmo, queremos o sarxento que aprobou as oposicións, con boa nota, e que é axeitado para o posto, e non o enchufado.

Anónimo dijo...

porque sacase mais nota non quere decir que sexa un bo policia.eo medico primeiro que si o e sera porque ten o titulo e segundo que por ser enchufado no quere decir que non teña nin puta idea.di ti que por medio dun enchufe e mais facil e atallas.pero a ley e asi e si aprobou o posto e del e non ay mais volta que darlle.

Anónimo dijo...

tanto hablar de enchufe.te explico como la actual conselleira la maria jose caride consiguio la plaza de doctor contratado para al dia siguiente pedir una excedencia sin dar ni una sola clase en la universidad?ni cumplir los requisitos para optar a tal puesto. y no es del pp,y tanto psoe como bng saben como la consiguio y no dicen nada.tu lo sabes?donde y cuando fue ese examen?

Anónimo dijo...

Unta Untamento unta.

Anónimo dijo...

tes rason pero xa aburres con tanta polisia e tanto maxi.da vida que inda o sorro e ugch che poñen algo si non morriamos de sono .quedache sin ideas cabesiña.

Anónimo dijo...

Estou alucinando con todo o que dicides do sarxento interino da p.l.....menos mal que ten unhas espaldas ben anchas.....en fin cada quen e libre de pensar o que lle peta, pero eu coido que se ocupa o posto que ocupa e por algo...non si?....gustaríame ver a tódolos que o critican ocupando o seu posto, non debe ser nada doado levar a diante unha xefatura de policia, tes que estar na allada para saber o que é.......ademais facer cumplir a lei non e tarefa facil.......eche ven certo nunca chove a gusto de todos¡¡¡........pois nada ánimo por que imos ter sarxento para rato¡¡¡¡

Sr. X dijo...

anónimo dixo..."pero eu coido que se ocupa o posto que ocupa e por algo...pois nada ánimo por que imos ter sarxento para rato¡¡¡¡

Si ese algo sabemos todos o que é, querian facerlle a praza de suboficial a medida, je. si para rato, mais ou menos para un aniño máis por desgracia, a xustiza e lenta pero cando chega, chega, e non a gusto do alcalde.

anónimo dixo... xa aburres con tanta polisia e tanto maxi.da vida que inda o sorro e ugch che poñen algo si non morriamos de sono .quedache sin ideas cabesiña.

O que non vos dades conta da sentecia, que dí en resumidas contas que o alcalde e senador cometeu un delito de prevaricación(tratando de desviar a atencion aparte con parbadas como o das probas médicas...), E ESTO E ALGO QUE NON CAE MOI BEN ALÍ POLO SENADO.
En canto o do sorro e ugch douche toda a razón, donde hai nivel, hai nivel.