07 diciembre 2007

Artigo do Sorro:

TOURISADAS
Temos un Alcalde que non nos merecemos. Temos como máximo mandatario do noso concello a un impresentable ou máis ben a un desaparecido. As ausencias que xa nos ten acostumados a actos públicos, nos cales debe estar, como di o outro vai no soldo, pero que non organiza o seu partido ou achegados,as ausencias alongadas do seu posto de traballo como Alcalde , o desinterese total polo seu pobo hai que sumar que cando aparece e para “armar lio” tal e como ocorreu no último incidente coa delega de Industria con motivo da inauguración de “O Comercio Móvese” , actitude , a do noso alcalde , que podemos tachar de covarde, rancorosa e ditatorial, na derradeira quenda de palabra pouco máis que insinuou que os males do noso pobo eran por culpa da Delegada de Industria Montserrat Prado, e todos sabemos que o noso pobo ten varios males , pero ten un cáncer que o está matando e que debían de estudar os científicos e que se chama Touris.

Touris tivo ausencias sonadas , coma a da homenaxe a Isaac Diaz Pardo, a da presentación e debate da Plataforma Galega contra o Narcotráfico, pero quizais a máis despreciable é a súa ausencia o acto de presentación do Calendario a Prol de Esperanza Salnés, todo Cambados estivo na gala, políticos, asociacións, empresarios, todo o mundo menos el, si estivo o seu segundo de abordo e probable sucesor, outro que ben baila, o Sr. Aragunde, o cal tampouco xustifica o soldo que chupa da Deputación. Reclama tamén Touris unha subvención a industria, que lle foi rexeitada polo anterior goberno do PP por non presentar a documentación pertinente no prazo sinalado , minte e o que é peor sabe que minte, e claro cos cartos de todos os cambadeses presentada un contencioso contra Industria cando sabe a todas luces que non leva razón. Despois cando recibe subvencións non fai roldas de prensa para dicilo, iso non convén, coma a recibida a principios de novembro pasado do Ministerio de Vivenda para a restauración de 20 vivendas por valor de 334.000 euros. Queixase con frecuencia de que non recibe subvencións para o seu concello dende que está o bipartito e vai e rexeita unha subvención de 400.000 euros para a barriada de San Francisco alegando que os veciños non están conformes canda e unha basta falsidade, xa que a única veciña que non está conforme ca remodelación da barriada e a irmán de Genma a Secretaria persoal de Norberto, quen dito sexa de paso se nos marcha para a Fegam despois de conseguir facer fixo o seu posto e pedir a excedencia, as malas linguas din que non hai moi boa relación con Touris, a todo isto e abondando neste tema dicir que non entendemos certas actitudes do PSOE que se acaban de facer coa Presidencia da Fegam e ficha como asesor a un home da extrema dereita, pero isto é outro cantar, o que iamos o que realmente quere facer Touris na barriada de San Francisco e pisos e máis pisos para que os seus amigos poidan encher os petos.



Algúns xa lle están a poñer prazo a súa retirado que se prevé para o ano 2008, e como se un rei fose nomear o seu sucesor o ínclito Sr. Aragunde e enganar novamente o pobo de Cambados tal e como fixera Negocito con Tirado, todo depende das vindeiras listas que se fagan para o Congreso dos Deputados unha vez conseguida polo noso rexedor a pensión xa como senador, si Touris vai nun dos postos de saída para o Congreso e segura a súa marcha do Concello, esperaremos a Marzo.

O Sorro para alcalde!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Lamentablemente, o sorro, coma sempre está moi mal informado ademais de destilar moi "mala milk". O único parecido coa realidade é pura coincidencia. Nin Gema é secretaria de Norberto nin este reservouse praza algunha nin se atopa en excedencia. A verdade da noxo tanta mala baba.Coido que en calquera momento aqueles que se dedican a inxuriar, a calumniar e a difundir noticias falsas van a ter o seu mercido.

Anónimo dijo...

Amenazante anónimo ¿Cal é a inxuria ou a calumnia. Todo é verdade. E mais Gema si que ten moi mala milk como dis ti, vouche contar unha dela: Ou outro día unha persona achegada a min pitoulle nun semáforo porque non salia estando en verde, o pe da Xuventude, esta tomou a matrícula do coche dixolle a Duarte e este multou con 60 euros a persona en cuestión. Dime si eso e ou non ter mala lecha. Ah e vaite aprender o que unha inxuria e unha calumnia que non tes nin sorra idea.

Anónimo dijo...

Avogo por unha Lei que impida a calquera persoa exercer dous cargos públicos ao mesmo tempo, de aí que o cargo de Alcalde debera de ser incompatible con ser Senador ou Deputado.