05 julio 2007

O MACROBOTELLÓN


Dende aquí quero solidarizarme coa comparsa Unha Grande Chea, a quen se tilda de crear unha alarma social, por pedir música e asistencia sanitaria para que amenicen o que TÓDOLOS sábados do albariño vense realizando no parque das palmeras. Esto sin lugar a dúbidas producirá o efecto contrario(como todo que fai o PP, como p.e. as denuncias os blogs...) e alí estaremos todos e máis o sábado do albariño. Facendo (deixemonos de eufemismos e de carallos) BOTELLÓN. Quizas o Concello debería tomar exemplo de Granada, como sae na web de UGCh, e habilitar un sito onde facelo, con música e asistencias sanitarias, control para que os menores non beban... Non entendo como dixo Ana Isabelita que o concello non pode promover o consumo de alcohol, entón dígame señora Ana Isabelita que é a Festa do Albariño?. A cuestión queda moi ben explicada na páxina de UNHA GRANDE CHEA


SAÚ2 A TODOS

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Teñen razon os de UGCH, podian buscar un sitio para poder gozar da noite do venres e do sabado. Nos xardíns da calzada non entran mais xente e polo menos podia estar mais vixiado para que os menores ese dia non beban

Anónimo dijo...

O problema é que a festa do albariño e festa do viño a secas. En outos sitios onde fan, a modo de exemplo, a festa da empanada ou dos callos, a xente bebe pero tamen come. Na do albariño a xente bebe mais da conta e non come e.... O CONCELLO PODÍA POÑER UNHA EMPANADIÑAS GRATIS PARA TODOS QUE XUNTO CO VIÑO SERIA A TOPE
je je

Anónimo dijo...

¿porque a festa do parque se lle chama botellon?

Resulta que si vas o paseo da calzada e compras unha botella de albariño e a bebes ali estas nunha festa gastronomica, pero se esa mesma botella mercada no mesmo sitio a bebes a 50m dese paseo da calzada xa estas facendo botellon

Anónimo dijo...

O PP está a fomentar a cultura de enchufe, si non estas con eles estas en contra, por eso a idea que propuxeron os da Grande... como non saeu do untamento pois non sirve, e así valgan todas as escusas posibles, tipical pepitoides, vaia merda. Catro anos mais.

Anónimo dijo...

Os de UGCH non se queren decatar de que en Cambados se queres algo, por moi ben que estea, non debes pedirllo ao concello, porque se non es do grupo dos imPPertinentes, farán todo o posíbel para facer exactamente o contrario.

Anónimo dijo...

Touriz podría ser un integrante (si quere) do grupo "Os Nauseabundos) composto por Rajocito "O etarroide", Zaplana "O guardian" y Acebes "O mimosin" e o noso "O mentireiro verdadeiro".

mademoiselle blanche dijo...

Cando, na época Fraga, saeu a noticia de que querían ir contra o botellón, eu sempre pensei qué ía facer coa Festa do Albariño, que é un macrobotellón con todas as da lei ( e nunca mellor dito...).
Evidentemente, sendo el(Fraga)un dos embaixadores do Albariño (ou como sexa que lles chaman a eses da capa)non poderían proibilo.

Anónimo dijo...

Estades montando un pifostio por nada. O final dandolle tantas voltas a algo que non é nada inda vades conseguir que o concello termine coa festa do parque, tanto pedir asistencia sanitaria, vixiancia para que non beban os menores, baños, música... Eu prefiro que quede todo coma sempre, sempre o pasei moi ben no parque e con tanto revuelo, inda se vai joder de verdade. Asistencia sanitaria, a dous pasos hay o centro de saúde. Paso de ter vixiancia de ningún tipo no parque, para que non beban os menores, que veñan educados da casa a ser responsables do que fan, así que control cada un o seu. E o da música pareciame ben pero cambiei de idea, porque o bo do parque e que podes falar, tocala guitarra, traer unha radio, etc... e poñendo música, ademais de que coa música nunca chove a gusto de todos, pois de todo o outro olvidate xa... Os baños non estaban de mais, eso sí, e mais contenedores tamén... Pareceme xenial que unha gran dechea propoña ideas, deveriao facer todo o mundo, pero hay cousas que creo que deverian quedar como están. Ademáis co revuelo que se monta arredor diso, pódese conseguir o efecto contrario, o que UGCH pretendia...

Ademáis, creo que o botellon do parque é unha das cousas do albariño que mais se sale, así que está xenial así, non tanto coma, a merda de organización de eventos, a gran comilona do domingo, e a "turistificación" da festa... esas si que son cousas que se lle devería esixir ó concello, pero non que poñan vixiancia... que a ver si vamos a ser parvos, de pedir que nos aguen a festa...