14 diciembre 2007

As bases da praza de suboficial

Según La Voz de Galicia:
O Concello de Cambados modifica as bases para convocar as prazas de cabo e suboficial.

Atendendo aos recursos presentados fai uns meses por axentes da policía local en atención á convocatoria dunha praza de cabo e outra de suboficial, o Boletín Oficial de Pontevedra publicou onte a modificación das bases que regulan o proceso. (Na praza de suboficial as bases fixéronse "a medida" para facilitar o acceso de todos sabemos quen).
Tamén Maximino Cid, opositor a sarxento que denunciou irregularidades nos exames, recorreu aos tribunais solicitando a mesma media. Tras estudar de novo a normativa, os técnicos decidiron modificar as bases nos termos que se publican agora no BOP. Así, ao posto de cabo só poderase acceder por promoción interna, a través do sistema de concurso de méritos, mentres que antes podían presentarse policías de toda Galicia. A de suboficial modifícase para convocarse por oposición libre, e non por concurso oposición, que era como figuraba anteriormente.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Donde está a oposición?. Recorreou pola vía legal as bases?.